Arquivo Pacheco
Coordenadas: 42°14′16″N 8°43′22″O / 42.23778, -8.72278
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/Vigo%2C_circa_1895._Fotograf%C3%ADa_Filippo_Prosperi.jpg/250px-Vigo%2C_circa_1895._Fotograf%C3%ADa_Filippo_Prosperi.jpg)
O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.
Características[editar | editar a fonte]
As orixes remóntanse a 1870 co traballo do italiano Filippo Prosperi e a súa esposa, a pontevedresa Cándida Otero,[1] quen se asociou en 1906 co portugués Jaime de Sousa Guedes Pacheco. A partir de 1915 o negocio arrincou como "Fotografía Pacheco" e o estudo desenvolveu o seu traballo ata que pechou no ano 1994.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Fundaci%C3%B3n_Laxeiro_%2810%29.jpg/220px-Fundaci%C3%B3n_Laxeiro_%2810%29.jpg)
Os fondos recollen máis de 120.000 fotografías que comprenden os traballos de estudio feitos por Xaime Pacheco, reportaxes no exterior feitas polo seu sobriño, Horacio, e as imaxes tomadas polo seu fillo Xaime Pacheco, que quedou á fronte do estudio, co seu irmán Alberto, logo da morte do pai en 1954.
O arquivo contén imaxes da arquitectura e rúas da cidade de Vigo, escenas da vida política das distintas etapas, do traballo industrial de principios do século XX, da vida social da cidade a través das modas e dos costumes, dos deportes, do desenvolvemento industrial da década de 1960 e da vida cotiá. En 1991 o concello de Vigo adquiriu estes fondos á familia.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pablo Prado: "A lembranza do ollar (III): Reconstruíndo a Prósperi e Otero" 11/9/2014.
- ↑ Arquivo Pacheco na páxina do concello
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Sendón, Manuel; Suárez Canal, Xosé Luis (1990). Arquivo Pacheco, Álbum (en galego e inglés). Centro de Estudos Fotográficos. ISBN 84-404-8386-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Arquivo Pacheco na páxina do Centro de Estudos Fotográficos de Vigo.