Conversa usuaria:Maria zaos/arquivo2
Benvida á Galipedia, Maria zaos!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Wikirreto 2018
[editar a fonte]Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)
Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras
[editar a fonte]Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:56 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata
[editar a fonte]Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Obradoiro Wikidata
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversario
[editar a fonte]Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
[editar a fonte]Boas, María! Sen querer borreite da lista de persoas anotadas do Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, porque estaba editando. Impórtache anotarte de novo? Síntoo! E graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de febreiro de 2018 ás 12:40 (UTC)
Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller
[editar a fonte]Boas María, xa vin que te apuntaches ó wikimaratón, pero se tes un momento, estaría moi ben que lle botaras unha ollada ás listas de Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller. Ó final polo aniversario da Galipedia imos facer este obradoiro en Ourense, coa temática do Día Internacional da Muller tendo en mente amañar e crear biografías de mulleres relevantes, tanto galegas como internacionais. Eu fixen as listas un pouco ó chou porque non controlo do tema, o que fixen foi buscar os artigos que son de calidade, e algúns bos, en es.wiki e tamén algúns de en.wiki para que sexa unha tarefa doada para os novos usuarios e que permita traer contidos dun bo nivel ó proxecto. Pero se ves que hai outros contidos máis interesantes, ou o que sexa, toda axuda é benvida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 12:14 (UTC)
Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018
[editar a fonte]Boas, por se non viches o aviso, coméntoche que xa está organizado o Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018, nesa páxina tes máis información. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 23:30 (UTC)
Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018
[editar a fonte]Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa
[editar a fonte]Ola Maria zaos. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2018 ás 00:12 (UTC)
RE:sobre editatona muller na ciencia 2017 e vídeotitorial
[editar a fonte]Non te preocupes, non pasou nada, xa se aclarou e listo :).
O vídeotitorial está moi ben, e podería subirse a Commons con algúns cambios, que apareza o logotipo da empresa non viola os dereitos de autor porque é moi simple, o problema é a música. Habería que identificar ó seu autor e revisar que ten unha licenza libre, se non, podería cambiarse ou eliminarse, e se lle poñedes unha licenza libre ó ficheiro de youtube, eu podo pasalo directamente a Commons cunha utilidade que temos para iso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 01:14 (UTC)
- Se queres atopar música con licenzas libres podes ir a Legal Music For Videos, esa páxina ten varios servidores con música con licenzas libres, pero ollo, non todas as licenzas libres son compatibles con Commons (para poder usar música que se poida subir a Commons ten que ter licenza que permita uso comercial e obras derivadas, é dicir, non poden ter na licenza nin NC nin ND). Por exemplo esta páxina ten música instrumental para pelis, vídeos e xogos, só tes que seleccionar "free for commercial use" na caixiña que pon "filters" para asegurarte que é compatible con Commons. Cando subas o ficheiro terás que indicar na descrición a páxina web da música concreta e o nome do autor, podes poñer eses datos alí como poidas e logo se me avisas cando teñas subido o vídeo xa ordeno eu a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 09:05 (UTC)
- Perdón. @Elisardojm:. Ben valería sen música ningunha, que neste caso non é máis ca un ornamento prescindible. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)
- @HombreDHojalata:, esa é outra posibilidade e que lle daría menos choio :) Pero tamén entendo que é unha opción persoal, o son pode desactivarse no equipo que se visualice e obteríase o mesmo resultado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 10:39 (UTC)
- Acabo de subilo ao Commons [[Ficheiro:Segundotitorial.ogg|aquí]] Non quedou moi aló e a resolución que quedou logo da conversión é moi mala :( A música vai nos créditos con indicación de autoria e ligazón ao ficheiro -non á licenza- Agardo que sexa suficiente.Non teño moito tempo, pero a ver se lle dou outra volta para que sirva de algo e reemplazo o ficheiro con millor calidade/máis curto. Graciñas pola axuda, sinto seguir a ser tan novata!:) --Maria zaos (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 00:14 (UTC)
- Pois a maiores hai outro problema, a música que escolliches ten licenza NC, é dicir, non permite o uso comercial, co cal non pode estar en Commons nin pode usarse na Galipedia :( Xa solicito o borrado, síntoo.
- Polo de novata non te preocupes, todos comezamos coma ti e outros axudáronnos un montón cando comezamos aquí :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 02:01 (UTC)
- Listo. Moi ben, pois o sábado xa o deixamos ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 08:33 (UTC)
- Acabo de subilo ao Commons [[Ficheiro:Segundotitorial.ogg|aquí]] Non quedou moi aló e a resolución que quedou logo da conversión é moi mala :( A música vai nos créditos con indicación de autoria e ligazón ao ficheiro -non á licenza- Agardo que sexa suficiente.Non teño moito tempo, pero a ver se lle dou outra volta para que sirva de algo e reemplazo o ficheiro con millor calidade/máis curto. Graciñas pola axuda, sinto seguir a ser tan novata!:) --Maria zaos (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 00:14 (UTC)
- @HombreDHojalata:, esa é outra posibilidade e que lle daría menos choio :) Pero tamén entendo que é unha opción persoal, o son pode desactivarse no equipo que se visualice e obteríase o mesmo resultado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 10:39 (UTC)
Boas María, o sábado esquecinme falarche dunha ferramenta para subir vídeos a Commons, xa fai a conversión automaticamente co cal simplifica a tarefa. Tes que acceder a esta páxina. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 09:29 (UTC)
- Non te preocupes, ti faino cando poidas, pero non te me estreses! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 12:51 (UTC)
- Listo. Só unha dúbida, aínda non puiden escoitar o vídeo, metiches esas dúas cancións? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 09:40 (UTC)
- Acabo de velo, está xenial! :) Xa o meto na páxina do wikimaratón que hoxe imos comezar a enviar os correos ós medios e ás asociacións de contacto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 10:50 (UTC)
- Listo. Só unha dúbida, aínda non puiden escoitar o vídeo, metiches esas dúas cancións? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 09:40 (UTC)
- Boas, coméntoche que só veño facer un arranxiño na túa páxina de conversa porque había unha ligazón rota ó ficheiro do videotitorial que se borrou. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 10:01 (UTC)
Bibliografía en Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller
[editar a fonte]Boas de novo María, mira, acabo de engadir unha sección de bibliografía na páxina de Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, a idea é engadir aí algúns libros que poidan servir de fonte e referencia para facer os artigos, e que os que os teñan na casa ou poidan collelos nunha biblioteca, os leven ó evento. Como eu non controlo do tema, se ti coñeces algúns que sexan de interese, cando teñas un momento, a ver se os podes anotar por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 01:47 (UTC)
- Boas, outra cousa. Mira, estamos a facer unha lista de asociacións que poderían estar interesadas na actividade para poñernos en contacto con elas e avisalas para pedirlles que comenten a actividade e que, se lles interesa, avisen ós seus contactos para dar a maior difusión posible ó evento. A lista está na páxina de conversa, se podes botarlle un ollo e engadir algunha asociación que che pareza interesante sería xenial. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 10:08 (UTC)
Re: artigo Anna Sandström
[editar a fonte]Non te preocupes, o fallo foi meu, que non me fixei que engadiras o marcador en uso. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 21 de febreiro de 2018 ás 19:12 (UTC)
Wikidata
[editar a fonte]Boas, esta nota só é para lembrache que mañá de 10 a 14 temos o obradoiro de Wikidata en Santiago, Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018, vémonos alí! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 10:38 (UTC)
- Moi ben, pero tes as coordenadas do sitio e a situación en google maps na páxina. Está moi preto de Área Central. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 23:57 (UTC)
Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia
[editar a fonte]Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo
[editar a fonte]Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
RE:Boas, pregunta novata: como se avisa para borrado por vandalismo?
[editar a fonte]Boas, como comentou AMPERIO na miña páxina de conversa, podes avisar no Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo e a maiores podes engadir o modelo {{lixo}} no propio artigo, así mentres non se pode ocupar un administrador, a xente que acceda de casualidade, verá o aviso e saberá o problema que ten e que vai ser borrado. Por certo, bo ollo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 20:07 (UTC)
saludo
[editar a fonte]Práctica de conversa en wiki--Amélie Place (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 20:50 (UTC)
Ola, Maria zaos. Vin que estiveches editando e, con moi bo criterio, engandindo as diversas traducións ao galego das aventuras de Sherlock. Así pois, que saibas que a min me tocou traducir para Vicens Vives, amais de O misterio dos bailaríns que xa puxeches, outra historia algo máis difícil de rastrexar por estar incluída nunha antoloxía de relatos. Refírome a A banda pencada (The Adventure of the Speckled Band), para o libro Antoloxía do relato policial (2013, Vicens Vives, pp.3-44, ilustr. Tha). O dito: bo traballo e a seguir. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 10:15 (UTC)
- @Atobar: Moitas grazas, é de moitísima axuda a túa achega. O problema que teño é precisamente localizar ben as historias que están integradas noutras obras, porque ás veces a única maneira é ter o libro diante, doutra maneira non se poden casar ben as traducións (ese nivel de detalle, desgraciadamente esta ausente nos rexistros de catálogos e ata certo punto nas propias editoras). Por iso aínda o teño en uso, quédame revisalos con eles diante. Cando reciba os libros voltarei editar e incluirei a túa achega. Por outra banda, ando a usar esta ferramentae non sei que pasa, pero non semella ir moi aló. Abusando do teu coñecemento, ocúrreseche unha boa fonte específica para localizar traducións buscando dende o propio título orixinal? Graciñas--Maria zaos (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 10:34 (UTC)
- Grazas a ti. BiTraGa é a día de hoxe a ferramenta máis útil e completa. Pouco e pouco vai mellorando. No último ano e medio engadiron unha chea de novos títulos. O principal problema que elas teñen (digo elas porque as súas xestoras son todas mulleres) é o mesmo que temos nós aquí: moitas veces non dan tirado a información das antoloxías e teñen que se cinguir aos volumes exentos. Tampouco non perdas de vista o catálogo de BIVIR, que é de bastante utilidade. Con todo, é certo que en ocasións hai que pescudar na rede obras traducidas que existen pero que non están catalogadas en ningures. Pero xa digo, a cousa vai mellorando. Saúde!
- Velaí outros dous relatos, vía BIVIR. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 10:43 (UTC)
- Grazas a ti. BiTraGa é a día de hoxe a ferramenta máis útil e completa. Pouco e pouco vai mellorando. No último ano e medio engadiron unha chea de novos títulos. O principal problema que elas teñen (digo elas porque as súas xestoras son todas mulleres) é o mesmo que temos nós aquí: moitas veces non dan tirado a información das antoloxías e teñen que se cinguir aos volumes exentos. Tampouco non perdas de vista o catálogo de BIVIR, que é de bastante utilidade. Con todo, é certo que en ocasións hai que pescudar na rede obras traducidas que existen pero que non están catalogadas en ningures. Pero xa digo, a cousa vai mellorando. Saúde!
Ramona Vaamonde
[editar a fonte]Ola María zaos. Estiven modificando algunhas cuestións de formato da túa edición de Ramona Vaamonde. Modifiquei o modelo, e puxen o de científico porque se poden aportar máis datos na caixa. Tamén modifiquei algo a bibliografía e as notas e completei a referencia que faltaba. Bótalle, cando poidas, unha ollada e se queres desbotalo todo e deixalo como estaba, pois sen problema. Un saúdo. E gran traballo.--MAGHOI (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 20:59 (UTC)
Eva Mameli Calvino
[editar a fonte]Ola de novo, María.
Retoquei un pouquiño o teu artigo sobre Eva Mameli. Sobre todo, porque se indicaba que era tradución da wiki:española, e esta da italiana. Normalmente, cando se traduce un artigo enteiro, a parte de que apareza no historial, indícase na páxina de "Conversa" do propio artigo. E iso, foi fundamentalmente o que fixen.
