Conversa usuaria:Maria zaos/arquivo4
Ola!
[editar a fonte]Ola Maria, Lo siento aunque pueda leer el gallego, aún no lo sé hablar ni escribir. Te deseo un feliz año nuevo y que el 2021 sea mucho mejor para todos que el año que acabamos de dejar. Espero que tú y todos los tuyos estéis en perfecta salud. Te escribo ya que estoy mirando de contactar wikipedistas de diversos idiomas para pequeños vídeos (un máximo de 15 segundos) y me gustaría poder contactar con gallegos (y wikipedistas mujeres ya que suele haber pocas desafortunadamente) para el 20 aniversario de la Viquipèdia catalana. Se trata de grabarse diciendo diversas cosas de tema libre en gallego acabando con el catalán "bon aniversari" y/o "per molts anys". Si te interesa ya te daré más información muy pronto. Un fuerte abrazo. Saúdos! Que te vaya todo muy bien, buen fin de semana y hasta pronto! Claudi/Capsot (conversa) 8 de febreiro de 2021 ás 21:21 (UTC)
This Month in GLAM: January 2021
[editar a fonte]
|
Salyut -> Saliut
[editar a fonte]Boas. Fai un tempo xa falamos de pasar uns artigos que creara sobre as misións e foguetes "Soyuz" ao máis apropiado "Soiuz" (conversa "Soiuz e wikidata"), quedando deste último xeito. Pasa o mesmo agora cos artigos sobre as estacións "Salyut", que entendo que deberían pasar a ser "Saliut":
¿Sería posible trasladalos?
Un saúdo, Xosema (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 18:43 (UTC)
- Si, claro! Son estes en Wikipedia polo momento, entendo. Mirarei á noite que hai por wikidata ademais de cambiar estes e xa che digo algo, pero ningún problema, supoño. Saúdos, Xosema! Maria zaos (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 20:16 (UTC)
- Ola! Da outra volta (Soiuz), se non lembro mal, tivéramos unha asistencia técnica en forma de consulta confirmando esta opción, consultable aquí. A verdade é que seguindo a política de transliteracións, estaría correcto tanto Soiuz como neste caso Saliut, xa que estamos a falar do mesmiñoo dígrafo, así que paso a cambialas. Vexo tamén que no primeiro artigo da lista tes as cabeceiras de sección contendo Soyuz (que redirecciona a Soiuz), e penso que estaría ben que, sendo cabeceiras, apuntaran directamente ao termo Soiuz. Xa me dis se queres que cho cambie aquí ou noutros sitios. En principio non vou deixar redireccións a Salyut, porque non dou atopado este termo en ningunha fonte en lingua galega. Se dás con algunha, dimo e creo as redireccións sen problema. Por outra banda, revisando as ligazóns internas, un día hai que pararse en retirar os homónimos (tes un trebello en preferencias que marca as ligazóns a homónimos nos artigos en amarelo) de Soiuz en varios artigos; o seu era poñer a ligazón ao foguete, programa ou nave no canto da páxina de homónimos. Xa me contas. Un saúdo, @Xosema! Maria zaos (conversa) 10 de febreiro de 2021 ás 01:20 (UTC)
- Grazas! Perdinme un pouco co das "cabeceiras de sección" contendo "Soyuz", ¿onde aparece?. De acordo co de non deixar redireccións, non ten sentido. Reviso o tema dos homónimos. Un saúdo, Xosema (conversa) 12 de febreiro de 2021 ás 16:51 (UTC)
- Ui, perdoa. Era por exemplo en Saliut 1, pero xa os fun cambiando todos usando Replacer, como aquí. Tamén engadín Soiuz (foguete) e Programa Soiuz en vermello na páxina de homónimos Soiuz. Saúdos, @Xosema. Maria zaos (conversa) 12 de febreiro de 2021 ás 16:56 (UTC)
- Grazas! Perdinme un pouco co das "cabeceiras de sección" contendo "Soyuz", ¿onde aparece?. De acordo co de non deixar redireccións, non ten sentido. Reviso o tema dos homónimos. Un saúdo, Xosema (conversa) 12 de febreiro de 2021 ás 16:51 (UTC)
- Ola! Da outra volta (Soiuz), se non lembro mal, tivéramos unha asistencia técnica en forma de consulta confirmando esta opción, consultable aquí. A verdade é que seguindo a política de transliteracións, estaría correcto tanto Soiuz como neste caso Saliut, xa que estamos a falar do mesmiñoo dígrafo, así que paso a cambialas. Vexo tamén que no primeiro artigo da lista tes as cabeceiras de sección contendo Soyuz (que redirecciona a Soiuz), e penso que estaría ben que, sendo cabeceiras, apuntaran directamente ao termo Soiuz. Xa me dis se queres que cho cambie aquí ou noutros sitios. En principio non vou deixar redireccións a Salyut, porque non dou atopado este termo en ningunha fonte en lingua galega. Se dás con algunha, dimo e creo as redireccións sen problema. Por outra banda, revisando as ligazóns internas, un día hai que pararse en retirar os homónimos (tes un trebello en preferencias que marca as ligazóns a homónimos nos artigos en amarelo) de Soiuz en varios artigos; o seu era poñer a ligazón ao foguete, programa ou nave no canto da páxina de homónimos. Xa me contas. Un saúdo, @Xosema! Maria zaos (conversa) 10 de febreiro de 2021 ás 01:20 (UTC)
Lugares en Wikidata
[editar a fonte]Moitas grazas polo aviso!! Tereino en conta. Apertas! --Chairego apc (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 10:50 (UTC)
RE: Benvidas
[editar a fonte]Boas noites María e moitísimas grazas polo aviso, de feito é algo que pensei xusto despois de engadilos, normalmente adoito revisar os cambios recentes e dar a benvida a aqueles usuarios (ips ou non) sen páxina de conversa que vexo facendo algunha contribución, sexa correcta ou incorrecta (nese caso tamén engado algún marcador de proba ou axuda) e non hai problema. Neste caso (erro meu) fun directo ao rexistro de novas contas e moitos deles, efectivamente, non tiñan contribucións no noso wiki, por desgracia; concordo en que é mellor dese xeito, unha vez contribúan (ou teñan intención clara de facelo por certo motivo como ben dis), darlles a benvida é o máis adecuado e lóxico. Se non, de seguro xa se tería creado un bot automático de benvida polo tempo que levaría dar a benvida aos innumerables rexistros mensuais, claro. Ten moito sentido, María. Grazas de novo pola túa mensaxe; sempre encantado, é unha gozada estar de volta despois dun tempiño afastado e contribuír novamente na medida do posible a facer este gran proxecto aínda máis grande e mellor, coma sempre! Encomiable labor teu e de toda a administración durante todos estes anos tamén, un constante orgullo! Unha enorme aperta e a seguir, --RubenWGA (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 22:49 (UTC).
