Xosé Lois García Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1945 (79 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Premios | |
Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Lugo, criouse en Merlán (Chantada).[1] Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).[2] Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.
Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.[3]
Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos e en 2024 foi nomeado por unanimidade membro correspondente da Academia Angolana de Letras.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Cancioneiro de Pero Bernal (1972). Ed. Frouseira. Crea o xograr Pero Bernal, mestura de Pero da Ponte e Benal de Bonaval.
- Abrilsonetos (1974).
- Borralleira pra sementar unha verba (1974). Lugo: Xistral. Col. Val de Lemos, nº 11.
- Non teño outra cantiga (1975). Barcelona: edición do autor.
- Do Faro ao Miño (1978). Sada: Ediciós do Castro. 95 páxs. ISBN 84-7492-001-9.
- Aquarium (1982). Sada: Ediciós do Castro. 79 páxs.
- Materia Corporal (1986). Revista Coordenadas, Monografías Universitarias.
- Tempo precario (1972-1987) (1988). Sada: Ediciós do Castro. 234 páxs. ISBN 978-84-7492-377-3.
- Paixón e rito (1993). Sons Galiza. 85 páxs. ISBN 84-88007-04-3.
- Círculo de luz e xisto (1994). A Coruña: Espiral Maior. 62 páxs. ISBN 9788488137180.
- Rosto incompleto (1996). A Coruña: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 9788488137746.
- Falo de Baco (1998). Frouseira. 62 páxs.
- Sambizanga (1999). Frouseira. 93 páxs.
- Kalendas (2005). Vigo: Xerais. 408 páxs. ISBN 9788497823371. É un único e enorme poema que narra a existencia do seu creador dende o 26 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2003.[5]
- Do Faro ao Miño 2 (2005). Ed. Frouseira. Patrocinado pola asociación Xohán de Requeixo.
- No imo do tempo (2007). Noia: Toxosoutos. 150 páxs. ISBN 9788496673243.
- Pórticos do gozo (poemas a Pantón) (2008). Noia: Toxosoutos. 144 páxs. ISBN 978-84-96673-49-6. Concello de Pantón, 2018, ISBN 9788409022335.
- Poemas pornofálicos (2009). Noia: Toxosoutos. 126 páxs. ISBN 9788492792047.
- Petroglifia (poemas a Sober) (2010). Noia: Toxosoutos. 127 páxs. ISBN 978-84-92792-62-7. Poemas dedicados a lugares e á Historia de Sober, con fotografías dos petróglifos de Sober de Xulio Gil.
- Por ninguén aloumiñada. Poesía completa 1972-2005 (2011). Noia: Toxosoutos. 415 páxs. ISBN 978-84-92792-93-1.
- No sangue dos bardos. Poesía completa 2005-2009 (2011). Noia: Toxosoutos.[6] 320 páxs. ISBN 9788492792948.
- Tedempo (2012).[7] Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos. Deseños de Héitor Picallo. Poemas sobre as orixes familiares.[8]
- Remitencias (2013). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos. 218 páxs. ISBN 9788493219994. Prólogo de Xesús Alonso Montero.[9]
- No soño dos ollos (2017). Silleda: Fervenza. 95 páxs. ISBN 978-84-17094-17-1.
- O mar vai en nós (haikais) (2022). 20 poemas sobre o Prestige. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.[10] [11]
- Cancioneiro profano (2023). Silleda: Fervenza. 102 páxs. ISBN 978-84-19840-06-6. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.[12]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Villar Ponte. Discursos Parlamentarios (1931-1933) (1978). Sada: Ediciós do Castro. 407 páxs. ISBN 84-85134-91-5.
- Castelao i Catalunya (1979). Lugo: Alvarellos. Ed. bilingüe. ISBN 978-8485311293.
- Nacionalidades colonizadas da Europa Occidental (1980). Santiago: Follas Novas. 175 páxs. ISBN 84-85385-14-4.