Tamén vin que na italiana hai foto, e turrei por lla colocar pero non dou por un problema de modelos, pero falei con Estevo para ver se o pode facer el, e me indica despois como. Eu tamén ando a aprender. Saúdos. E non canses, que os 150.000 están aí pretiño.--MAGHOI (conversa) 20 de marzo de 2018 ás 17:27 (UTC)
- Volvo sobre o tema do recoñemento da tradución. Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza cñodigo.
O proceso sería así:
- Ábrense e péchanse con 2 chaves
- Escríbese: "Traducido de"
- Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
- Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
- Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
- Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.
No caso de Eva Mameli, este é o resultado (mira no editor en html)-->
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Eva Mameli Calvino" da Wikipedia en castelán, especificamente na súa versión do día 12-08-2018, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
Gárdase, e verás que aparece na páxina de conversa, a referencia completa. Espero que che resulte claro. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 10:39 (UTC)
- @MAGHOI:Moitas grazas, ao final xa dera co erro, eu puña Traducido ref en lugar de Traducido de, xa me saiu o cadriño (logo dunha serie de meteduras de pata, como é habitual en min) e xa sei como buscarlle o identificador de versión. O único é o da data, pero penso que non está moi especificado (tampouco é que sexa moi relevante, o id de versión xa o vai indicar e é o que importa máis), podería ser ddmmaaaa con número, con letra en mes, etc. Se non é así, por favor dimo, porque xa cambiei onte todos os cadros das traducións que fixera.Un saúdo--Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 11:00 (UTC)
- Perfecto. Entón. Xa che irei preguntando sobre Wikidata, que aí si que non entendo nada. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 11:03 (UTC)
- @MAGHOI:Moitas grazas, ao final xa dera co erro, eu puña Traducido ref en lugar de Traducido de, xa me saiu o cadriño (logo dunha serie de meteduras de pata, como é habitual en min) e xa sei como buscarlle o identificador de versión. O único é o da data, pero penso que non está moi especificado (tampouco é que sexa moi relevante, o id de versión xa o vai indicar e é o que importa máis), podería ser ddmmaaaa con número, con letra en mes, etc. Se non é así, por favor dimo, porque xa cambiei onte todos os cadros das traducións que fixera.Un saúdo--Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 11:00 (UTC)
Elisa Díaz
[editar a fonte]Boas Maria, poderías indicar no artigo Elisa Díaz de onde se copia a información? Dígocho por que lle colocaches o modelo {{copyvio}} pero non indicas nada máis. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2018 ás 16:43 (UTC)
RE:Axudiña con ficheiros de imaxe que teñen que ser únicos para Wikidata
[editar a fonte]Vale, xa me contarás, pero eu de Wikidata estou moi frouxo, o que máis controla diso é Estevoaei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2018 ás 00:27 (UTC)
Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia
[editar a fonte]Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:56 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Antonio Gandoy
[editar a fonte]Ola, Maria Zaos. Parabéns por subir a imaxe para ilustrar o artigo de Antonio Gandoy. Só un pequeno apuntamento: se subes os ficheiros a commons poderán ser usados noutras versións de Wikipedia (no caso de que se traduza o artigo) así como en Wikidata (importante para poder engadir a imaxe á táboa). Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de abril de 2018 ás 17:37 (UTC)
- Moitas grazas. Que rapidez! Só os administradores poden borrar ficheiros ou páxinas. Pódome encargar eu. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de abril de 2018 ás 17:45 (UTC)
Wikirreto
[editar a fonte]Boas María, o Wikipedia:Wikirreto é unha pequena competición que cada ano centra os seus esforzos en mellorar un aspecto diferente na calidade dos artigos da Galipedia. Este ano o reto céntrase en amañar os artigos que están na Categoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren atención, que son artigos que teñen diferentes tipos de problemas e na que hai máis de 1600 páxinas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2018 ás 07:55 (UTC)
Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
RE: Consulta sobre títulos de obras musicais
[editar a fonte]Ola Maria zaos! Non hai ningunha política ao respecto, hai tempo comecei un bosquexo sobre o tema pero non seguín porque eses artigos fágoos maioritariamente eu, así que sigo sempre o mesmo criterio: as óperas en Galicia (e no resto de España) non se traducen, por outra banda non hai case bibliografía que poida referenciar títulos de obras musicais en galego (tan só programas, que non sei se son unha referencia válida para poñer títulos). Creo que neste caso tanto ten se a obra literaria está traducida ou non, porque no caso das óperas non conta porque o importante é o libreto (que segue máis ou menos a obra orixinal) e ese libreto non está nunca traducido ao galego. Como as obras en Galicia só se estrearon na lingua orixinal tampouco vexo motivo para poñer o título en castelán. É dicir, na miña opinión só empregaría a versión orixinal. Isto non quere dicir que non se poidan engadir redireccións dende os títulos traducidos ao galego, castelán, ou linguas nas que hai tradición de traducir os títulos e que son amplamente coñecidos mesmo noutras linguas (inglés, francés e alemán principalmente). De todos xeitos o mellor é que consultes con outro usuario ou cun administrador (se queres podes comentarllo tamén a Elisardojm) para ver que opinión ten. Un saúdo, Piquito (conversa) 1 de maio de 2018 ás 11:21 (UTC)
Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada
[editar a fonte]Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Estatutos
[editar a fonte]Boas, os estatutos a revisar están en Usuario:Estevoaei/Estatutos ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 09:45 (UTC)
Ciclo celular
[editar a fonte]Ola, contesto un pouco tarde. Non sei o ISBN do libro, porque traducín a páxina da wiki en castelán e tiña esa referencia. Aparentemente o ISBN estba ben, ver: [1]. Grazas.--Miguelferig (conversa) 10 de xullo de 2018 ás 15:37 (UTC)
RE:citas curtas vs citas detalladas
[editar a fonte]Si, é preferible non mesturar os dous tipos de cita xa que así a visualización do artigo é máis uniforme, pero este criterio tampouco é o máis importante na avaliación dos artigos de calidade, hai moitos artigos xa escollidos que non cumplen isto. É máis importante que estea ben redactado, cunha ortografía correcta, que desenvolva de forma completa o tema e, sobre todo, que estea ben referenciado en fontes de calidade para que poida verificarse de forma correcta todo o contido.
Nas referencias non debes eliminar información, canto máis detalle teñan mellor, é moito mellor unha referencia co número da páxina onde se pode atopar a información que unha referencia a un libro enteiro. Polo tanto, se as citas Harvard son a minoría, eu unificaría ás detalladas, se a sección de notas se alonga tampouco é un problema, é unha sección de consulta puntual, e tamén podes poñer as citas en tres columnas para reducir o seu tamaño. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 08:29 (UTC)
Seguindo coa asociación
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votación administradores da interface e enmendas administradores
[editar a fonte]Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. ☣Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)
Ramón Otero Pedrayo
[editar a fonte]Ola, María!
Vin que no artigo de Eladia Pedrayo Ansoar puxeches que tivo dúas fillas, amais de Ramón Otero Pedrayo. Onde atopaches o dato? Ramón Otero Pedrayo foi fillo único; os nomes que puxeches (Vicenta e Eladia) son os da avoa paterna e a propia nai de Otero Pedrayo.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de agosto de 2018 ás 14:15 (UTC)
Nesgo de xénero e fenda de xénero
[editar a fonte]Ola, María, eliminei o cambio. Lles (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 09:37 (UTC)
Ola, María, creo que sería bo que fixeses un artigo sobre nesgo de xénero co coñecemento que tes. Eu traducín o que hai na Wikipedia en español brecha de género para fenda de xénero, mais a Wikipedia en español redirecciona de sesgo de género a brecha de género, sen ter artigo para sesgo de género. Lles (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 12:09 (UTC)
Eu non sabía que eran dous conceptos diferenciados, tras a túa achega vin que o DOG si que os separa [2] cando fala de Análise do nesgo e a fenda de xénero: procedementos e técnicas. Anímate a editar sobre o nesgo de xénero para rematar con el na Wikipedia [3] :) Lles (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 12:34 (UTC)
Ola, María, nesta páxina Fenda de xénero na Wikipedia cres que usar fenda é o correcto ou pensarías que debería usarse nesgo? Lles (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 12:13 (UTC)
Entón o título do artigo debería ser O nesgo de xénero na Wikipedia? Lles (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 12:43 (UTC) Anímaste a corrixir naqueles casos nos que no lugar de fenda debe ser nesgo? Lles (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 12:49 (UTC)
Cambieille esa frase. Non tería que ter o mesmo concepto que o nome do artigo? Semellaría que a primeira frase é a que explica o que o artigo conta. Lles (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 06:54 (UTC) Cambieille o nome ao artigo. Lles (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 07:07 (UTC)
Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación
[editar a fonte]Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)
RE:foto commons e liberdade de panorama
[editar a fonte]Esas opcións non me valen, eu quería a foto precisamente por eses carteis, se os dereitos de autor teñen máis valor que a liberdade de panorama entón non hai máis que facer, non te preocupes :) O que me fastidia é que se "roube" o espazo público e teñamos que amolarnos, eu non o entendo, pero a maioría das leis non teñen senso así que... :) Moitas grazas pola túa axuda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 07:44 (UTC)
- Non sabía iso da remuneración das obras expostas permanentemente en lugares públicos, moi interesante :). Sobre o do cartel da foto, a miña idea é que podería facerse unha foto dese estilo xa que o cartel está dentro dunha composición panorámica e, en virtude da liberdade de panorama, esa foto debería poder liberarse. Logo, se alguén recortara a foto para deixar só o cartel, iso sería unha obra derivada que xa estaría infrinxindo os dereitos de autor do cartel, e que ó non ter "panorama" xa non podería ampararse nese dereito. Porque se faga unha obra derivada dunha obra libre non implica que sexa automaticamente libre, depende do que se recorte.
- Poño outro exemplo, fago unha foto dunha rúa na que hai coches, para min iso está perfectamente encadrado na liberdade de panorama, eu fago unha foto á rúa, eu non teño culpa de que os coches estean alí, e non son o que me importa fotografar, eu quero facer unha foto da rúa, co cal teño todo o meu dereito (creo eu, non? :). Se logo vai un usuario e recorta a foto e deixa xusto un anuncio dun deterxente que hai pintado nunha furgoneta, eu entendo que esa foto está violando os dereitos de autor porque aínda que sexa unha obra derivada dunha foto libre, a súa obra non está amparada pola liberdade de panorama. Pero claro, isto é como o entendo eu, que non sei nin papa de leis nin nada, é o que se me ocorre polo sentido común, que tampouco teño moito ;), e que moitas veces non é o que se usa en lexislación. Pero non te preocupes, xa falaremos tranquilamente cando teñas máis tempo, isto non corre présa ningunha. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 07:57 (UTC)
Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Modiificación en texto de portada
[editar a fonte]Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Resposta de Openbank
[editar a fonte]Boas, xa chegou a resposta de Openbank á consulta sobre a conta. Podedes ver o contido e comentar os pasos a seguir en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 12:54 (UTC)
Nota: Esta é unha lista de mensaxes en masa de usuarios interesados na asociación A3GAL, se non queres recibir máis avisos desta lista, borra o teu usuario en Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL
Preparación do servizo ORES na Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Escolla da conta para A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco están as opcións que atopamos para a conta bancaria da asociación. Se vos parece ben, que cada un vote a opción que lle pareza mellor durante esta finde. Se alguén quere engadir algún outro banco ou ten algunha obxección, que achegue a información ou que comente as dúbidas que teña e entón atrasaremos a votación. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:17 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Alan Lomax
[editar a fonte]Ola, María. Alan Lomax xa estaba na lista de artigos solicitados; retirei o que ti engadiches para que non estivese duplicado. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de novembro de 2018 ás 22:14 (UTC)
Resolto: Escolla da entidade bancaria para a asociación
[editar a fonte]Boas a todos, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco xa está o resultado da escolla da entidade bancaria para a conta da asociación. Finalmente escolleuse a Abanca, os detalles están na páxina. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 14:19 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario de Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Cuarta malla de artigos da Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
A3GAL/Relación coa Fundación
[editar a fonte]Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación coa Fundación tedes algo de información sobre os diferentes tipos de afiliación á Fundación Wikimedia, ide comentando o que vos parece o tema e que podemos facer. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 13:55 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Entrega do Premio Rosalía de Castro
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Correo para a Comisión de Afiliacións
[editar a fonte]Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación_coa_Fundación#Correo_para_a_Comisión_de_Afiliacións tedes o borrador do correo para mandar ó Comité de Afiliacións para preguntar polo tema do Grupo de Usuarios da Fundación, hai que revisalo para que quede todo correcto, tódolos comentarios son benvidos. Cando teñamos a versión final faremos a tradución para enviala. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 18:44 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.
