Pokémon Project Studio
Pokémon Project Studio | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Leisure Concepts |
Distribuidora(s) | The Learning Company |
Lanzamento | América do Norte: 9 de novembro de 1999 |
Xénero | Educativo |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Windows |
Serie | Pokémon |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pokémon Project Studio é un videoxogo de estudio de creación para Microsoft Windows, lanzado o 9 de novembro de 1999 en América do Norte. Foi autorizado por Nintendo of America, Inc., desenvolvido por Leisure Concepts e publicado por The Learning Company. O paquete ten dúas versións, Pokémon Project Studio Red e Pokémon Project Studio Blue, e inclúe os Pokémon dos xogos de Game Boy Pokémon Red e Blue xunto coa arte e os personaxes humanos da serie anime Pokémon.[1]
Acollida
[editar | editar a fonte]Recepción | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
O xogo recibiu valoracións positivas por partes de pais e de nenos.[5] Kids Domain eloxiou o xogo pola súa sinxela navegación e imaxe atractiva, aínda que amosou a súa irritación pola imposibilidade de acceder ó contido prefabricado.[6] Unha característica decepcionante sinalada por un crítico de PC Accelerator foi a incapacidade de usar todos os Pokémon dispoñibles sen ter que intercambiar CD.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gotta make 'em all". The Learning Company. 17 de novembro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2000. Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ Brad Cook. "Pokémon Project Studio Red - Review - allgame". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2021.
- ↑ Brad Cook. "Pokémon Project Studio Blue - Review - allgame". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2021.
- ↑ "Superkids - Pokémon Project Studio Blue". Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ "Cyber News - Pokémon Project Studio Red". febreiro de 2000. Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ "Kids Domain: Pokémon Project Studio – Blue Version". Attitude Network, Ltd. novembro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2001. Consultado o 3 de novembro de 2020.
- ↑ "Pika-Stew! Gotta Bake 'Em All!". PC Accelerator (Imagine Media) (18): 102. febreiro de 2000.