Clinton Davisson
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Clinton Joseph Davisson ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de outubro de 1881 ![]() Bloomington, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1 de febreiro de 1958 ![]() Charlottesville, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Chicago Universidade de Princeton - Doutor en filosofía Bloomington High School (en) ![]() ![]() |
Director de tese | Owen Willans Richardson ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física ![]() |
Ocupación | físico , profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Princeton Universidade da Virgínia (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Profesores | Owen Willans Richardson ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Doutorando | Lester Germer (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Charlotte Davisson |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Clinton Joseph Davisson, nado en Bloomington (Illinois) o 22 de outubro de 1881 e finado en Charlottesville o 1 de febreiro de 1958, foi un físico estadounidense, gañador do Premio Nobel de Física en 1937 xunto a George Paget Thomson.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1902 graduouse na escola secundaria de Bloomington, e entrou, grazas a unha bolsa na Universidade de Chicago. Grazas á recomendación de Robert A. Millikan, en 1905 Davisson foi contratado na Universidade de Princeton como profesor de física. En 1908 obtivo o seu Bachelor of Sciences no cal traballou principalmente durante os veráns, xa que durante o resto do ano traballaba en Princetown. Mentres traballaba como mestre nesa mesma universidade, fixo a súa tese doutoral con Owen Richardson. En 1911 obtivo o seu doutoramento en física pola universidade de Princeton; o mesmo ano no que casou con Charlotte, irmá de Richardson coa que tivo catro fillos.
É coñecido polas investigacións que levou a cabo nos campos da electricidade, o magnetismo e a enerxía radiante.
De 1916 a 1946 traballou no departamento técnico de Telephone Bell Laboratories. En 1927, en colaboración con Lester Halbert Germer, descubriu a difracción dos electróns polos corpos cristalinos, o que serviu para confirmar experimentalmente as teorías da mecánica ondulatoria.
Por estes traballos foi galardoado en 1937 co premio Nobel de Física, compartido con George Paget Thomson.