Imaxes
[editar a fonte]Boas María, hai outra imaxe sobre unha muller en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Alice C. Evans, National Photo Company portrait, circa 1915.jpg á que só lle falta un voto para saír na portada. Se queres podes participar na votación, aínda que con total liberdade! --AMPERIO (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 16:27 (UTC)
- Feito o artigo... polo menos a introdución. Non me sinto capaz de desenvolvelo por que é un tema que non controlo para nada, ademais temos brucella no que se fala desa enfermidade. De todos modos queda a imaxe ligada a brucelose. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 17:03 (UTC)
Structured Data on Commons Newsletter - Fall 2018 edition
[editar a fonte]Welcome to the newsletter for Structured Data on Wikimedia Commons! You can update your subscription to the newsletter. Do inform others who you think will want to be involved in the project!
- Community updates
- Multilingual Captions, the first feature release for Structured Data, is coming in January of 2019
- Be on the lookout for the beta testing announcement
- Help using captions has been set up, if you'd like to go ahead and see the workflow
- Two IRC office hours were held since the last newsletter
- Our dedicated IRC channel: wikimedia-commons-sd webchat
Current:
- Help determine and propose properties on Wikidata for Commons
- Review designs for structured licensing and copyright
- Join the community focus group!
Since the last newsletter:
- Review a prototype for searching structured Commons (October 2018)
- "Good coverage" for depicts tagging (Sept. 2018)
- Review and discuss mockups for displaying the new metadata section of the file page (18 September - 9 October 2018)
- Depicts statements draft requirements (14 August - 31 August 2018)
- Identify Wikidata properties that Commons will need (26 June - 14 August 2018)
- Presentation by Keegan on the first features to be released for Structured Data, presented at Wikiconference North America, Columbus, Ohio, October 2018.
- Sandra presented a project update at the GLAM-Wiki conference in Tel Aviv, Israel, November 2018, as part of an update and panel discussion.
- Structured Data on Commons was the subject of a keynote presentation by Sandra (see slides) at the Baltic Audiovisual Archives Council conference in Tallinn, Estonia, November 2018.
- Partners and allies
- The info portal on Structured Commons now includes a section on GLAM (Galleries, Libraries, Archives and Museums).
- We are currently planning the first GLAM pilot projects that will use structured data on Wikimedia Commons. One project has already started: the Swedish Heritage Board researches and develops a prototype tool to provide improved metadata (translations, data additions...) from Wikimedia Commons back to the source institution. Read the project brief.
- The documentation for batch uploads of files to Wikimedia Commons will be improved in 2019, as part of preparing for Structured Data on Wikimedia Commons. To prepare, the GLAM team at the Wikimedia Foundation wants to understand better which types of documentation you already use, and how you like to learn new GLAM-Wiki skills and knowledge. Fill in a short survey to provide input!
- Stay up to date!
- Follow the Structured Data on Commons project on Phabricator: https://phabricator.wikimedia.org/project/profile/34/
- Subscribe to this newsletter to receive it on a talk page of your own choice.
-- Keegan (WMF) (talk)
Message sent by MediaWiki message delivery - 7 de decembro de 2018 ás 17:58 (UTC)
Nova firma dos estatutos de A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
RE:Artigo Fenda de xénero en wikiproxecto
[editar a fonte]Que correo teño que revisar? A dirección que dis que está en aberto tamén me pide usuario e contrasinal :(
A conta de estudante foi unha que fixen antes nesa web poñendo que era estudante da Universidade da Coruña, un nunca deixa de aprender... :), pero nin así me deixou entrar. E non, non teño conta de Wikipedia Library, polo momento non a precisei, pero se con ela sabes se podo ver o artigo, entón terei que intentar darme de alta... Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 23:51 (UTC)
- Ah non, que si teño conta na Wikipedia Library... :) Con esa conta pode accederse ó artigo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 23:52 (UTC)
- Entrei na Wikipedia Library e polo que entendo, Sage Stats, que non sei se é o mesmo sitio no que está o documento, ten todas as contas collidas, parece que hai lista de espera pero non creo que se mova moito. Se non se pode acceder non pasa nada, está ben que poñas a ligazón por se cambia no futuro ou outra xente pode acceder, pero se non atopamos a forma de entrar haberá que poñer un comentario ó lado explicándoo para que a xente non se rompa a cabeza :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2018 ás 00:03 (UTC)
- Xa funciona, grazas! A ver se lle boto un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2018 ás 00:42 (UTC)
- Entrei na Wikipedia Library e polo que entendo, Sage Stats, que non sei se é o mesmo sitio no que está o documento, ten todas as contas collidas, parece que hai lista de espera pero non creo que se mova moito. Se non se pode acceder non pasa nada, está ben que poñas a ligazón por se cambia no futuro ou outra xente pode acceder, pero se non atopamos a forma de entrar haberá que poñer un comentario ó lado explicándoo para que a xente non se rompa a cabeza :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2018 ás 00:03 (UTC)
Ficheiro en Commons
[editar a fonte]María, vin en Commons Ficheiro:Viajes y aventuras de una muñeca española en Rusia.pdf e penso que a licenza non é correcta, se a data de falecemento de Sofía Casanova foi 1958, penso que non entrará en DP ata o 2128. A maiores, o ilustrador, Gutiérrez Larraya, faleceu en 1968, polo que a súa obra penso que non entrará en DP ata o 2138..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2018 ás 02:14 (UTC)
- Síntoo, o que diga unha web non vale nin os bits onde está escrita :), uns bits non poden quitarlle os dereitos de autor ás persoas, e tampouco poden poñerllos, ollo. Quero dicir, en moitos casos as webs poñen que teñen os dereitos reservados en contidos que están clarísimamente en DP, e aínda que se copien deses sitios, súbense a Commons. Pois neste caso é igual pero en sentido contrario, por moito que a web diga que está en DP, se non temos evidencias por outras fontes de que é así, non podemos subir eses contidos se teñen unha licenza incorrecta. De tódolos xeitos vou consultar con outro usuario de Commons que ten máis experiencia ca min para que revise a situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2018 ás 08:56 (UTC)
Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Captions in January
[editar a fonte]Structured Data - file captions coming this week (January 2019)
[editar a fonte]My apologies if this is a duplicate message for you, it is being sent to multiple lists which you may be signed up for.
Hi all, following up on last month's announcement...
Multilingual file captions will be released this week, on either Wednesday, 9 January or Thursday, 10 January 2019. Captions are a feature to add short, translatable descriptions to files. Here's some links you might want to look follow before the release, if you haven't already:
- Read over the help page for using captions - I wrote the page on mediawiki.org because captions are available for any MediaWiki user, feel free to host/modify a copy of the page here on Commons.
- Test out using captions on Beta Commons.
- Leave feedback about the test on the captions test talk page, if you have anything you'd like to say prior to release.
Additionally, there will be an IRC office hour on Thursday, 10 January with the Structured Data team to talk about file captions, as well as anything else the community may be interested in. Date/time conversion, as well as a link to join, are on Meta.
Thanks for your time, I look forward to seeing those who can make it to the IRC office hour on Thursday. -- Keegan (WMF) (talk) 7 de xaneiro de 2019 ás 21:09 (UTC)Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Cita e dereitos
[editar a fonte]Ola, Maria zaos. Penso que non hai ningún problema. É unha simple cita, por máis que responda a unha tradución publicada (o importa é citar que se extrae de aí). Quéreme soar que hai un máximo permitido de texto reproducible, pero dende logo ese par de liñas está lonxe de chegar a ese máximo. De todas maneiras, o experto en dereitos de autoría para uso na Wikipedia é HombreDHojalata, non eu. Que me corrixa ou puntualice se en algo ando enganado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2019 ás 15:44 (UTC)
- Eu de experto nada, pero si, unha cita breve non infrinxe dereitos da propiedade intelectual (en:Right to quote). --. HombreDHojalata.conversa 31 de xaneiro de 2019 ás 20:18 (UTC)
Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Fusións
[editar a fonte]María, as fusións de artigos non se fan así, mira Axuda:Fusión :), isto faise así para que se xunten os historiais de edición dos dous artigos nun. Vou ver se o dou amañado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 23:13 (UTC)
- Xa está amañado, podes comprobar o que pasou revisando o historial de Tarsy Carballas Fernández, agora esa redirección só ten no historial a miña edición, todas as modificacións que tivo ese artigo pasáronse ó artigo final Tarsy Carballas. Podes fixarte por exemplo nesta edición, que pasou aquí? pois que nese momento comezouse o artigo co nome incorrecto cun contido e agora esa edición pasou ó historial do artigo correcto. Aínda que resulte un pouco confuso en termos de seguir a evolución real do artigo, isto é preciso para manter a licenza do contido do artigo, xa que se fus
- Moitas grazas @Elisardojm:, perdón polo traballiño. Menuda trapallada fixen, está claro. Non dín coa información de sobre fusión (agora mesmiño gárdoa, xa revisei os pasos) e como ía quedar a redirección non pensei no tema de mover os historiais. Obcequeime, porque estaba pendente xa de hai un ano, cando ademáis lle duplicara o Wikidata, pero como o Wikidata xa o dera amañado en marzo creo, deume algo de coraxe e mal feito, entroume a présa. De feito onte creo que fun reincidente, porque errei na creación dunha páxina nova na tipografía do título e non a movin, borrei e creei outra :(. Tomo nota, sinto as molestias e agradecida pola pacienciña.Maria zaos (conversa) 13 de febreiro de 2019 ás 10:19 (UTC)
- Non te preocupes, isto pasounos a todos! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de febreiro de 2019 ás 14:06 (UTC)
Seguintes pasos burocráticos de A3GAL
[editar a fonte]Boas a todos, fixen unha nova páxina con tarefas burocráticas que hai que facer ou ir preparando para poñer a funcionar a asociación, podedes vela en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Pasos burocráticos. Todas estas tarefas van levar bastante traballo facelas polo que se precisa a colaboración de todos para que a cada un lle toque só unha pequena parte do choio. Así que ídevos apuntando na lista na tarefa que máis vos preste e actualizando coas cousas que vaiades facendo/sabendo/investigando. Se o precisades para algo, podedes facer subpáxinas na miña páxina de usuario, co título "Elisardojm/A3GAL/Nome que vos pareza ben" para achegar a información que vexades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de febreiro de 2019 ás 00:47 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Folga escolar polo clima
[editar a fonte]Es unha 'másquina'! Agora non sei se terei tempo, pero hoxe sae o de Geta. O da charla TED, bo complemento!--Agremon(contacto) 23 de febreiro de 2019 ás 07:35 (UTC)
Ola! Fixen algún pequeno axuste, e logo un sobre unha cita en sueco, via google translator, cun sentido diferente do que poñía o artigo. Pouca cousa. --Agremon(contacto) 23 de febreiro de 2019 ás 22:02 (UTC)
Fontes
