Saltar ao contido

Premio Arcebispo Xoán de San Clemente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrega da XIV edición no auditorio Abanca de Santiago de Compostela o 20 de marzo de 2019. Na imaxe, de esquerda a dereita, o escritor galego Marcos Calveiro, o arxentino Pedro Mairal, o representante dos alumnos Diego Barreiro, a autora surcorena Han Kang e a súa tradutora ao castelán, Sunme Yoon.

O Premio Arcebispo Xoán de San Clemente,[1] é un galardón con dotación económica que se falla anualmente en Santiago de Compostela e distingue obras de narrativa en lingua galega, castelá e outras de literatura estranxeira. A súa primeira edición foi en 1995 mais na edición de 2019 pasou a chamarse comercialmente Premio San Clemente Rosalía-Abanca.[2]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O xurado deste premio está conformado por alumnos de bacharelato do IES Rosalía de Castro de Compostela e outros catro institutos máis de Galicia, elixidos ao chou. Ten por obxecto o fometo da lectura entre a mocidade. A dotación en 2015 era de 9.000 euros para a mellor novela do ano en cada modalidade: novela galega, novela española, novela estranxeira.

Os únicos escritores premiados en máis dunha ocasións son o vigués Pedro Feijoo (en 2014 e 2016), o catalán Javier Cercas (2007 e 2016) e mais o irlandés Colm Tóibín (2012 e 2016).[3]