- Graciñas, @RubenWGA., encantadas de terte de volta!.Para cambios sinxeliños igual queres probar esta ferramenta ou esta outra. Saúdos e a seguir. Maria zaos (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 23:06 (UTC)
Moving files with FileImporter
[editar a fonte]Hi!
If you move files to Commons with FileImporter you should have an option to "Delete file on source wiki in my name". That should make it easier for you.
It is also possible to modify the configuration so that FileImporter does all or most of the converting. If you notice anything that you have to fix manually you are welcome to give me a tip so I can see if I can figure out how to fix it.
If you want to move specific files you are also welcome to give me a username or a category to start with and i will try to add the information template. --MGA73 (conversa) 19 de febreiro de 2021 ás 23:44 (UTC)
Xelo2004
[editar a fonte]Hi Maria!
I have been talking with Usuario:Estevoaei about Xelo2004 on Conversa_usuario:Estevoaei#Preparing_files_for_Commons. I'm now adding Modelo:Information and while doing that I also add Xelo2004 as author and "own" in source.
If you notice any files where Xelo2004 is not the author you are very welcome to fix it. --MGA73 (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 15:55 (UTC)
- Hi! @MGA73 I had started moving files to commons with some galleries of Lugo from Xelo2004 account by a request made by @Estevoaei. He must know the rationale behind the license better than me, because my journey in this wiki started years after this user was blocked. (The user was blocked on 2007-09-27 and I've started to edit regularly from 2018 on). So far, I've been changing the original titles for more descriptive ones and adding some short captions only in Galician language in the process. However, if I find that some metadata don't match I'll let you both know from now on. Thank you for all the work you are doing about this matter. Kind regards. Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2021 ás 21:48 (UTC)
- Thank you. That sounds like a good plan! And I'm happy to help. --MGA73 (conversa) 2 de marzo de 2021 ás 06:56 (UTC)
Gustaría de traducir unha páxina nova
[editar a fonte]Bo día! Verbo da recentemente falecida poetisa grega Kikí Dimulá (https://ca.wikipedia.org/wiki/Kik%C3%AD_Dimul%C3%A0), que foi unha voz senlleira nas letras helénicas do noso tempo, vexo que inda non hai nadiña aquí na Galipédia. A páxina en catalán ten información dabondo (tamén falo francés e castelán, mais esas versións da Wiki non dispoñen da mesma cantidade de datos neste artigo). Por favor, como fago? E —sobre todo— caso sexa posíbel facelo tamén sería permitido preservar o mesmo formato da páxina, coas mesma tipografía e o resto dos elementos estéticos da páxina? Xa hai uns anos que non contribúo de forma activa e agora non teño a mesma traza.
RichardAerts01 (conversa) 5 de marzo de 2021 ás 16:06 (UTC)
This Month in GLAM: February 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: March 2021
[editar a fonte]
|
Vigo centro parroquia civil?
[editar a fonte]Boas María (son Elisardojm pero estou traballando coa conta de Corribot e para non perder o traballo que teño a medias e non esquecerme disto prefiro comentalo con esta conta), acabo de ver que en Wikidata hai tempo puxeches que Vigo Centro, Vigo é unha parroquia civil. É certo que na web do concello así o indican pero pola contra no DOG da Xunta (telo aquí na páxina 8589) non está como parroquia. Eu entendo que os que teñen potestade para dicir as parroquias civís oficiais é a Xunta nos DOG, e iso é o que se usa como referencia en tódolos artigos de parroquias na ficha correspondente, se un concello quere dicir que unha área da súa superficie é unha parroquia non o entendo moi ben, pero penso que non ten a mesma categoría e oficialidade que o que di a Xunta de Galicia, polo tanto creo que se lle debe quitar esa propiedade a ese elemento Wikidata. Iso si, a non ser que haxa outro DOG de parroquias da provincia de Pontevedra máis actualizado ou de corrección de erros, que iso xa non o coñezo, se é este o caso, entón o que habería que facer é engadir esa referencia en Wikidata e non a do concello de Vigo. Saúdos, Corribot (conversa) 13 de abril de 2021 ás 10:03 (UTC)
- Concordo. Cando teña un momento cambioo. Debeu quedarme atrás cando foi a conversa de parroquias de Vigo. Se queres cambialo ti, adiante. Usuario:Elisardojm Graciñas-Maria zaos (conversa) 13 de abril de 2021 ás 16:05 (UTC)
@Elisardojm:. Se non lle chamamos "Vigo Centro", haberá que chamarlle "Vigo, Vigo" (do mesmo xeito que se fai con tódolos demais concellos de Galicia) é facer a redirección [Vigo, Vigo]→[Vigo] (igual que [A Coruña, A Coruña]→[A Coruña], igual que [Lugo, Lugo]→[Lugo]), o que non se pode é borrar o anaco máis importante do territorio do concello do Modelo:Vigo. Non hai que obsesionarse cun DOG de hai 23 anos, que, amais, en ningún momento fala de "parroquia" ou "parroquias", fala dun "nomenclátor correspondente ás entidades de poboación". --. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2021 ás 19:07 (UTC)
- HombreDHojalata, eu non digo nada de cambiar o nome a nada, eu só digo que o artigo Vigo Centro non é unha parroquia oficial de Vigo, segundo isto, a que pon os "nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación" é a Xunta de Galicia, isto inclúe a denominación das parroquias como se indica na mesma páxina. Sacando o artigo Vigo Centro do modelo de parroquias de Vigo non se borra nada do concello de Vigo porque as parroquias oficiais do concello ocupan toda a súa extensión (a entelequia/barrio de Vigo Centro ten que estar nunha ou varias das parroquias oficiais da Xunta), é como se fai no 100% dos artigos de concellos de Galicia. E si, hai que obsesionarse co DOG porque esa é a fonte oficial e o que se di que hai que seguir na política Wikipedia:Toponimia. Nos modelos de parroquias de concellos teñen que estar as parroquias que di a Xunta, e outros artigos poden engadirse noutros modelos, por exemplo Modelo:De interese en Vigo ou nas seccións de "Outros artigos". Pero facede o que vos pete, eu estou canso deste tipo de conversas así que non me preocupo máis do tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2021 ás 12:25 (UTC)
- Boas @Elisardojm e @HombreDHojalata. Creo que estamos a misturar cousas.
