Pandemia de COVID-19 por territorios



Neste artigo documéntase os diferentes territorios afectados e as súas respostas ao coronavirus responsable da pandemia de 2019-20 detectada por primeira volta na cidade chinesa de Wuhan.
Pandemia por territorio
[editar | editar a fonte]Casos confirmados
[editar | editar a fonte]A 29 de marzo de 2020 existían un total de 664 695 casos confirmados, activos 493 692 e 30 847 mortes en 204 países e territorios, incluíndo cinco navíos dedicados ao turismo de cruceiros.
África
[editar | editar a fonte]Na maioría dos países e territorios hai casos cofirmados, e en África faise vital a detección temperá polo precario dos sistemas de saúde do continente[1][2]. A 25 de marzo había casos en todos os estados africanos, bardante Botswana, Burundi, Comores, Lesotho, Malawi, San Tomé e Príncipe, Serra Leoa e Sudán do Sur e tampouco nos non recoñecidos pola totalidade da comunidade internacional de Somalilandia e República Árabe Saharauí Democrática. Non houbo casos no territorio de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha.
América do Norte
[editar | editar a fonte]Os primeiros casos en América do Norte foron nos Estados Unidos en xaneiro de 2020. Tras o 25 de marzo había casos en todos os estados, logo de confirmar casos Saint Kitts e Nevis. Non había casos nos territorios de Bonaire, Saba, Saint-Pierre-et-Miquelon e Sint Eustatius.
América do Sur
[editar | editar a fonte]O primeiro caso en América do Sur foi o 26 de febreiro ao confirmar Brasil un caso en Sao Paulo. Desde entón, os gobernos de toda a rexión tomaron medidas para intentar protexer os seus cidadáns e conter a propagación de COVID-19.[3] A 19 de marzo había casos en todos os países de América do Sur, tan só as Malvinas non tiñan casos confirmados pero si sospeitosos.
Asia
[editar | editar a fonte]Unha serie de misteriosos casos de pneumonía detectáronse en decembro de 2019 en Wuhan e espalláronse polo resto da China[4]. Posteriormente, moitos outros países asiáticos comezaron a confirmar casos, Corea do Sur, Malaisia, e Irán foron os máis afectados. A 21 de marzo, case todos os países asiáticos informaron de casos confirmados, excepto Tadjiikistán e Turkmenistán, mentres que Corea do Norte e o Iemen teñen casos sospeitosos. Non se confirmaron caos nos territorios non recoñecidos internacionalmente de Abxasia, República de Artsakh, Osetia do Sur nin nos dependentes da Illa de Nadal e Cocos.
Europa
[editar | editar a fonte]Os primeiros casos en Europa déronse en Francia, Alemaña e outros países cun relativamente baixo número de casos. O 21 de febreiro as autoridades sanitarias informaron dunha grande epidemia en Italia, sobre todo no norte, preto de Milán. Os casos incrementáronse rapidamente como a epidemia medraba por toda Europa. Tras Montenegro informar do seu primeiro caso o 17 de marzo xa todos os estados europeos tiñan casos. Outros territorios sen carácter estatal deron a coñecer casos posteriormente, a Illa de Man informou do seu primeiro caso o 19 de marzo, o estado non recoñecido internacionalmente de Transnistria o 21 de marzo[5] e as Illas Åland o 22 de marzo. Non se informaron de casos en Svalbard, Alderney, Sark e as autoproclamdas repúblicas de Luhansk e Donetsk[6]. A OMS declarou Europa como o novo centro do virus despois de mellorar a situación na China[7]. A 24 de marzo había 200.000 casos confirmados e 10 400 mortes en Europa; fóra destes 64 000 casos e 6100 mortos foron en Italia.[8]
Oceanía
[editar | editar a fonte]Confirmáronse casos en Australia, Illa de Pascua, Fiji, Polinesia Francesa, Guam, Nova Caledonia, Nova Zelandia e Papúa-Nova Guinea. O primeiro caso confirmado foi en Melbourne o 25 de xaneiro[9]. Moitas pequenas illas do Pacífico intentaron evitar a chegada da pandemia pechando as súas fronteiras. Non se informou de casos en Kiribati, Illas Marshall, Estados Federados de Micronesia, Nauru, Palau, Samoa, Illas Salomón, Tonga, Tuvalu, e Vanuatu nin nos estados asociados de Cook e Niue. Tampouco hai casos confirmados na Rexión Autónoma de Bougainville, Norfolk, Wallis e Futuna, Tokelau, Pitcairn, Samoa Americana nin nas Marianas do Norte.
Cruceiros
[editar | editar a fonte]A epidemia espallouse por varios navíos dedicados a cruceiros: Diamond Princess Grand Princess, World Dream, MS Westerdam e o MS Braemar.[10][11][12][13] Os operadores de cruceiros comezaron a cancelar ou mudar os seus itinerarios ao aplicar diversos países restriccións nas viaxes para evitar a propagación da enfermidade. Os portos negáronse a aceptar buques de cruceiro que viñan de portos chineses ou levaban pasaxeiros dese país.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Coronavirus: Could African countries cope with an outbreak?". BBC News. 6 de marzo de 2020.
- ↑ "World's most vulnerable in 'third wave' for Covid-19 support, experts warn". The Guardian. 6 de marzo de 2020. ISSN 0261-3077.
- ↑ "Where Is the Coronavirus in Latin America?". as-coa.org. 27 de marzo de 2020.
- ↑ "27 cases of viral pneumonia reported in central China's Wuhan City". news.cgtn.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ "Another 14 cases of coronavirus have been confirmed in Moldova. Total number reached 80" Arquivado 03 de abril de 2020 en Wayback Machine. a-tv.md, 19 de marzo de 2020
- ↑ "Coronavirus Situation In The Ukraine War Rebel Donetsk People's Republic (Informa ministra de saúde da RPD Olga Dolgoshapko). PL News TODAY (en ruso). 27 de marzo de 2020".
- ↑ "Europe 'now epicentre of coronavirus pandemic". BBC News. 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus: Echtzeit-Karte zeigt Zahl der Infektionen in Deutschland, Europa und weltweit". Berliner Morgenpost. 24 de marzo de 2020.
- ↑ "First confirmed case of novel coronavirus in Australia". health.gov.au. 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Thousands on cruise free to go after virus tests". BBC News. 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Coronavirus outbreak: four cruise ship passengers test positive in UK – live news". The Guardian. 23 de febreiro de 2020. ISSN 0261-3077.
- ↑ "Coronavirus still wreaking havoc on lives of Westerdam passengers despite no cases on ship". USA Today. 23 de febreiro de 2020.
- ↑ "Cruise Ship Carrying Persons With Coronavirus 'Will Not Be Permitted To Dock". The Tribune. 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020.