Pokémon Emerald
Pokémon Emerald | |
---|---|
Logo do xogo. | |
Desenvolvedor(es) | Game Freak[1] |
Distribuidora(s) | The Pokémon Company Nintendo |
Director(es) | Shigeki Morimoto |
Produtor(es) | Hiroyuki Jinnai Hitoshi Yamagami Gakuji Nomoto Hiroaki Tsuru |
Artista(s) | Ken Sugimori |
Compositor(es) | Go Ichinose Junichi Masuda Morikazu Aoki Hitomi Sato |
Lanzamento | 16 de setembro de 2004 América do Norte: 1 de maio de 2005 9 de xuño de 2005 21 de outubro de 2005 |
Xénero | Videoxogo de rol |
Modos de xogo | Un xogador Multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Game Boy Advance |
Serie | Pokémon |
Na rede | |
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-emerald-version/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pokémon Emerald Version (en xaponés: ポケットモンスター エメラルド; Poketto Monsutā Emerarudo) é un videoxogo de rol de 2004 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Game Boy Advance. Lanzouse orixinalmente no Xapón en 2004, e posteriormente distribuíuse internacionalmente no ano 2005. É unha versión mellorada de Pokémon Ruby e Sapphire e é o derradeiro xogo da terceira xeración da serie de videoxogos de Pokémon.
O modo de xogo e controis permaneceron sen cambios en relación cos xogos anteriores da serie; o xogador controla un adestrador Pokémon dende unha perspectiva aérea. Ó igual que en Ruby e Sapphire, o obxectivo principal do xogador é explorar a rexión de Hoenn e derrotar os oito líderes dos ximnasios Pokémon para poder retar os Elite Four e o seu campión. A subtrama principal é derrotar dúas organizacións criminais que intentan aproveitar o poder dun Pokémon lendario para os seus propios obxectivos. Ademais dos Pokémon que debutaron en Ruby e Sapphire, o xogo incorpora Pokémon de Pokémon Gold e Silver que non aparecían en Ruby e Sapphire.
A acollida de Emerald foi polo xeral positiva por parte da crítica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coproducido e supervisado por Nintendo Software Planning & Development
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (USA)
- Páxina oficial (en xaponés)