[editar a fonte]Ola, Maria zaos. Non hai de que. Estan eran sinxelas (agás María Rey), pois estaban na rede (basta procurar en Google Nome da persoa + data de nacemento). As complicadas son as que requiren a busca en manuais e enciclopedias, que aí xa non basta cun clic no teclado. Andarei atento ás túas contribucións para, nos vindeiros días, ir completando con referencias datos deste tipo. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 25 de febreiro de 2019 ás 21:08 (UTC)
RE: Axudiña cunha data dunha cantante de zarzuela
[editar a fonte]Boas Maria zaos! Verei o que podo encontrar, o certo é que sobre a zarzuela en concreto (e sobre a música española en xeral) non teño nada (ou case nada), mirarei se mañán podo mirar nunha biblioteca se teñen algo, igual tardo un tempo, en caso de que vexa imposible sacar o dato avísote. Ti poderías mirar se atopas algo na prensa galega dos anos 1930 sobre o Ártabro Hockey Club? Eu non sei como vai iso de Galiciana (se se chama así). Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2019 ás 01:11 (UTC)
- Puxen dúas referencias, a da morte non sei se será moi aceptada aquí pero pode valer de momento. Unha é un artigo do Faro de Vigo e a outra dun sitio web sobre zarzuela (cutrón, pero todos os que vin do tema o son...). Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2019 ás 01:11 (UTC)
- Moitísimas grazas, Piquito! Esquecinme de dicirche os enderezos de Galiciana (é que se buscas en Google pode sairche un centro gastronómico de oCmpostela tamén). aquí vai. Saúdos!Maria zaos (conversa) 26 de febreiro de 2019 ás 10:45 (UTC)
Colaboración en evento sobre normalización lingüística
[editar a fonte]Colaboración en evento sobre normalización lingüística
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Primeira asemblea de A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Carballo
[editar a fonte]Boas María, en que está desactualizada a sección "Política e administración"? Había dúas táboas, unha das últimas eleccións e outra creo que das anteriores, deixei a das últimas que no artigo non se precisan máis e xa está a ligazón ó resto de eleccións municipais do concello. Que outra cousa hai que actualizar? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2019 ás 21:30 (UTC)
- @Elisardojm: Ah, pois moi ben, graciñas polo traballo. O que queda é onde fala do partido xudicial, segundo parágrafo (que verás que aínda ten unha ligazón morta) fala de a cantos habitantes tocan por cada xuíz con datos de anos algo vellos. Habería que buscar unha fonte,porque non sei se seguen sendo só dous xuíces..se é así faise o cálculo e listo. Pódeslle quitar o marcador se só queda isto por cambiar e tento amañalo en canto acabe cun par de cousas. Saúdos Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2019 ás 21:43 (UTC)
- Ah, vale, pois entón paso o desactualizado á sección "Administración xudicial" para que se saiba mellor onde está o problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2019 ás 22:04 (UTC)
María Rodrigo
[editar a fonte]Boas María zaos! Non coñecía a esa compositora, farei o artigo, pero tardarei, agora ando a traducir artigos sobre Finlandia e teño pendentes algúns de hóckey sobre xeo, ademais agora retomei os artigos sobre Jean Sibelius, que é un dos compositores que máis me gustan e tiña en mente ampliar algo o artigo da Suite Lemminkäinen, as sinfonías, e ando a traducir o de Skogsrået nun documento de texto... sería unha boa proposta para a Wikimaratona do Día da Muller, así como crear o artigo dunha xogadora de hóckey sobre xeo alucinante, Hayley Wickenheiser, que chegou xogar na terceira categoría masculina en Finlandia. Ademais facer artigos de personalidades pouco coñecidas e de moita investigación lévame moito tempo se o quero facer minimamente bo, e agora non dispoño de moito tempo con tantas tarefas pendentes na Galipedia e co tempo material do que dispoño. Un saúdo e grazas. (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 18:48 (UTC)
- Ei, Piquito que xa dixen que non era un encargo nin era para que te sentises na obriga ;). Boas suxestións, logo as anoto nas táboas para a Wikimaratona, se vexo que hai fontes a mán alí, por que non?. Graciñas!Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 19:19 (UTC)
- Sei que non o dicías por encargar nada, non o sentín como obriga, pero vexo demasiadas cousas que tería que editar e non me dá a vida para tanto :O Piquito (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 21:22 (UTC)
- Ei, Piquito que xa dixen que non era un encargo nin era para que te sentises na obriga ;). Boas suxestións, logo as anoto nas táboas para a Wikimaratona, se vexo que hai fontes a mán alí, por que non?. Graciñas!Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 19:19 (UTC)
Carla Antonelli
[editar a fonte]Perde conta, só lle estaba botando unha ollada rápida. Non te preocupes. Hoxe póñome a revisalo polo miúdo. Grazas polas túas achegas.--Breogan2008 (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 08:08 (UTC)
Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado
[editar a fonte]Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Lugar asemblea A3GAL
[editar a fonte]Boas a todos, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL puxen os datos do lugar de celebración da asemblea deste sábado, tamén engadín dúas propostas para tratar na reunión. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 13:14 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. ☣Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)
+ info
[editar a fonte]https://spartacus-educational.com/2WWwomen.htm ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 15 de marzo de 2019 ás 08:26 (UTC)
@Sobreira:. Ola! Grazas! Están bastante ben, traen ben as fontes.:) Entendo que son listas para wikimulleres, non? Eu non vou ter moito tempo a poñerme con elas nun rato, pero a ver se @Lles: se anima...Saúdos
[modelo:escritor] xa cambia á forma feminina
[editar a fonte]Ola, María.
Xa está solucionado o problemiña do {{escritor}}, que non cambiaba á forma feminina das etiquetas de wikidata na infobox.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19 de marzo de 2019 ás 10:24 (UTC)
Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Administración
[editar a fonte]Ola María.
Hai un eido da Wikipedia en galego no que houbo varias baixas en tempos recentes e no que precisamos aumentar a presencia de mulleres, nula ata o de agora.
Por iso, quería saber se, de ser alixida pola comunidade, aceptarías os botóns de administradora. --. HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2019 ás 18:51 (UTC)
- Ola, perdoa polo retraso, HdH. Como xa sabedes a miña conta ten tempo, pero comezei a engancharme e a estar activa hai un ano máis ou menos. Se a comunidade dá o seu voto de confianza a pesar deste curto percorrido, para min sería un honor axudar no que poida e farei o que estexa da miña man para poñerme ao día co que faga falta nesa tarefa. Graciñas por pensar en min. :) Maria zaos (conversa) 24 de marzo de 2019 ás 22:28 (UTC)
- Estexa>estea. Editar dende o móbil non se me dá moi aló... Maria zaos (conversa) 24 de marzo de 2019 ás 22:33 (UTC)
- Ola Maria. Xa tes os botóns de administradora. Se tes algunha dúbida de como empregalos pregunta sen medo no Wikipedia:Taboleiro dos administradores. . HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2019 ás 06:35 (UTC)
- Moitas grazas, HombreDHojalata e tamén a todo o mundo polo voto de confianza. Así farei. Saúdos ! Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2019 ás 07:11 (UTC)
Bicapa lipídica
[editar a fonte]Feito!. Substituín a referencia 30 con ligazón morta por outra que referencia perfectamente a cifra que se mencionaba. Grazas. Estás a facer un grande traballo coas referencias.--Miguelferig (conversa) 28 de marzo de 2019 ás 21:27 (UTC)
- Que rapidez! (o que sabe sabe) Moitas grazas, @Miguelferig:!Maria zaos (conversa) 28 de marzo de 2019 ás 21:33 (UTC)
Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. ☣Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)
Aberto proceso de votación á administración
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
RE:Consulta
[editar a fonte]Pois eu tampouco o teño claro, iso vai no gusto do editor, e eu non teño un gusto moi refinado :) Se algunha ligazón pensas que é moi específica podes quitala, non pasa nada, se nalgún momento se crea o artigo tamén se pode engadir a ligazón. Eu cando traduzo un artigo adoito a poñer tódalas ligazóns orixinais, a non ser que vexa que son moi, moi específicas (p. ex. Eleccións francesas de 1998). As personalidades, entendo que aínda que non vaian ter artigo aquí, son relevantes abondo como para poder telo, polo menos na maioría dos casos. A praza? É moi posible que nunca se cree ese artigo aquí, ou ó mellor créase para a semana se algunha persoa amante de París se adica a facer artigos relacionados con ela, quen o sabe.
Eu as ligazóns a personalidades deixaríaas todas, as outras, como vexas mellor. Tes razón que tampouco se vai a inzar un texto de ligazóns vermellas, pero tampouco se poden deixar cousas importantes sen ligar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2019 ás 07:50 (UTC)
- Ok, tereino en conta, moitas grazas polas aclaracións. :).--Maria zaos (conversa) 4 de abril de 2019 ás 07:53 (UTC)
Célula dendrítica
[editar a fonte]Cambiei a referencia 33 (que se arrastraba da wikipedia castelá e obviamente estaba mal) por un artigo de "revisión" que fala das características das células veladas ou veliformes.--Miguelferig (conversa) 8 de abril de 2019 ás 11:15 (UTC)
Erro en denominación de categorías
[editar a fonte]Non hai de que. ;) Grazas a ti polas túas achegas. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 11 de abril de 2019 ás 10:56 (UTC)
Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. ☣Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)
Instalar cat-a-lot
[editar a fonte]Ola, podes copiar no teu usuario a parte do Cat-a-lot deste ficheiro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 19:04 (UTC)
- Ten que ser (ou é mellor) en Meta ou pode ser aquí, Elisardojm? .--Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2019 ás 19:11 (UTC)
- Pois non estou seguro se aí funcionará, proba, non pasará nada se non funciona. A vantaxe de facelo en Meta é que poñéndoo nun só sitio, xa che vale para tódalas wikis que visites. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 21:19 (UTC)
Acta asemblea xeral A3GAL 2019
[editar a fonte]Boas a todos, comecei o bosquexo da acta da Asemblea Xeral de socios en usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019, os que asistiron, por favor ide enchendo o que poidades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de abril de 2019 ás 07:34 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Días oficiais
[editar a fonte]Sen problema. Boa iniciativa. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 14 de abril de 2019 ás 22:51 (UTC)
Feminismo
[editar a fonte]Oi, parabéns pelo seu trabalho nos artigos sobre feminismo. Estou lendo-os. Dennui (conversa) 15 de abril de 2019 ás 07:50 (UTC)
Aviso de grazas
[editar a fonte]Ola, chegoume un agradecemento teu pola corrección dun artigo e non sei como o fixeches ou onde se pode ver. En todo caso, de nada, se che interesa que nalgún momento corrixa algún artigo, avísame. Saúdos. --Aprofa (Dime algo aquí) 22 de abril de 2019 ás 10:09 (UTC)
- Moitísimas grazas pola explicación, a verdade é que non teño nin idea de como funciona a Galipedia por dentro, non teño paciencia para ir mirando os titoriais con calma, para o pouco tempo que lle dedico prefiro ir así a cousiñas concretas que non me requiren formación, corrixir e subir imaxes. Agora estoume metendo a traducir, a ver como vai, é por iso que vos agradezo moito cando me contades como facer cousas. Saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 22 de abril de 2019 ás 10:30 (UTC)
Shere Hite
[editar a fonte]Ola! Non sei onde localizar os estudos de Masters e Johnson, pero si podería ser de interese referencialos. En canto á abreviatura PhD, deixeina así porque non ter claro se traducilo por doutoramento ou por doutoramento en filosofía. Tes razón en que posiblemente sexa máis lóxico traducilo así que o vou cambiar. En calquera caso, síntete libre de modificar ti mesma o que consideres. Un saúdo!--Jglamela (conversa) 26 de abril de 2019 ás 20:08 (UTC)
