Saltar ao contido

Samuel C. C. Ting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Samuel Chao Chung Ting»)
Modelo:BiografíaSamuel C. C. Ting

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Samuel Chao Chung Ting
(zh-hant) 丁肇中 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ann Arbor, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
National Cheng Kung University (en) Traducir
Universidade Columbia
臺北市立建國高級中學 Editar o valor en Wikidata
Director de teseLawrence W. Jones (en) Traducir, Martin Lewis Perl e Lawrence W. Jones (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Columbia
Consello Europeo para a Investigación Nuclear Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoHartmut Sadrozinski (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQ10172579 Traducir Editar o valor en Wikidata
NaiWang Yiying Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тинг Сэмюэл)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.261) Editar o valor en Wikidata
Sitio webweb.mit.edu… Editar o valor en Wikidata

Samuel Chao Chung Ting (en mandarín: 丁肇中; en pinyin: Dīng Zhàozhōng), nado en Ann Arbor (Míchigan) o 27 de xaneiro de 1936, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo dunha parella chinesa que se coñeceu na universidade de Míchigan. Cando era pequeno a súa familia trasladouse de novo á China, pero durante a guerra civil chinesa os seus pais fuxiron á República da China, situada na illa de Taiwán. Desenvolveu os seus estudos secundarios en Taipei e posteriormente ingresou na Universidade de Tainan.

En 1956 volveu aos Estados Unidos para estudar enxeñaría, matemáticas e física na universidade de Míchigan, onde se doutorou en física no ano 1962. En 1963 entrou a traballar no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN), para posteriormente traballar no Deutsches Elektronen-Synchrotron (DESY) de Alemaña. Desde 1969 é profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Iniciou as súas investigacións ao redor das partículas subatómicas grazas aos seus traballos no acelerador de partículas, cousa que lle permitiu descubrir a partícula J (ou partícula J/ψ), descubrimento que tamén realizou independentemente o físico Burton Richter.

No ano 1976 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Burton Richter, polo descubrimento da partícula subatómica J.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]