Steven Shane McDonald
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1967 (57 anos) Hawthorne, Estados Unidos de América |
Educación | Hawthorne High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 1978 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Steven Shane McDonald, nado o 24 de maio de 1967, é un músico de rock estadounidense coñecido por ser o baixista da banda de rock alternativo/power pop dos Ánxeles Redd Kross. Ademais foi un dos fundadores do grupo de hardcore punk OFF!, do que foi membro de 2009 a 2021, e é baixista dos Melvins dende 2015. McDonald apareceu en numerosos proxectos cinematográficos co seu irmán maior Jeff McDonald, como a película de 1984 Desperate Teenage Lovedolls e a súa secuela Lovedolls Superstar; e o filme de 1990 Spirit of '76.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Interviews: Keith Morris (OFF!, Black Flag, Circle Jerks)". www.punknews.org (en inglés). 2010-05-31. Consultado o 2024-12-31.