Estatística
[editar a fonte]Ola! Polo que vexo, refíreste a un blog no que aparecen simuladores ou calculadoras creados nunha determinada linguaxe de programación. A verdade é que non sei como encontrar algo semellante, especialmente en galego. Por exemplo, vin algo sobre distribución hiperxeométrica ou regresión linear que non están mal, un é unha calculadora e outro un titorial. Hai moitas páxinas semellantes, non sabería dicir se é mellor ca outras. En galego é bastante máis complicado. Se o ves ben, pódense substituír as ligazóns. Parabéns polo teu traballo coas ligazóns mortas. Un saúdo!--Jglamela (conversa) 26 de abril de 2019 ás 20:16 (UTC)
Usuaria:Maria zaos
[editar a fonte]Boas, o artigo Usuaria:Maria zaos, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 30 de abril de 2019 ás 07:40 (UTC)
Vídeo
[editar a fonte]Xa está o videotitorial recurtado, ó final ó pegarlle a segunda parte vese o "zurzido", pero ben vale. Se o prefires sen pegarlle a segunda parte, podes velo no historial, simplemente dálle a reverter suba anterior e xa queda o ficheiro só coa primeira parte. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2019 ás 19:16 (UTC)
- Elisardojm, pois igual quedo coa versión sen pegado. Que mágoa. Se teño tempo (pouco probable) tento mirarse ten amaño. Moitísimas grazas polo traballo. A música quedou moi ben :) .--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2019 ás 19:21 (UTC)
- Creo que xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de maio de 2019 ás 22:33 (UTC)
- Elisardojm, pois igual quedo coa versión sen pegado. Que mágoa. Se teño tempo (pouco probable) tento mirarse ten amaño. Moitísimas grazas polo traballo. A música quedou moi ben :) .--Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2019 ás 19:21 (UTC)
- Para cambiar o nome de usuario hai que ir a Especial:GlobalRenameRequest. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de maio de 2019 ás 23:02 (UTC)
Benvidas
[editar a fonte]Ola, María. Eu creo que non paga a pena solicitar o borrado desas páxinas de benvida. Para a próxima evita dar a benvida no rexistro de creación de usuarios a aquelas contas que conteñan esta mensaxe: "A conta de usuario .... creouse automaticamente". Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 5 de maio de 2019 ás 15:16 (UTC)
Xestión dun premio
[editar a fonte]Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Buscador
[editar a fonte]Bo día, quería pedirche a páxina da presentación que fixeches na que indicabas as distintas formas de procura. Un saúdo, Lles (conversa) 10 de maio de 2019 ás 06:43 (UTC)
- Ola,Lles, vou ver de subilo como foto dentro da Galipedia. A información xenérica está aquí: Wikipedia:espazo de nomes. Maria zaos (conversa) 10 de maio de 2019 ás 07:00 (UTC)
- @Lles: Non é moi lindo, pero pódelo consultar acó: Ficheiro:Espazos de nome e procura.png. --Maria zaos (conversa) 10 de maio de 2019 ás 08:42 (UTC)
Obradoiro
[editar a fonte]Bo día, María, creei unha páxina para ter un espazo para continuar o obradoiro Espazo do obradoiro, podo ligar a túa Obradoiro Vigo nela? Lles (conversa) 10 de maio de 2019 ás 09:22 (UTC)
- @Lles: Non hai que pedir permiso: o público é público! :) Por suposto. Estouna restruturando para poder enviar unha mensaxe as usuarias que crearon a conta onte. Unha vez que máis ou menos teña algo mellor forma poderías directamente copiar o contido que che interese indicando no resumo de edición de onde vén. É posible que no futuro (meses) renomee a páxina e quede a ligazón crebada, pero xa vos avisaría.Saúdos.--Maria zaos (conversa) 10 de maio de 2019 ás 10:04 (UTC)
Graciñas
[editar a fonte]Grazas María polos teus consellos. Quédame moito por aprender!!! Biquiños--Sisa19 (conversa) 10 de maio de 2019 ás 21:41 (UTC)
Taller de usuaria
[editar a fonte]Hola, te he creado el taller de usuaria que te comenté en la Wikipedia en español. me gustaría que hicieras la prueba de usarlo para ver como funciona y pensar la posibilidad de pedir que lo instalen aquí también. --Jaluj (conversa) 11 de maio de 2019 ás 01:44 (UTC)
- @Jaluj: (non sei se irá o ping, a ver) Moitas grazas, no tuve mucho tiempo hasta ahora, pero ya me pongo a ello. Saludos!--Maria zaos (conversa) 14 de xuño de 2019 ás 07:21 (UTC)
Saúdos de participante do obradoiro do Centro de documentación feminista
[editar a fonte]Moitas grazas María por dedicarnos o teu tempo e por transmitirnos ánimo e que non caigamos no desánimo senón avanzamos o suficientemente rápido. Eu son unha das inconstantes e das inseguras ao utilizar o galego pero co pouco tempo que teño procurarei contribuir o mellor que poida. Apertas grandes --DONAHIRO (conversa) 11 de maio de 2019 ás 15:11 (UTC)
Ola María Zaos, este é un primer intento de "conversa" fora do obradoiro. Graciñas pola tua pacencia!--Faia Costeira (conversa) 13 de maio de 2019 ás 15:26 (UTC)
- O pracer foi meu, sempre é unha alegría dar a benvida a novas editoras @DONAHIRO: e @Faia Costeira:. Non dubidedes en consultarme o que precisedes. Maria zaos (conversa) 13 de maio de 2019 ás 20:07 (UTC)
Conflito de edicións
[editar a fonte]Mira, cóntoche: todos os anos, por estas datas, publicamos os traballos do alumnado dunha materia de 2º de Bach (Literatura Galega do S. XX e XXI). A razón de non facelo baixo o meu usuario é precisamente poñer en valor o traballo anónimo, aínda que as veces que o teño feito é para indicar, por desexo dos alumnos ou alumnas, quen realizou (eles/elas) ese artigo. Hoxe estiven toda a tarde cun dos traballos, unha longa recensión do ensaio de Carme Adán sobre o feminicidio. Cando levaba varias horas intentando darlle forma (é un traballo moi bo, pero sempre require varias intervencións para mellorar algún aspecto, engadir enlaces etc.) deille a "Publicar cambios" por medo a que se perdese o que tanto me estaba custando... e apareceu o cartel "Conflito de edicións". Xa consultei cunha persoa do equipo da Galipedia e díxome que non é posible recuperar iso, e xa me aconsellou tamén a etiqueta "En uso" para evitar un incidente coma este. Escribo só por se ti sabes dalgún método para recuperar esa información ou, se non, temo que me espera outra tarde de choio. Máis nada, un saúdo.Cordal (conversa) 14 de maio de 2019 ás 16:52 (UTC)
Preguntas de Wikidata
[editar a fonte]Bo día, Faia Costeira, preguntou no Usuaria:Lles/Espazo_do_obradoiro:
1)Mirei unha bio con cadro e foto...cando fun a wikidata, non tiña foto. Poderíase mirar se está en commons e subila a wikidata?
2)Na wikidata cantos items son os mínimos nunha biografía?. Lles (conversa) 16 de maio de 2019 ás 06:51 (UTC)
- @Lles:, Ola. Xa respostei aló. Saúdos. Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2019 ás 07:55 (UTC)
Pobo xudeu
[editar a fonte]Boas María, a pobo xudeu fáltalle ORDENAR, se non o ten é porque a alguén lle esqueceu poñerllo. Séguese o criterio de tal xeito que nas categorías aparezan os artigos ordenados alfabéticamente e non polo "p" de pobo que encabeza os artigos. Isto aplícase tamén a outros artigos como os das linguas, os ríos, as montañas... ou ós títulos que comezan polos artigos gramaticais. --Breogan2008 (conversa) 16 de maio de 2019 ás 18:31 (UTC)
Guerra de Inverno
[editar a fonte]Boas Maria zas! Cando teñas un momento podes darlle unha pasada ás referencias tipo Harvard do arito Guerra de Inverno? Non sei por que pero non son quen de facer que as referencias enlacen ao libro correspondente na bibliografía. Graciosa! Piquito (conversa) 21 de maio de 2019 ás 21:48 (UTC)
- @Piquito:, ola! Revisei a maioría e xa van moitas. Non toquei a bibliografía adicional porque non sei se ten correspondencia con notas. E tampouco as referencias de Leskinen, porque non quero meter a pata e que logo non poidamos distinguir a unha da outra. Cando teñas o típico fulanito (1999a) e fulanito (1999b) a trampa está en poñer ano=1999a e poñer o ano pelado no campo data no seu lugar. O problema creo que era básicamente que a ref= en cita libro tiña que ser sempre "harv" en minúscula, sen máis. Fun traducindo os campos dos modelos de citas por se acaso. Xa me contas, fun con coidadiño, pero se ves que che desfixen algunha avísame e reviso. Saúdos!Maria zaos (conversa) 22 de maio de 2019 ás 00:14 (UTC)
Proceso de reválida como administrador de Elisardojm
[editar a fonte]Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Xurado do Premio Rosalía de Castro
[editar a fonte]Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Artigos curtos
[editar a fonte]Ola, Maria zaos. Grazas por avisares. Son artigos demasiado curtos, non ten volta de folla. Creáraos nun momento (2009-2012) onde me parecía preciso polo menos ter a entrada en galego e con iso ir facendo vulto. Moitas desas entradas, unha vez creadas, despois outros editores optaban por amplialas. Pero outras non, claro, á vista está. Nos últimos tempos o que fago en vez de crear unha minientrada é listar o que creo que faría falla ter na páxina de Artigos solicitados. Non sei concretar cando, pero metereilles man para que acaden os 2.000 bytes de rigor. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 24 de maio de 2019 ás 08:18 (UTC)
Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votacións para xestión do premio da Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ingreso bancario do CCG
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística, coméntase que o Consello da Cultura Galega aboou 340 euros polo obradoiro que se deu alí, e proponse que ese importe se traspase a A3GAL para realizar as súas actividades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de xuño de 2019 ás 22:28 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Tapiz de Bayeux
[editar a fonte]Fixen algunhas correccións, e segundo OrtoGal non hai erros ortográficos; son consciente de que o meu estilo non é moi galego e neste aspecto seguramente se poderían facer moitas correccións, pero eu non dou máis. En canto ás ligazóns internas, a min paréceme que hai bastantes... Un saúdo. --Nicole (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 16:16 (UTC)
Gracias. A cita está traducida na nota a pé, ao ser francés antigo penso que é interesante que vaia o orixinal. --Nicole (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 16:33 (UTC)
- @Nicole: O libro de estilo indica "As citas textuais incluídas no corpo dos artigos, mediante o uso de modelos do tipo {cita}}, {cadro de citas}} ou directamente no propio texto, tradúcense ó galego sempre que sexa posible.". O que iría en nota a pé sería a cita en francés, non ao reves. Podes consultar a política concreta aquí. Non vexo que teña unha especial relevancia etimolóxica, na liña do segundo parágrafo da política, pero podes decidir como editora incluír o texto nas dúas linguas no corpo da entrada se o consideras necesario, o que si que a cita debería estar en galego ao estar incrustada no texto do artigo. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 16:56 (UTC)
- xa fixen o cambio, a cita en galego no texto e orixinal na nota a pé.--Nicole (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 17:05 (UTC)
Xerar lista de artigos da categoría Lugares de Galicia
[editar a fonte]Ola, precisaba obter unha lista automática dos artigos que hai nas subcategorías de Categoría:Lugares de Galicia, sabes se iso se podería facer cunha consulta SPARQL ou algo así? Preciso unha lista dos nomes dos artigos, o ideal sería en formato plano, para usar no JSW Browser... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 19:09 (UTC)
- @Elisardojm: Estou descargando o que che enviou Banjo. Andaba a facer unhas consultas no SPARQL query service, pero acábaseme de ir todo ao tacho cunha actualización de Windows. Estou niso. Dígoche algo á noite noite, ok? Maria zaos (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 19:16 (UTC)
- Vale, cando poidas, non teño présa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 23:02 (UTC)
- @Elisardojm: Está todo bastante liado en Wikidata, a ver se che vale esta consulta que é a que se achega máis ao número do listado de Banjo (13763 en wikidata; 19373 na e Banjo quitadas as listas e os problemáticos. Sigo mirando a ver como recuperamos os milleiros que faltan.
