Zona especial de conservación do Río Ouro
Tipo | Zona de especial conservación ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Alfoz, España, Foz, España e O Valadouro, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 108 ha ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 ![]() | |||
O río Ouro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a case todo o treito do río Ouro e ao seu esteiro na ría de Fazouro. Esta área de conservación ocupa 109 ha. dos concellos de Alfoz, Foz e Valadouro.[1][2][3][4][5] Destaca pola ter poboación de salmón e unha flora de augas de ribeira ben conservada.[5]
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]No río de Ouro destacan os hábitats costeiros e a súa diversidade na vexetación propia desas condicións de salinidade. Así mesmo a flora asociada ás dunas da ría e os queirogais costeiros de Erica vagans.[4]
Fauna
[editar | editar a fonte]As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Invertebrados | Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) |
Invertebrados | Oxygastra curtisii |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Peixes | Petromyzon marinus |
Peixes | Salmo salar |
Anfíbios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Réptiles | Lacerta monticola |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
[editar | editar a fonte]O río Ouro foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Barca na ría de Fazouro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 5,0 5,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ZEC ES1120013 Río Ouro". Consultado o 24/8/2019.