"Alone in my Room", igual que ocorrera co seu primeiro single, "Love in the island", foi usado polo goberno xaponés para promover o turismo a illa de Guam. No vídeo da canción se ve a Ami sentada nunha habitación de hotel, incapaz de saír. A canción foi utilizada múltiples veces como tema de apertura de ASAYAN, un programa de televisión. O single, incluíndo tódalas cancións, foron creación do cerebro de Ami na época en Sony, Tetsuya Komuro. Dous dos remixes levan as iniciais T.K. por este motivo. O single foi o primeiro lanzado por Ami en formato maxi-single, incluíndo máis de tres cancións.