Saltar ao contido

Negaigoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Negaigoto»
sinxelo de Ami Suzuki
do álbum 'Around the World'
Lanzamento 17 de agosto de 2005
Formato {{{formato}}}
Gravada 2005
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 29 min 32 s
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ami Suzuki
Cronoloxía
«Eventful» «Negaigoto» «Around the World»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Negaigoto (ねがいごと?) é o single número 18 da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o 17 de agosto do ano 2005 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Información

[editar | editar a fonte]

Este foi o primeiro single balada de Ami Suzuki en avex. O principal que chamou a atención foi o seu vídeo musical, que entre fanáticos e foros de discusión a nivel internacional causou algo de conmoción por algunhas comparacións co vídeo musical de "alterna" de Ayumi Hamasaki. Para o vídeo musical foron usados máis recursos que quizais ningún outro traballo visual da artista, onde por primeira vez se vían efectos especiais como o feito de facer a Ami voar polas rúas da cidade.

O igual que os singles anteriores, foi lanzado en formatos CD e CD+DVD. Ambas versión do disco contiñan as mesmas cancións, e o material audiovisual é o vídeo do tema e tamén imaxes de detrás da cámara da gravación deste. O lado B do single, "Times", foi utilizado no comercial para produtos do fogar da empresa N’STREET. Este se converteu na primeira oferta de realizar un comercial para Ami dende o grande éxito que posuía entre 1999 e 2000. Unha versión remesturada desta mesma canción sería incluída dentro do single "Around the World".

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
# Título
1. "Negaigoto" (ねがいごと?)
2. Times
3. "Negaigoto" (ねがいごと?) ~Electronic Remix~
4. "Negaigoto" (ねがいごと?) ~Dub's The wish was fulfilled Remix~
5. "Negaigoto" (ねがいごと?)(Instrumental)
6. Times (Instrumental)
# Título
1. "Negaigoto" (ねがいごと?) (Videoclip)
2. "Negaigoto" (ねがいごと?) (Making)

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas totais Semanas
17 de agosto, 2005 Oricon Daily Singles Chart #9
17 de agosto, 2005 Oricon Weekly Singles Chart #13 22,000 6
17 de agosto, 2005 Oricon Monthly Singles Chart
17 de agosto, 2005 Oricon Yearly Singles Chart #397