- Elisardojm fala de Wikidata, puido escribirmo na conversa de alá, pero fíxoo aquí. Os cambios en Wikidata (con fundamento, xa explicarei máis adiante) son doutro proxecto e non afectan ao Modelo:Vigo, que eu tentei modificar, pero revertín e expuxen todas as fontes posibles para xustificar que hai unha disparidade de fontes e que o que tocaría sería
- a) consensuar unha xerarquía de fontes alternativa ao NDG porque, por consenso tamén, se considere que a política actual de Toponima, que é moi clara a este respecto, non se axusta
- b) respectar a política de Toponimia, eliminando Vigo Centro. Paréceme acertado que se poña sobre a mesa como fai HDH a posible obsolescencia do NDG, certamente, de aí que achegase as fontes que expuxen na conversa do modelo, que están -segundo consta oficialmente- harmonizadas co NDG por máis que este último non se vise actualizado (e esperámolo con impaciencia xa). Pero o ideal, ao meu entender, é unha revisión profunda da política de Toponimia que tamén aclare as distincións entre Nome oficial, categoría estatística (á que vai ligada a poboación que achegamos en cada entrada de lugar) e tipo de entidade, porque son cousas diferentes e ao tempo entroncadas. Do contrario primeiro aumentariamos o traballo por cada anomalía detectada (e hai unhas poucas, podo dicir, polo que levo traballado cos códigos INE) e segundo tamén corremos o risco de crear nesgos arbitrarios. Explico esto último: probablemente teñamos ben de xente disposta a facer seguimento, ter interese etc. sobre Vigo, e ningunha para outras localidades máis pequenas, con menor desenvolvemento na wikipedia.
- Ante a dúbida de se por temas de Wikidata o modelo podería verse afectado no futuro non habería máis que facer como noutros modelos: cando hai datos locais, calquera caixa que tome datos de Wikidata non sobreescribiría os campos locais con datos de Wikidata.
- Ata aquí o punto 1: non afecta ao modelo
- Wikidata é unha fonte secundaria que ademais é repositorio de múltiples wikis. Por esta razón, non é que o diga eu, as referencias son imprescindibles, mesmo cando son contradictorias. Se nin no NDG nin en todas as fontes achegadas (nomenclátores estatais, aclaracións do IGE, explicación de unidades estatísticas do INE) pon parroquia civil pois é que non o é. A política de Galipedia en Toponimia tal como está redactada fai que teñamos que obviar calquera fonte que non sexa o NDG,pero en Wikidata recollerei as dúas fontes discrepantes, porque é o que toca facer. Chámese como se chame a entrada en Galipedia ha ter o seu Q e neste caso manterei Vigo-Centro (referencia hai unha) pero sen determinala como parroquia civil nin eclesiástica (vamos, na indefinición que loce nestes momentos). Se muda en Galipedia xa se axustará en consecuencia en Wikidata.
- Aínda que este non é o sitio (habería que consensuar e este non é o espazo) outro tema diferente é por qué mantemos o modelo Vigo con Vigo centro e mesmo parte da entrada de Vigo centro sen referencias. Haber hai unha, que non está apoiada pola actual política de Toponimia, e xerárquica e competencialmente ten máis peso o NDG que o que indique o concello de Vigo (que tampouco o indica, atende a unha visión "tradicional/histórica" na propia redacción se non lembro mal). Pero este non era o tema que Elisardojm veu comentarme aquí. En todo caso debería discutirse no modelo, onde están todas as fontes achegadas e moito mellor nunha proposta de revisión integral da política Toponimia na que nos aclaremos entre todas sobre as distincións entre nome, entidade estatística e tipo de entidade como dixen máis arriba e a acordemos a posibilidade (ou non) de considerar outras fontes subsidiarias como fontes acreditadas naqueles casos en que se produzan discrepancias que soen a obsolescencia do NDG.
