Brian Shawe-Taylor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1915 Dublín, Irlanda |
Morte | 1 de maio de 1999 (84 anos) Gloucestershire, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Brian Newton Shawe-Taylor, nado en Dublín o 28 de xaneiro de 1915 e finado o 1 de maio de 1999, foi un piloto de automobilismo irlandés. Participou en 3 Grandes Premios do Campionato do Mundo e numerosas carreiras fora do campionato de Fórmula Un. Non logrou puntos do Campionato do Mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o menor dos dous fillos de Francis Manley Shawe-Taylor (1869–1920), maxistrado e gran sheriff do condado de Galway, e a súa esposa, Agnes Mary Eleanor antes Ussher (1874-1939).[1] Os seus pais eran membros das clases dominantes anglo-irlandesas. Foi relacionado coa dramaturga e cofundadora do Abbey Theatre, Lady Gregory e primo de Sir Hugh Lane, que fundou a dublinesa galería de arte moderna.[2]
Shawe-Taylor comezou a competir antes da guerra, gañando o Nuffield Trophy en 1939. Despois da guerra correu nun ERA, co que intentou participar no Gran Premio do Reino Unido de 1950. Os organizadores consideraron que o seu coche era demasiado vello, pero logrou participar na carreira de todos os xeitos, compartindo o Maserati 4CL de Joe Fry. O ano seguinte, practicou cun Ferrari presentado por Tony Vandervell no Gran Premio de Francia de 1951, pero finalmente Reg Parnell pilotou o coche durante a carreira.[3]
A súa participación aceptouse para o Gran Premio do Reino Unido de 1951, malia que aínda corría no seu vello ERA e terminou a carreira na 8ª posición como primeiro privado, aínda que a seis voltas do vencedor. Tamén participou nas 24 Horas de Le Mans ese ano, compartindo un Aston Martin DB2 con George Abecassis, terminou quinto. Máis tarde resultou gravemente ferido nun accidente no circuíto de Goodwood, cando trompeou no seu ERA e foi golpeado por Toni Branca. Shawe-Taylor recuperouse pero rematou a súa carreira.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Joe Fry | Maserati 4CL | Maserati Straight-4 | GBR 10* |
MON | 500 | SUI | BEL | FRA | ITA | NC | 0 | |
1951 | G A Vandervell | Ferrari 375 Thinwall | Ferrari | SUI | 500 | BEL | FRA NTS |
NC | 0 | ||||
Brian Shawe-Taylor | ERA B Type | ERA 6 en liña | GBR 8 |
ALE | ITA | ESP | |||||||
Fonte:[4]
|
- * Indica unidade compartida con Joe Fry
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Warrack, John, "Taylor, Desmond Christopher Shawe- (1907–1995)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, setembro de 2004; online edition, maio de 2009, accessed 30 de maio de 2010 (requires subscription)
- ↑ "Desmond Shawe-Taylor – Obituary", The Times, 3 de novembro de 1995
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 351. ISBN 0851127029.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 350. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brian Shawe-Taylor |