Saltar ao contido

Wesendonck-Lieder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wesendonck Lieder»)
Mathilde Wesendonck en 1850, por Karl Ferdinand Sohn.

Wesendonck Lieder, WWV 91,[1] de Richard Wagner, é un ciclo de cinco cancións para voz feminina con acompañamento de piano (posteriormente orquestrado por Felix Mottl) composto polo compositor alemán inspirado en cinco poemas de Mathilde Wesendonck, dona do banqueiro e mecenas Otto Wesendonck. Esta e Siegfried Idyll son as súas únicas composicións non operísticas que aínda se interpretan regularmente. Os Wesendonck Lieder foron publicados baixo o título Fünf Gedichte von Mathilde Wesendonk für eine Frauenstimme und Klavier[2] en 1857 e 1858 por C. F. Peters.

A Vila Wesendonck, Zürich.

O ciclo é unha escolma de poemas de Mathilde Wesendonck, a dona dun dos mecenas de Wagner. Wagner entablara amizade con Otto Wesendonck en Zürich, cando escapara de Saxonia despois da Revolución de maio en Dresde en 1849. Durante un tempo Wagner e a súa dona Minna viviron xuntos no Asyl (do alemán Asylum no sentido de "santuario"), unha pequena casa de campo na propiedade dos Wesendonck.

En outubro de 1857, Wagner comezara o borrador da composición do primeiro acto de Tristan und Isolde. En novembro, non obstante, musicalizou cinco poemas de Mathilde no que hoxe se coñecen como os Wesendonck Lieder. Isto era algo infrecuente en Wagner, que case nunca puxo música a textos alleos, e que raramente se sentía inspirado por ningún tema que non fose dramático. Dúas destas cancións musicadas que máis tarde terían papeis importantes en Tristan und Isolde e que Wagner marcou como "Estudos para Tristán e Isolda" foron "Träume" e "Im Treibhaus". "Träume" emprega un motivo que forma o dúo de amor no Acto II de Tristan, mentres que "Im Treibhaus" (o último dos cinco que escribiu) introduce un tema que posteriormente se convertería no Preludio ao Acto III de Tristan.[3]

Namorado platónicamente de Mathilde, Wagner empregou dúas das cancións -"Im Treibhaus" e "Träume"- como bosquexos (ou estudos) para escenas do segundo e terceiro acto da súa ópera Tristan und Isolde. Fose certo ou non o namoramento de Wagner e Mathilde, a situación e o namoramento contribuíu sen dúbida na intensidade da composición de Tristan und Isolde; e tamén sen dúbida nos poemas de Mathilde.

Wagner inicialmente escribiu as cancións para voz feminina e piano só, mais realizou unha versión completamente orquestrada de "Träume" para ser interpretada por unha orquestra de cámara baixo a fiestra de Mathilde polo seu aniversario o 23 de decembro de 1857. O ciclo foi interpretado por primeira vez en público cerca de Maguncia o 30 de xullo de 1862 baixo o título de Cinco Cancións para unha Voz Feminina.

A orquestración do ciclo completo foi realizada para grande orquestra por Felix Mottl, o director de Wagner. En 1972 o compositor italiano Vieri Tosatti reorquestrou o ciclo por completo. En 1976 alemán Hans Werner Henze realizou outra orquestración do ciclo completo para orquestra de cámara. Cada un dos músicos ten unha parte distinta, con algún rexistro do vento pouco usual. En 2013 o compositor francés Alain Bonardi realizou unha nova versión para voz, piano, clarinete e violonchelo, incluíndo interludios instrumentais con percusións resonantes orientais.

A orquestración de Mottl é a empregada habitualmente e son interpretadas por sopranos ou mezzosopranos: Lauritz Melchior gravou "Schmerzen" e "Träume" (gravadas para HMV en 1923). Moi ocasionalmente por tenores: "Der Engel" foi gravada por Franco Corelli (en francés), Plácido Domingo, Jonas Kaufmann (gravou o ciclo completo dirixido por Donald Runnicles en Berlín), Andrea Bocelli, Lauritz Melchior gravou a cuarta e quinta, e René Kollo o ciclo. Nalgunha ocasión por barítonos como Matthias Görne. E por baixos como Paata Burchuladze. Uns poucos tentaron interpretar todo o ciclo.[4]

Os cinco Lieder

[editar | editar a fonte]
  • Der Engel (O Anxo), novembro de 1857
  • Stehe still! (Detente!), febreiro de 1858
  • Im Treibhaus - Studie zu Tristan und Isolde (No invernadoiro) maio de 1858
  • Schmerzen (Penas), decembro de 1857
  • Träume - Studie zu Tristan und Isolde (Soños) decembro de 1857

1. Der Engel

In der Kindheit frühen Tagen
Hört ich oft von Engeln sagen,
Die des Himmels hehre Wonne
Tauschen mit der Erdensonne,

Daß, wo bang ein Herz in Sorgen
Schmachtet vor der Welt verborgen,
Daß, wo still es will verbluten,
Und vergehn in Tränenfluten,

Daß, wo brünstig sein Gebet
Einzig um Erlösung fleht,
Da der Engel niederschwebt,
Und es sanft gen Himmel hebt.