- Sobre as redireccións, o que indica @HombreDHojalata é correcto e segue a estrutura e tradición en Galipedia de Vigo, Vigo >Vigo se existise realmente a parroquia civil. Como parroquia eclesiástica tampouco vén listada aquí xa que eu o que entendo é que Vigo Centro é o nome do arciprestado, é dicir, é unha entidade eclesiástica superior á parroquia eclesiástica. Así que poderiamos mirar de solucionalo coa axuda de quen participou en Diocese católica latina de Tui-Vigo, quizais? Porque poderíamos ter unha redacción como "antiga parroquia" (eclesiástica como mínimo) para acadar un consenso en Galipedia para esta entrada. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 18:07 (UTC)
- HombreDHojalata, eu non digo nada de cambiar o nome a nada, eu só digo que o artigo Vigo Centro non é unha parroquia oficial de Vigo, segundo isto, a que pon os "nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación" é a Xunta de Galicia, isto inclúe a denominación das parroquias como se indica na mesma páxina. Sacando o artigo Vigo Centro do modelo de parroquias de Vigo non se borra nada do concello de Vigo porque as parroquias oficiais do concello ocupan toda a súa extensión (a entelequia/barrio de Vigo Centro ten que estar nunha ou varias das parroquias oficiais da Xunta), é como se fai no 100% dos artigos de concellos de Galicia. E si, hai que obsesionarse co DOG porque esa é a fonte oficial e o que se di que hai que seguir na política Wikipedia:Toponimia. Nos modelos de parroquias de concellos teñen que estar as parroquias que di a Xunta, e outros artigos poden engadirse noutros modelos, por exemplo Modelo:De interese en Vigo ou nas seccións de "Outros artigos". Pero facede o que vos pete, eu estou canso deste tipo de conversas así que non me preocupo máis do tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2021 ás 12:25 (UTC)
Grazas María. En relación ás parroquias eclesiásticas, que é un tema off topic: É evidente que a páxina da diocese non funciona correctamente. Fixen unha páxina na que quizais se vexan mellor: Usuario:HombreDHojalata/parroquias. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2021 ás 21:51 (UTC)
- Moi chula e moi ben ter esta referencia, grazas polo traballiño. A ver se saco un tempiño e podemos, cando menos para Vigo, darlle un repaso en WD para que saian igual de ben nun listado de Listeria (modelo wikidata list) porque vexo que foto teñen e así igual che é máis práctico de manter no tempo. Un saúdo, HombreDHojalata.-Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 23:02 (UTC)
RE: Proxecto pedagóxico e marcadores de proxecto escolar
[editar a fonte]Boas noites María, non vira ese mensaxe concreto publicado na Taberna, doutro xeito tería deixado indicacións dos cambios nos resumos, aínda que estes foron superficiais e secundarios dando unha volta polos artigos de cambios recentes. Grazas polo aviso e parabéns polo labor e as iniciativas de introdución á Galipedia por parte de usuarios novos.
Con todo, quizais sería conveniente especificar co parámetro |uso=s
do modelo que o artigo está precisamente en edición e así ninguén metería as mans, no caso de que se necesite, claro. E se non, replantexar a estrutura dese modelo (non utilizado decotío con anterioridade) co explicado no comentario da Taberna, co tema dos resumos e as recomendacións que diches pero dunha forma acurtada para non romper a estética do que é un modelo de mantemento, así evitaríase cualquera problema sempre que teñamos un proxecto escolar activo (que esperemos siga a haber moitos e frecuentemente). Sobre todo porque haberá moitos que non están ó tanto da Taberna e ademais é algo tan xeral para calquera artigo escolar que até viría ben engadir uns conselliños a seguir no modelo para os usuarios externos. Unha aperta, parabéns e grazas de novo, e desculpa, de todos os xeitos, cualquera molestia que puidese xerar coas miñas edicións sobre calquera destes artigos, RubenWGA (conversa) 17 de abril de 2021 ás 20:17 (UTC)
- Tes razón. Certamente o modelo úsase pouco e estas cousas poden pasar facilmente. As propostas que indicas axudarían bastante. Agora mesmo ando a outras cousas, pero revisarei o modelo, gústanme as túas suxestións. Grazas por estar pendente dos artigos. Apertas!-- Maria zaos (conversa) 17 de abril de 2021 ás 20:35 (UTC)
Files on Commons
[editar a fonte]Hi! There are some files in Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons. Is there any reason why they are not deleted? Other than there are som many other things to work on? --MGA73 (conversa) 18 de abril de 2021 ás 20:52 (UTC)
Sorry for the delay, I asked Usuario: Estevoaei about this question, because he knows if we need to keep them due to administrative reasons (i.e. Featured images). I hope you can hear from him soon. Maria zaos (conversa) 20 de abril de 2021 ás 08:06 (UTC)
- Hi! Thank you! It is technically possible to delete the image and still add the relevant template for featured images. I noticed that there was a question below about the format of dates. I thought the plan was to move the files to Commons and delete them locally so I did not expect the files to be kept locally for a long time. I also created Categoría:Files from gl.wiki to check so users can see what is going on. You are very welcome to translate the text and add whatever information you think would be relevant. --MGA73 (conversa) 21 de abril de 2021 ás 16:06 (UTC)
- Yes, I understand. Don't worry about the date format questions. Some users weren't aware that a new bot (yours) was working on Galipedia, that's all. I've just translated the text you mentioned. Soon I'll be able to take a careful look to the process, right now I have no time, sorry.Thank you again for your work and especially for your patience. Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2021 ás 17:17 (UTC)
- Thank you! You are awesome! I'm happy to help. --MGA73 (conversa) 23 de abril de 2021 ás 19:08 (UTC)
- Yes, I understand. Don't worry about the date format questions. Some users weren't aware that a new bot (yours) was working on Galipedia, that's all. I've just translated the text you mentioned. Soon I'll be able to take a careful look to the process, right now I have no time, sorry.Thank you again for your work and especially for your patience. Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2021 ás 17:17 (UTC)
There are now more than 1000 files in Categoría:Files from gl.wiki to check. I have not checked if all the files are eligible for Commons. I have tried to add/fix {{Information}}. If it is a photo of a statue, a painting or something else that could be copyrighted (c:COM:DW) then whoever move the file to Commons have to check if the copyright on the statue, painting etc. are expired or if c:COM:FOP apply. --MGA73 (conversa) 24 de abril de 2021 ás 14:55 (UTC)
- Ok, I understand. We should start to review these aspects, @Estevoaei. Thank you @MGA73 for all the work and the information about how to handle those files. Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 08:46 (UTC)
Sobre MGA73bot
[editar a fonte]Ola, Maria zaos. Xa estou vendo o que dis. Houbo unha votación para permitir actuar a este bot deste xeito para facilitar a mudanza á Wikimedia. Non entendía que se permitise este formato de data na nosa wiki. Ok, tomo nota. Grazas polo aviso e un saúdo.--Castelao (conversa) 20 de abril de 2021 ás 07:41 (UTC)
- Ola, Castelao ningún problema. Como se arquivou a votación é normal que non o viras. En canto á data teño que indicarche que houbo un debate para unificar os formatos de datas, pero, que eu lembre,non deu froito. Isto tamén está relacionado coa liberdade de formatos de cita vixente na Galipedia. Noutro momento búscocho nos arquivos, pero eu diría (máis aló dalgún tema técnico que se me estea a escapar neste momento) que hai liberdade en formato de datas na Galipedia. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 20 de abril de 2021 ás 07:48 (UTC)
Toén
[editar a fonte]Ola, Maria. Vin que retiraches contido non referenciado do artigo de Toén. Estaba curioseando o artigo da parroquia de Puga, e lin unha frase sobre o Pazo de Olivar semellante á que borraches, e quería preguntarche se tamén habería que borrala nese artigo. Saúdos!--Caronium (conversa) 22 de abril de 2021 ás 21:26 (UTC)
- Ola! Moi bo ollo, si, grazas por comentalo. Explico o dos cambios en Toén dando un pouquiño máis de contexto e logo ti decides que pode ser o máis adecuado.
