Saltar ao contido

Segunda División RFEF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Segunda división B»)
Modelo:Competición deportivaSegunda División RFEF
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Parte deLigas de fútbol de España Editar o valor en Wikidata
Liga superiorPrimeira Federación, Segunda división española 2002/03, Segunda división española 1997/98, Segunda división española 1990/91, Segunda división española 1998/99, Segunda división española 1982/83, Segunda división española 1991/92, Segunda división española 1989/90, Segunda división española 1979/80, Segunda división española 1999/00, Segunda división española 1977/78, Segunda división española 2004/05, Segunda división española 1985/86, Segunda división española 1995/96, Segunda división española 1994/95, Segunda división española 1981/82, Segunda división española 1996/97, Segunda división española 2011/12, Segunda división española 1993/94, Segunda división española 2000/01, Segunda división española 1984/85, Segunda división española 2003/04, Segunda división española 1980/81, Segunda división española 1983/84, Segunda división española 1978/79, Segunda división española 1988/89, Segunda división española 1986/87, Segunda división española 1992/93, Segunda división española 2006/07, Segunda división española 2007/08, Segunda división española 2008/09, Segunda división española 2012/13, Segunda división española 1987/88, Segunda división española 2013/14, 2009–10 Segunda División (en) Traducir, Segunda división española 2014/15, Segunda división española 2015/16, Segunda división española de fútbol 2016-2017, Segunda división española 2019/19 e Segunda división española 2019/20 Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorTerceira División Española, Q5857037 Traducir, Q6142264 Traducir, Third Division of Spain - Group VIII (en) Traducir, Q13050266 Traducir, Q15919043 Traducir, Third Division of Spain - Group VI (en) Traducir, Q54810229 Traducir, Q60429725 Traducir e Q60487771 Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes90 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1977 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos152 Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónETB 1
LaOtra (pt) Traducir
TvG2
TPA7
IB3 Televisió
La 7 Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor en Wikidata

Encontro de liga da segunda división B 2016/17 no Estadio de Pasarón entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.

A Segunda Federación de España é a cuarta categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Foi introducida en 1977 co nome de Segunda División B e funcionou como terceira categoría (entre a Segunda División e a Terceira División) durante 44 anos,[1] ata que a introdución en 2021 da nova Primeira División RFEF (hoxe Primeira Federación) alterou a xerarquía das categorías do fútbol español.

A partir da tempada 2021/22, a Segunda B converteuse na cuarta categoría e cambiou a súa denominación, pasando a chamarse inicialmente Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.[2][3] Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.[2][4][5]

A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. O seu status é semiprofesional e, a pesar de non estar integrada na Liga de Fútbol Profesional, gran parte dos seus clubs contan cunha organización de carácter profesional.

1ª etapa como terceira categoría

[editar | editar a fonte]

A Segunda División B introduciuse na tempada 1977/78 como unha categoría intermedia entre a Segunda e a Terceira división. Inicialmente estaba formada por dous grupos de 20 equipos e ao termo da tempada, o campión e subcampión de cada grupo ascendían directamente á categoría de prata, mentres que os tres últimos clasificados de cada grupo eran relegados de categoría.

Na tempada 1985/86, con motivo da redución da Segunda División, só ascenderon os dous campións, mentres que os 13 últimos clasificados de cada grupo descenderon a Terceira.[6][7] Así, na tempada 1986/87, de forma transitoria, a Segunda B estivo formada por un grupo único de 22 equipos. Ascenderon catro equipos a Segunda, da que non houbo descensos -pola ampliación da categoría de prata de 18 a 20 equipos- e, de igual modo, esa tempada non houbo descensos a Terceira división, xa que para a seguinte campaña a Segunda B ampliouse a 80 equipos, repartidos en catro grupos de 20. A partir da tempada 1987/88, os campións dos catro grupos eran os que ascendían a Segunda, mentres que os catro últimos de cada grupo perdían a categoría, xunto co 16º clasificado con menos puntos dos catro grupos.[6]

Este sistema mantívose ata a tempada 1990/91, na que desapareceron os ascensos directos de Segunda B a Segunda e introduciuse unha promoción na que participaban os catro primeiros clasificados de cada grupo. Estes 16 equipos repartíanse en catro liguiñas de catro equipos, de tal modo que en cada liguiña figurasen un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto de cada grupo de liga regular. Os campións destas liguiñas eran os que obtiñan o ascenso a Segunda.

