Wikipedia:Artigos insólitos
Aparencia
Esta páxina é un ensaio, non se trata dunha política ou guía oficial. Contén recomendacións ou opinións dun ou máis usuarios da Wikipedia. Algúns ensaios representan normas e usos amplamente aceptados pola comunidade, mentres que outros só representan puntos de vista minoritarios. Os ensaios teñen unha función orientativa e informativa, mais en ningún caso normativa. |
Esta páxina contén unha lista de algúns artigos insólitos da Galipedia.[1] Sorprendentes pola rareza dos temas que tratan.
Probablemente non os darás atopado nunha enciclopedia convencional.
Lista de artigos
[editar a fonte]- Ampelmännchen: o «homiño do semáforo» da República Democrática Alemá.
- Ano cero: houbo un ano entre o 1 a.C. e o 1 d.C.?
- Antonov A-40: avión soviético que pretendía que un carro de combate puidese planear sobre o campo de batalla.
- Árbore do Teneré: acacia solitaria que estaba considerada a árbore máis illada do mundo.
- Autofelación: forma de masturbación masculina que consiste na estimulación oral do propio pene.
- Baarle-Nassau: municipio e localidade ao sur dos Países Baixos que posúa fronteiras complicadas.
- Baldwin Street: unha rúa en Nova Zelandia que ten a sona de ser a que ten máis pendente do mundo.
- Banksy: grafiteiro coñecido por colar as súas obras nalgún dos museos máis importantes do mundo.
- Boliña de peluxe do embigo, acumulación de febras soltas no embigo.
- Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116: o nome que intentaron poñer a un neno sueco os seus pais.
- Chess boxing ou xadrez-boxeo: un deporte híbrido que combina o xadrez e o boxeo.
- Das erste Wiener Gemüseorchester: unha orquestra de Austria que usa legumes frescos como instrumentos musicais.
- English As She Is Spoke: guía de conversación portugués-inglés, considerada un dos grandes clásicos do humor non intencionado.
- Festival do queixo a rolos: concurso consistente en botar un queixo a rolos por unha forte pendente e tentar collelo.
- Flat Earth Society: organización que afirma que a Terra é plana.
- Fuck for Forest: organización ecoloxista que recada cartos con pornografía e relaciones sexuais en público.
- Fucking: aldea de Austria na que as sinais de entrada á localidade son frecuentemente roubadas.
- Kaspar Hauser: famoso polo misterio ao redor da súa orixe e á súa morte.
- Kopi Luwak: café feito con grans dixeridos pola civeta, obtidos dos excrementos do animal.
- Leck mich im Arsch: canon composto por Mozart, a tradución do título é ‘Lámbeme no cu’.
- Leet: alfabeto alternativo para o inglés, empregado principalmente en Internet.
- Lina Medina (n. 1933): nena peruana que deu a luz a os cinco anos de idade, sendo a nai máis xove confirmada na historia.
- Manuscrito Voynich: misterioso libro ilustrado de contido hoxe incomprensíbel.
- Mary Toft: muller inglesa que fixo crer aos médicos que parira coellos.
- Mike, o pito sen cabeza: nado en 1945 e finado en 1947, un pito que sobreviviu 18 meses logo de que o seu dono o decapitase.
- Mill Ends Park: o parque mais pequeno do mundo, localizado en Portland.
- Metal Machine Music: disco de Lou Reed considerado o peor da historia.
- Oopart: obxectos atopados que non deberían existir segundo o seu contexto histórico.
- OpenCola: bebida gaseosa, con receita de código aberto.
- Pastafarismo ou relixión do Monstro de Espaguete Voador: parodia de relixión.
- Patafísica: ciencia paródica adicada «ao estudo das solucións imaxinarias e as leis que regulan as excepcións».
- Premio Ig Nobel: galardón, paródico do Premio Nobel.
- Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz: a palabra alemá máis longa.
- Sealand: micronación localizada no Mar do Norte, autodeclarada como estado.
- Síndrome de Stendhal: doenza que causa un elevado ritmo cardíaco, vertixe, confusión e alucinacións cando o se expón ao individuo a obras de arte.
- Stabri Monogo: un personaxe popular da rede que pasa de man en man e viaxa por todo o mundo.
- Strč prst skrz krk: unha coñecida oración da lingua checa que se caracteriza pola súa total ausencia de vogais.
- Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu: o topónimo máis longo do mundo.
- Tsukumogami: mitoloxía xaponesa. Obxectos ordinarios dunha casa que cobran vida ao acadar a idade de cen anos.
- Unobtainium: materiais que posúen propiedades extraordinarias, imposibles de obter no mundo real.
- Vagina dentata: conxunto de lendas, presentes en varias culturas, que falan das mulleres con vaxinas dentadas.
- Wojtek: un oso que participou na Segunda Guerra Mundial.
- Wolfe+585, Senior: un home de Filadelfia quen ten o nome de persoa máis longo de toda a historia.
Notas
[editar a fonte]- ↑ insólito -a adx. Que sorprende pola súa rareza. Unha beleza insólita. Unha conduta insólita. CF. inaudito , inhabitual, inusitado Dicionario da Real Academia Galega.