Temes, Temes, Carballedo
Temes | |
---|---|
![]() Carballeiras que rodean o lugar | |
Parroquia | Temes |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°27′46″N 7°45′20″O / 42.46275, -7.75547222 |
Poboación | 2 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Temes é un lugar da parroquia de Temes, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2019 tiña 2 habitantes, 2 mulleres.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo ten a base no medieval Temanes, que semella un antropónimo prelatino[1]. Ningún outro lugar de Galicia leva o nome deste lugar e parroquia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O Complexo de Temes moi ben estudado polo padre Jaime Delgado[2], é o máis importante tesouro arqueolóxico do concello e da contorna.
Neste complexo histórico-arqueolóxico podemos diferenciar tres etapas.
1- Etapa prerromana e romana. Son vestixios prerromanos unha chea de castros que se atopan no contorno e tamén o mesmo nome de Temes. Entre os romanos sobresae a ara dedicada ós deuses “Lares Viales”.
2- Etapa paleocristiá:
- A tapa dun sarcófago (probablemente de entre 315-325), incrustada enriba do arco triunfal da igrexa. No seu ático nárranse iconograficamente tres escenas bíblicas: a Adoración dos ReisMagos, o pecado de Adán e Eva e o ciclo de Xonás.
- A primeira inscrición cristiá de Galicia que está esculpida nunha pedra granítica: FIDES SPES CARITAS (Fe, Esperanza, Caridade).
3- Etapa cristiá-visigoda. Sobresae unha pedra coa seguinte inscrición: SAGRATIO TEMPLI KL / DCBS IN ERA DCCC / (X) L (A) (I) II. Traduciuse como: A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro (30 de novembro), na era 843 (ano 805). Consérvanse outras pezas da igrexa visigótica.
4- Etapa renacentista: o sagrario do altar maior con Cristo saíndo do sepulcro entre os apóstolos Pedro e Pablo[3].
Unha das pezas do Complexo de Temes formou parte en 1991 da Exposición Galicia no Tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ Delgado Gómez, Jaime (1997). El Complejo de Temes. Los dos documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-89468-29-X.
- ↑ "Complexo de Temes". Concello de Carballedo. Consultado o 15/10/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Temes
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Temes no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alvite | Antes | A Cuqueira | A Enfonxa | A Laxa | Pasarín | San Lourenzo | Temes | O Vao |