- Vale, cando poidas, non teño présa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 23:02 (UTC)
Saúdos.--Maria zaos (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 23:26 (UTC)
- Non podes facer a consulta doutra maneira? Que en vez de usar a propiedade de Wikidata "lugares de Galicia", devolva os artigos que pertencen ás categorías "Lugares de Abadín", "Lugares de Abegondo" e "Lugares de Agolada" (realmente o único que precisamos é saber como seleccionar os artigos que pertencen a unha categoría, atopei un exemplo no que se eliminan os elementos que son unha categoría pero non me axudou a facer a consulta. Que ó mellor non se pode facer, non sei...). Se das con esta consulta, logo xa engado eu o resto de concellos :) Pensei en facela así porque non sei se se poderá facer unha consulta que colla os artigos da categoría "Lugares de Galicia" e das súas subcategorías, que sería o máis sinxelo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 07:41 (UTC)
- @Elisardojm: O problema é que a maioría dos elementos de wikidata creados para lugares o máis que teñen é a afirmación "lugares de Galicia" e grazas. Tiñan que estar xerárquicamente situados en parroquias, e os Qs de parroquias en concellos etc... cousa que non pasa. Doulle máis voltas polo tema de recuperar pola categoría de wikipedia (problema tamén coa parametrización da categoría acó), pero o que non existe non pode ser buscado. O seu sería o Petscan, penso eu. Se me das máis tempo tento cargar os datos en Wikidata do Nomenclátor de Galicia ver acó, pero teño que entenderme co Open Refine primeiro. Como cánta présa tes?. Maria zaos (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 07:49 (UTC)
- Presa non teño ningunha, pero tampouco quero darche máis traballo, vou facer unhas probas co Petscan a ver se podo apañarme con el, xa che contarei, ti non te preocupes máis :) Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 08:18 (UTC)
- Ó final xa o conseguín co PetScan, Usuario:Elisardojm/Lista de lugares de Galicia, agora no JSW Browser só teño que dicirlle que colla as ligazóns que hai nesa páxina e xa se cargan os 19.000 artigos na lista nun suspiro :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 08:45 (UTC)
- Presa non teño ningunha, pero tampouco quero darche máis traballo, vou facer unhas probas co Petscan a ver se podo apañarme con el, xa che contarei, ti non te preocupes máis :) Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 08:18 (UTC)
Boas de novo, estiven pensando que a lista de lugares de Galicia pode ser de utilidade tamén para outras cousas polo que, se queres, anota isto na túa lista de tarefas. A lista que fixen co PetScan está ben, pero o malo é que non se actualiza automaticamente, da información que non vale para nada (os ids, etc...) e non permite numerar a lista, cousa que viría moi ben para saber dun xeito rápido cantos artigos hai dese tema (fíxeno na lista de castelos de Portugal da miña subpáxina). Vou facer limpeza na lista de PetScan para que só aparezan os que realmente son lugares, xa falei con Estevoaei que podería valer para mellorar as páxinas de homónimos, ó mellor tamén podería valer para amañar cousas en Wikidata, dígoo ó chou, non teño nin idea. Pero para cando esteas libre, non hai présa. Temos máis de 19.000 artigos de lugares, se facemos unha festa cando cheguemos ós 20.000 teremos que saber cando os acadamos, non? :) E cantos lugares hai en Galicia segundo o Nomenclátor?? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 18:06 (UTC)
- @Elisardojm: 37 309 lugares. Para o que comentas, creo que é hora de poñerse serios e crear unha proposta en wikidata para rear un identificador propio para as parroquias (o código xa o dá o Nomenclátor, e a diferencia do código de concello non colisiona con outros códigos, como o código postal) e imaxinar un para os lugares (código de parroquia+algo). Pero non me sinto moi rodada para presentar unha proposta (discútense, vótanse, prográmanse bots se é necesario). Meter esa propiedade para lugares estaba tirado e non tiña fallo, podía ir automática. Logo con iso xa se podía traballar máis fácil completando o que se precisase. A ver se me apaño co OpenREfine e non fago unha desfeita, pero tedes que darme tempo :). Saúdos.--Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 18:18 (UTC)
- Eu douche todo o tempo que queiras, non hai présa ningunha. Por certo, e a referencia para ese 37.309? fai falta en Lugares de Galicia ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 23:32 (UTC)
- @Elisardojm: A referencia é o Nomenclátor, tirado do portal de datos abertos da Xunta (cando saiba como citalo igual o fago). Lugares de Galicia pódese referir a tres cousas en Wikidata: artigo de listas da Wikimedia, categoría da Wikimedia e por suposto o que tiña que ser e non é tipo de subdivisión administrativa. Se se usa o nomenclator como fonte, poderíase poñer o santo entre parenteses, como figura nel, non? é que na wikipedia o santo non encabeza o título, vaia a saber por que...}}. Por outra banda xa teño instalado o OpenRefine, a ver...Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 23:40 (UTC)
- Pois acabo de mirar no Nomenclátor e din que son 37.308..., o malo é que non se pode quitar unha ligazón permanente, poreino en "letra"... Nos artigos de parroquias non se pon o santo no título porque non pertence ó nome oficial, si se engade no artigo porque é un dato que tamén está no Nomenclátor, pero todo isto é simple dedución, eu non existía cando se comezaron a facer eses artigos e non sei como se decidiu todo iso, para min "sempre foi así" :) Nos lugares non aparece o santo no Nomenclátor, só aparece nas parroquias... Eu diría de non poñer o santo no nome das parroquias, igual que se fai nos artigos, penso que sería máis axeitado engadirlle unha propiedade "advocación" ou algo así.... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 23:55 (UTC)
- @Elisardojm:Por partes, si 37308 saenme a min, está claro que non descontei a fila de encabezado...vaia. Os santos van en advocación si (Aínda que en realidade non me queda claro, porque o que había era o elemento do día da festa do santo da parroquia, ou algo así, se non me engano,que supoño que sempre coincidirá, agardo). Peero entón hai que crear todos os Qs de santiños (yupiii!)
- Pois acabo de mirar no Nomenclátor e din que son 37.308..., o malo é que non se pode quitar unha ligazón permanente, poreino en "letra"... Nos artigos de parroquias non se pon o santo no título porque non pertence ó nome oficial, si se engade no artigo porque é un dato que tamén está no Nomenclátor, pero todo isto é simple dedución, eu non existía cando se comezaron a facer eses artigos e non sei como se decidiu todo iso, para min "sempre foi así" :) Nos lugares non aparece o santo no Nomenclátor, só aparece nas parroquias... Eu diría de non poñer o santo no nome das parroquias, igual que se fai nos artigos, penso que sería máis axeitado engadirlle unha propiedade "advocación" ou algo así.... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 23:55 (UTC)
Comezarei por parroquias e santos e logo irei a por lugares (sen santos, claro,non levan), por iso preguntaba. Vou poñer unhas descricións provisionais que sigan as recomendacións de WD e logo se tal levo a proposta á Taberna (de aquí ou de WD?) para melloralas. Aínda non me entendo ben co reconciling este... :(. Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 00:09 (UTC)
- Aí o tes! entón xa temos o número claro, algo é algo :) Santos non son tantos, mira en Categoría:Parroquias de Galicia por advocación tan só hai 117, moitos están repes ;) Parroquias xa son máis algo máis de 3.700... Pero non entendo por que hai que crear tanta cousa, se todos eses artigos xa existen, non teñen Q entón? Por exemplo Abegondo (parroquia) ten o Q3398705..., e di que é unha parroquia civil..., de España, da entidade administrativa local de Abegondo... Eu creo que as parroquias xa teñen todas Q..., ou non vale ese cu? :) Podes comentar a proposta na taberna un tempo por se alguén quere engadir algo, logo penso que será máis produtivo comentalo en WD. Non sei que me falas do reconciling... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 00:20 (UTC)
@Elisardojm: Grazas pola lista de santiños; non están todos creados en WD (dou fe, xa me pasou). Sobre os Qs: o conflito non son crealos (xa están moitos) como poñerlle as afirmacións adecuadas, tal como están non valen para moito. E antes diso crear os ladrillos desas afirmacións (non pode ser "Lugares de Galicia" cando este remite a unha categoría en realidade, non a un concepto). Sobre a consulta en WD, ok. O tema é que os títulos en Wikipedia ármanse conforme aos criterios alfabéticos dun dicionario: Lugar+coma+parroquia (non?), por exemplo, pero en WD isto non ten sentido e non segue as recomendacións. Tería que poñer só "nome de parroquia" no título. O resto das relacións xerárquicas teeñen que ser deducidas das afirmacións de cada Q, que remiten a unha xerarquía de conceptos: un lugar está nunha parroquia que á súa vez está nun concello, que á súa vez está nunha comunidade autónoma, e esta nun país. Teño que consultar o das comarcas, pero para máis adiante. Reconciliar: tirar un banco de datos de onde sexa e harmonizalo co esquema de datos de destino (neste caso WD) para poder facer "inxestas" automatizadas. Pódesme recomendar un banco de datos para tirar canta coordenada hai fóra das que poidamos ter metidas na Wikipedia?. Xa postas, poñer todas as afirmacións necesarias. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 07:22 (UTC)
- Ah, vale, xa o vou pillando. Si, na Galipedia a "convención" é poñerlle ós artigos "Lugar, Parroquia, Concello", se non me trabuco iso está no libro de estilo ou na política de Toponimia. Entendo que en WD teñan outra "convención" diferente, alá eles ;) Sobre as coordenadas, Sobreira díxome que tiña un ficheiro pero non sei de onde o sacou nin cantas coordenadas ten, estes días está pouco traballador, a ver se cando volva pode contarnos algo máis sobre isto :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 08:52 (UTC)
- Creo que xa está limpa a lista, polo que parece hai 19.389 artigos de lugares, comparando cunha lista que fixen na folla de cálculo sobra un porque da 19.388 pero non din atopado a diferenza. Estevoaei, isto tamén vai para ti por se che interesa. Segundo eses datos xa hai feitos máis da metade dos artigos de lugares de Galicia. Molaría facer unha "festa" ou algo ó chegar ós 20.000 :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 09:37 (UTC)
- @Elisardojm:Asumín que a fusión conservou as parroquias e lugares dos concellos fusionados. Pódense ver as parroquias, lugares, concellos e códigos acó.Saúdos.Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 11:41 (UTC)
- Si, as parroquias e lugares pasaron ós concellos fusionados. Boa lista... :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 11:53 (UTC)
- @Elisardojm:Asumín que a fusión conservou as parroquias e lugares dos concellos fusionados. Pódense ver as parroquias, lugares, concellos e códigos acó.Saúdos.Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 11:41 (UTC)
- Creo que xa está limpa a lista, polo que parece hai 19.389 artigos de lugares, comparando cunha lista que fixen na folla de cálculo sobra un porque da 19.388 pero non din atopado a diferenza. Estevoaei, isto tamén vai para ti por se che interesa. Segundo eses datos xa hai feitos máis da metade dos artigos de lugares de Galicia. Molaría facer unha "festa" ou algo ó chegar ós 20.000 :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 09:37 (UTC)
Wikipedia:Wiki Loves Parroquias
[editar a fonte]Ola, na lista de parroquias que conseguiron foto estou apuntando as que realmente teñen unha foto no artigo, se tes fotos deses sitios podes poñelas xa, se aínda tes que subilas ou o que sexa, mellor non as apuntamos nese apartado mentres non se lle engada a imaxe. Aínda que lle engadas as fotos ós artigos podes participar con elas no concurso porque cando comezou a actividade aínda non tiñan foto, o 1 de agosto poderás propolas na lista :). Esa lista é para controlar que se alguén fai máis fotos desas parroquias, pode participar sen problema porque ó comezo do concurso aínda non tiñan. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 09:48 (UTC)
- @Elisardojm: Están cargadas no Commons. Non vou participar e non me parecen de calidade para poñelas nos artigos. Bórroas da lista ou non?. Maria zaos (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 09:51 (UTC)
- @Elisardojm: Metidas nos artigos. Saúdos.Maria zaos (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 09:56 (UTC)
