O'Bahía
Naufraxio d' O'Bahía | |
---|---|
Monumento en lembranza do naufraxio na praia de Cesantes.
| |
Resumo | |
Data | 2 de xuño de 2004 |
Causa | Deficiencia técnica |
Lugar | Illas Sisargas, Camariñas |
Orixe | Pasaia, Euskadi |
Derradeira escala | Burela |
Destino | Vigo |
Finados | 10 |
Feridos | 0 |
Embarcación | |
Tipo de embarcación | Pesqueira |
Base | Cambados |
Nome | O'Bahía |
Pasaxeiros | 0 |
Tripulación | 10 |
Superviventes | 0 |
O O'Bahía foi unha embarcación galega de pesca do cerco que afundiu nas costas das Illas Sisargas o 2 de xuño de 2004. O accidente produciuse a unhas catro millas ao suroeste das Illas Sisargas, na Costa da Morte, cando o barco volvía de recollida logo de faenar ao bocarte nas costas de Euskadi. A situación climatolóxica era moi mala.
Segundo o informe oficial emitido polo Ministerio de Fomento, a causa foi:
...a perda de estabilidade transversal do buque que orixinou a súa envorcadura e posterior afundimento.[1]
Faleceron todos os seus dez tripulantes, de Cesantes, Redondela, Nigrán, de Chapela e de Cangas. Só se atoparon os corpos de seis.
Características da embarcación
[editar | editar a fonte]A construción do barco do cerco O'Bahía, con matrícula 3ª-VILL5-5-99, data de 1999. A embarcación medía 18 metros de eslora e posuía unha manga de 5,1 metros e un puntal de 2,35 metros.[1] O material principal de construción é o aceiro, e as cores predominantes eran o branco e o vermello. O casco proviña de Ferrol.
A base do pesqueiro estaba situada en Cambados, na ría de Arousa.
Descrición do accidente
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]A embarcación d' O'Bahía era un buque pesqueiro do cerco. O 16 de abril de 2004 partiu do porto de Vigo con destino ao porto de Pasaia, no País Vasco, co fin de faenar na costeira da anchoa. A tripulación que levantou áncora de Vigo estaba composta por 10 tripulantes, entre os que se atopaba un mecánico, oito mariñeiros e o patrón da embarcación.
O día 5 de maio, após sufrir danos no seu motor, este tivo que ser substituído. O motivo foi a contaminación do combustíbel do barco ao abastecerse no porto de Pasaia. Dito combustíbel, composto por 2.500 litros de gasóleo, estaría contaminado con restos hídricos, o que levou a ter que mudar o motor por outro de similares características. Así, entre os días 20 e 21 de maio, a empresa encargada de realizar as tarefas de mantemento do motor realizou as reparacións oportunas.
Ás 12 horas do 27 de maio dese mesmo ano, o buque comezou o traxecto de retorno a Galicia, após daren por rematada a faena da anchoa no País Vasco. Durante o percorrido, decidiu modificar os plans de demanda do porto de Vigo, e establecer unha base provisional na costa lucense, no porto de Burela. Dita modificación nos plans iniciais veu motivada polas novas sobre a presenza de bancos de sardiñas no litoral lucense. Deste xeito, o 28 de maio os buques O'Bahía e o Novo Ameixa arribaron a Burela ás 14 horas. Durante os días posteriores á chegada a Burela, a embarcación adicouse a faenar nas capturas de sardiña.
Finalmente, o día 2 de xuño, após descargar no porto as capturas dos anteriores días, e tras recargar 2.500 litros de gasóleo, o barco cerqueiro partiu de Burela con destino a Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Comisión Permanente de Investigación de Siniestros Marítimos (2005). Informe sobre el hundimiento, con pérdida de vidas, del buque pesqueiro “O Bahía” en el litoral de Galicia, cerca de las Illas Sisargas, el día 2 de junio de 2004 (PDF). Ministerio de Fomento.