Tenis nos Xogos Olímpicos
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | tenis |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1896 – |
Período de ocorrencia | 4 |
Outro | |
Páxina web oficial | olympic.org… |
O tenis é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende a primeira edición dos Xogos celebrada en Atenas (Grecia) no ano 1896, mais foi eliminado do programa oficial despois da edición de 1924 celebrada en París (Francia). Despois de dúas aparicións como deporte de demostración nas edicións de 1968 e 1984, nos Xogos Olímpicos de 1988 celebrados en Seúl (Corea do Sur) foi novamente incorporado coa participación dos tenistas profesionais.
A partir dos Xogos Olímpicos de 2004 celebrados en Atenas (Grecia), os resultados obtidos nos Xogos son puntuables para o circuíto da ATP e a WTA.
Nas edicións de 1896, 1900, 1904, 1988 e 1992 concedéronse dúas medallas (bronce) aos perdedores da semifinal. No resto de edicións realizouse un partido polo terceiro posto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |