Saltar ao contido

Pokémate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémate
Desenvolvedor(es)Square Enix
Distribuidora(s)Square Enix
Lanzamento 5 de xuño de 2006
XéneroMascota dixital
Modos de xogoUn xogador, multixogador e en liña
Plataforma(s)Teléfono móbil
SeriePokémon
editar datos en Wikidata ]

Pokémate (ポケメ~ト) é unha aplicación de Pokémon para a serie NTT DoCoMo FOMA 900i dos teléfonos móbiles desenvolvida por Square Enix. Foi anunciada en abril de 2006 como unha aplicación de mensaxería con temática de Pokémon que se lanzaría ese verán no Xapón, e finalmente foi lanzada o 5 de xuño como un xogo baseado nun sistema de mensaxería. A aplicación permite ó xogador coidar Pokémon e comunicarse cos seus amigos. O Pokémon debe ser capturado primeiro coas Poké Balls, das cales o xogador ten un número limitado. Nun principio a aplicación era de balde, mais para ter máis Pokémates, Poké Balls e outras características requiríase unha subscrición mensual cun prezo de 210 iens. O xogo só foi distribuído no Xapón, e o servizo foi descontinuado un ano e medio despois do lanzamento, en xaneiro de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]