Para a tempada 1993/94 introduciuse unha promoción de permanencia, disputada entre os décimo sextos clasificados dos catro grupos. O perdedor desta promoción, xogada por eliminación directa, descendía á Terceira División xunto cos catro últimos clasificados de cada grupo.[8]

Na tempada 2004/05 modificouse novamente a promoción de ascenso, e o sistema de liguiñas foi substituído por un play-off no que os 16 equipos aspirantes ao ascenso se enfrontaban por eliminación directa, en dúas roldas -semifinais e final- para decidir os catro equipos promocionados a Segunda.

Na tempada 2008/09 modificouse de novo o sistema de ascensos e descensos. Creouse unha rolda de campións, na que se enfrontaban os catro campións. Os vencedores desas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda (e enfrontábanse entre si para determinar que equipo era o campión absoluto da Segunda B). Os perdedores xogaban dúas eliminatorias máis, contra segundos, terceiros e cuartos, que antes xa xogaran entre si unha eliminatoria. Os vencedores destas dúas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda.[9]

2ª etapa como cuarta categoría

[editar | editar a fonte]

En 2020 a Real Federación Española de Fútbol anunciou unha restruturación do sistema de ligas español, coa creación dunha nova categoría semiprofesional, a Primera División RFEF, situada xusto por debaixo da Segunda División e por riba da Segunda DIvisión B. Esta, á súa vez, pasou a denominarse Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.[2][3] Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.[2][4][5][10]

Coa súa redefinición como cuarta categoría, cambiou o seu formato de competición, pasando a estar composta dun total de 90 equipos, divididos en cinco grupos. Os cinco campións ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo disputan unha fase de ascenso e os cinco últimos clasificados descenden á Terceira Federación.[5]

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]

A Segunda Federación está composta por 90 clubs divididos en cinco grupos de 18 equipos, emparellados por proximidade xeográfica. O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da liga. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro, e conclúe no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 18 equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de 34 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.

Efectos da clasificación

[editar | editar a fonte]
Posto Clasificación
Ascenso directo a Primeira Federación
Promoción de ascenso a Primeira Federación
6º-13º Manteñen a categoría
14º Descenso a Terceira Federación
15º
16º
17º
18º

Ascenso a Primeira Federación

[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizada a tempada regular os cinco campións dos cinco grupos ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar de cada grupo disputan a promoción de ascenso. Esta promoción consta de dúas roldas de eliminación directa, a dobre partido de ida e volta, das que saen os cinco equipos que acompañan aos cinco campións no ascenso de categoría.[5]

Descenso a Terceira Federación

[editar | editar a fonte]

Ao termo da tempada os cinco últimos clasificados de cada grupo descenden directamente a Terceira Federación. A estes 25 equipos súmanse dous máis, que saen dunha promoción pola permanencia que disputan os catro clasificados no 13º posto, con peor coeficiente de entre os cinco grupos. A promoción de permanencia dispútase por eliminación directa a dobre partido e os emparellamentos determínanse por sorteo puro. Os dous equipos derrotados perden a categoría, descendendo a Terceira.

Equipos filiais

[editar | editar a fonte]

Os equipos filiais poden participar en Segunda Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior (Primeira, Segunda ou Primeira Federación). Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se un equipo descende a Primeira Federación e o seu filial conquista o ascenso á mesma categoría, este quedará en Segunda Federación. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Primeira Federación non pode disputala se o primeiro equipo milita en devandita categoría. Neste caso, substitúeo o quinto clasificado do seu grupo. Isto non será así se o primeiro equipo milita en Primeira Federación pero conta con opcións de ascender á Segunda División.[4]

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Tempada 2024/25

[editar | editar a fonte]
Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4

Equipos galegos

[editar | editar a fonte]

Un total de 24 equipos galegos pasaron pola Segunda B na súa historia.

