Avtomobilist Ekaterimburgo
Avtomobilist Ekaterinbourg Автомобилист Екатеринбург | |
---|---|
Fundación | 2006 |
Cidade | Ekaterinburgo, Rusia |
Estadio | KRK Uralets |
Capacidade | 5 570 espectadores |
Liga | KHL |
Conferencia | Leste |
División | Kharlamov |
Propietario(s) | Mikhail Papunin |
Director | Oleg Gross |
Adestrador | Bill Peters |
Afiliado(s) | Gornyak Uchaly (VHL) Avto (MHL) |
Cores | Vermello, negro, branco |
Na rede | |
https://www.hc-avto.ru/ | |
O Avtomobilist Ekaterinbourg (en ruso Автомобилист Екатеринбург) é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Ekaterinburgo, Óblast de Sverdlovsk (Rusia). Foi fundado no 2006 e actualmente, e dende o 2009 compite na División Kharlamov da Kontinental Hockey League (KHL).
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no 2006, substituíndo ao Dynamo-Energiya Ekaterinburg. No 2008 finalizou na segunda posición da Vyschaïa Hokkeïnaïa Liga, a segunda categoría do hóckey sobre xeo ruso. A pesar de ter sido elixido anteriormente para disputar a KHL, foi suspendido en xullo por falla de garantías financeiras. O seu substituto, o Khimik Voskressensk, gañador da Vyschaïa Liga pasou a disputar a KHL no seu lugar na tempada 2008-09. Un ano despois pasou a formar parte da KHL.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Web oficial do Avtomobilist Ekaterinburg