Conversa usuario:Banjo/Arquivo 10
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Arquivo 10: Do 08/08/2016 ao 26/11/2016
Ola, Banjo! Como vai?
Metín a zoca ao incluír o modelo {atención} nos artigos que creou o usuario Japan Football (persoalmente penso que son de borrado rápido, pero bueno), e en vez de pór "data" puxen "Data", o que impide a categorización como "atención desde agosto de 2016". Son uns cantos (200?), poderías dicirlle a BanjoBot 2.0 que lle bote un ollo e mude "Data" por "data" nos modelos {atención}?
Unha aperta!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de agosto de 2016 ás 21:52 (UTC)[responder]
Ola! Grazas polo aviso, nada que obxectar, procedo a editar o artigo. Unha pregunta relacionada co artigo mais non co tema dos dereitos de autoría: por que se elimina a cor de fondo correspondente á catagoría das estradas? Unha aperta! WiKorunna (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 12:21 (UTC)WiKorunnaWiKorunna (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 12:21 (UTC)[responder]
Ola, Banjo! Querería saber se podes cambiar no modelo de elemento químico os parámetros nos que aparece radio pola súa forma normativa raio. A edición de modelos non é o meu. Perdoa polas molestias e un saúdo. --Isili0n (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 14:57 (UTC)[responder]
- Penso que Isilion está errado. A forma correcta é radio. --. HombreDHojalata.conversa 11 de agosto de 2016 ás 15:13 (UTC)[responder]
- Non, non me refería ao elemento químico en si, refírome ao raio atómico, ao raio covalente e ao raio de van der Waals, que non teñen que ver nada co nome do elemento. Un saúdo. --Isili0n (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 15:25 (UTC)[responder]
Olá, Banjo, e graças por teres corrigido a minha modificaçom do artigo. Engadim a ligaçom para o vídeo em que se anuncia a traduçom de Memorias para o esperanto sem nengum afam lucrativo (já quigera eu!), e portanto nem sequer pensei que pudesse gerar um caso de "possível conflito de interesses". O mercado editorial em esperanto é tam pobre, tam pequeno, que os editores quase nem conseguem compensar os gastos. O vídeo é umha cousa caseira e sem mais pretensom que os esperantófonos, espalhados por todo o mundo, conheçam o livro e se interessem por el e pola nossa cultura. A voz é a do meu sobrinho, que tem o esperanto como umha das suas línguas maternas. Os meus honorários pola traduçom do livro, que será proximamente publicado pola minúscula editora Mondial, em Nova Iorque, serám exatamente de 0,00 € (ou dólares, como ti queiras). Abraço! Susomoinhos (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 17:16 (UTC)[responder]
Boas rapás! Mira, revisei os ISBNs do artigo de Alzamento de Pascua, pero agora, como podo revisar que están correctos, tes algunha ferramenta? Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 10:10 (UTC)[responder]
Bos días. ¿Podías corrixir co bot os 200 casos de *sube pola forma correcta sobe? É moito para facelos un a un. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 11:06 (UTC)[responder]
- Sinto darte a tabarra, pero aínda che faltan 61 ocorrencias de "*sube". A non ser que se deba a retrasos nos recontos. Mañá volvo mirar. Moitas grazas en todo caso. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 22:01 (UTC)[responder]
- Perfecto. Só atopei un caso sen corrixir. Haberá máis encargas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 22:24 (UTC)[responder]
Ola, Banjo, vin que retiraches as ligazóns que engadín e que esixes referencias... Mira son novo en esto e non entendo o que me pides e por que retiras o que poño. Coñezo o grupo porque vou tocar con eles mañá en Vilariño sustituindo ao frautista. Non sei que máis referencias queres, e tampouco teño moito tempo. En calquera caso, grazas. --Pablorecuna (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 10:55 (UTC)[responder]
Ola, Banjo, engadín referencias, non sei se é eso o que pides. Non vexo en outros grupos de folk galegos exemplos das referencias que pides. Esta conversa non axuda nin anima moito a seguir adicando tempo. Grazas e ata outra. --Pablorecuna (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 11:47 (UTC)[responder]
--Notilfr (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 12:07 (UTC)Onotilio[responder]
Olà Banjo,
Sou Portugués e queria facer una paxina sobre miña pequena Aldea de Portugal,
Me podes decir como facer para que esta paxina sea guardada no Wikipedia en Galego.
