Benedicto Conde
Aparencia
(Redirección desde «Benedicto Conde González»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1895 Castrelos, España |
Morte | 31 de marzo de 1987 (91 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, fotógrafo |
Pseudónimo literario | Bene |
Familia | |
Irmáns | Xesús Conde González |
Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en Castrelos (Vigo) o 7 de maio de 1895 e finado na mesma cidade Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mordomo, taxista, pintor e finalmente xornalista e fotógrafo. Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e na escola de Xornalismo de El Debate. Foi redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, correspondente da Axencia Logos e colaborou noutras publicacións. Como fotógrafo participou na fundación da Agrupación Fotográfica Gallega e recibiu algúns premios. Foi un dos primeiros xornalistas que escribiu en galego.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- ¡Que no se acabe esta noche!.
- Unha lenda de San Amaro, con Xesús Conde González.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo "CONDE GONZÁLEZ, Benedicto" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 537. ISBN 84-7492-465-0.
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 214–215. ISBN 978-84-8457-448-4.