- Contexto do contido retirado en Toén (ver páxina de conversa)
- O controvertido era a referencia a Hermenegildo Puga Castro-Sotomayor. O contexto: a creación dun artigo en Galipedia e outro en Wikipedia en español coincidentes en data e hora aproximada coas publicacións de Twitter dunha empresa relacionada con Hermenegildo Puga Castro-Sotomayor. Ademais de ser unha persoa viva, e polo tanto faise necesaria a referencia (falaba dunha ligazón familiar sen achegar referencia nengunha), era bastante sospeitoso, xa que non se achegaban nesas novas biografías referencias que indicaran a relevancia enciclopédica. Soaba a promoción e estratexias SEO. Por iso desapareceron as biografías nas wikipedias e por esta razón retirei o contido que incluía esta persoa na devandita páxina.
- Texto en parroquia
- Pois é evidente que o edificio existe. Pero non podería asegurar se a mediados do XIX pertencía ou non. Tería que buscarse unha referencia, xa que na que indiquei na conversa de Toén creo había xusto unha lagoa temporal, se non lembro mal.
- Resumo
- non hai tanta urxencia en retirar ese contido (non hai sospeita de que sexa potencialmente promocional), aínda que estaría ben asegurarse, cunha fonte de peso, que esa propiedade estaba baixo ese nome no período que se indica. Noutro momento búscoa. Se a atopas ti, perfecto e adiante.
- Moitas grazas de novo pola atención ao detalle nestes lugares. Un saúdo e a seguir! Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2021 ás 17:09 (UTC)
- @Caronium como teño un novo trebello de conversa ás veces non sei se enviei aviso ou editei normal. Polo si ou polo non, aí vai un ping. Saúdos Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2021 ás 23:42 (UTC)
- Ola de novo! Fixen unha breve busca por Internet dalgunha fonte fiable e atopei este artigo de opinión sobre a Torre de Puga. Lendo tamén o interesante artigo que engadiches á conversa de Toén deduzo que realmente, no século XIX, Fernando de Puga foi propietario da Torre de Puga, mentres que nese século os donos coñecidos do Pazo de Olivar foron Juan José Novoa y Abraura, e posteriormente as súas fillas Josefa e Antonia. Traslado a discusión a páxina de conversa de Puga por se alguén quere aportar máis luz ao asunto. Saúdos e grazas polo teu traballo! --Caronium (conversa) 25 de abril de 2021 ás 20:47 (UTC)
This Month in GLAM: April 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: May 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: June 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: July 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: July 2021
[editar a fonte]
|
Tradución
[editar a fonte]Ola, a porcentaxe di 52%... pero iso non inclúe o que non estaba traducido. E aínda o que estaba traducido... Así que vai levar máis do que eu contaba cando a miña cabeza dixo alegremente si. :D --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de agosto de 2021 ás 15:22 (UTC)
Mohammad Mohammadian
[editar a fonte]Ola María! Como vai? Estívenlle botando un ollo ao artigo de Mohammad Mohammadian e buscando información sobre el na rede e na miña opinión é un exemplo claro de borrado. En IMDb conta coa súa propia páxina, pero hai que ter en conta que IMDb pode ser editado por usuarios rexistrados e os contidos que aparecen nela fanme sospeitar que foi o propio Mohammadian quen os publicou como forma de autopromoción. En primeiro lugar é "excesivamente detallado" en canto ás pezas realizadas, o cal non é habitual nun cineasta de curtametraxes que a priori non conta con recoñecemento internacional (que é o que pretende facer ver) e despois pon cousas que dificilmente podería saber outra persoa, como o seu signo zodiacal, altura do corpo e alcumes. A pequena biografía de IMDb é, palabra por palabra, a mesma que emprega nos artigos de wikipedia. Ademais está o feito de que se atribúa a si mesmo as etiquetas de "Director, Writer, Editor, Producer, Cinematographer, Visual effects", o cal non deixa de ser unha maneira de sobredimensionar o seu propio valor como cineasta de curtametraxes nas que obviamente debes saber facer todos eses roles (ao cal non lle quero quitar mérito, pero non conta coa relevancia nin o recoñecemento necesarios). Por outra banda, non souben ver en ningures que teña gañado premios relevantes nos festivais de cinema. Existe unha longa lista de participacións en festivais moi pequenos e independentes (aquí) na que podería dar a impresión de que foi nomeado en multitude de premios e categorías. Pero que a túa peza sexa proxectada ou que participe nun concurso aberto de cinema experimental (calquera pode pagar unha inscrición neste tipo de festivais) non quere dicir que "fose nomeada" por un xurado. Nos festivais nos que di ter gañado non atopei referencias (as que están no artigo en inglés están rotas ou non dirixen ao contido específico que valide esa afirmación), e outra vez volvemos ao tema da relevancia, xa que milleiros de persoas presentan as súas pezas audiovisuais a festivais de cinema (grandes e pequenos) cada ano e iso non as converte en merecedoras dun artigo polo simple feito de participar. Por último está o feito de que se apoie na figura de Abbas Kiarostami como unha forma máis de autopromoción. Non teño por que dubidar que realmente fose alumno seu ou que o seu cinema estea influído polo del (aínda que non puiden entrar na referencia, que parece dirixir a un blog persoal), pero é rechamante o feito de que sexa Kiarostami (probablemente o director iraniano máis famoso internacionalmente) un dos argumentos nos que se basea a relevancia do artigo. É dicir, o simple feito de que Kiarostami fose o seu mentor (no caso de ser certo) non é suficiente para "validar" a obra de Mohammadian como cineasta nin lle atribúe recoñecemento. Xa para rematar, chámame a atención que o usuario Arenasky use como argumento para manter o artigo que a vida de Mohammadian estea ameazada polo goberno do seu país (do cal non atopei información en ningures). Unha vez máis, iso non o converte nun cineasta máis importante nin fai que a súa obra estea mellor considerada por un xurado ou pola crítica (que a fin de contas son os que deciden quen é relevante no mundo do cinema experimental e das curtametraxes). Espero non ter soltado demasiado rollo, pero quería contarche polo miúdo a miña opinión nesta tema. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 10:20 (UTC)
