Saltar ao contido

Semirrecta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha semirrecta é cada unha das dúas partes nas que fica dividida unha recta por calquera dos seus puntos. Pódese definir como unha recta con punto de orixe, considerando unha continuación de puntos que parten dunha orixe e se estenden cara ao infinito, mentres que a recta existe no infinito como liña de puntos en sentidos contrarios.

Considerando a bixección entre unha recta e os números reais, temos unha recta numérica, onde os reais positivos corresponden a unha semirrecta e os reais negativos corresponden a outra semirrecta e o cero corresponde ao punto común entre as dúas semirrectas, tamén chamado orixe.