Alexander Grothendieck
Alexander Grothendieck, nado en Berlín, Estado Libre de Prusia o 28 de marzo de 1928 e finado en Saint-Girons, Ariège o 13 de novembro de 2014,[1] foi un matemático apátrida,[2] nacionalizado francés nos anos 1980. Durante a segunda metade do século XX levou a cabo un extraordinario proceso de unificación da aritmética, a xeometría alxébrica e a topoloxía, dando grande impulso ao desenvolvemento destas tres ramas fundamentais da matemática.[3][4] É considerado por moitos o matemático máis importante do século XX.[5][6][7]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antecedentes familiares
[editar | editar a fonte]O seu pai, Aleksandr Petróvich Shapiro ou Sasha Shapiro, nado en Novozýbkov o 6 de agosto de 1890 e finado en Auschwitz en 1942, foi un xudeu anarquista ruso. Foi condenado á morte polo réxime tsarista en 1907, pero se lle cambiou a pena pola cadea perpetua por mor da súa mocidade. Liberado pola revolución de 1917, foi condenado á morte polo réxime comunista; emigrou clandestinamente a Berlín, onde coñeceu en medios anarquistas a xornalista ocasional Hanka Grothendieck, nada en Hamburgo o 21 de agosto de 1900 e finada en Montpellier o 16 de decembro de 1957. Estes feitos nárranse na súa novela autobiográfica inédita Eine Frau até a concepción do único fillo que tivo con Shapiro: Alexander Grothendieck.
Entre os anos 1934 e 1939, Grothendieck viviu en Hamburgo cunha familia adoptiva, mentres os seus pais estaban en Francia e participaron na guerra civil española[8] xunto aos anarquistas. En 1939 reuniuse coa súa nai Hanka en Francia. En 1940, ao ser alemán, foi internado no campo de Rieucros xunto coa súa nai, e estudou no próximo Instituto de Mende. Mentres, o seu pai foi internado no campo de Le Vernet e deportado polos nazis en 1942 a Auschwitz —figura co nome de Alexandre Tanaroff na lista de vítimas do Holocausto—.
En 1942 Grothendieck foi acollido na Guespy, fogar infantil do Socorro Suízo para refuxiados en Le Chambon-sur-Lignon, e terminou o Bacharelato no Collège Cévénol.
Primeiros traballos
[editar | editar a fonte]Entre 1945 e 1948, Alexandre Grothendieck estudou matemáticas na Universidade de Montpellier e de alí marchou a París, onde asistiu ao seminario de Henri Cartan. Laurent Schwartz dirixiu a súa tese doutoral sobre análise funcional en Nancy. Posteriormente Grothendieck entrou a formar parte do grupo Bourbaki. Nese grupo interesouse por saber cales han de ser os conceptos naturais que sirvan de base á xeometría. Entre 1957 e 1962 expuxo no Seminario Bourbaki unha renovación total dos fundamentos da xeometría alxébrica , e en 1958 introduciu a K-teoría. Dentro dese traballo enunciou e demostrou o teorema de Riemann-Roch-Grothendieck, resultado que lle daría fama mundial como matemático.[3][9]
Traballos de madurez
[editar | editar a fonte]En 1959 créase en Bures-sur-Yvette, preto de París, o IHES e ofrecéuselle a praza de matemáticas. Alí desenvolveu un traballo intenso até 1970 renovando a xeometría alxébrica de punta a cabo. Os seus Éléments de géométrie algébrique ("Elementos de xeometría alxébrica"), dos que chegou a escribir 4 volumes dos 12 previstos, e a serie de sete Séminaire de Géométrie Algébrique ("Seminarios de Xeometría Alxébrica") realizan unha síntese coa aritmética e a topoloxía ao redor dos dous conceptos cruciais de «esquema» e «topos» (un dos máis vastos labores de fundamentos xamais realizada en matemáticas). Inspiración central desta etapa foron as conxecturas de Weil, que en gran parte demostra, terminando o labor o seu alumno máis brillante Pierre Deligne. En 1966, no Congreso Internacional de Matemáticas de Moscova, ao que non acudiu en rexeitamento da Unión Soviética, recibiu a Medalla Fields. Nestes anos tamén desentrañou (aínda que non publica) a teoría de motivos, fantástica visión dunha unión máis íntima da aritmética e a xeometría que aínda permanece sen demostrar en gran parte, e expuxo nas chamadas «conxecturas estándar» os principios que permitirían desenvolver a teoría de motivos.
Posicións políticas e últimos anos
[editar | editar a fonte]En 1970 abondonou o IHES, porque esta institución aceptaba fondos de institucións militares, e móvese en ambientes pacifistas e ecoloxistas. Ante o estancamento espiritual que lle supón a súa absorbente dedicación ás matemáticas, abandonou tamén todas as actividades matemáticas tradicionais.
En 1972 pasou a ser profesor na Universidade de Montpellier, dando clases na súa Facultade de Ciencias e continuando as súas investigacións matemáticas fóra dos «circuítos oficiais». En 1984 solicitou unha praza no CNRS, para o que escribiu a memoria Esquisse d'un Programme,[10] esbozo dos temas matemáticos que estudou nos últimos anos e dun programa para continualos no futuro. Nesta época escribiu miles de páxinas con meditacións matemáticas e non matemáticas, destacando entre estas últimas Eloge, Récoltes et Semailles,[11] onde repasa a súa traxectoria vital no mundo matemático, e La Clef des Songes,[11] onde explica o seu descubrimento de Deus (ambas as obras aínda inéditas).