- Que va! moi detallado, grazas! Eu era da mesma opinión no tema da conversa e as outras entradas, pero quería centrarme só en se era xustificadamente salvable e a verdade, non controlo moito de cine. O da conversa tanto ten, se na nosa wiki considerasemos que ten notoriedade abondaría, pero semella non ser o caso. Grazas de novo por todo! Maria zaos (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 15:05 (UTC)
This Month in GLAM: August 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: August 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: September 2021
[editar a fonte]
|
avisos mención
[editar a fonte]@Zaosbot @Maria zaos Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 15:57 (UTC)
sobre un artigo que acabei de crear
[editar a fonte]Boa tarde, señorita Maria zaos. Como lle vai? Por favor, preciso da súa axuda. No artigo sobre Kikí Dimulá (https://gl.wikipedia.org/wiki/Kik%C3%AD_Dimul%C3%A0), hai dúas cousas que non dou feitas. (Primeiriño de todo, espero que a páxina xa exista eiquí, pois tiven unha certa dificultade en traducila.)
O nome do artigo non está correcto en galego. Traducino da lingua catalá e saíume o acento errado sobre o a. Non debería estar grafado Kikí Dimulà, mais si Dimulá. Ou sexa, cun acento agudo xa que o grave nin sequera existe na normativa oficial do galego.
Eu tamén gustaría de pedirlle que me corrixise o recadro da biografía, que estalle grande de máis. Estou a falar daquel modelo en forma de táboa que sirve para engadir unha caixa de información na parte da biografía da poetisa.
Trátase da miña primeirísima creación propia na Galipedia. Creei o artigo traducíndoo do catalán, coma dixen denantes, pois semelloume moi ben redactado. Kikí Dimulá é unha poetisa grega moi coñecida e faleceu hai pouco tempo. Achei que era unha mágoa non atopar información sobre ela na lingua de Rosalía de Castro. Coa axuda dos tradutores en liña, tamén engadín algúns datos importantes (coma os referentes á súa proposición oficial para o Premio Nobel de literatura do ano pasado) a partir da versión helénica desta enciclopedia. Se cadra, acepto suxestións. Dende xa graciñas pola atención e bo comezo de semana. Abur! --RichardAerts01 (conversa) 25 de outubro de 2021 ás 12:32 (UTC)
- Perdón, señorita @Maria zaos, acabo de procura-lo artigo eiquí de novo e a ligazón está (se non me engano) inactiva! Non entendo nada... Recibín (na parte intitulada alertas) unha mensaxe automática despois de telo traducido: "Noraboa pola súa primeira tradución! Revise as súas contribucións e atope máis páxinas para traducir." Por favor, vostede poderíame dicir se o artigo atópase xa en liña ou se non? Unha vez máis, grazas. RichardAerts01 (conversa) 25 de outubro de 2021 ás 12:53 (UTC)
- Graciñas a vostede e mailos señores @Breogan2008 e @MAGHOI pola axuda! Mil veces grazas! RichardAerts01 (conversa) 25 de outubro de 2021 ás 14:49 (UTC)
- Boas, @RichardAerts01. Vostede rematou por crear dúas páxinas, unha co nome incorrecto Kikí Dimulà, que acabo de marcar para borrar, por estar repetida, e Kikí Dimulá, que será a que quede e que, se entendín ben, leva o nome correcto. En canto a ligazón inactiva da que fala, non a logro atopar, por favor, comprobe e escríbame a url para poder mirala. Agradézolle moitísimo que se animara vostede a acrecentar o noso proxecto, máis cando se trata dunha poetisa tan interesante. Sobre o recadro de biografía, o tamaño depende en boa medida dos datos que esta persoa teña recollidos en Wikidata. Cando falamos de persoas candidatas ao Nobel a lista de información adoita ser longa; na Galipedia non axustamos, que eu saiba, o tamaño do cadro por cuestións estética, todos os cadros de biografía con datos de wikidata seguen os mesmos parámetros.
- Sobre o texto: lembre unhas cousiñas que se indican no Libro de estilo deste proxecto:
- as ligazóns internas dentro do corpo do texto só deben ligar con páxinas no dominio gl.wikipedia.org, non como era o caso fr.wikipdia, pt.wikipedia etc.
- é recomendable utilizar a transliteración para os nomes de persoa con outros alfabetos, así como respectar a lingua orixinal dos títulos se non existe tradución en galego
- Nas citas textuais o texto dentro do corpo do artigo tradúcese ao galego e nunha sección de notas (normalmente lower-alpha) engádese o texto orixinal para poder verificar a tradución
- Por outra banda, en todos os proxectos wikipedia procuramos non engadir xuizos de valor ou adxectivacións non necesariamente enciclopédicas agás que sexa necesario porque as fontes fiables (estudos críticos da obra) utilizadas así o recollen.
- Un saúdo e de novo moitas grazas polo seu traballo. Maria zaos (conversa) 25 de outubro de 2021 ás 14:53 (UTC)
- Boa tarde novamente! E novamente grazas pola preciosísima axuda, sen a cal o artigo sería un desastre.