- Valen perfectamente para os artigos, como non han valer. Nos artigos non se poñen só fotos profesionais, todas as imaxes que amosen algún aspecto que se atope na parroquia son válidas. Teñen que ter certo sentido, unha foto dunha pedra calquera non vale, pero o demais é benvido :) Se te animas a facer máis, proba a facer vistas das aldeas, non sempre se pode pola situación, pero se coincide ben o sitio, sácanse fotos moi chulas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 10:13 (UTC)
- @Elisardojm: Metidas nos artigos. Saúdos.Maria zaos (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 09:56 (UTC)
Alpes Peninos (província romana)
[editar a fonte]Ola María zaos. Movín este Alpes Peninos (província romana) a Alpes Peninos (provincia romana) pero non estou seguro se o fixen de xeito correcto e se mantén o historial. Cando poidas, podes botarlle un ollo? Graciñas. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 14:48 (UTC)
- @MAGHOI:Eu non vin nada raro, estaba o historial pasado, e conversa non tiña, pero son administradora novata, aviso. Logo de eliminar un par de usos da antiga redirección (un nesta conversa, por exemplo) borreina. Só as persoas con dereitos de administración poden mover sen deixar redireccións (seguro que desto sabes de sobra, perdoa), polo que con poñer o marcador lixo na redirección que xa non é necesaria xa abondaría nun caso destes. Porque entendo que só moviches, no movemento que indicabas, non fusionaches artigos nin nada así. Saúdos. Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 16:42 (UTC)
- Vale. Quédome tranquilo. GraciñasMAGHOI (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 22:45 (UTC)
Re: Kosmos e interkosmos
[editar a fonte]Grazas polos comentarios! A verdade é que é un tema un pouco complicado que se pode defender desde os dous puntos de vista, así que decidín tirar pola política de transliteracións e porque parece lixeiramente máis aceptado o uso da K. Relacionado con este tema, levo dándolle voltas a unha dúbida que me come: os artigos sobre as misións Soyuz rusas creeinas tal cual con ese nome, "Soyuz", cando agora doume conta de que quizáis deberían ser "Soiuz". De feito debería ser así en base á mesma política de trasliteracións (Союз -> Soiuz), pero non conseguín atopar ningún medio donde se use "Soiuz" en galego. Voulle dar unha volta e quizáis ao final sí necesite a túa axuda e ti poidas practicar co JSWiki Browser :-) Un saúdo -Xosema (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 00:26 (UTC)
- Boas! Lanzei unha consulta á Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre o tema da "Soyuz" e confírmanme que debería ser "Soiuz". Habería que cambiar tódalas entradas e referencias a "Soyuz". ¿É sinxelo? Perdoa a miña ignorancia, pero ¿co JSWiki Browser pódense facer ese tipo de cambios?. Un saúdo. -Xosema (conversa) 24 de xullo de 2019 ás 10:10 (UTC)
- Si, si que se pode, Xosema. Póñome ao tema. Estaría ben deixar copia da consulta nalgures (a conversa do artigo por exemplo) aínda que concorde coa política de transliteración, nunca está de máis. Saúdos! :) Maria zaos (conversa) 24 de xullo de 2019 ás 13:33 (UTC)
- Xusto estaba pensando se esta clase de consultas e as súas respostas teñen algún lugar onde ser publicadas na galipedia. Creei a páxina Soiuz, como xa viches, e na Conversa peguei a resposta á miña consulta, eliminando o nome propio de quen me a respondeu e o número de contacto (que non deixa de ser información pública, pero ao tratarse dunha consulta privada preferín non poñelo, non sei se iso dalgún xeito resta validez...). Se podo botar unha man na cuestión do cambio de nome dos artigos non dubides en comentarmo. Un saúdo, --Xosema (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 18:19 (UTC)
- Si, si que se pode, Xosema. Póñome ao tema. Estaría ben deixar copia da consulta nalgures (a conversa do artigo por exemplo) aínda que concorde coa política de transliteración, nunca está de máis. Saúdos! :) Maria zaos (conversa) 24 de xullo de 2019 ás 13:33 (UTC)
Coordenadas
[editar a fonte]Boas María. Para engadir as coordenadas nos artigos de lugares estou utilizando Google Maps. Fágoo dun xeito bastante "manual" porque o propio buscador de Maps non axuda moito a atopar os lugares ó haber ducias de homónimos. Vou rastrexando parroquia por parroquia pero hai moitos lugares que non aparecen. Síntoo pero non coñezo ningunha base de datos de coordenadas. Estaría xenial contar cunha.--Breogan2008 (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 10:30 (UTC)
- Boas, as coordenadas deberíanse poder obter dos ficheiros shape das parroquias e das entidades de poboación que hai no Centro de descargas da Xunta. O que xa non sei é como se faría, talvez Sobreira che puidese axudar. One2 (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 19:03 (UTC)
- Unha ferramenta que eu emprego, cando sei sinalalo no mapa e/ou xa verifique antes onde está, é esta: .
- Plantando a icona xa dá, á esquerda, o texto en formato wiki, e só hai que copiar e pegar. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xullo de 2019 ás 21:37 (UTC)
- Grazas HombreDHojalata e One2. A verdade é que non controlo moito do tema, ando a investigalo. O truquiño de HdH é práctico e haber hai maneiras de tirar os datos do Google maps e tamén do centro de descargas. O que pasa é que non estou moi certa do como. Nun días xa nos dirá algo Sobreira ou ao mellor dou coa clave, quen sabe. Graciñas! .--Maria zaos (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 17:34 (UTC)
Conversa esquecida?
[editar a fonte]Ola María, desculpa a falta de resposta os teus apuntes e suxerencias sobre algunhas das edicións que fixen. O tema era que non sabíamos responder (na Galipedia). Tanto @CoroRP: e mais eu estivemos a facer intentonas de comunicación. Graciñas por axudarnos, non era falta de boas maneiras era ignorancia neste eido de comunicación. --Faia Costeira (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 10:26 (UTC)
- @Faia Costeira:. Sen problema . Deixeiche un aviso na páxina de conversa de Maruxa das Cortellas, cando poidas podes respostar escribindo nela e simplemente asinando alá (a min xa me avisa a lista de vixilancia). Saúdos!.--Maria zaos (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 17:29 (UTC)
Artigos destacados na portada
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Re: Soiuz e wikidata
[editar a fonte]Boas. A verdade é que é un pouco confuso. "Soiuz" pode denominarse tanto a misións como aos modelos de naves como a modelos de foguetes, e as misións denomínanse como o modelo de nave coa que teñen lugar máis unha numeración. Dentro de programa Soiuz atópanse misións e modelos de naves. Os modelos de naves son:
O resto son misións. Os foguetes poden atoparse en Categoría:Soiuz (foguete). Non se isto che aclara algo, xa me dirás! :-)
Un saúdo, --Xosema (conversa) 26 de xullo de 2019 ás 09:28 (UTC)
- Perfecto! Grazas a ti. Estarei atento por se hai que cambiar algo. Un saúdo.--Xosema (conversa) 9 de agosto de 2019 ás 17:11 (UTC)
Unha encarga para o wikidata
[editar a fonte]Boas tardes. Ti que controlas ese submundo, toma nota para facer un par de correccións. Por suposto non hai présa, pero non o esquezas:
- En artigos de presidentes americanos (John Tyler, James Monroe, Thomas Jefferson) e outros (como Owen Chamberlain) di que se formaron na faculdade de xxx. Intentei corrixir por facultade pero non o souben facer.
- En Henrique VIII de Inglaterra hai que corrixir Palácio, nâo praticante, e rainha de França.
Un saúdo e grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 29 de xullo de 2019 ás 19:44 (UTC)
Esa forma nâo praticante é habitual, e aparece tamén en 19 artigos máis (Elizabeth Taylor, Umberto Eco, etc). Sinto darte traballo. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de xullo de 2019 ás 19:53 (UTC)
- Feito!, pendente do refresco da caché. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xullo de 2019 ás 21:11 (UTC)
- Graciñas HdH. Sintoo, Lameiro , estarei máis activa o mércores. Saúdos.Maria zaos (conversa) 29 de xullo de 2019 ás 22:22 (UTC)
Coordenadas (2)
[editar a fonte]Entendo ben que te refires a entidades de poboación? Que páxina do nomenclator usas? Para orientarnos coa versión: cantos datos/rexistros tes? En que sistema de coordenadas queres (Datum, UTM, GºM'S" ou G,decimais)? Fonte do SIXPAC ou WMS ou do nomenclator ou do "futuro nomenclátor" :)?※ Sobreira ►〓 「parlez 」 8 de agosto de 2019 ás 22:00 (UTC)
- Lémbroche que as dos concellos están en Usuario:Sobreira/topo
Resumo, con atraso, da asemblea de socios
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL engadín un resumo do que se comentou na asemblea, creo que non estaba en ningún lado por despiste. Temos que facer a acta cos detalles, en canto a teñamos tamén se publicará. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2019 ás 11:01 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Listas de xeografía
[editar a fonte]Engadir esa categoría directamente nos artigos de lugares é innecesario e vai provocar que a categoría se torne impracticable, ademáis de duplicarse coa propia categoría de Categoría:Lugares de Galicia. Con engadir esta última á categoría de listas sería máis que suficiente. ☣Banjo tell me 15 de agosto de 2019 ás 22:17 (UTC)
- Ou, se o propósito é ter os artigos de listas encadrados nunha categoría, pódese crear a categoría Categoría:Listas de lugares de Galicia pendurando da de listas de xeografía e da de lugares e mover os artigos en formato de lista para esa nova. Sería máis axeitado a nivel organizativo e práctico. ☣Banjo tell me 15 de agosto de 2019 ás 22:24 (UTC)
- Quedan logo dentro de Categoría:Listas de lugares de Galicia. Entendo que iso debería servir para o que queres facer no Wikidata. ☣Banjo tell me 15 de agosto de 2019 ás 22:50 (UTC)
RE:URLs arquivadas
[editar a fonte]Ola, moitas grazas por dicirmo! Pensei poñer «non», mais puxen «|urlmorta=no
» porque, na páxina Modelo:Cita web, a información sobre o parámetro é:
|urlmorta=
: Cando a URL orixinal aínda é accesible, pero se atope arquivada preventivamente, pode indicarse|urlmorta=no
. Isto cambia a orde das urls, deixando ao título coa URL orixinal e deixando a url arquivada ao final.
Por tanto, supoño que a información desa páxina é incorrecta? Grazas! Gato con patas // Conversa, 19 de agosto de 2019 ás 14:43 (UTC)
E onde están as fotos?
[editar a fonte]María, que me fixeches aquí? Vilar de Ordelles, Esgos e Sisoi, Cospeito non teñen foto... Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 09:22 (UTC)
- Eu póñochas, pero (e aquí hai algo de disonancia na convocatoria do concurso) non son contido enciclopédico moi válido, así que non as coloquei nos artigos, Elisardojm.
- Ficheiro:Sisoi Igrexa01.jpg
- Ficheiro:Sisoi.jpg e
- Ficheiro:Vilar de Ordelhes.jpg. De calquera desas parroquias teño eu tamén, xa as subo esta tarde.Maria zaos (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 09:28 (UTC)
- Vale, que "existan" fotos en Commons non vale para nada se non son axeitadas para poñer nos artigos, polo tanto, tampouco se aplica para o concurso . Se tes outras fotos desas parroquias súbeas cando poidas e así xa cambiará a cousa, mentres amañar a táboa para que estea ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 09:42 (UTC)
- Eu entendo o que me dis, pero a "adecuación" non aparece en ningunha parte das bases, pequeno problema (dar cousas por asumidas)... Sinto as molestias.--Maria zaos (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 10:38 (UTC)
- As cousas que non se indiquen nas bases resólveas a organización . Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 12:16 (UTC)
- Eu entendo o que me dis, pero a "adecuación" non aparece en ningunha parte das bases, pequeno problema (dar cousas por asumidas)... Sinto as molestias.--Maria zaos (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 10:38 (UTC)
- Vale, que "existan" fotos en Commons non vale para nada se non son axeitadas para poñer nos artigos, polo tanto, tampouco se aplica para o concurso . Se tes outras fotos desas parroquias súbeas cando poidas e así xa cambiará a cousa, mentres amañar a táboa para que estea ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2019 ás 09:42 (UTC)
Ola, onte á noite revisei as bases e entendín un pouco o que queres dicir, é certo que non se indica explicitamente que as fotos teñen que ser válidas para engadir ós artigos, tan só se "interpreta". Tes razón que iso está mal e é culpa miña a súa redacción incorrecta. Sinto os problemas que isto puidera dar, descúlpame coas persoas que coñezas que se sentiran afectadas. O único podo dicir é que nin nas páxinas de conversa nin no correo electrónico ninguén preguntou nada relativo a este tema...
