Pertti Mäkinen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1952 (72 anos) Tyrvää, Finlandia |
Actividade | |
Ocupación | escultor, deseñador, artista visual |
Obra | |
Obras destacables
|
Pertti Mäkinen, nado en Tyrvää, rexión de Satakunta, o 16 de setembro de 1952, é un escultor e deseñador de moedas finlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertti Mäkinen formouse entre 1966 e 1968 nunha escola de formación rpofesional da rama metalúrxica e logo traballou durante cinco anos como frabricante de ferramentas. De 1976 a 1979 cursou estudos artísticos na Escola de Arte Kankaanpää,[1] nas especialidades Gráfica e de Escultura. E finalmente en 2004 ingresou na Universidade de Ciencias Aplicadas de Jyväskylä para realizar estrudos de Pedagoxía.[2]
Á parte desta formación regrada, Mäkinen realizou numerosos viaxes formativas, en ocasións como bolseiro, a países como a Unión Soviética (1978), os Estados Unidos (1987 e 2000), México (1989), Exipto (1992), Israel (1994), Estonia, Letonia e Lituania (1994), Portugal (1996), Italia (1997), Xapón (1998), España (1999), os Países Baixos (1999), China (2002), a India (2007), Alemaña (2008) e o Perú (2010).[2]
No ámbito académico, Mäkinen exerceu a docencia na materia de Escultura na Escola de Arte de Kankaanpää entre 1980 e 2017,[1] e na Universidade de Ciencias Aplicadas de Satakunta entre 1989 e 2017.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Os primeiros traballos de Pertti Mäkinen foron gráficos, sinaladamente no campo da xilografía. En 1979 expuxo por primeira vez en Helsinqui.[1]
Mäkinen é o responsable dun bo número de obras escultóricas en espazos públicos e abertos, moitas delas formando parte dun grupo constituído en 1979 xunto con Ossi Somma e Reijo Paavilainen, os tres vinculados á Escola de Arte de Kankaanpää.[1][3]
Xa desde que acabou os seus estudos, Mäkinen comezou a traballar tamén como medallista e ao longo da súa carreira acadou unha produción de máis de 30 medallas.[1] No ámbito da moeda, durante as décadas de 1980 e de 1990 responsabilizouse do deseño dalgunhas moedas conmemorativas do sistema do marco finlandés.[4] Posteriormente foi elixido polo Banco de Finlandia e pola Casa da Moeda de Finlandia para deseñar o anverso nacional da moeda dun euro, que comezou a cuñarse en 1999.[5] O seu deseño para esta moeda —o seu traballo máis representativo— amosa a imaxe de dous cisnes en voo sobre dous lagos, que se corresponden cos de Karhijärvi e Lavijärvi, na rexión onde naceu Mäkinen.[6]
Así mesmo, é autor do deseño de máis dunha decena de moedas conmemorativas finlandesas da serie do euro.[4] Mäkinen foi o gañador do Premio Moeda do Ano á moeda máis inspiradora das emitidas en 2006, pola moeda de ouro de 5 euros conmemorativa do 150 aniversario da desmilitarización das Aland.[2][7][8]
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]-
10 euros (2004). Tove Jansson.[11]
-
10 euros (2006). Reforma Parlamentaria.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Pertti Mäkinen (1952) Arquivado 06 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Tampereen nykytaiteen museo.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Curriculum Vitae". Suomen Taiteilijaseura / Artists' Association of Finland (o CV só dispoñible na versión finesa).
- ↑ "Merelle (Merenkulun muistomerkki), 1985". Oulun Taidenmuseo.
- ↑ 4,0 4,1 Serie de moedas deseñadas por Pertti Mäkinen. Numista.com
- ↑ "1 Euro". Numista.com
- ↑ Nummelin, Esko. "Pertti Mäkinen- Ajattelija ja Tulkitsija, jolle tyhjä on merkityksellinen ja arvokas". Porin taidemuseo. Páxina 4.
- ↑ "Canadá wins the COTY". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.
- ↑ Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
- ↑ "10 Euro Elias Lönnrot". Numista.com
- ↑ "100 Euro Albert Edelfelt". Numista.com
- ↑ "10 Euro Tove Jansson". Numista.com.
- ↑ "10 Euro Peace". Numista.com
- ↑ "10 Euro Parlimentary Reform". Numista.com
- ↑ "10 Euro Frederik Pacius". Numista.com
- ↑ "10 Euro Henrik Wigström". Numista.com
- ↑ "20 Euro Literacy". Numista.com