- A ligazón, que crin inactiva, acho que foi por equivocar-me. Pois agora mesmo atopo o artigo sen problemas. Se a páxina Kikí Dimulá (co acento correcto, o agudo) está en liña, doume por satisfeito.
- Eu non me daba na conta de que as ligazóns internas debesen ligar só con páxinas da Galipedia. (Verifiqueinas unha por unha e as que engadín de outros dominios da Wiki, fixen sen saber que non estaba permitido, polo que revisareinas inda hoxe e retirareinas cando sexa o caso.)
- Para rematar, sei que dende o ano 2003 pódese escribi-lo galego segundo as dúas maneiras permitidas pola RAG, ou sexa, tanto as formas come-lo pan coma comer o pan están permitidas, e teño entendido que inclusive eiquí facemos así: ámbalas son correctas. Persoalmente, prefiro o primeiro xeito de escribir pois está máis próximo á maneira coma falamos, mais non por tal razón fago correccións ós artigos da Galipedia cuxos autores elixiron o segundo xeito. Constato que onde eu puxera o que é chamado a segunda forma do artigo ("Á hora de clasifica-lo xénero poético cultivado por ela [...])" a señorita reverteuma, poñendo a forma plena ("clasificar o"). Podo usala, non si? RichardAerts01 (conversa) 25 de outubro de 2021 ás 15:29 (UTC)
- Totalmente correcto.Pode vostede escoller a que prefira, é vostede o primeiro editor ( faltaría máis!) A reversión non se debeu a iso, desculpe. Probablemente estaba vostede a editar a un tempo e deume un conflito de edición. Como foron varias as ligazóns internas que retirei, e por non perder o traballo, escollín este fragmento de versión e non reparei en que vostede escollera/cambiara entre unha forma e outra e que nesa se perdían os cambios. Por favor, póñaa ao seu gusto. No futuro recoméndolle que se está a traballar nun artigo poña o marcardor "{en uso}}" do modelo para evitar estes conflitos, de xeito que os demais saibamos que aínda está a traballar nel.
- Un saúdo Maria zaos (conversa) 25 de outubro de 2021 ás 15:42 (UTC)
Cartas literarias de Bécquer
[editar a fonte]Ui! Liada! Non vin o marcador de "en uso", perdón!! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Iria.cestmoi (conversa • contribucións) 29 de outubro de 2021 ás 22:58
Lista de artigos
[editar a fonte]Ola Maria zaos! Creei rapidamente unha lista con artigos que creo podería estar ben que chegasen a ser de calidade ou bos sobre Galiza, se queres podemos traballar sobre ela, engadindo e borrando algún artigo. Actualmente hai 81 artigos, creo que o mellor sería consultar á comunidade sobre a lista, xa que obviamente ese traballo non o poden facer dúas persoas. Do mesmo xeito, se non queres participar na proposta podes libremente borrar a páxina sen problema. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de outubro de 2021 ás 12:17 (UTC)
- Xenial! Desculpa, tiña pensado responderte con algo parecido, pero non tiven tempo. (O da neutralidade que me pareceu que insinuabas na reserva para facer a lista non me parece un problema, cando menos para comezar: os artigos solicitados suxírense sen ter a neutralidade en mente, por exemplo) . Vina aquí. Moitas grazas! está xenial.Míroo con máis calma nun días- Maria zaos (conversa) 30 de outubro de 2021 ás 12:32 (UTC)
This Month in GLAM: October 2021
[editar a fonte]
|
Historical Bibliographic Data
[editar a fonte]Hi Maria!
Thanks for attending the Pre-ISBN/ISSN bibliographic data workshop at WikidataCon 2021. It would be great to continue the conversation with you at Linked Pasts VII, a free online conference held 13-21 December.
Simon Cobb and I will be leading two activities Monday and Wednesday: https://www.wikidata.org/wiki/User:Marianika/Linked_Pasts_VII
Whether or not you can attend, if you're still interested in historical bibliographic data, could you please add your name and/or projects to this page I created for the wider initiative of getting people in academia and/or in the GLAM sector and/or in the Wiki communities to talk about how to model their historical bibliographic data (pre-ISBN/ISSN/ISMN):
https://www.wikidata.org/wiki/User:Marianika/Historical_Bibliographic_Data
If you're no longer interested, you can also let me know and I'll stop bugging you, ;- )
See you again next week perhaps! Marianika (conversa) 7 de decembro de 2021 ás 17:36 (UTC)
This Month in GLAM: November 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: December 2021
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: January 2022
[editar a fonte]
|
This Month in GLAM: February 2022
[editar a fonte]
|
Conversa:Víctor Prieto
[editar a fonte]Boas, o artigo Conversa:Víctor Prieto, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 4 de abril de 2022 ás 20:11 (UTC)
This Month in GLAM: March 2022
[editar a fonte]
|
Día Internacional das Familias
[editar a fonte]De acordo, María. Quede pois en plural, xa que así o quixo a ONU. Un aviso: cando fagas redireccións, correccións no corpo do artigo e todo o que creas necesario, lembra que hai un erro no título: agora di "Día Internacional da Familias", no canto de "das" Familias. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de abril de 2022 ás 13:30 (UTC)
- Si, cría que xa cho puxera na segunda resposta, perdoa. Non o puiden corrixir porque o título correcto estaba ocupado. Vou ver se xa se pode amañar. Desculpas polo lío. Saúdos!. Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2022 ás 17:39 (UTC)
Re: STS-88
[editar a fonte]Boas. Arranxado, en efecto a referencia estaba duplicada, seguramente por copiala doutro artigo. Grazas! --Xosema (conversa) 2 de maio de 2022 ás 23:21 (UTC)
- Graciñas a ti, @Xosema! Saudiño!.-- Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2022 ás 18:03 (UTC)
This Month in GLAM: April 2022
[editar a fonte]
|
Votación
[editar a fonte]Ola María, Perdoa que che moleste pero queríache preguntar se poderías votar aquí, por favor.