Posto histórico Equipo Tempadas Partidos
xogados
Puntos
Pontevedra CF 33 1258 1603
15º Racing de Ferrol 25 948 1252
18º CD Ourense 24 914 1168
21º CD Lugo 23 878 1146
35º Celta B 19 720 935
82º SD Compostela 14 530 553
91º Deportivo Fabril 10 380 523
135º CD As Pontes 9 342 364
132º Coruxo FC 8 302 380
181º Arousa SC 7 266 221
193º CD Lalín 6 228 194
228º Montañeros 3 114 138
233º Somozas 3 114 131
258º Cambados 3 114 103
299º Club Rápido de Bouzas 1 38 61
300º Bergantiños 2 76 59
301º Arenteiro 2 76 58
302º Celta 1 38 58
305º Deportivo 1 38 56
312º Ciudad de Santiago 1 38 50
315º Boiro 1 38 45
340º Negreira 1 38 34
353º Atlético Arteixo 1 38 26
355º Cerceda 1 38 25
Actualizado ata a tempada 2017/18

Historial

[editar | editar a fonte]

Como terceira categoría

[editar | editar a fonte]

Tempadas con ascensos directos

[editar | editar a fonte]

Desde a creación da categoría ata a tempada 1989/90, non existían as promocións de ascenso a Segunda División, polo que os equipos mellor clasificados ascendían directamente.

Os equipos que ascenderon foron:

Tempada Grupo I Grupo II
1977–78 Racing de Ferrol Castilla AD Almería Algeciras
1978–79 Palencia Oviedo Levante Gimnàstic
1979–80 Barakaldo Atlético Madrileño Linares AD Ceuta
1980–81 Celta Deportivo Mallorca Córdoba
1981–82 Barcelona Atlètic Palencia Xerez Cartagena
1982–83 Bilbao Athletic Tenerife Granada Algeciras
1983–84 Sabadell Logroñés Lorca Calvo Sotelo
1984–85 Sestao Aragón Rayo Vallecano Albacete
1985–86 Figueres Xerez
1986–871 Tenerife Lleida Granada Real Burgos
G. I G. II G. III G. IV
1987–88 Eibar Mollerussa Salamanca Alzira
1988–89 Bilbao Athletic Palamós Atlético Madrileño Levante
1989–90 Avilés Lleida Albacete Orihuela Deportiva
1 Na tempada 86/87 houbo só un grupo de Segunda B, antes da implantación do actual sistema de catro grupos na tempada 87/88.

Tempadas con promocións

[editar | editar a fonte]
Tempada Campións Ascenso
G. I G. II G. III G. IV
1990–91 Madrid B Racing Santander Barcelona B Badajoz Mérida, Madrid B, Compostela e Racing de Santander
1991–92 Salamanca Sant Andreu Cartagena Marbella Badajoz, Villarreal, Lugo e Marbella
1992–93 Leganés Alavés Murcia Las Palmas Toledo, Leganés, Hércules e Murcia
1993–94 Salamanca Alavés Gramenet Extremadura Getafe, Salamanca, Ourense e Extremadura
1994–95 Racing Ferrol Alavés Levante Córdoba Sestao, Almería, Alavés e Écija
1995–96 Las Palmas Sporting B Levante Jaén Levante, Las Palmas, Ourense e Atlético B
1996–97 Sporting B Aurrerá Gimnàstic Córdoba Elche, Xerez, Jaén e Numancia
1997–98 Cacereño Barakaldo Barcelona B Málaga Málaga, Mallorca B, Barcelona B e Recreativo
1998–99 Getafe C.Leonesa Levante Melilla Elche, Getafe, Levante e Córdoba
1999–00 Universidad LP G.Torrelavega Gandia Granada Universidad LP, Jaén, R.Ferrol e Murcia
2000–01 Atlético B Burgos Gramenet Cádiz Burgos, Poli Ejido, Gimnàstic e Xerez
2001–02 Barakaldo Barcelona B Madrid B Motril Terrassa, Compostela, Getafe e Almería
2002–03 Universidad LP Real Unión Castellón Algeciras Cádiz, Algeciras, Málaga B e Ciudad de Murcia
2003–04 Pontevedra At.Madrid B Lleida Lanzarote Lleida, Pontevedra, R.Ferrol e Gimnàstic
2004–05 Madrid B Ponferradina Alicante Sevilla B Hércules, Castellón, Lorca e Madrid B
2005–06 Universidad LP Salamanca Badalona Cartagena Salamanca, Ponferradina, Las Palmas e Vecindario
2006–07 Pontevedra Eibar Alicante Sevilla Atlético R.Ferrol, Sevilla Atlético, Eibar e Córdoba
2007–08 Rayo Vallecano Ponferradina Girona Écija Rayo Vallecano, Girona, Huesca e Alicante
2008–09 Real Unión Cartagena Alcoyano Cádiz Cartagena, Cádiz, Real Unión e Villarreal B
2009–10 Ponferradina Alcorcón Sant Andreu Granada Granada, Ponferradina, Barcelona B e Alcorcón
2010–11 Lugo Eibar Sabadell Murcia Sabadell, Murcia, Alcoyano e Guadalajara
2011–12 Madrid Castilla Mirandés Atlético Baleares Cádiz Madrid Castilla, Mirandés, Ponferradina e Lugo
2012–13 Tenerife Alavés L'Hospitalet Jaén Tenerife, Alavés, Eibar e Jaén
2013–14 Racing de Santander Sestao River Llagostera Albacete Racing de Santander, Llagostera, Albacete e Leganés
2014–15 Oviedo Huesca Gimnàstic Cádiz Oviedo, Gimnàstic, Bilbao Athletic e Huesca
2015–16 Racing de Santander Madrid Castilla Reus Deportiu UCAM Murcia Reus Deportiu, UCAM Murcia, Sevilla Atlético e Cádiz
2016–17 Cultural Leonesa Albacete Barcelona B Lorca Cultural Leonesa, Albacete, Barcelona B e Lorca
2017–18 Rayo Majadahonda Mirandés Mallorca Cartagena Mallorca, Rayo Majadahonda, Elche e Extremadura UD
2018–19 Fuenlabrada Racing de Santander Atlético Baleares Recreativo de Huelva Fuenlabrada, Racing de Santander, Ponferradina e Mirandés
2019–20 Atlético Baleares UD Logroñés Castellón Cartagena Cartagena, Castellón, UD Logroñés, Sabadell
Desde a tempada 2008-09 están destacados os campións absolutos da categoría segundo o novo sistema de competición.

