Saltar ao contido

Zona especial de conservación do Río Lérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaZona especial de conservación do Río Lérez
Imaxe
TipoZona de especial conservación Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCerdedo-Cotobade, España, Campo Lameiro, España e Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°30′N 8°36′O / 42.5, -8.6
Características
Superficie149,55 ha Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundacióndecembro de 2004 Editar o valor en Wikidata

O río Lérez, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe ao último treito do leito fluvial do río Lérez. Esta área de conservación ocupa 149,55 ha. dos concellos pontevedreses de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Pontevedra. Remata na desembocadura do río Lérez na zona interior da ría de Pontevedra, preto da cidade.[1][2][3][4][5] Destaca polo seu interese para a pesca e algúns tramos ben conservados da flora de ribeira.[4][5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O espazo protexe territorio de Lérez, Mourente, Santa María de Xeve, Xeve e Bora no concello de Pontevedra; do Campo e Fragas no concello de Campo Lameiro; e de Tenorio, Viascón e Sacos no concello de Cerdedo-Cotobade.[4][5]

Comeza na ponte vella de San Xusto en Sacos, Cerdedo-Cotobade, e ampara ao leito e ribeiras do Lérez ata chegar á praia fluvial de Pontevedra, que se atopa no lugar da Torre, Lérez. Nese treito o río ten as insuas da Illa Rociña e da Ínsua do Pego. Atópanse tamén nel as praias fluviais do rego dos Pozos (entre as Fragas e Tenorio) e a do Canal (entre Xeve e Tenorio). Neste treito do Lérez só chegan, e están protexidos, reducidas extensións de varios regatos pequenos. O maior é o río Almofrei, que conflúe no encoro de Bora.[4][5]

Hábitats

[editar | editar a fonte]

O Lérez protexe a dous hábitats prioritarios da tipoloxía de peudo-estepas fluviais e de bosques de ribeira con abeneiros e freixos. A meirande parte da súa extensión de interese son formacións herbosas naturais e seminaturais, e en menor medida a de abeneiros e freixos, e as carballeiras (Quercus robur) e os cerquiños (Quercus pyrenaica). O seu treito final ao leste acolle a hábitats de esteiros.[4][5]

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

Entre as especies de interese de conservación atópanse as especies Narcissus cyclamineus, N. triandrus e especies de Sphagnum. No Lérez atópanse dúas especies vexetais presentes no do catálogo galego de especies ameazadas: o musgo Fontinalis squamosa e N. cyclamineus.[4][5]

Algunhas especies de interese do Lérez son o caracol Quimper Elona, os odonatos Oxygastra curtisii e Macromia splendens, ou o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).[4][5]

As especies presentes e incluídas no catálogo galego de especies ameazadas son[4][3][5]:

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Macromia splendens
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Petromyzon marinus
Peixes Salmo salar
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación

[editar | editar a fonte]

O "Río Lérez" foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][3][5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140002 Río Lérez". Consultado o 30/9/2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140002 Río Lérez". Consultado o 30/9/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]