Ja, es stieg auch mir ein Engel nieder,
Und auf leuchtendem Gefieder
Führt er, ferne jedem Schmerz,
Meinen Geist nun himmelwärts!

 

O Anxo

Nos albores da miña infancia
oín dicir que os anxos
cambiaban as felicidades celestes
pola luz do sol terreal.

Así, cando un corazón apesarado
oculta ao mundo o seu pesar,
cando sangra en silencio
e se funde entre bágoas,

cando roga con fervor
pedindo só a súa liberación,
o Anxo descende cara a el
e, docemente, condúceo ao Ceo.

Si, tamén un Anxo descendeu sobre min
e sobre as súas ás resplandecentes
eleva, lonxe de calquera dor,
o meu espírito cara ao Ceo

2. Stehe still!

Sausendes, brausendes Rad der Zeit,
Messer du der Ewigkeit;
Leuchtende Sphären im weiten All,
Die ihr umringt den Weltenball;
Urewige Schöpfung, halte doch ein,
Genug des Werdens, laß mich sein!

Halte an dich, zeugende Kraft,
Urgedanke, der ewig schafft!
Hemmet den Atem, stillet den Drang,
Schweiget nur eine Sekunde lang!
Schwellende Pulse, fesselt den Schlag;
Ende, des Wollens ew'ger Tag!

Daß in selig süßem Vergessen
Ich mög alle Wonnen ermessen!
Wenn Aug' in Auge wonnig trinken,
Seele ganz in Seele versinken;
Wesen in Wesen sich wiederfindet,
Und alles Hoffens Ende sich kündet,
Die Lippe verstummt in staunendem Schweigen,
Keinen Wunsch mehr will das Innre zeugen:
Erkennt der Mensch des Ew'gen Spur,
Und löst dein Rätsel, heil'ge Natur!

 

Detente!

Oh incesante Roca do Tempo,
medidora da Eternidade
Esferas escintilantes do gran Todo
que rodea o noso globo
Creación orixinal, detente!
Cesade no voso perpetuo devir, deixádeme ser!

Detente forza creadora!
pensamento primeiro en constante creación
Detédevos, hálitos! Enmudecede desexos!
Concedédeme un só segundo de silencio.
Pulso enlouquecido, calma os teus latidos!
Detente, día eterno da vontade!
A fin de que, nun afortunado e doce esquecemento,
poida medir toda a miña ledicia.

Cando os ollos beben a ledicia noutros ollos,
cando a alma enteira se anega noutra alma,
cando o ser se encontra noutro ser
enmudecen os beizos, silenciosos no seu asombro
e o noso corazón segredo xa non ten ningún anhelo.
O home recoñece o selo da Eternidade
e resolve o seu enigma, Santa Natureza.

3. Im Treibhaus

Hochgewölbte Blätterkronen,
Baldachine von Smaragd,
Kinder ihr aus fernen Zonen,
Saget mir, warum ihr klagt?

Schweigend neiget ihr die Zweige,
Malet Zeichen in die Luft,
Und der Leiden stummer Zeuge
Steiget aufwärts, süßer Duft.
Weit in sehnendem Verlangen
Breitet ihr die Arme aus,
Und umschlinget wahnbefangen
Öder Leere nicht'gen Graus.

Wohl, ich weiß es, arme Pflanze;
Ein Geschicke teilen wir,
Ob umstrahlt von Licht und Glanze,
Unsre Heimat ist nicht hier!

Und wie froh die Sonne scheidet
Von des Tages leerem Schein,
Hüllet der, der wahrhaft leidet,
Sich in Schweigens Dunkel ein.

Stille wird's, ein säuselnd Weben
Füllet bang den dunklen Raum:
Schwere Tropfen seh ich schweben
An der Blätter grünem Saum.

 

No invernadoiro

Coroas de follaxe en altas arcadas,
baldaquinos de esmeralda,
vós, fillos de afastadas relixións,
dicídeme, por que vos lamentades?

Inclinades en silencio as vosas polas,
debuxades signos no aire
e, como muda testemuña das vosas penas,
exhálase un doce perfume.

