Saltar ao contido

Nicolás Lodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicolás Lodeiro

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Marcelo Nicolás Lodeiro Benítez Editar o valor en Wikidata
21 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Paysandú, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade19 de agosto de 2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2010   Club Nacional 43(9)
2010–2012 AFC Ajax 21(2)
2012–2014 Botafogo de Futebol e Regatas 47(7)
2014–2015 Sport Club Corinthians Paulista 7(0)
2015–2016   CA Boca Juniors 30(6)
2016–2023 Seattle Sounders Football Club 231(58)
2024–2025 Orlando City Soccer Club 46(2)
2025– Houston Dynamo
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   Uruguai sub-20 11(5)
2009–2019   Uruguai 60(5)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Xogos Olímpicos de 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
Copa Confederacións da FIFA Editar o valor en Wikidata

Sitio webnicolaslodeiro.com Editar o valor en Wikidata
FIFA: 305378 Editar o valor en Wikidata

Marcelo Nicolás Lodeiro Benítez, nado en Paysandú o 21 de marzo de 1989, é un futbolista uruguaio, que xoga de centrocampista no Houston Dynamo, da MLS. Foi 60 veces internacional coa selección do Uruguai, coa que participou en dúas Copas do Mundo (2010 e 2014) e catro Copas América, proclamándose campión da edición de 2011.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade uruguaia de Paysandú o 21 de marzo de 1989, sendo fillo de Alfonso Lodeiro e Isabel Benítez. O seu avó Florentino Lodeiro era un emigrante galego da Coruña, que se instalou a comezos do século XX en Montevideo, onde casou coa italiana Inocencia Abbiati.[1] Seu pai Alfonso tamén xogou ao fútbol, nas filas do Nacional de Guichón, Sud América e Estudiantil Sanducero .[2]

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Barrio Obrero e do Bella Vista, ata que recibiu a chamada do Nacional de Montevideo, a cuxas categorías inferiores se incorporou en 2003, con 13 anos.[1]

O 19 de agosto de 2007 debutou co primeiro equipo na Primeira División da man do adestrador Daniel Carreño nun partido fronte a Fénix que rematou con empate a un gol. O 1 de decembro dese mesno ano marcou o seu primeiro gol ante Progreso. Afianzado na titularidade, foi un xogador clave para a obtención do Campionato Uruguaio na tempada 2008/09 , acadando ademais as semifinais da Copa Libertadores, Anotou o seu primeiro gol no superclásico do fútbol uruguaio contra Peñarol o 6 de decembro de 2009, nun partido que finalizou 3-0.

En xaneiro de 2010 foi traspasado ao Ajax por uns 4 millóns de euros, deixando o club de Montevideo cun balance total de 64 partidos, 15 goles e 14 asistencias.[3] No club de Ámsterdam coincidiu cos tamén uruguaios Luis Suárez e Bruno Silva, debutando na Eredivisie o 7 de febreiro contra o Twente. Con todo, apenas contou con minutos no que restaba de tempada, o que non lle impediu disputar a súa primeira Copa do Mundo. No torneo mundial sufriu unha fractura no seu pé dereito que o obrigou a afastarse dos terreos de xogo durante meses.[4] Cando estaba a piques de reincorporarse ao equipo volveu fracturar o mesmo óso, situación que se repetiu por terceira vez en abril de 2011.[5][6]

Despois de máis dun ano de lesións, reapareceu coa camiseta do Ajax na cuarta xornada da tempada 2011/12, fronte ao Vitesse no Johan Cruyff Arena, substituíndo no cuarto de hora final ao dinamarqués Christian Eriksen.[7] Compaxinou o primeiro equipo co filial ao longo da campaña, que pechou cun total de 19 partidos co primeiro equipo, 3 goles e 6 asistencias, así como co título de liga.

En xullo de 2012 deixou os Países Baixos e regresou a América do Sur, onde asinou como novo xogador do Botafogo, recomendado polo seu compatriota Sebastián Abreu, xogador tamén do equipo carioca, ao que se incorporou ademais o histórico centrocampista neerlandés Clarence Seedorf.[8] Titular indiscutible, foi unha peza clave do equipo adestrado por Oswaldo de Oliveira que conquistou o Campionato Carioca de 2013, sendo un dos mellores xogadores da competición, así como o segundo máximo goleador, só por detrás de Hernane (Flamengo).[9] Contribuíu ademais á clasificación para a Copa Libertadores 2014, despois de 18 anos de ausencia do torneo. Disputou un total de 64 partidos no club do Río de Xaneiro, marcando 9 goles e repartindo 10 asistencias.

Corinthians

[editar | editar a fonte]

En maio de 2014 trasladouse a São Paulo, onde fichou polo Corinthians. Militou unha soa campaña no Timão, co que xogou 17 encontros.