Graciñas e ata logo.
Bos días Banjo. Tes que volver a repasar *ademáis e *musulmana porque aínda quedaron 37 e 41 ocorrencias respectivamente. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 20 de agosto de 2016 ás 09:56 (UTC)[responder]
- Desta volta xa non aparece ningún *ademáis e as únicas *musulmanas que quedan forman parte de títulos en castelán. Grazas e ata outra, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 21:09 (UTC)[responder]
Bo día Banjo, rematadas as imaxes das parroquias de Lugo."Luz" verde para Lugo!:).Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por Riciños (conversa • contribucións) 22 de agosto de 2016 ás 12:04
- Tamén podes poñer en verde o concello de Foz, é que neste ordenador non teño o Inkscape :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de agosto de 2016 ás 20:05 (UTC)[responder]
- Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de agosto de 2016 ás 20:16 (UTC)[responder]
- Cando poidas, podes actualizar o mapa de parroquias sen foto de Ourense? Hai que "poñer verdes" Cortegada, Gomesende e Pontedeva. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 18:54 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Feito! ☣Banjo tell me 30 de agosto de 2016 ás 18:59 (UTC)[responder]
- Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 19:04 (UTC)[responder]
- Podes poñer "verde" A Peroxa no mapa de parroquias de Ourense? Cando teñas un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 19:44 (UTC)[responder]
- Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 19:04 (UTC)[responder]
- Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de agosto de 2016 ás 20:16 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘@Elisardojm: Feito! ☣Banjo tell me 5 de setembro de 2016 ás 20:48 (UTC)[responder]
- Grazas! --Elisardojm (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 20:57 (UTC)[responder]
- Boas, cando poidas pon en verde Guntín que Riciños e Satna xa remataron con el :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2016 ás 23:24 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Feito! ☣Banjo tell me 27 de setembro de 2016 ás 17:01 (UTC)[responder]
- Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2016 ás 20:35 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
- Boas, cando poidas pon en verde Guntín que Riciños e Satna xa remataron con el :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2016 ás 23:24 (UTC)[responder]
Ola, cando poidas, podes cambiar o mapa de Ourense e engadir na lenda a cor azul que indicará as que os que xa están feitos pero están pendentes de subir? E xa podes poñer en azul Carballiño, O Irixo, Piñor, Maside, San Amaro, Punxín, Castrelo de Miño e Toén :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2016 ás 22:36 (UTC)[responder]
Feito! o da cor. A lenda non consigo modificala sen que se vexa mal nas miniaturas. ☣Banjo tell me 29 de setembro de 2016 ás 23:09 (UTC)[responder]
- Ó mellor é por isto: Problemas típicos con SVG en Wikipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 09:20 (UTC)[responder]
- Si, para o texto debe ser iso, o problema é que ó mover os cadros de cor tamén se quedan en negro. Sería máis cómodo poñerlle unha {{lenda}} ou unha nota no pé de imaxe de todas formas. ☣Banjo tell me 30 de setembro de 2016 ás 10:33 (UTC)[responder]
- Vale, pois cando poidas quítalle os cadros e póñolle na páxina a lenda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 22:58 (UTC)[responder]
- Si, para o texto debe ser iso, o problema é que ó mover os cadros de cor tamén se quedan en negro. Sería máis cómodo poñerlle unha {{lenda}} ou unha nota no pé de imaxe de todas formas. ☣Banjo tell me 30 de setembro de 2016 ás 10:33 (UTC)[responder]
- Ó mellor é por isto: Problemas típicos con SVG en Wikipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 09:20 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Engádelle directamente a lenda, non pasa nada por duplicar. Para a seguinte actualización xa lle quitarei a lenda na propia imaxe se fai falla. ☣Banjo tell me 30 de setembro de 2016 ás 23:05 (UTC)[responder]
- Xa están engadida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Xa está listo Piñor por Fmrmayo, cando poidas pono en verde. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 21:57 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Feito! Déixame as mensaxes nunha sección nova, senón fáiseme complicado dárme conta de cando hai unha nova :S ☣Banjo tell me 16 de outubro de 2016 ás 01:10 (UTC)[responder]
- Ok, grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2016 ás 08:13 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Ola, Roi! Como vai?