Lista de gañadores

[editar | editar a fonte]
Edición Ano Novela galega Novela española[4] Novela nunha lingua estranxeira[4]
I 1995 Suso de Toro, por Tic-Tac Mario Vargas Llosa, por Lituma en los Andes ("Lituma nos Andes") Tariq Ali, por Shadows of the Pomegranate Tree ("Sombras da milgranda")
II 1996 Xurxo Borrazás por Criminal Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mí ("Mañá na batalla pensa en min") Jostein Gaarder por Sofies verden ("O mundo de Sofía")
III 1997 Miguel Anxo Murado por Ruído
Aníbal Malvar por Unha noite con Carla (ex aequo)
Antonio Soler, por Los héroes de la frontera ("Os heroes da fronteira") Antonio Tabucchi por Sostiene Pereira ("Sostén Pereira")
IV 1998 Gonzalo Navaza, por Erros e Tánatos Jaime Bayly, por Los últimos días de “La Prensa” ("Os últimos días de La Prensa") José Saramago, por Ensaio sobre a cegueira
V 1999 Manuel Rivas, por O lapis do carpinteiro Carmen Martín Gaite por Irse de casa ("Irse da casa") Alessandro Baricco por Castelli di rabbia ("Castelos de rabia")
VI 2001 Xelís de Toro, por Os saltimbanquis no paraíso Hernán Rivera Letelier, por Fatamorgana con banda de música Paul Auster, por Timbuktu ("Tombouctou")
VII 2002 Bento da Cruz, por A Loba Manuel de Lope por La sangre ajena ("O sangue alleo") Milan Kundera por L'ignorance ("A ignorancia")
VIII 2003 Marilar Aleixandre, por Teoría do caos Laura Restrepo por Leopardo al sol ("Leopardo ao sol") Amélie Nothomb por Méthaphysique des tubes ("Metafísica dos tubos")
IX 2004 Rosa Aneiros por Resistencia Almudena Grandes por Los aires difíciles ("Os aires difíciles") Jonathan Coe por The Rotters' Club ("O club dos canallas")
X 2005 Pilar Buela por Ácaros verdes Carlos Fuentes por La silla del águila ("A cadeira da aguia") Jeffrey Eugenides por Middlesex
XI 2006 Teresa Moure por A xeira das árbores Álvaro Pombo por Una ventana al norte ("Unha xanela ao norte") Melania G. Mazzucco por Vita
XII 2007 Isidro Novo por Un escuro rumor tralo silencio Javier Cercas por La velocidad de la luz ("A velocidade da luz") Abraham B. Yehoshua por Hakalá hameshajreret ("A noiva liberada")
XIII 2008 María Reimóndez por O club da calceta Vicente Molina Foix por El abrecartas ("O abrecartas") Haruki Murakami por Umibe no Kafuka ("Kafka na orela")
XIV 2009 Anxos Sumai por Así nacen as baleas Luis Landero por Hoy, Júpiter ("Hoxe, Xúpiter") Julian Barnes por Arthur & George ("Arthur e George")
XV 2010 Inma López Silva por Memoria de Cidades sen luz Ignacio Martínez de Pisón por Dientes de leche ("Dentes do leite") Henning Mankell  por Kinesen ("O chinés")
XVI 2011 An Alfaya por Areaquente William Ospina por El país de la canela ("O país da canela") Erri De Luca por Il giorno prima della felicità ("O día antes da felicidade")
XVII 2012 Xulia Alonso por Futuro imperfecto Eduardo Mendoza por Riña de gatos ("Rifa de gatos") Colm Tóibín por Brooklyn
XVIII 2013[5] Xavier Queipo por Extramunde[6] Marina Mayoral por Deseos ("Desexos")[6] Peter Stamm por Sieben Jahre ("Sete anos")[6]
XIX 2014[7] Pedro Feijoo por Os fillos do mar[8] Arturo Pérez-Reverte por El tango de la guardia vieja ("O tango da garda vella")[8] Petros Márkaris por Pereosi ("Rescisión")[8]
XX 2015[9] Carlos G. Reigosa por A Vitoria do perdedor[10] Juan Gabriel Vásquez por Las reputaciones ("As reputacións")[10] Jöel Dicker por La vérite sur l'affaire Harry Quebert ("A verdade sobre o caso Harry Quebert")[10]
XXI 2016[11] Pedro Feijoo por A memoria da choiva[12][13] Javier Cercas por El impostor ("O impostor")[13] Colm Tóibín por The testament of Mary ("O testamento de María")[13]
XXII 2017[14] Xabier Quiroga por Izan o da saca[15] Sara Mesa por Cicatriz[15] Pierre Lemaitre por Irène[15]
XXIII 2018[16] Xosé Monteagudo por Todo canto fomos[17] Fernando Aramburu por Patria[17] Ralf Rothmann por Im Frühling sterben (Morrer en primavera)[17]
XXIV 2019[18] Marcos Calveiro por O xardineiro dos ingleses[19] Pedro Mairal por La uruguaya (A uruguaia)[19] Han Kang por 채식주의자 (A vexetariana)[19]
XXV 2021[20] Emma Pedreira por Besta do seu sangue[21] Carlos Busqued por Magnetizado[21] Antonio Manzini por 7-7-2017[21]
XXVI 2022[22] María Rei Vilas por Flores de Ferro[23][24] Sara Jaramillo por Donde cantan las ballenas[23][24] (Onde cantan as baleas) Audur Ava Ólafsdóttir por Ungfrú Ísland (Miss Islandia)[23][24]
XXVII 2023[25] Sica Romero por Avelaíñas eléctricas[26] Brenda Navarro, por Ceniza en la boca[26] (Cinsa na boca) Nell Leyshon, por The Singing School (A escola de canto)[26]
XXVIII 2024[27] Antón Riveiro Coello por Hotel Carioca Alejandro Zambra por Literatura infantil Maggie O’Farrell por The Marriage Portrait
  1. O Instituto de bacharelato Rosalía de Castro celebra a vixésima edición do premio literario Arcebispo Xoán de San Clemente Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., nova na CRTVG.
  2. Entrega de los XXIV Premios San Clemente Rosalía-Abanca Arquivado 20 de marzo de 2019 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 19 de marzo de 2019 (en castelán).
  3. "Listaxe de gañadores.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 09 de abril de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Os títulos en galego son unicamente propostas de tradución do título orixinal.
  5. "XVIII EDICIÓN". premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Redacción (12 de xuño de 2012). "Premio Arcebispo San Clemente para Queipo, Mayoral e Peter Stamm". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  7. "XIX EDICIÓN". premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Redacción (26 de xaneiro de 2014). "Pérez-Reverte, Pedro Feijoo y Petros Márkaris reciben este lunes los premios San Clemente". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  9. "XX EDICIÓN". premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Redacción (17 de xuño de 2014). "Carlos G. Reigosa, Juan Gabriel Vásquez y Joël Dicker ganan el XX Premio San Clemente que otorgan alumnos gallegos". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  11. "XXI edición". premiosanclemente.es. Consultado o 08-12-2018. 
  12. Redacción (16 de xuño de 2015 [actualizado o 20 de xuño de 2015]). "Pedro Feijoo gaña por segunda vez o Premio San Clemente". nosdiario.gal. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Redacción (8 de febreiro de 2016). "Gala de los premios San Clemente". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  14. "XXII EDICIÓN". .premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  15. 15,0 15,1 15,2 García, Montse (9 de novembro de 2016). "Lemaitre, Sara Mesa y Xabier Quiroga ganan el premio San Clemente". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  16. "Escritores galardoados na XXIII edición". premiosanclemente.es. Consultado o 08-12-2018. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Redacción (1 de marzo de 2018). "Aramburu y Monteagudo reciben el XXIII Premio San Clemente Rosalía-Abanca". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  18. "XXIV EDICIÓN". premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Europa Press (30 de octubro de 2018). "Marcos Calveiro, Pedro Mairal y Han Kang ganan el XXIV Premio San Clemente Rosalía Abanca". galiciapress.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  20. "XXV EDICIÓN". premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  21. 21,0 21,1 21,2 Redacción (19 de novembro de 2019). "El prestigioso premio San Clemente ya tiene vencedores". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  22. "XXVI EDICIÓN". premiosanclemente.es. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  23. 23,0 23,1 23,2 García, Montse (4 de novembro de 2022). "María Rei Vilas, Sara Jaramillo y Audur Ava Ólafsdóttir ganan el Premio San Clemente". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  24. 24,0 24,1 24,2 García, Montse (8 de febreiro de 2023). "Galardonados con el Premio San Clemente: «É único»". lavozdegalicia.es. Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  25. "La escritora Sica Romero gana el XXVII premio San Clemente de novela con el que colabora la Xunta". xunta.gal (en castelán). 24 de outubro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  26. 26,0 26,1 26,2 Montero, Tamara (24 oct 2023). "Sica Romero, Brenda Navarro e Nell Leyshon, gañadoras do Premio San Clemente de Novela". La Voz de Galicia. Consultado o 24 oct 2023. 
  27. "Antón Riveiro Coello faise co Premio San Clemente con 'Hotel Carioca'". Nós Diario. 23 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]