En 1988 xubilouse e, xunto co seu alumno Pierre Deligne, recibiu o Premio Crafoord da Real Academia Sueca das Ciencias. A pesar da súa cuantiosa dotación económica, rexeitouno porque «dado o declive na ética científica, participar no xogo dos premios significa aprobar un espírito que me parece insán» e porque «a miña pensión é máis que suficiente para atender as miñas necesidades materiais e as dos que de min dependen».[12]
En 1990 trasladou a súa residencia á vila de Lasserre, Ariège, xunto aos Pireneos franceses, aceptando só o contacto humano directo cos seus máis achegados, conveciños e visitantes esporádicos, mentres prosegue as súas reflexións.
En xaneiro de 2010 enviou unha carta na que expresa claramente a súa vontade de que non se publiquen nin se difundan os seus escritos.[13]
Faleceu o 13 de novembro de 2014 no hospital Ariège Couserans de Saint-Girons.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Murió en Francia el gran matemático Alexandre Grothendieck". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2014. Consultado o 02 de abril de 2017.
- ↑ ""Un pays dont on ne connaîtrait que le nom (Grothendieck et les " motifs ")" (PDF).
- ↑ 3,0 3,1 Jackson, Allyn (2004). Comme Appelé du Néant — As If Summoned from the Void: The Life of Alexandre Grothendieck II (PDF). Notices of the American Mathematical Society 51.
- ↑ "Alexander Grothendieck, Math Enigma, Dies at 86". The New York Times.
- ↑ "Can one explain schemes to biologists". David Mumford at Brown and Harvard Universities: Archive for Reprints:.
- ↑ "Alexandre Grothendieck, le plus grand mathématicien du XXe siècle, est mort". Le Monde.
- ↑ "Greatest mathematician of the 20th century and the most important scientific mind you've never heard of: Alexander Grothendieck dies aged 86". Independent.
- ↑ The Mathematician's Brain. Princeton University Press. ISBN 9780691129822.
- ↑ "Alexander Grothendieck (1928–2014) Mathematician who rebuilt algebraic geometry" 517 (7534). ISSN 0028-0836. doi:10.1038/517272a.
- ↑ Esquisse d'un programme
- ↑ 11,0 11,1 Récoltes et Semailles
- ↑ "Grothendieck on Prizes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2023. Consultado o 22 de outubro de 2024.
- ↑ "Carta de Grothendieck".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander Grothendieck |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cartier, Pierre (1998). "La folle journée, de Grothendieck à Connes et Kontsevich — Évolution des notions d'espace et de symétrie". Les relations entre les mathématiques et la physique théorique — Festschrift for the 40th anniversary of the IHÉS. Institut des Hautes Études Scientifiques. pp. 11–19.
- Cartier, Pierre (2004). "Un pays dont on ne connaîtrait que le nom (Grothendieck et les " motifs ")" (PDF). En Cartier, Pierre; Charraud, Nathalie. Réel en mathématiques-psychanalyse et mathématiques (en French). Editions Agalma. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 02 de abril de 2017, tradución: A country of which nothing is known but the name: Grothendieck and "motives" .
- Deligne, Pierre (1998). "Quelques idées maîtresses de l'œuvre de A. Grothendieck" (PDF). Matériaux pour l'histoire des mathématiques au XXe siècle – Actes du colloque à la mémoire de Jean Dieudonné (Nice 1996). Société Mathématique de France. pp. 11–19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2008. Consultado o 02 de abril de 2017.
- Dieudonné, Jean Alexandre (1990). "De L'analyse fonctionelle aux fondements de la géométrie algébrique". En Cartier, Pierre; et al. The Grothendieck Festschrift, Volume 1. Birkhäuser. pp. 1–14. ISBN 978-0-8176-4566-3.
- Douroux, Philippe (8 de febreiro de 2012). "Alexandre Grothendieck" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2014.
- Jackson, Allyn (2004). Comme Appelé du Néant — As If Summoned from the Void: The Life of Alexandre Grothendieck I (PDF). Notices of the American Mathematical Society 51. pp. 1038–1056.
- Jackson, Allyn (2004). Comme Appelé du Néant — As If Summoned from the Void: The Life of Alexandre Grothendieck II (PDF). Notices of the American Mathematical Society 51. pp. 1196–1212.
- Pragacz, Piotr (2005). "Notes on the life and work of Alexander Grothendieck" (PDF). En Pragracz, Piotr. Topics in Cohomological Studies of Algebraic Varieties: Impanga Lecture Notes. Birkhäuser.
- Rehmeyer, Julie (9 de maio de 2008). Sensitivity to the Harmony of Things. Science News. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de abril de 2017.
- Ruelle, David (2007). The Mathematician's Brain. Princeton University Press.
- Scharlau, Winfried. Wer ist Alexander Grothendieck?: Anarchie,Mathematik, Spiritualität. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2011. Consultado o 02 de abril de 2017. Three-volume biography, first volume available in English, ISBN 3-8423-4092-3.
- Kleinert, Werner (2007). "Wer ist Alexander Grothendieck? Anarchie, Mathematik, Spiritualität. Eine Biographie. Teil 1: Anarchie." [Who is Alexander Grothendieck? Anarchy, mathematics, spirituality. A biography. Part 1: Anarchy.] (en alemán). Zbl 1129.01018.
- Scharlau, Winfried (September 2008). Escrito en Oberwolfach, Germany. Who is Alexander Grothendieck ? (PDF). Notices of the American Mathematical Society 55 (Providence, RI: American Mathematical Society). pp. 930–941. ISSN 1088-9477. OCLC 34550461. Consultado o 1 de setembro de 2011.
- Schneps, Leila, ed. (2014). Alexandre Grothendieck: A Mathematical Portrait. Somerville Massachusetts: International Press of Boston, Inc. ISBN 978-1-57146-282-4.