Quería consultarche un asunto técnico, a ver se o podes resolver. No artigo en:The Treasure of the Sierra Madre aparecen as interwikis, e enriba delas o enlace ao artigo noutros proxectos. Dado que nas preferencias de usuario para en:wiki activei o uso do galego, na ligazón a Wikiquote aparéceme "Galicitas", o cal non é correcto; nun primeiro momento pensei que en gl:wikiquote.org existía info sobre dita novela, pero non, levoume a en.q:The Treasure of the Sierra Madre, como era de esperar. Sería posible corrixir a tradución para que se manteña "Wikiquotes" no canto de "Galicitas"? Este é o apelativo agarimoso que usamos nós, pero non creo que deba aparecer como tal.
Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de agosto de 2016 ás 21:32 (UTC)[responder]
Boas, Banjo! Poderías pasar o bot para que corrixise as formas *Gram-positivo, *Gram positivo; *Gram-negativo, *Gram negativo e os seus derivados polas formas grampositivo e gramnegativo que son as que aparecen no bUSCatermos? Grazas. --Isili0n (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 11:21 (UTC)[responder]
Ola Banjo,
Tratarei de incorporar citas como me comentas. Poderiasme axudar a correxir un erro no propio título e substituir boukreev en minusculas e poñelo en maiusculas? Gracias e un saudo.--GZKZ (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 12:45 (UTC)[responder]
Ola Banjo, non quixen deixar a páxina baleira sen máis...evidentemente foi un erro que pensaba amañar. Un saúdo.Nachonion (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:24 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola, Banjo! Poderías mudar co bot a forma cromátida(s) coa normativa que aparece no DRAG cromátide(s)? Tamén agraderíache que mudases a páxina de cromátida a cromátide (eu non sei facelo porque cromátide é unha redirección a cromátida). Grazas de antemán e un saúdo.--Isili0n (conversa) 11 de setembro de 2016 ás 11:12 (UTC)[responder]
- O cambio do título da páxina xa esta feito!--Isili0n (conversa) 11 de setembro de 2016 ás 12:16 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Bótasme unha man co código en Wikipedia:Lista de galegos finados en 1936 segundo Wikidata ? Non acabo de conseguir que funcione.
Graciñas. Un día destes teño que pagarche unha cervexa. --. HombreDHojalata.conversa 13 de setembro de 2016 ás 21:28 (UTC)[responder]
- Moitas grazas! Na maioría dos casos, o que non está definido en Wikidata é o lugar de nacemento, pero estou traballando niso. --. HombreDHojalata.conversa 15 de setembro de 2016 ás 18:19 (UTC)[responder]
Boas, cando teñas un momentiño, poderías cambiar as ligazóns a Idade do Bronce por Idade de Bronce? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2016 ás 21:44 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Feito! ☣Banjo tell me 15 de setembro de 2016 ás 22:16 (UTC)[responder]
- Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2016 ás 22:29 (UTC)[responder]
Boas tardes Banjo. Vexo que andas borrando e marcando "páxinas orfas". Non sei por que conservas algunhas pero o caso é que me fixei en Conversa:Salamanquesa común. Esta conversa tivo que moverse ó artigo osga común, pero vexo que este xa ten a súa conversa propia (Conversa:Osga común), co que non sei que se debe facer. Pero seguro que ti o sabes resolver. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de setembro de 2016 ás 16:21 (UTC)[responder]
- Outro caso é a Conversa:Pleistoceno, que non se moveu ó nome correcto Plistoceno. Neste caso Plistoceno non ten conversa, polo que a solución semella fácil: mover "Conversa:Pleistoceno" a "Conversa:Plistoceno". ¿Así de sinxelo? Por so acaso non o toco. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de setembro de 2016 ás 16:27 (UTC)[responder]
