Rexión de Qikiqtaaluk
ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ (iu) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Territorio | Nunavut ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.355 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 970.554,61 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
A rexión de Qikiqtaaluk (en silabario inuktitut: ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ, pronuncia en inuktitut: qikiqtaːˈluk), tamén coñecida como rexión de Qikiqtani ou rexión de Baffin é a rexión administrativa máis oriental,[1] máis ao norte e máis ao sur de Nunavut, no Canadá. Qikiqtaaluk é o nome tradicional en inuktitut da illa de Baffin.[2] Aínda que a rexión de Qikiqtaaluk é o nome máis usado en contextos oficiais, varias organizacións públicas notables, incluíndo Statistics Canada antes do censo canadense de 2021,[3] usaban o termo máis antigo de rexión de Baffin.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A rexión está formada pola illa de Baffin, as illas Belcher, a illa Akimiski, a illa Mansel, a illa do Príncipe Carlos, a illa Bylot, a illa Devon, a illa Baillie-Hamilton, a illa Cornwallis, a illa Bathurst, a illa de Amund Ringnes, a illa Ellef Ringnes, a illa Axel Heiberg, a illa Ellesmere, a península de Melville, a parte oriental da illa Melville e algunhas partes do norte da illa do Príncipe de Gales e da illa Somerset, ademais doutras pequenas illas no medio delas. O centro rexional, e capital territorial, é Iqaluit (7 429 habitantes en 2021).
Antes de 1999, a rexión de Qikiqtaaluk existía baixo límites lixeiramente diferentes nos Territorios do Noroeste como a rexión de Baffin, na parte norte do distrito de Keewatin.
A metade occidental da próxima illa Hans forma parte de Qikiqtaaluk, mentres que a metade oriental forma parte de Groenlandia e está no concello de Avannaata.
Demografía
[editar | editar a fonte]Cunha poboación de 19 355 habitantes en 2021 e unha superficie de 989 879,35 km², algo máis pequena que Exipto, é a máis grande e máis poboada das tres rexións de Nunavut.[3] Tamén é a división administrativa de segundo nivel máis grande do mundo.
Localidades
[editar | editar a fonte]Todas as trece localidades de Qikiqtaaluk están situadas na costa e pouco menos da metade dos seus residentes viven na capital e única cidade de Nunavut, Iqaluit. O resto da poboación vive nas seguintes localidades:
Alert e Eureka forman parte das áreas non organizadas de Qikiqtaaluk, sen habitantes.
Antigamente, había unha comunidade mineira en Nanisivik. Non obstante, a mina de Nanisivik pechou en 2002 polo que a vila ficou deshabitada. Co aeroporto de Nanisivik pechado en 2010, todos os voos foron transferidos ao aeroporto de Arctic Bay.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goldring, Philip (2015). "Historians and Inuit: learning from the Qikiqtani Truth Commission, 2007-2010". Canadian Journal of History 50 (3) (Universidade de Toronto via GALE). pp. 492–523. doi:10.3138/CJH.ACH.50.3.005. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ IHT’s Nunavut Map Series
- ↑ 3,0 3,1 "Census Profile, 2016 Census Baffin, Region [Census division]". Statistics Canada. Consultado o 2 de marzo de 2017.