Orquesta Ciudad de Granada
![]() Logo da OCG. | |
Alcume | OCG |
---|---|
País | ![]() |
Cidade | Granada |
Teatro | Auditorio Manuel de Falla |
Anos de actividade | Dende 1990 |
Tipo de formación | Orquestra filharmónica |
Xénero | Música sinfónica, ópera |
Enderezo | Paseo de los mártires s/n 18009 Granada |
Membros actuais | Andrea Marcon (director) |
Circunstancias de creación | 1990 |
Efectivo | ~50 músicos |
Sitio web | Sitio web oficial |
A Orquesta Ciudad de Granada (en galego Orquestra Cidade de Granada), abreviado OCG, é unha orquestra sinfónica española, con sede no Auditorio Manuel de Falla da cidade de Granada. O seu director musical e artístico é actualmente Andrea Marcon, e ten como principais convidados a Harry Christophers e a Pablo González. A Presidencia de Honra correspóndelle á raíña de España Sofía de Grecia.
Historia
[editar | editar a fonte]A OCG foi fundada en 1990 e o seu primeiro director musical e artístico foi Juan de Udaeta. Dende aquela, a calidade das súas interpretacións motivou a concesión de múltiples condecoracións á orquestra, entre as que salientan a Medalla de Honra da Real Academia de Belas Artes de Granada, o Premio Andalucía da Música (outorgado pola Asociación de Empresas Discográficas de Andalucía), e o Premio Andalucía de Cultura Manuel de Falla (concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Andalucía).
Directores e solistas convidados
[editar | editar a fonte]Entre os músicos que actuaron xunto á OCG, encóntranse Fazıl Say, Mi'sa Yang, Narciso Yepes, Montserrat Caballé, Plácido Domingo, Carlos Álvarez, Yehudi Menuhin, George Benjamin, Enrique Morente, Victoria de los Ángeles, Christophe Coin e Christian Zacharias, entroutros. A OCG ten actuado asimismo, baixo a batuta de directores como Krzysztof Penderecki, Rinaldo Alessandrini Christopher Hogwood, Fabio Biondi, David Atherton, Frans Brüggen, Joaquín Achúcarro e Elisabeth Leonskaja, entroutros.
Tamén actuou con célebres agrupacións corales, coma o Orfeó Català, o Coro de la Generalitat Valenciana, o Cor de Cambra del Palau de la Música Catalana, The King’s Consort, o Orfeón Donostiarra e a British Choral Academy, entroutros.
Concertos
[editar | editar a fonte]Dende a súa creación e ata a actualidade, a OCG participou nos principais eventos musicais do estado español, entre eles o Festival Internacional de Música e Danza de Granada, o Festival Internacional de Música Castell de Peralada, o Festival Internacional de Música de Segovia, o Festival Grec de Barcelona e o Festival Internacional de Música de Santander.
A OCG actuou nas principais salas de concertos españolas, incluídas o Auditorio Nacional de Música de Madrid, L'Auditori de Barcelona, o Festival de Otoño de Madrid, o Palau de la Música de Barcelona e o Teatro de la Maestranza de Sevilla, así como en múltiples escenarios e festivais de Europa como o Teatro alla Scala de Milán (Italia), o Festival Internacional de Música de Coímbra (Portugal) ou o Festival Gstaad (Suíza). Tamén ten actuado en Austria, e realizado diversas xiras internacionais por Francia (1998), Alemaña (2001 e 2004) e Gran Bretaña (2005).
Directores titulares e artísticos
[editar | editar a fonte]- 1990-1994: Juan de Udaeta
- 1994-2004: Josep Pons
- 2004-2008: Jean-Jacques Kantorow
- 2008-2012: Salvador Mas
- Dende 2012: Andrea Marcon
Gravacións
[editar | editar a fonte]- Obras de Manuel de Falla: La vida breve, El sombrero de tres picos e Noches en los jardines de España.
- Obras de Joaquín Rodrigo: Concierto de Aranjuez.
- Obras de Igor Stravinskii: El pájaro de fuego e Juego de cartas.
- Obras de Georges Bizet: La arlesiana e Sinfonía en Do.
- Tamén ten gravado obras, entre outros, de Kurt Weil, Tomás Marco, Alberto Ginastera ou Nino Rota.