Moitas grazas pola túa axuda. Caro de Segeda (conversa) 16 de maio de 2022 ás 13:27 (UTC)
- Ola de novo, @Caro de Segeda. Grazas polo aviso, aínda que xa era coñecedora de que a votación estaba aberta de novo. Adoito revisar os artigos candidatos a cualificación (bo/calidade) antes de votar, pero non sempre dispoño de tempo. A verdade é que agora mesmo teño bastantes cousas pendentes, pero tentarei revisalo. Saúdos.- Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2022 ás 18:24 (UTC)
- Cando poidas, sen ningún problema. Moitas grazas pola túa axuda. Caro de Segeda (conversa) 16 de maio de 2022 ás 18:26 (UTC)
Poboación de Galicia
[editar a fonte]Boas tardes, María. Estiven repasandoo artigo Galicia polo tema do número de habitantes. Ben, vexo que os datos están actualizados a 2021, pero aínda che quedan dúas datas desactualizadas: no cadro do comezo do artigo, a poboación é a de 2020, e na sección Provincias, os datos son de 2018. De paso, vin outro problema: o número de parroquias é de 3771 na introdución pero son 3792 nas seccións División administrativa e Concellos, parroquias e lugares. O dato de 3771 parroquias figura tamén no artigo Parroquias de Galicia, aínda que na conversa @Elisardo di que a el lle saen 3717 (¿trabucaríase ó teclear?). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17 de maio de 2022 ás 18:44 (UTC)
- Si, os datos de superficies e entidades xeográficas (e derivados, como densidade) xa os vin, pero decidín facelos logo dos de poboación. Vou mirar as dúas datas que indicas. Heiche consultar nalgún outro momento, se non che amola, porque tanto cadro/dato marea e é fácil que se me escapen cousas. Graciñas, @Lameiro Maria zaos (conversa) 17 de maio de 2022 ás 18:48 (UTC)
Consulta
[editar a fonte]Ola, Maria. Sobre o que comentaras na miña páxina de conversa, eu concordo de que sería necesario que houbese 2 burócratas no proxecto. O que non teño tan claro é que eu sexa sería a persoa axeitada. Estiven mirando en que consistía o traballo e o problema que lle vexo é, que é posible que haxa que ter contactos con Meta e, para iso, non teño o nivel de inglés suficiente. Poderíase amañar a través do tradutor, pero este en cuestións técnicas fai unha papafrita difícil de entender. Por iso, penso que debería ser outra persoa. De tódolos xeitos, agradezo a confianza. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 19 de maio de 2022 ás 19:56 (UTC)
- Graciñas pola resposta. Para min é unha mágoa, pero comprendo o que comentas do idioma. O traballo de administración ás veces non é tan visible como outros, pero a min sempre me deu confianza saber que andas pendente e que tentas buscarlle solución ás cousas mantendo o ton adecuado. Saudiño! Maria zaos (conversa) 19 de maio de 2022 ás 22:17 (UTC)
- @MAGHOI esquecín a mención.-- Maria zaos (conversa) 19 de maio de 2022 ás 22:18 (UTC)
Categorías na área de Meteoroloxía
[editar a fonte]Sen présa, vaime dicindo. Saúdos!Agremon(contacto) 20 de maio de 2022 ás 06:34 (UTC)
Ola, Maria. Agora xa si que o entendín. Para min, debemos traducilo ao galego con independencia de que para este organismo a lingua galega non sexa unha lingua de comunicación oficial. Poría para as entradas principais, polo tanto, as denominacións en galego (procurando que as escollas sexa próximas e intuitivas, e se nalgún momento houbese fontes, tirar por elas), e logo como redireccións o nome dos organismos e informes en inglés; e tamén en redirección, claro, as siglas, tanto da denominación en galego coma da inglesa, e mesmo as fórmulas alternativas para a tradución se a cousa é arrevesada. No título concreto desta entrada propoño unha denominación sinxela, na liña doutras linguas latinas coma o catalán, francés ou italiano. Aínda que xa é fariña doutro saco, por se che vale de guía, pensa na OTAN (cuxa sigla pesa tanto que desprazou o nome completo, pero ese é outro conto), onde tampouco teñen o galego como lingua oficial pero que citamos polo nome en galego Organización do Tratado do Atlántico Norte (e no seu defecto como Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica). Non sei se che contestei con isto, xa me dirás. --Atobar (conversa comigo) 20 de maio de 2022 ás 16:35 (UTC)
- Si, moitas grazas! E no caso dos informes deste organismo entendo que si poderíamos traducilos tamén ao galego, non? Non han ter tradución de entrada e a verdade é que a denominación é bastante xenérica: cuarto informe, quinto informe... (en inglés <4th Assessment Report, 5th Assessment Report) logo cada informe pode ser publicado en varias partes, cadansúa cun título distintivo sobre un tema concreto, que eu mantería en inglés, que semella é a lingua da primeira versión. Así, se tivesemos que facer unha entrada en Wikipedia dun dos informes o título e tratamento sería como o da entrada da wikipedia en castelán, non? Ou sexa Cuarto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático. Algo longo. En cursiva?. E no caso das redireccións: AR4 (inglés) e IA4 (galego)?. Sei que todo isto é moita cousa, pero a idea é evitar que se creen entradas con denominacións diferentes e evitar duplicacións futuras.. Graciñas, @Atobar Maria zaos (conversa) 20 de maio de 2022 ás 18:54 (UTC)
- Si, exacto. Os títulos e contidos dos informes tamén se traducen. Talmente como explicas ti, de feito. Canto á cursiva, non creo que proceda, pois non se trata de volumes de seu senón máis ben de partes dun todo, informes (en todo caso, poderían ir entre aspas ou comiñas, pero polas características da Wikipedia, mellor, ao meu entender, sen nada, como fan as demais linguas). Repara, iso si, en que a cursiva si é conveniente cando se cita no corpo do texto en lingua estranxeira, que é o que pasa por exemplo na introdución da ligazón ES que me pasaches como exemplo. Fóra diso, entendo eu que sobra. --Atobar (conversa comigo) 21 de maio de 2022 ás 08:47 (UTC)