- Castelao dende Catalunya (1988). Sada: Ediciós do Castro. 130 páxs. ISBN 9788474923605.
- Lectura e itinerario posíbel pola Terra Chá de Manuel María (1994). Deputación de Lugo. 66 páxs. ISBN 84-8192-030-2.
- Simboloxía do románico de Pantón (1999). A Coruña: Editorial Compostela. ISBN 978-84-616-8629-2. Reeditado en 2014.[13]
- Os trobadores das terras de Chantada (2001). Sada: Ediciós do Castro. 66 páxs. ISBN 84-8485-025-0.
- Simboloxía do románico de Sober (2008). Xunta de Galicia. 156 páxs. ISBN 978-84-453-4654-9. Prólogo de Felipe Arias.
- Simboloxía do románico de Chantada (2010). Deputación de Lugo. 226 paxs. ISBN 978-84-8192-444-2.
- Uxío Novoneyra, home e terra (2010). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-35-1.
- Uxío Novoneyra revisitado (2010). Vigo: Xerais. 320 páxs. ISBN 9788499141053.
- Polas diversas xeografías da Lusofonía (2013). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos. 866 páxs. ISBN 978-84-932199-7-0. Prólogo de David Otero.[14]
- Manuel María reencontrado (2015). Noia: Toxosoutos. 350 páxs. ISBN 978-84-944314-2-5.
- Alefato (2021). Noia: Toxosoutos. 104 páxs. ISBN 978-84-123409-1-4.[15]
- Achegas á simboloxía do románico da Ulloa (2022). Instituto de Estudos Ulloáns-Área de Turismo da Deputación de Lugo.[16]
- Simboloxía do románico de Taboada (2024). Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-605-7.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Xente de inverno: contos (1995). Sada: Ediciós do Castro. 104 páxs. ISBN 978-8474927528.
Teatro
[editar | editar a fonte]- A proclama (1996). Cadernos de Teatro. Elsinor.
- A cerna (2013). Fundación Cultural da Estrada. ISBN 978-84-695-8828-4.
- Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016). Agrasar Editores. ISBN 9788445341766.[17]
- O proceso a Lucía Fidalgo (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 96 páxs. ISBN 978-84-17094-11-9.
- Auto do demo e da viñateira (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 16 páxs. ISBN 978-84-17094-14-0.
- Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku.
- Unha cunca de caldo quente (2022). Silleda: Fervenza ed.[18] 96 páxs. ISBN 978-84-18136-84-9. Ilustracións de Juan José Lomarti.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
- Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte) (1985). Ediciós do Castro.
- Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba (1990). Ediciós do Castro.
- Nova Galiza (1990). Ediciós do Castro. Edición facsimilar.
- Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral (1999). Laiovento.
- Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro (2004). Ediciós do Castro.
- Antoloxía dos poetas galegos en Cuba (2008). Toxosoutos.
- Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra (2013) Fundación Uxío Novoneyra.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- A figueira lingoreteira (1996). Ediciós do Castro. ISBN 978-8474928204. Poesía.
- A mulemba que fala (2006). Everest Galicia. 48 páxs. ISBN 9788440305374. Ilustracións de Suso Cubeiro. Narrativa.
- A feira do cinco (2009). Silleda: Fervenza. 18 páxs. ISBN 978-84-96368-96-5. Ilustracións de Manuel Fragoso. Teatro.
- A idade do orballo (2009). Everest Galicia. 64 páxs. ISBN 9788440311214. Ilustracións de Manolo Uhía. Narrativa.
- O reloxo de Merexildo (2009). Silleda: Fervenza. 18 páxs. ISBN 978-84-96368-97-2. Ilustracións de Manuel Fragoso. Teatro.
- Labyrinthus (2010). Everest Galicia. Narrativa. 104 páxs. ISBN 9788440311610.
- Mirafentos (2010). Silleda: Fervenza. ISBN 978-84-96368-90-3. Teatro.