Tempada 2020/21 con cinco grupos

[editar | editar a fonte]
Tempada Campións Ascenso
G. I G. II G. III G. IV G. V
2020–21 Burgos Real Sociedad B Ibiza Linares Deportivo Badajoz Burgos, Real Sociedad B, Ibiza, Amorebieta

Como cuarta categoría

[editar | editar a fonte]
Tempada Campións Outros ascendidos
G. I G. II G. III G. IV G. V
2021–22 Pontevedra Osasuna Promesas Numancia Córdoba Intercity Ceuta, Eldense, La Nucía, Mérida, Real Murcia
2022–23 Arenteiro Sestao River Teruel Antequera Melilla Atlético de Madrid B, Atlético Sanluqueño, Recreativo Granada, Recreativo de Huelva, Tarazona
2023–24 Ourense CF Bilbao Athletic Hércules Sevilla Atlético Gimnástica Segoviana Barakaldo, Betis Deportivo, Marbella, Yeclano Deportivo, Zamora

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Máis tempadas

[editar | editar a fonte]

Actualizado ata a tempada 2023/24.

Posto Equipo Tempadas
Pontevedra 38
Barakaldo 36
Cultural Leonesa 36
Melilla 36
Real Sociedad B 35
Osasuna B 34
Bilbao Athletic 32
Sevilla Atlético 32
Real Jaén 31
L'Hospitalet 31
Atlético de Madrid B 31
Sporting de Gijón B 31
13º Alcoyano 29
14º Gimnàstic de Tarragona 28
15º Racing de Ferrol 27
Zamora 27
Valencia Mestalla 27
Real Betis B 27
19º Real Unión 26
20º CD Ourense 24
  1. NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 CIRCULAR N.º 97 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Segunda División B (Segunda RFEF) rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Normas reguladoras y bases de competición de Segunda Federación - Temporada 2023/2024" (PDF). Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Normas reguladoras y bases de competición de Segunda Federación - Temporada 2024/2025" (PDF). Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  6. 6,0 6,1 Llamas, Eugenio (1 de xaneiro de 2010). "La reducción y ampliación de la Segunda B en 1986 y 1987". Cuadernos de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  7. Abizanda, Jorge (27 de abril de 2020). "Pánico en el fútbol: la temporada que descendieron de golpe 13 equipos en cada grupo de Segunda B". ABC (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  8. Llamas, Eugenio (1 de xaneiro de 2011). "La promoción de permanencia en 2ªB". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (17). ISSN 1989-6379. 
  9. "Normas de la fase de ascenso a Segunda B" (en castelán). 20 de agosto de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  10. CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]