Boca Juniors

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2015 deixou o Brasil e fichou polo Boca Juniors. Marcou o seu primeiro gol co club xeneixe, en marzo, nun partido da Copa Libertadores contra o Zamora venezolano na Bombonera. Peza importante do equipo de Rodolfo Arruabarrena, en setembro marcou o único gol do superclásico do fútbol arxentino contra River Plate no Monumental. Acabou a tempada gañando o título de liga de Primeira División, e tamén a Copa da Arxentina, despois de anotar un dos dous goles da final.[10] Deixou o club trala eliminación da Copa Libertadores de 2016, onde caeron en semifinais ante o Indpendiente del Valle ecuatoriano.

Seattle Sounders

[editar | editar a fonte]

Puxo entón rumbo aos Estados Unidos, asinando como novo xogador do Seattle Sounders, da MLS,[11] onde coincidiu co seu compatriota Álvaro Fernández. A chegada de Lodeiro supuxo un punto de inflexión na historia do club, naquel momento penúltimo clasificado da Conferencia Oeste.[12] Grazas en boa medida ás destacadas actuacións do xogador, que marcou catro goles e repartiu oito asistencias nas trece xornadas de liga regular que restaban, o conxunto adestrado por Brian Schmetzer conseguiu clasificarse para os play-offs, nos que Lodeiro anotou outros catro goles, levando o equipo a proclamarse por primeira vez na súa historia campión dos play-offs da Conferencia Oeste.[13]

O conxunto de Seattle acadou así a súa primeira final da Copa MLS, onde disputou o título ante o Toronto FC no BMO Field da cidade canadense. Titular nunha final que rematou sen goles, Lodeiro anotou o seu lanzamento na quenda de penaltis, contribuíndo á vitoria final do seu equipo.[14] Polo seu rendemento na súa tempada de debut, foi elixido mellor fichaxe da liga en 2016.[15] Na seguinte campaña revalidou o título da Conferencia Oeste e capitaneou o equipo na súa segunda final da Copa MLS, de novo ante o Toronto no BMO, caendo esta vez por 2-0.[16]

Na tempada 2018 foi o terceiro asistente da liga, con 16 pases de gol (cifra só superada por Bořek Dočkal e Luciano Acosta), pero o equipo acabou eliminado nas semifinais da Conferencia ante o Portland Timbers. En 2019 disputou a súa terceira final da Copa MLS, por terceira vez ante o Toronto, pero desta vez no CenturyLink Field de Seattle. Portou de novo o brazalete de capitán e no minuto 76 deu a asistencia para o gol do catalán Víctor Rodríguez, contribuíndo así á vitoria final por 3-1.[17]

En 2022 liderou o equipo no seu camiño cara a final da Liga de Campións da CONCACAF, marcando tanto nos oitavos de final contra o Motagua como nas semifinais ante o New York City, clasificándose así para a final, onde se enfrontou aos Pumas da UNAM. No partido de ida no Estadio Olímpico Universitario de Cidade de México, os locais adiantáronse con dous goles de Juan Dinenno, pero o conxunto estadounidense empatou a eliminatoria con dous goles de penalti de Lodeiro.[18] Na volta no Lumen Field de Seattle, Raúl Ruidíaz por partida dobre e de novo Lodeiro marcaron para o Seattle Sounders, conquistando así o título continental.[19]

Deixou o Seattle Sounders en decembro de 2024 como un dos xogadores con máis partidos na historia do club (231), máis goles (58) e como o máximo asistente histórico (90 pases de gol).

Orlando City

[editar | editar a fonte]

A continuación fichou polo Orlando City, no que militou unha soa campaña, a 2024, disputando 46 partidos, anotando dous goles e repartindo 13 asistencias.[20]

Houston Dynamo

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2025 asinou como novo xogador do Houston Dynamo.[21]

Selección uruguaia

[editar | editar a fonte]

Entre 2008 e 2009 foi 11 veces internacional coa selección uruguaia sub-20, coa que disputou a Copa América e a Copa do Mundo da categoría, con boas actuacións.[22]

En novembro de 2009 debutou coa selección uruguaia absoluta da man do adestrador Óscar Tabárez, nos play-offs que decidiron as dúas últimas prazas para o Mundial de 2010. Xogou o seu primeiro partido o día 14, saíndo de titular contra Costa Rica no estadio Ricardo Saprissa Aymá de San Juan de Tibás, e catro días despois conseguiu o pase á Copa do Mundo no estadio Centenario, nun partido no que foi elixido mellor xogador do encontro.[23]

Foi convocado por Tabárez tamén para a fase final do torneo en Suráfrica, debutando na primeira xornada ante Francia no Cape Town Stadium. Saltou ao terreo de xogo no minuto 63 no lugar de Nacho González, pero acabou expulsado no 81 por dobre cartón amarelo, sendo o primeiro expulsado do campionato.[24][25] Reapareceu nos oitavos de final ante Corea do Sur, xogando na segunda parte como substituto de Álvaro Pereira, e disputou tamén o segundo tempo dos cuartos de final contra Ghana, contribuíndo á clasificación do seu equipo para unhas semifinais despois de 40 anos.[26] Finalmente o Uruguai acabou na cuarta posición.

Ao ano seguinte foi un dos membros da selección uruguaia que se proclamou vencedora da Copa América na Arxentina. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres e marcou o gol da vitoria no primeiro partido ante os Emiratos Árabes Unidos en Old Trafford, pero o equipo uruguaio non conseguiu pasar da primeira fase. Na Copa Confederacións 2013 marcou un tanto na goleada por 8-0 sobre Tahití e acadou o cuarto posto final.

