Around the World (アラウンド・ザ・ワールド) é o quinto álbum da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado ó mercado o día 12 de outubro do ano 2005, baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O título do álbum orixinalmente ía ser HOPEFUL, pero foi cambiado ó actual. O estilo do álbum consiste en cancións J-Pop con toques de House e Trance, aínda que tamén contén algunha balada e canción lixeira. O álbum alcanzaría a quinta posición nas listas de Oricon.