Boris Christoff
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1914 Plovdiv, Bulgaria |
Morte | 28 de xuño de 1993 (79 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Cemitério Central de Sófia (pt) |
Educación | Universidade de Sófia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantante de ópera, músico, cantante, actor |
Período de actividade | 1940 - |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Riccardo Stracciari |
Tesitura | Baixo-barítono e Baixo |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Pai | Kiril Sovichanov |
Irmáns | Nikolay Hristov |
Parentes | Tito Gobbi, cuñado |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Христов Борис) Enciclopedia soviética armenia Biblioteca dixital BEIC |
Boris Christoff (en búlgaro: Борис Кирилов Христов, Boris Kirilov Hristov, |bɔˈris ˈkirilɔf ˈxristɔf|), nado en Plovdiv o 18 de maio de 1914 e finado en Roma o 28 de xuño de 1993, foi un cantante de ópera búlgaro, considerando un dos mellores baixos do século XX.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Nado en Plovdiv, Christoff demostrou moi novo o seu talento musical e cantou de neno no coro da catedral Alexander Nevsky de Sofía. O seu pai era un cantor moi popular en Resen, atraendo os fieis da igrexa do exarcado búlgaro en que cantaba.[3] A fianis da décad de 1930 graduouse en dereito e comezou unha carreira como maxistrado. Continuou a cantar no seu tempo libro no coro Gusla de Sofía, adquirindo un grande éxito como cantante solista en 1940. Grazas á garantía do goberno, Christoff marchou en maio de 1942 a Italia onde foi tutelado durante dous anos no repertorio clásico italiano para baixos polo gran barítono da xeración anterior Riccardo Stracciari.
Carreira
[editar | editar a fonte]Tras varias aparicións como invitado e recitais en Austria en 1944 e 1945, Christoff volveu a Italia en decembro de 1945. Debutou na ópera como Colline en La bohème en Reggio Calabria o 12 de marzo de 1946. Non seguintes anos apareceu en numerosos papeis no Teatro alla Scala de Milán, en La Fenice de Venecia, na ópera de Roma, no Covent Garden de Londres, nos teatros da ópera de Nápoles, Barcelona, Lisboa, Río de Xaneiro etc.
En 1950 foi invitado a cantar na Metropolitan Opera en Nova York mais a súa entrada nos Estados Unidos foi rexeitada por mor da McCarran Immigration Act, que prohibía aos cidadáns dos países do bloque oriental a entrada no país. O seu papel realizouno o baixo italiano Cesare Siepi. Despois de que se eliminasen as restricións, Christoff actuou por primeira vez nos Estados Unidos en 1956 na San Francisco Opera. Rexeitou todas as invitacións do Metropolitan e nunca actuou alí. Tras unha breve ausencia dos escenarios a causa dunha cirurxía dun tumor cerebral, volveu á súa carreira en 1965, aínda que cun ritmo máis lento. En 1967 foille permitida a volta a Bulgaria por primeira vez dende 1945 para o funeral da súa nai.
Rematou a súa carreira cun concerto final na Accademia di Bulgaria de Roma o 22 de xuño de 1986. Faleceu en Roma en 1993 e o seu corpo foi enviado a Bulgaria, onde se lle deu un funeral de estado, sendo enterrado na catedral de Alexander Nevsky de Sofía.
Voz, repertorio, carácter
[editar | editar a fonte]Christoff tiña unha voz excelente cun distintivo ton escuro. Aínda que non era tan ampla coma outras voces de baixos, non tivo problema en impactar grandes auditorios, como a ópera de San Francisco. Debido á súa presenza no escenario e temperamento dramático, foi un grande herdeiro dos baixos eslavos exemplificados por Fyodor Stravinsky, Lev Sibiriakov, Vladimir Kastorskii, Feodor Chaliapin, Alexander Kipnis e Mark Reizen, entre outros. Cantou sobre todo repertorio de Verdi e compositores rusos, e foi tamén un fino cantante de música de cámara vogal. Entre os seus papeis máis célebres estiveron o tsar Boris (Musorgskii - Boris Godunov), Filipe II (Verdi - Don Carlo), Mefistófeles (Gounod - Faust e Boito - Mefistofele), Ivan Susanin (Glinka - A Life for the Tsar), Zaccaria (Verdi - Nabucco), o tsar Ivan (Rimskii-Korsakov - Ivan the Terrible), Dosifei (Mussorgskii - Khovanshchina), Gomez da Silva (Verdi - Ernani), Fiesco (Verdi - Simon Boccanegra), Attila (Verdi - Attila), Padre Guardiano (Verdi - La forza del destino), Galitzky e Kontchak (Borodin - Kniaz Igor) e outros.
Christoff realizou gravacións de estudio de oito óperas (Don Carlo, Boris Godunov e Faust dúas veces cada unha) e numerosas gravacións en directo (actuacións na radio ou nos escenarios). Foi moito máis admirado como cantante e gravou máis de duascentas cancións rusas de Musorgskii (foi o primeiro que gravou todas as súas 63 cancións), Tchaikovsky, Rimsky-Korsakov, Glinka, Borodin, Cui, Balakirev ademais de cancións tradicionais, moitas con acompañamento de piano. Iniciou a tradición de facer gravacións de estudio de Boris Godunov co mesmo baixo cantando os tres papeis (Boris, Varlaam, Pimen).
Mentres que era un gran actor en escena, Christoff tivo difíciles relacións fóra con outros cantantes e produtores, algunha delas que acabaron en escándalos públicos. En 1955, pelexou con Maria Callas durante as interpretacións de Medea na ópera de Roma e en 1961 o seu contrato con La Scala rematou tras un conflito aberto co seu colega búlgaro Nicolai Ghiaurov a quen Christoff culpou de colaborar co réxime comunista búlgaro.
Era cuñado do barítono italiano Tito Gobbi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kozinn, Allan (29 de xuño de 1993). "Boris Christoff, Bass, Dies at 79; Esteemed for His Boris Godunov". The New York Times.
- ↑ Forbes, Elizabeth (29 de xuño de 1993). "Obituary: Boris Christoff". The Independent.
- ↑ *Livanios, Dimitris (1999). "Conquering the souls: nationalism and Greek guerrilla warfare in Ottoman Macedonia, 1904?1908" (PDF). Byzantine and Modern Greek Studies 23: 197., Crampton, R. J. (1997). Eastern Europe in the Twentieth Century-- and After. 2nd edition. Londres/Nova York: Routledge. p. 20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Borischristoff.dir.bg
- Discography of opera recordings Arquivado 30 de marzo de 2023 en Wayback Machine. (Capon's Lists of Opera Recordings)
- Boris Christoff
- Boris Christoff - Life and Creative Work (Filme sobre Ludmil Trifonov)
- The Voice That Prays for Bulgaria (Film of BNT on 100 Years From His Birth)
- His page on the Stars of Bulgarian Opera site with mp3 audio clips of selected arias
- BBC Radio 4 - Desert Island Discs, Boris Christoff, 21 de agosto de 1979
- "Boris Christoff as Boris Godunov". J. Warren Perry Photo Collection, University of Buffalo Digital Collections. State University of New York at Buffalo. Music Library. 1958. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019.
- "The Song of the Volga Boatman" (YouTube)
- Aria de Gounod de Faust (YouTube)