Saltar ao contido

Jaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xaca»)
Modelo:Xeografía políticaJaca
Imaxe

Localización
Mapa
 42°33′N 0°33′O / 42.55, -0.55
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
CapitalJaca Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Barós (en) Traducir
Botaya (en) Traducir
Jaca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.620 (2023) Editar o valor en Wikidata (33,04 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie412,22 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude820 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónEurosia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataVíctor José Barrio Sena Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE22130 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webjaca.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450725

Jaca[1] ou Xaca[2] (en aragonés: Chaca) é unha cidade e municipio da provincia de Huesca, na Comunidade Autónoma de Aragón, capital da comarca da Jacetania. A súa poboación alcanzaba 13.193 habitantes no ano 2008.

Jaca é sé episcopal católica e etapa na vía aragonesa do Camiño de Santiago.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista do campo de Jaca.

Está situada ao norte da provincia, na denominada autoctonamente Val Ancha, percorrida polo río Aragón, á sombra da Peña Oroel (Mon Uruel en aragonés), nos Pireneos centrais, a 818 m de altitude.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica de Jaca
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2007
8.964 9.172 9.209 10.022 9.582 10.603 10.265 10.051 11.076 10.840 11.398 12.736 12.759

As orixes da cidade son remotas. O pobo dos iaccetani é mencionado por Estrabón como un dos máis importantes no Val do Ebro. Pero xa antes, no ano 195 a.C., o cónsul Marco Porcio Catón ataca os iacetanos e acaba tomando a súa capital, Iacca, con axuda doutro pobo aliado, os suesetanos. O mesmo Estrabón sinala que o seu territorio foi teatro das operacións das Guerras Sertorianas no século I a.C.. No século II d.C., Claudio Tolomeo asigna Iaca entre as cidades dos vascóns.

Xa na Idade Media, os autores árabes noméana Yaka e cítana como un dos lugares principais na provincia de Sarakosta (Zaragoza). Ignórase cando foi reconquistada, pero o rei Ramiro I de Aragón (1035 - 1064) outórgalle o título de cidade en 1063. En 1076, o papa Gregorio VII consente a creación da diocese de Jaca, desmembrada da de Huesca. O primeiro bispo (1076-1086) será o infante García, irmán do rei aragonés Sancho Ramírez.

Durante a Idade Moderna, Jaca xoga un papel militar como posto avanzado de defensa ante a fronteira francesa. De aí que o rei Filipe II ordenase a construción das obras da cidadela en 1595. Durante a Guerra de Sucesión, Jaca púxose ao lado do rei Borbón Filipe V, polo que sufriu o asedio das tropas do pretendente Carlos de Austria.

Durante a Guerra da Independencia, Jaca rendeuse aos franceses o 21 de marzo de 1809. O guerrilleiro navarro, Francisco Espoz y Mina, recuperouna en febreiro de 1814.

Nos estertores da monarquía de Afonso XIII, entre o 12 e 13 de decembro de 1930, tivo lugar a sublevación da gornición militar de Jaca, a prol da instauración da república, que foi duramente reprimida.

Nos inicios da guerra civil, Jaca caeu en mans do exército sublevado contra a República.

Estación invernal

[editar | editar a fonte]

Este concello é un dos mellores lugares para practicar deportes de inverno. Posúe unha pista de xeo das máis antigas de España (data de 1972), que ten sido escenario de moitos eventos, tanto de rango nacional como internacional.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

A cidade ten importantes monumentos románicos, entre os que destacan: a Catedral de San Pedro de Jaca, construída na segunda metade do século XI, historicamente crucial para dilucidar a difusión do románico na Península Ibérica; o Mosteiro de Monxas Benedectinas do século XII e a Sala Capitular que acolle o Museo diocesano cunha importante colección de frescos románicos dos séculos XII e XIII, extraídos de diversas igrexas pirenaicas.

A Cidadela , de planta pentagonal, da que fica a praza de armas, foi mandada construír por Filipe II no ano 1595. O proxecto foi trazado polo arquitecto italiano Tiburzio Spanocchi.

A 1546 remonta a construción da Casa do Concello, na que se custodia o Libro de la Cadena , unha reprodución da carta foral da cidade realizada no século XIII, concedida en 1077.

Arredores

[editar | editar a fonte]

A 17 km de Jaca atópase a localidade de Santa Cruz de la Serós con dúas interesantes igrexas románicas, ambas as dúas do século XI: Santa Cruz e San Caprasio.

A 23 km érguese o histórico Mosteiro de San Juan de la Peňa, cuxas orixes remontan ao século X, no século seguinte foi ampliada súa igrexa, escavada na rocha, construído o claustro románico e, aínda, unha nova igrexa, no interior da cal áchanse os sepulcros de 27 reis de Aragón e tamén o de Ximena, esposa do lendario heroe o Cid.

A 30 km está o paso de montaña de Somport (en aragonés Port d'Urdos), o antigo Summus Portus da guía dos peregrinos a Compostela de Aymeric Picaud a 1.632 metros de altitude e antigo posto alfandegueiro da fronteira franco-española.

  1. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
  2. "Xaca". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2210.