Rafa Sáez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Rafael Carlos Sáez Aboal 2 de abril de 1962 (62 anos) Pontevedra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de fútbol, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Rafael Carlos Sáez Aboal, nado na Seca (Pontevedra) o 2 de abril de 1962, é un exfutbolísta e adestrador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como futbolista no Cultural Mourente, Salgueiriños CF e Arousa SC, onde iniciou a súa traxectoria profesional na tempada 1979-1980. Despois pasou ao Pontevedra CF, onde estivo 6 campañas, chegando a ser capitán do equipo.
Con 18 anos fundou a Agrupación Cultural Deportiva A Seca da que foi presidente e adestrador durante 15 tempadas, converténdoa nun referente do fútbol base. Comezou a exercer como adestrador como seleccionador da Delegación de Pontevedra, e da Federación Galega de Fútbol nas categorías Sub-15 e Sub-17.
Seis anos despois debutou como adestrador no Pontevedra FC pasando de ser o segundo adestrador de Roberto Robles a substituílo no cargo. En 2001 pasou a adestrar as categorías inferiores do Celta de Vigo, destacando a tempada 2003-2004 co Celta de Vigo B, clasificado para a fase de ascenso a Segunda División Española. Despois foi co-adestrador do primeiro equipo xunto con Ramón Carnero durante as últimas 8 xornadas.
Tras un breve paso polo CD Logroñés e Pontevedra CF dende o ano 2011 desempeña o cargo de Director da Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol.
No 2024 convértese no adestrador do Rápido de Bouzas na pugna polo ascenso a Segunda División.