Selección de baloncesto de España
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
España | |||
Clasificación | 2 | ||
---|---|---|---|
Afiliación | 1934 | ||
Zona FIBA | FIBA Europa | ||
Federación | FEB | ||
Adestrador | Sergio Scariolo | ||
Xogos Olímpicos | |||
Aparicións | 11 | ||
Medallas | 1984, 2008, 2012 2016 | ||
Copa do Mundo da FIBA | |||
Aparicións | 11 | ||
Medallas | 2006, 2019 | ||
Eurobasket | |||
Aparicións | 31 | ||
Medallas | 2009, 2011, 2015, 2022 1935, 1973, 1983, 1999, 2003, 2007 1991, 2001, 2013, 2017 | ||
Uniforme | |||
|
A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.
A Selección española está considerada, a 1 de marzo de 2022, a segunda mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só está a selección dos Estados Unidos.[1]
A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da guerra civil española días antes do inicio dos Xogos.
A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.
O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.
A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006. O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.
Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.
A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Masculina
[editar | editar a fonte]Os seguintes xogadores disputaron o torneo masculino de baloncesto dos EuroBasket 2022.[2]
Selección española de baloncesto - EuroBasket 2022 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Feminina
[editar | editar a fonte]- Seleccionador: Jose Ignacio Hernández.
- Bases: Silvia Domínguez, Alba Torrens.
- Escoltas: Laia Palau, Elisa Aguilar, Marta Xargay.
- Aleiros: Cindy Lima, Amaya Valdemoro, Anna Cruz.
- Ala-Pivotes: Anna Montañana, Sancho Lyttle.
- Pivotes: Laura Nicholls, Lucila Pascua.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
Sección feminina
- 1 medalla de bronce: 2010
Sección masculina
- Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984.
- Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.
- Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Sección masculina
Sección masculina
- 4 medallas de ouro: 2009, 2011, 2015, 2022
- 6 medallas de prata: 1935, 1973, 1983, 1999, 2003, 2007
- 3 medallas de bronce: 1991, 2001, 2013
Sección feminina
- 2 medallas de ouro: 1993, 2013
- 1 medalla de prata: 2007
- 4 medallas de bronce: 2001, 2003, 2005, 2009
Sección masculina
Sección feminina
- 1 medalla de bronce: 2005.
Xogadores históricos
[editar | editar a fonte]Por partidos xogados
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Xogadores que disputaron máis de 100 partidos coa selección:
Adestradores históricos
[editar | editar a fonte]- Anos 30': Mariano Manent.
- Anos 40':
- Anos 50': Anselmo López Martín (ata 1950), Jacinto Ardevéniz (1953-1958), Eduardo Kucharsky (1959-1960).
- Anos 60': Pedro Ferrándiz (1964-1965), Antonio Díaz-Miguel (1965-1992).
- Anos 70': Antonio Díaz-Miguel (1965-1992).
- Anos 80': Antonio Díaz-Miguel (1965-1992).
- Anos 90': Antonio Díaz-Miguel (1965-1992), Lolo Sainz (1993-2001).
- Anos 2000: Javier Imbroda (2001-2002), Moncho López (2003), Mario Pesquera (2004-2005), Pepu Hernández (2006-2007), Aíto García Reneses (2008).
- Anos 2010: Sergio Scariolo (2009-2012), Juan Antonio Orenga (2012-2014), Sergio Scariolo (desde 2015)
Partidos históricos
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
- 10 de agosto de 1984. Final dos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984: Estados Unidos 96 - España 65.
- 14 de setembro de 2003. Final do Eurobasket 2003: España - Lituania
- 3 de setembro de 2006. Final do Campionato do mundo do Xapón 2006: España 70 - Grecia 47.
Sección feminina
- 1993. Final do Eurobasket de Perugia: España 63 - Francia 53
Historial
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
|
|
Sección feminina
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
|
|
|
|
Sección feminina
|
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sección masculina
Sección feminina
Récords da selección
[editar | editar a fonte]- Xogador con:
- máis partidos xogados: Juan Antonio San Epifanio, 239 partidos.
- máis puntos anotados: Juan Antonio San Epifanio, 3358 puntos.
- máis puntos anotados nun só partido: Jordi Villacampa, 48 puntos en partido fronte a Venezuela do Campionato do Mundo da Arxentina de 1990.
- participación en máis Xogos Olímpicos: Juan Antonio San Epifanio, en 4 (Moscova'80, Los Ángeles’84, Seúl’88 e Barcelona’92).
- máis tempo permanecido na selección: Juan Antonio San Epifanio, 15 anos, tres meses e 19 días.
- máis medallas conseguidas coa selección: Carlos Jiménez Sánchez, catro en total: 1 ouro (Mundobasket 2006), 2 pratas (Eurobasket 1999 e 2003), e 1 bronce (Eurobasket 2001).
- Seleccionador que:
- dirixiu máis partidos: Antonio Díaz-Miguel, 423 partidos nun total de 27 anos.
- conseguiu máis medallas: Antonio Díaz-Miguel, cinco medallas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIBA World Ranking Presented by NIKE, men". fiba.basketball.
- ↑ "Spain announces its final 12-men roster for EuroBasket 2022". Basketnews.com. 30 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial Federación Española de Baloncesto
- Artigos Mundial do Xapón Arquivado 01 de xullo de 2007 en Wayback Machine. O triunfo máis importante da historia da Selección
- Blog de Nacho Coque (preparador físico da selección) sobre o Eurobasket 2007 en España