Saltar ao contido

Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)The Pokémon Company
Nintendo
Director(es)Kazumasa Iwao
Produtor(es)Junichi Masuda
Shigeru Ohmori
Shin Uwai
Takanori Sowa
Takato Utsunomiya
Hitoshi Yamagami
Artista(s)Maiko Fujiwara
Compositor(es)Minako Adachi
Go Ichinose
Junichi Masuda
Tomoaki Oga
Lanzamento17 de novembro de 2017
XéneroVideoxogo de rol
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Plataforma(s)Nintendo 3DS
SeriePokémon
Na rede
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-ultra-sun-and-pokemon-ultra-moon/
editar datos en Wikidata ]

Pokémon Ultra Sun (en xaponés: ポケットモンスター ウルトラサン; Poketto Monsutā Urutora San) e Pokémon Ultra Moon (en xaponés: ポケットモンスター ウルトラムーン; Poketto Monsutā Urutora Mūn) son dous videoxogos de rol de 2017 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon, sendo versión melloradas de Pokémon Sun e Pokémon Moon, os cales foron lanzados o ano anterior. Son os derradeiros xogos da serie central de Pokémon para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en xuño de 2017 e distribuíronse internacionalmente o 17 de novembro de 2017.

Ó igual que os títulos anteriores, a historia dos xogos xira arredor dun adestrador Pokémon, neste caso na rexión de Alola (baseada en Hawai). As diferenzas entre Sun e Moon inclúen unha liña argumental alternativa e novas características, como personaxes, Pokémon, e formas diferentes de Pokémon, como a do Pokémon lendario Necrozma.

Os xogos recibiron valoracións positivas polo xeral, eloxiando as características engadidas respecto de Sun e Moon, malia que algúns criticaron que eran demasiado semellante durante a maioría da historia. A finais de 2018, Ultra Sun e Ultra Moon venderon máis de oito millóns de copias en todo o mundo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]