Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!
Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee! | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Game Freak |
Distribuidora(s) | The Pokémon Company Nintendo |
Director(es) | Junichi Masuda |
Produtor(es) | Shigeru Ohmori Hitoshi Yamagami Akira Kinashi |
Artista(s) | Takao Unno |
Compositor(es) | Shota Kageyama |
Lanzamento | 16 de novembro de 2018[1] |
Modos de xogo | Un xogador Multixogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Nintendo Switch |
Serie | Pokémon |
Na rede | |
https://pokemonletsgo.pokemon.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pokémon: Let's Go, Pikachu! (en xaponés: ポケットモンスター Let's Go! ピカチュウ; Poketto Monsutā Let's GO! Pikachū) e Pokémon: Let's Go, Eevee! (en xaponés: ポケットモンスター Let's Go! イーブイ; Poketto Monsutā Let's GO! Ībui) son dous videoxogos de 2018 para Nintendo Switch, senllos remakes do videoxogo de rol de 1998 Pokémon Yellow. Foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch.[2] Anunciados en maio de 2018, Let's Go, Pikachu! eLet's Go, Eevee! foron lanzados internacionalmente para Nintendo Switch o 16 de novembro de 2018. Os xogos forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron os primeiros en seren estreados para unha consola caseira. Teñen opcións de conectividade co xogo para dispositivo móbil Pokémon Go, e conta cunha opción de controlador chamado Poké Ball Plus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pokémon: Let's Go, Pikachu! And Let's Go, Eevee! Confirmed For November 16 Release". Nintendo Soup. 30 de maio de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018.
- ↑ "トップページ|『ポケットモンスター Let's Go! ピカチュウ』『ポケットモンスター Let's Go! イーブイ』公式サイト". ポケットモンスターオフィシャルサイト. Consultado o 11 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)