Grandes, no voso ardente desexo,
abrides os vosos brazos
para estreitar en van
o horror espantoso do baleiro.

Sei moi ben, pobres plantas,
que compartimos un mesmo destino.
Aínda que vivísemos entre unha luz radiante
o noso fogar non está aquí.

Ao igual que o sol gozoso, que abandona
o baleiro esplendor do día,
aquel que verdadeiramente sofre
se envolve co escuro manto do silencio.

Todo se calma. Un murmurio ansioso
enche a estancia escura.
Estou vendo como pesadas gotas se inchan
nos verdes bordos das follas.

4. Schmerzen

Sonne, weinest jeden Abend
Dir die schönen Augen rot,
Wenn im Meeresspiegel badend
Dich erreicht der frühe Tod;

Doch erstehst in alter Pracht,
Glorie der düstren Welt,
Du am Morgen neu erwacht,
Wie ein stolzer Siegesheld!

Ach, wie sollte ich da klagen,
Wie, mein Herz, so schwer dich sehn,
Muß die Sonne selbst verzagen,
Muß die Sonne untergehn?

Und gebieret Tod nur Leben,
Geben Schmerzen Wonne nur:
O wie dank ich, daß gegeben
Solche Schmerzen mir Natur!

 

Penas (Tormentos)

Sol, choras todas as noites
ata que logras avermellar os teus fermosos ollos
cando, bañándote no espello do mar,
veste abatido por unha morte prematura.

Mais regresas co teu antigo esplendor,
gloria do mundo escuro,
espertando na aurora
como un orgulloso heroe vencedor

Por que, pois, debería lamentarme?
Por que o meu corazón debe ser tan pesado?
Por que mesmo o propio Sol debe desesperarse?
Por que o Sol ten que desaparecer?

E se só a morte dá nacemento á vida,
se só os tormentos proporcionan a ledicia,
oh, como che dou as grazas, Natureza,
polos tormentos que me deches!

5. Träume

Sag, welch wunderbare Träume
Halten meinen Sinn umfangen,
Daß sie nicht wie leere Schäume
Sind in ödes Nichts vergangen?

Träume, die in jeder Stunde,
Jedem Tage schöner blühn,
Und mit ihrer Himmelskunde
Selig durchs Gemüte ziehn!

Träume, die wie hehre Strahlen
In die Seele sich versenken,
Dort ein ewig Bild zu malen:
Allvergessen, Eingedenken!

Träume, wie wenn Frühlingssonne
Aus dem Schnee die Blüten küßt,
Daß zu nie geahnter Wonne
Sie der neue Tag begrüßt,
Daß sie wachsen, daß sie blühen,
Träumed spenden ihren Duft,
Sanft an deiner Brust verglühen,
Und dann sinken in die Gruft.

 

Soños

Dime, que soños marabillosos
reteñen prisioneira a miña alma,
sen desaparecer, como pompas de xabrón,
nunha nada desolada?

Soños que a cada hora
de cada día florecen máis fermosos.
E que, coas súas prefiguracións do Ceo,
pasan felizmente a través do meu espírito.

Soños que, como raios de gloria,
penetran na alma
para pintar nela unha imaxe eterna:
o esquecemento de todo! o recordo único!

Soños parecidos ao sol da primavera
cuxos bicos fan brotar as flores entre a neve
e que, cunha inimaxinable felicidade,
acollen ao novo día.

E crecendo, e florecendo,
e soñando, exhalan o seu perfume,
e murchan, docemente, sobre o teu peito
para descender despois ao sepulcro.

Características

[editar | editar a fonte]

Os poemas están escritos nun estilo melancólico, pathos-laden influenciado por Wilhelm Müller, o autor dos poemas empregados por Schubert a principios do século. Mais a linguaxe é máis enrarecida e intensa do que no estilo romántico se desenvolvera. Musicalmente, o estilo cromático-harmónico de Tristan und Isolde imprega os cinco Lieder e unifícaos.

  1. Unha nota sobre a escrita: Otto e Mathilde empregaban a forma "Wesendonck". O seu fillo chamouse a si mesmo Franz von Wesendonk —había moitas reformas da escrita alemá a finais do século XIX. As formas "Wesendonck" e "Wesendonk" encóntranse máis ou menos na mesma proporción na literatura de Wagner.
  2. Cinco poemas de Mathilde Wesendonk para voz feminina e piano.
  3. Millington 1992, p. 318.
  4. Gurewitsch, Matthew (6 November 2005). "Why Shouldn't Men Sing Romantic Drivel, Too?". The New York Times. Consultado o 3 December 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]