A Veiga, Asturias
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | A Veiga | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.885 (2023) (48,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 80,69 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa da Veiga | María Begoña Calleja Quijada | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33770 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33074 | ||||
Sitio web | vegadeo.es | ||||
A Veiga[1] (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.
Lingua
[editar | editar a fonte]Este concello maiormente galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel có castelán[2]. Na vila naceu Armando Cotarelo Valledor, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1984.
Parroquias
[editar | editar a fonte]O concello divídese en 6 parroquias:
Número | Nome | Superficie (km²) | % Superficie da Veiga | Poboación (2018) | % Poboación da Veiga | Densidade de poboación (hab./km²) |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Abres | 10,49 | 13% | 187 | 4,76% | 17,83 |
2 | A Veiga | 9,79 | 12,13% | 2 924 | 74,48% | 298,67 |
3 | Guiar | 5,55 | 6,88% | 28 | 0,71% | 5,05 |
4 | Meredo | 27,87 | 34,54% | 200 | 5,09% | 7,18 |
5 | Paramios | 9,89 | 12,26% | 81 | 2,06% | 8,19 |
6 | Piantón | 19,17 | 23,76% | 465 | 11,84% | 24,26 |
Camiño de Santiago
[editar | editar a fonte]Coa entrada en servizo en 1987 da ponte dos Santos, os peregrinos que se dirixían á ponte do Fornacho (Santiago de Abres) para evitar cruzar a ría de Ribadeo en barca, comezaron a facelo polo novo paso, dirixíndose a Ribadeo, e desde aquí a Lourenzá e Mondoñedo. A Veiga foi tendo menos tránsito de peregrinos e só algúns seguían a antiga ruta, dirixíndose a Trabada. A Asociación Asturgalaica de Amigos do Camiño comezou a reivindicar a construción dun albergue en Santiago de Abres, paso fundamental para recuperar a vía histórica. En 2017 instalouse provisionalmente un albergue no Polideportivo da Veiga ao tempo que na Trapa (Trabada) comezaba a ofrecer os seus servizos outro albergue. Isto, unido aos labores de mellora, poza e sinalización emprendidos polo Goberno do Principado de Asturias, fixo que a ruta histórica estea a recuperar peregrinos. Para o Goberno do Principado, este foi sempre o Camiño Oficial e a única ruta do Camiño do Norte sinalada con pedras e vieiras.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Repertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine. de Carlos Aenlle
- ↑ O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio, nova en Praza Pública o 13 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Veiga, Asturias |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5.