Este é o oitavo single da cantante baixo o selo de avex. A promoción non foi moita, con pouca emisión do vídeo musical e poucas críticas musicais sobre o mesmo. Unicamente recibiu un pouco de atención polo feito de que estaba escrito por Ami e composto pola cantante Ai Otsuka. Con este single é a primeira vez que ai compón un tema para outro artista e foi o que máis chamou a atención do público, tanto dos seguidores de Ami como os de Ai. Ambas teñen idades similares e se coñeceron na xira de a-nation realizada no ano 2005, onde Ami se presentaba por primeira vez no escenario e Ai por terceira vez. A composición do single, o igual que o seu arranxo, recibiron críticas dos fanáticos de ambas artistas, considerándoa algo pobre musicalmente. A versión cantada no concerto do a-nation do ano 2006 foi mellorada adaptándoa máis o estilo Pop/Rock que caracteriza a Ai Otsuka.
"Like a Love?", tanto a canción como o vídeo musical gravado na cidade de Okinawa, foron descritos pola mesma Ami como a continuación de "Alright!", o single de verán lanzado anteriormente e que obtivo un éxito moderado. A súa páxina oficial incluso menciona a "Alright!" como a canción que relata a excitación de comezar unha nova aventura amorosa, e "Like a Love?" como algo máis ala da superficialidade, cando as cousas pasan a un maior grao. A canción que acompaña o single, "Squall ni Nurete", trata de aproximarse aínda máis ao pop/rock.