Non sei cal será a mellor forma de amañar isto a estas alturas, porque se hai máis xente que teña a mesma idea, o concurso pode ser un churro... :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 11:40 (UTC)
Modelo interese mulleres
[editar a fonte]Boas Maria, un detalle, penso que é mellor que non poñas o modelo na páxina de Zaosbot pq así aparece automaticamente na categoría oculta, podes poñer o modelo como ligazón así Modelo:Interese mulleres ou con nowikis. Pero como prefiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 09:40 (UTC)
Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.
Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Structured Data - blogs posted in Wikimedia Space
[editar a fonte]There are two separate blog entries for Structured Data on Commons posted to Wikimedia Space that are of interest:
- Working with Structured Data on Commons: A Status Report, by Lucas Werkmeister, discusses some ways that editors can work with structured data. Topics include tools that have been written or modified for structured data, in addition to future plans for tools and querying services.
- Structured Data on Commons - A Blog Series, written by me, is a five-part posting that covers the basics of the software and features that were built to make structured data happen. The series is meant to be friendly to those who may have some knowledge of Commons, but may not know much about the structured data project.
En galego/castellán/<lingua neolatina calquera> non se usa o «Title Case» do inglés se non é para sinalar un nome propio
[editar a fonte]Special:Diff/5259783 - Non é *O Nome Da Rosa, sinón O nome da rosa. E, segundo a páxina que xa citei, «no [es] una referencia a la ciudad soleada» —Born2bgratis (conversa) 25 de setembro de 2019 ás 07:49 (UTC)
- Born2bgratis. Entendoo, pero nesa mesma páxina e en moitas outras que son referencias válidas para discografía aparece con maiúsculas.[1][2]Porén, a tipografía do propio albúm é toda en maiúsculas. A súa discográfica, editora do albúm, tamén o indica con dúas maiúsculas [3] ao igual que aparece na súa canle YouTube (indicado con dúas maiúsculas) [4]
Atendendo á BNE [5] e ao ISNI 0000 0004 6733 3387[6] podería ser como indicas, pero cada wikipedia crea o seu manual de estilo, non está obrigada ( e de feito, moitas veces non o fai) a seguir o formato doutras entidades xestoras de rexistros de autoridade. Segundo o que aparece aquí para mín o título sería Los Ángeles (álbum) para desfacer a homonimia. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 25 de setembro de 2019 ás 09:30 (UTC)
Referencias
- ↑ "Rosalía (3)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-09-25.
- ↑ "Los Ángeles". 2017-02-10. Consultado o 2019-09-25.
- ↑ "UNIVERSAL - Universal - Artnews Site". www.universalmusic.es. Consultado o 2019-09-25.
- ↑ "Rosalía - Los Ángeles (EPK)". Consultado o 2019-09-25.
- ↑ "Rosalía (1993-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-09-25.
- ↑ "ISNI Search". www.isni.org. Consultado o 2019-09-25.
- Discogs → inglés. Amazon → inglés. Universal Music → empresa de fala e tradición inglesa. Evidentemente. Bah. Born2bgratis (conversa) 25 de setembro de 2019 ás 09:35 (UTC)
- Quero dicir que se unha aartista (na súa promoción) e a súa discográfica titula algo cunha falta ortográfica poñamos, non vexo moi xustificado corrixila, Born2bgratis. Saúdos.Maria zaos (conversa) 25 de setembro de 2019 ás 09:36 (UTC)
Quinta malla de artigos da Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Marqués da Ensenada/ Gran Redada
[editar a fonte]Olá Maria, obrigadinho pola tua mensagem. Com efeito, o último que desejo é entrar numha guerra tal. Com tudo, se o problema é a referencia sobre o arsenal da Granha [1] só quero dizer que o autor do blogue e da entrada, Manuel Martínez Martínez, é o autor da obra à que fai referência. Um saúdo!--BraisSieira (conversa) 4 de outubro de 2019 ás 15:09 (UTC)
This Month in GLAM: September 2019
[editar a fonte]
|
Actas de A3GAL
[editar a fonte]Boas, xa están listos os bosquexos das actas da asociación, podedes consultalas en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Actas A3GAL.
Agora os socios que asistiron á Asemblea de socios de marzo poden comentar na páxina de conversa de Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019 o que pensan que debe engadirse ou amañarse, e entre todos iremos mellorando o contido.
Os membros da Xunta Directiva teñen que revisar o resto de actas e comentar na páxina de conversa de cada unha delas as modificacións que vexan necesarias. Se están de acordo deben concordar na páxina de conversa e cando toda a XD concorde poderemos dar por pechada a acta.
Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 17:21 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Wikiclubs de editores da Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
This Month in GLAM: October 2019
[editar a fonte]
|
Publicación premio Wikidata en A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Publicación premio Wikidata hai unha proposta para publicar na web de A3GAL unha nota sobre o premio que recibiu Wikidata. Hai que revisala, mellorala e ampliala entre todos, e se estás de acordo en publicala vota a favor. O prazo de votación será dunha semana, ata o 20 de novembro incluído, e será publicada se é apoidada pola maioría simple dos socios.
Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 14:19 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Día_do_Galizionario_na_Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla
[editar a fonte]Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.
Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)
Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
RE: Artigo David Pérez Doval
[editar a fonte]Ola María: Fáloche polo artigo que está en proceso de borrado. En primeiro lugar eu non o fixen para promocionar a ninguén xa que o xogador teña un artigo na Galipedia non lle vai facer ganar máis diñeiro. Non sei por qué teñen tanta ansia en borrarme o artigo xa que non o fixen con mala intención. Non todos os galegos xogan no Lugo e acaban debutando en terceira co filial do Leganés, un clube de primeira división.
Qué teño que mellorarlle ao artigo para que sea aceptado?
ARTIGO DAVID PEREZ DOVAL
[editar a fonte]Ola Maria: Son o autor do artigo do xogador de futbol David Pérez Doval. Gustaríame saber qué significa que o teu voto poña borrar e esté tachado. Se podes decirme qué lle falta ao artigo, por qué non é apto, e qué podo facer para que o sexa, agradeceríacho, xa que me axudaría a mellorar o artigo e mellorar para os seguintes que faga. O artigo fíxeno porque hay poucos galegos que xoguen no Lugo e terminen debutando con 17 anos nun filial dun clube de Primeira División, e creo que deberíamos premiar eso, xa que somos Galegos e este chaval representou a sua terra alí en Madrid, polo tanto paréceme un feito de amosar. O dito, gustaríame que me dixeras por qué votache para que me quiten o artigo, e así poder mellorar. Un saúdo Maria, espero resposta --Rlopglez (conversa) 5 de decembro de 2019 ás 17:15 (UTC) Rlopglez
Preferencias
[editar a fonte]Ola, Maria zaos. Xa acabo de facer a túa suxestión. Se non o fixera antes era por ignorancia. Parabéns por todo o teu traballo na Wikipedia. Un saúdoVitoriaogando (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 08:28 (UTC)
This Month in GLAM: November 2019
[editar a fonte]
|
Pregunta
[editar a fonte]Ola Maria zaos. Hai uns días dirixíchesme un comentario en Wikipedia:Votacións para borrar/David Pérez Doval, houbo unha parte dese comentario que non entendín e pedinche se mo podías aclarar. Seguramente non puideches responderme ou esquecícheste, sei que andas moi ocupada pero agradeceríache que cando teñas un momento mo aclares. Grazas e un saúdo. Piquito (conversa) 12 de decembro de 2019 ás 09:16 (UTC)
- @Piquito: Perdoa, pasóuseme. Sen máis problema, grazas por recordarmo. Escríbocho alí. Saúdos!--Maria zaos (conversa) 12 de decembro de 2019 ás 21:07 (UTC)
RE: Ligazóns mortas
[editar a fonte]Ola, Maria zaos: Moitísimas grazas por todas as túas suxestións. Uf! eu non son tan prolixa coma ti. Traballo un pouco máis superficialmente. Efectivamente, boa parte das cousas que ti me dis son as que eu fago (hai outras que non e que terei que ler con máis calma para entendelas; o meu nivel de usuaria é moito máis baixo que o teu). Estou facendo a revisión ordenadamente de máis recentes a máis antigas. O de retirar simplemente o aviso de Ligazón morta estame pasando nas do mes de agosto (pode que fose tamén nas de setembro), que comprobo que entran correctamente. TEño que aprender logo o que ti me ensinas para que nos as volva sinalar o bot (ese temor xa o tiña ao ir facéndoo). Tampouco do de arquivar teño nin idea, nin de outras ferramentas que citas, irei mirándoo. Reitero as grazas e agardo que sigas dándome consellos. Sempre serán ben recibidos. Un saúdoVitoriaogando (conversa) 13 de decembro de 2019 ás 08:56 (UTC)
Resposta
[editar a fonte]Ola maria: Grazas pola tua axuda. Xa te decidiche na votacion do artigo de David Pérez Doval? Rlopglez Rlopglez (conversa) 18 de decembro de 2019 ás 08:46 (UTC)
- Ola, Rlopglez. As deliberacións sobre a consulta de borrado do artigo que indicas están dispoñibles en todo momento aquí. Se che resulta máis práctico podes engadir esa páxina á túa lista de vixilancia. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 18 de decembro de 2019 ás 19:06 (UTC)
Votacións de borrado:
[editar a fonte]Ola María. Xa o sei, visítoas cada pouco tempo para ver como van. Pero a túa votación aparece cunha liña como tachada. Se te decides, xa se decanta por borralo ou mantelo, e podemos decidir o futuro dese artigo. Un saúdo e grazas pola axuda! Un saúdo --Rlopglez (conversa) 18 de decembro de 2019 ás 23:08 (UTC) Rlopglez
- Rlopglez xa expliquei por que aparece riscada. Tamén sei o que significa a votación, por iso preciso tempo para valorala, como podes ler na votación. Por favor, solicítote que non me presiones. Teño un tempo limitado (o traballo é voluntario) e estar respostando cousas que xa foron explicadas non axuda demasiado. Agardo que o comprendas. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 18 de decembro de 2019 ás 23:29 (UTC)
recuperar páxina
[editar a fonte]Ola María zaos. Non sei o que fixen exactamente co artigo "Compianto su Cristo morto (Giotto)" pero debín meter ben a pata. A cuestión é que o título correcto e que se debe conservar é "Compianto sul Cristo Morto (Giotto)" e que, polo tanto, hai que lle quitar a marca de lixo. Pero sería posible recuperar o contido da que xa foi borrada "Compianto su Cristo morto (Giotto)" e pasalo para a que segue existindo pero que está baleira "Compianto sul..."?. Lamento as molestias. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 20 de decembro de 2019 ás 18:12 (UTC)
- @MAGHOI:. Desculpa, pero pilláchesme nuns días nos que non estiven moi activa nin con ordenador. Xuraría que che escribira resposta na túa conversa indicándoo, pero algo fixen mal, está claro. Vexo que xa está amañado de todo, non? sinto a molestia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 19:42 (UTC)
- Non te preocupes. Todo solucionado. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 20:43 (UTC)
- @MAGHOI:. Desculpa, pero pilláchesme nuns días nos que non estiven moi activa nin con ordenador. Xuraría que che escribira resposta na túa conversa indicándoo, pero algo fixen mal, está claro. Vexo que xa está amañado de todo, non? sinto a molestia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 1 de xaneiro de 2020 ás 19:42 (UTC)
Votación de borrado
[editar a fonte]Ola, Maria zaos! Moitas grazas polo aviso. Xa nin me lembraba desa votación. Durante o Nadal estiven pouco activo por aquí. Agora lle boto unha ollada. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 10 de xaneiro de 2020 ás 18:37 (UTC)
This Month in GLAM: December 2019
[editar a fonte]
|