- Do A ao Z con Manuel María (2016). Santiago: Urco. 64 páxs. ISBN 978-84-15699-88-0. Ensaio.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Tao Te King, de Lao Tse (2006). Toxosoutos.
- Poesía anónima africana (2007). Toxosoutos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro.
- Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya) (1999) Ediciós do Castro.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003). Edicións do Cumio.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
- Erato bajo la piel del deseo (2010). Sial Ediciones.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
- Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.
Obra en portugués
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Labirinto incendiado (1989). Amarante: Edições do Tâmega. 56 páxs.
- O som das águas lentas (1999). Campo das Letras. Dedicado aos azulexos da estación ferroviaria de Caminha.[19]
Edicións
[editar | editar a fonte]- Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia (1993). Espiral Maior.
- Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000) (2001). Ediciós do Castro.
Obra en catalán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006). Edición en liña.[20]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Desguiament de guiats (2014). Ajuntament Sant Andreu de la Barca.
Traducións
[editar | editar a fonte]- El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao (1983). Edicions 62.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
- Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
- Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000)
- Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001)
- La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002)
- La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
- Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
- L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005)
- Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
- Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006)
- L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
- L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
- La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009)
- Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Traducións
[editar | editar a fonte]- Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX) (1992). Ediciós do Castro.
- Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña (2001). Laiovento.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1992: Creación Literaria do Ministerio de Cultura.
- 2008: Pedrón de Honra.[21]
- 2009: Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca[22]
- II Premio de teatro MOME Varela Buxán en 2012, por A cerna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández del Riego, F. (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Ed. do Castro, 2ª edición. Páx. 169.
- ↑ "Xosé Lois García Fernández". Galegos. Gallegos. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Xosé Lois García". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Xosé Lois García é nomeado membro correspondente da Academia Angolana de Letras". Nós Diario. 2024-10-04. Consultado o 2024-10-04.
- ↑ "KALENDAS XOSE LOIS GARCIA XERAIS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2005-09-20. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Nicolás, Ramón (2011-11-23). "Poesía completa (I e II), de Xosé Lois García". Caderno da crítica. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2024-07-22.
- ↑ "Estirpe de podente no tempo". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ "Presentación Remitencias". www.xermolos.org. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ asociacionescritoras-es. "O mar vai en nós (haikais) Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-11-06.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "No vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige". Grial LXII (241): 101, 102. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Cancioneiro profano". Edicións Fervenza. Consultado o 2023-10-06.
- ↑ "Xosé Lois García reedita o libro «Simboloxía do románico de Pantón»". La Voz de Galicia. 2014-03-19. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Nicolás, Ramón (2013-11-05). "Polas diversas xeografías da Lusofonía, Xosé Lois García". Caderno da crítica. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza (xullo, agosto, setembro 2021). "Alefato... o orgullo da herdanza hebrea". Grial LIX (231): 118–119. ISSN 0017-4181.
- ↑ martinho. "Presentación do libro “Achegas á simboloxía do románico da Ulloa”, de Xosé Lois García, en Antas de Ulla Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2022-07-22.
- ↑ Nicolás, Ramón (2016-04-19). "Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo, de Xosé Lois García". Caderno da crítica. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Na posguerra: sobre a miseria e a caridade". Grial LXII (241): 112, 113. ISSN 0017-4181.
- ↑ García, Xosé Lois (2015-05-22). "O som das águas lentas (I)". ~ Palavra Comum ~ (en portugués). Consultado o 2024-07-22.
- ↑ "Xosé Lois García, un escritor con sitio propio na Rede". La Voz de Galicia. 2006-06-27. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ "Xusto Beramendi y Xosé Lois García, Premios Pedrón de Ouro y de Honra 2008". www.elprogreso.es (en castelán). Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Arquivo fotográfico". aelg.gal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.
- A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García, de Andityas Soares de Moura, 2009, Toxosoutos.