António Leal Moreira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1758 Abrantes, Portugal |
Morte | 26 de novembro de 1819 (61 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | compositor, organista, director de orquestra, mestre |
Xénero artístico | Ópera, liturgical music (en) e sinfonia (en) |
Instrumento | Órgano |
António Leal Moreira, nado en Abrantes o 30 de xuño de 1758 e finado en Lisboa o 26 de novembro de 1819, foi un compositor portugués.
Vida
[editar | editar a fonte]O 30 de xuño de 1766, António Leal entrou no Seminario da Patriarcal de Lisboa, onde foi alumno de João de Sousa Carvalho. En 1775 converteuse no asistente do seu profesor e organista e en 1787 convértese en mestre de capela. O 19 de maio de 1777 realizou o seu primeiro traballo sacro, a "Missa do Espírito Santo", que foi cantada durante a aclamación da raíña María I de Portugal. O 8 de agosto do mesmo ano foi admitido como membro da unión de músicos de Lisboa, a Irmandade de Santa Cecília. A maior parte da súa música sacra foi composta para a Capela Real, e dende 1782 comezou a escribir serenatas, que se representaban nos pazos de Queluz e Ajuda.
En 1790 converteuse no director musical do Teatro da Rúa dos Condes, onde estaban a representar óperas italianas. Tres anos despois, no pazo do financiador Anselmo José da Cruz Sobral, en Lisboa, estreou o drama Il natale augusto. Entre os cantantes que participaron cómpre destacar a mezzosoprano portuguesa Luísa Todi.
En 1793, Moreira converteuse no primeiro director musical do novo Teatro de São Carlos, onde foi representada a súa obra con texto en portugués, A vingança da cigana (1794). En 1799 deixoulle a dirección do São Carlos a Marcos Portugal e a Francesco Federici. Ao ano seguinte, contribuíu coa produción "pastiche" "Il disertore francese", que chegou ser representada no Teatro Carignano de Turín e no Teatro alla Scala de Milán.
Consideracións sobre o artista
[editar | editar a fonte]A súa obra operística e sacra está fortemente influenciada polo estilo de Giovanni Paisiello e Domenico Cimarosa. Logo de António Teixeira foi o primeiro en compoñer ópera empregando o texto en portugués, mais a maior parte das súas obras están en italiano.
Composicións
[editar | editar a fonte]Ópera
[editar | editar a fonte]- Bireno ed Olimpia (serenata, libreto de Gaetano Martinelli, 1782, Lisboa)
- Siface e Sofonisba (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1783, Lisboa)
- L'imenei de Delfo (drama lírico alegórico, libreto de Gaetano Martinelli, 1785, Lisboa)
- Ascanio in Alba (drama para música cantada, libreto de Claudio Nicola Stampa, 1785, Lisboa)
- Artemisia, regina de Caria (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1787, Lisboa)
- Gli eroi spartani (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1787, Lisboa)
- Gli affetti del genio lusitano (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1789, Lisboa)
- Il puro omaggio (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1791, Lisboa)
- Il natale augusto (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1793, Lisboa)
- A saloia enamorada, ou O remédio é casar (farsa, libreto de D. Caldas Barbosa, 1793, Lisboa)
- A vingança da cigana (drama joco-sério, libreto de D. Caldas Barbosa, 1793, Lisboa)
- L’eroina lusitana (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1795, Lisboa)
- Musiche ne Il disertore francese (ópera buffa, 1800, Turim)
- Arie ne Il serraglio d'Osmano de Giuseppe Gazzaniga
Outros traballos
[editar | editar a fonte]- Ester (oratorio, libreto de Gaetano Martinelli, 1786, Lisboa).
- 5 vilancicos (1779).
- 4 misas.
- 2 magnificats.
- 11 responsorios.
- Diversos salmos.
- Outros traballos sacros menores.
- Moda de Zambumba para 3 voces e pianoforte.
- Sinfonía en re maior para 2 orquestras (1793).
- Sinfonía en si maior (1803).
- Sinfonía en re maior (1805).
- Sinfonía par 6 órganos.