Tralo fracaso do single de baladas anterior, con este single volveuse o xénero trance dos anteriores traballos de Ami Suzuki baixo avex, principalmente debido os arranxos de Ken Harada, quen tamén compuxo a instrumentación para "Around the World". A canción é a primeira da cantante que foi utilizada nun anime, en concreto, esta canción usaríase na adaptación do coñecido manga chamado Black Jack, o que tivo bastante audiencia no Xapón. Esperábase acaparar a atención dos fans do xénero da animación xaponesa. Aínda que o single debutou con mellores vendas que "Negaigoto", non se pode comparar co éxito que tiveron por exemplo "Delightful" e "Eventful".