En 2014 disputou no Brasil a súa segunda Copa do Mundo, participando nos tres partidos da primeira fase, contra Costa Rica, Italia e Inglaterra, e quedou no banco nos oitavos de final, nos que o seu equipo caeu eliminado fronte a Colombia. A continuación disputou a Copa América 2015 e a Copa América Centenario, e entrou na pre-lista de 26 xogadores para o Mundial de 2018, aínda que finalmente foi un dos tres descartes de Tabárez para a lista definitiva.[27]

En 2019 disputou a súa cuarta Copa América, de novo no Brasil. No primeiro partido contra Ecuador marcou un dos catro goles do seu equipo (4-0), sendo este ademais o 400º gol uruguaio na historia do torneo.[28] Xogou tamén os outros dous partidos da fase de grupos, contra o Xapón e Chile, sendo o segundo deles o seu 60º e último encontro como internacional.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Nacional

Ajax

Botafogo

Boca Juniors

Seattle Sounders FC

Uruguai

  1. 1,0 1,1 Gómez Cundíns, Pablo (2 de maio de 2022). "Nicolás Lodeiro, futbolista del Seattle Sounders: del puerto de A Coruña a la cima de Norteamérica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2025. 
  2. "En Facebook y Twitter apoyan a Nicolás Lodeiro" (en castelán). 21 de xuño de 2011. Consultado o 4 de marzo de 2025. 
  3. "El Ajax ata a la nueva joya del fútbol uruguayo". Marca (en castelán). 22 de xaneiro de 2010. Consultado o 8 de marzo de 2025. 
  4. "Lodeiro se pierde lo que resta de Mundial y Lugano está pendiente de evolución". Marca (en castelán). 3 de xullo de 2010. Consultado o 10 de marzo de 2025. 
  5. "Nueva lesión para el Nico Lodeiro" (en castelán). 25 de outubro de 2010. Consultado o 10 de marzo de 2025. 
  6. "Lodeiro se fracturó otra vez" (en castelán). 11 de abril de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2025. 
  7. "Ajax-Vitesse 2011". Transfermarkt (en castelán). 
  8. "Nicolás Lodeiro hará pareja con Clarence Seedorf en el mediocampo del Botafogo" (en castelán). 20 de xullo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2025. 
  9. "Gringos bons de bola, Seedorf e Lodeiro são fundamentais para título" (en portugués). 6 de maio de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2025. 
  10. "Boca otra vez campeón: en una final polémica levantó la Copa Argentina" (en castelán). 5 de novembro de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2025. 
  11. "Así fue la bienvenida del Seattle Sounders a Nico Lodeiro" (en castelán). 28 de xullo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2025. 
  12. "Lo mejor de Nicolás Lodeiro en 2016" (en castelán). 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2025. 
  13. "El efecto Lodeiro es inagotable". Marca (en castelán). 31 de outubro de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2025. 
  14. "Lo Mejor del 2016: Seattle Sounders se corona campeón con Lodeiro y Torres como héroes" (en castelán). 29 de decembro de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2025. 
  15. "Sounders midfielder Nicolas Lodeiro named 2016 MLS Newcomer of the Year" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2025. 
  16. "MLS Cup final - Toronto defeat Seattle 2-0". BBC (en inglés). 9 de decembro de 2017. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  17. Dure, Beau (10 de novembro de 2019). "MLS Cup final: Seattle Sounders 3-1 Toronto FC – as it happened". The Guardian (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  18. "Nico Lodeiro, 'verdugo' de la ilusión de Pumas en la primera Final" (en castelán). 27 de abril de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2025. 
  19. "Ruidiaz y Lodeiro consolidan a Seattle en la historia de la SCCL" (en castelán). 5 de maio de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2025. 
  20. "N. Lodeiro". us.soccerway.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2025. 
  21. "Signed" (en inglés). 19 de febreiro de 2025. Consultado o 28 de marzo de 2025. 
  22. "10 Best Young Players at the FIFA Under 20 World Cup 2009" (en inglés). 21 de outubro de 2009. Consultado o 2 de abril de 2025. 
  23. "Uruguai 1-1 Costa Rica". espn.com.co (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2025. 
  24. "El uruguayo Lodeiro, primer expulsado del Mundial" (en castelán). 11 de xuño de 2010. Consultado o 2 de abril de 2025. 
  25. "Nicolás Lodeiro: "La expulsión frente a Francia fue el peor día de mi vida"" (en castelán). 18 de xuño de 2010. Consultado o 2 de abril de 2025. 
  26. "Uruguay alcanza las semifinales de un Mundial luego de 40 años" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2025. 
  27. "Uruguay da a conocer los 23 convocados para el Mundial" (en castelán). 2 de xuño de 2018. Consultado o 2 de abril de 2025. 
  28. "Nicolás Lodeiro logró el gol 400 de Uruguay en Copa América" (en castelán). 17 de xuño de 2019. Consultado o 2 de abril de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]