Wikipedia:Wikiproxecto artigos de paneis
Dámosche a benvida ao Wikiproxecto artigos de paneis, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.
Antecedentes e obxectivo
[editar a fonte]Moitos monumentos, e outros lugares de interese, ao longo da xeografía, están iluminados por paneis instalados na vía pública por diferentes institucións. A información que hai neles, ás veces extensa, é de dominio público acolléndose á liberdade de panorama[1], reflectida na lexislación de moitos países. Xa que logo, por exemplo en España:
|
O obxectivo deste wikiproxecto é crear artigos novos na Wikipedia en galego, transcribindo a información reflectida neses paneis. O que non quita que eses mesmos artigos sexan ampliados, engadíndolle máis contidos (achegando outras referencias, fotografías...).
Inscrición e participación
[editar a fonte]A inscrición non é necesaria. Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo {{Usuario artigos de paneis}} ou o {{atallo|WP PANEIS}}, indistintamente.
Coordinación
[editar a fonte]Na conversa desta mesma páxina.
Suxestións de artigos:
[editar a fonte]- Pazo de Fontefiz (panel). Feito!
- Edificio Bonín (panel). Feito!
- Mámoas das Cabanas (paneis: 1, 2 e 3).
Non esquezas...
[editar a fonte]- ... cando vaias a tirar fotos a calquera sitio, facerlle unha aos paneis explicativos que haxa, e cargala.
- ... indicar, na páxina de conversa do artigo, a procedencia da información (exemplos: Conversa:Edificio Bonín, Conversa:Pazo de Fontefiz).
Notas
[editar a fonte]- ↑ Podes aprender máis sobre a liberdade de panorama en Wikimedia Commons (en varias linguas), ou na Wikipedia en inglés.