- E unha terceira, Conversa:Léxico de O Grove, que debe borrarse sen máis, como se borrou o artigo correspondente. ¿Por que conservas esta conversa? Pedro --Lameiro (conversa) 16 de setembro de 2016 ás 16:36 (UTC)[responder]
- Entendo o criterio de gardar algunhas cousas "porsiascaso", pero entón temos que inventar un sistema de busca que nos permita localizar estas conversas nun futuro. É dicir, ¿quen pode lembrar que nalgures existe unha páxina Conversa:Léxico de O Grove? Non sei, non lle acabo de ver a utilidade futura. ¿Existe forma de ver que páxinas orfas temos? Pedro --Lameiro (conversa) 16 de setembro de 2016 ás 17:16 (UTC)[responder]
- E unha terceira, Conversa:Léxico de O Grove, que debe borrarse sen máis, como se borrou o artigo correspondente. ¿Por que conservas esta conversa? Pedro --Lameiro (conversa) 16 de setembro de 2016 ás 16:36 (UTC)[responder]
Veo que marcaste este artículo con una plantilla de mantenimiento. No es sorprendente que sea traducción automática, puesto que el usuario que aquí indica ser gallego, en es.wiki indicaba hablar catalán (y no gallego). En todo caso, creo que el artículo bien podría borrarse por lo que expuse en su momento en la consulta de borrado en es.wiki: Este artículo fue creado como parte de una intensiva campaña publicitaria cross-wiki, y carece de un punto de vista neutral, aparte de ser muy poco claro que es verdad y que es fantasía. El propio Artur Balder ha sido condenado a indemnizar a Almudena Ariza por intromisión al honor, algo que curiosamente también intentaban los títeres en wikinoticias (camuflado como noticia, la fuente de esa noticia probablemente sea falsa). Aunque no puedo decir que todo sea falso, sí creo que no es para nada fiable ni neutral lo afirmado en toda la tanda de artículos creados.
Me preguntaba si podías gestionar este asunto, puesto que personalmente ni hablo gallego ni conozco los procedimientos de propuesta de borrado de este proyecto, pero sí creo que no hay que darle un podio a esta figura para promocionarse él mismo. Savhñ 17 de setembro de 2016 ás 22:34 (UTC)[responder]
- @Savh: Quedan Artur Balder y Little Spain marcados con los problemas correspondientes que indicas, y propuestos para su borrado segundo el proceso de consulta local. Puedes ver y comentar (No votar por no cumplir los mínimos locales, pero tu opinión es bienvenida) las dos votaciones aquí y aquí. ☣Banjo tell me 18 de setembro de 2016 ás 17:50 (UTC)[responder]
- Muchísimas gracias, siento las molestias causadas. Savhñ 19 de setembro de 2016 ás 09:26 (UTC)[responder]
Ola Banjero.
Olla, por exemplo: es:Vida Gallega.
Na es.wikipedia meteron a Galiciana no Control de autoridades (en Wikidata xa hai 160 publicacións coa Galiciana ID).
Podemos, nós, facer o propio?
Graaazas. --. HombreDHojalata.conversa 19 de setembro de 2016 ás 20:42 (UTC)[responder]
- Si, espabilaron de carallo :-)
- Pois, cando poidas, mételle tamén o BVPH ID, que debería aparecer, por exemplo, en El Noroeste (1896). --. HombreDHojalata.conversa 19 de setembro de 2016 ás 22:12 (UTC)[responder]
Boas, Banjo! Poderías cambiar as formas tiroideo/a(s) por tiroide(s) —non ten variación de xénero. As referencias da forma tiroide son tanto o DRAG coma o bUSCatermos. Seguramente atope unha chea máis de formas que rematan en oideo/a que despois direiche para ver se podes cambialas tamén. Un saúdo e moitas grazas!--Isili0n (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 21:08 (UTC)[responder]
- Tifoideo/a > tifoide
- Mastoideo/a > mastoide
- Milohioideo/a > milohioide
- Esternohioideo/a > esternohioide
- Esternotiroideo/a > esternotiroide
- Sesamoideo/a > sesamoide
- Alcaloideo/a > alcaloide
- Aroideo/a > aroide
- Cicloideo/a > cicloide
- Concoideo/a > concoide
- Coroideo/a > coroide
- Ganoideo/a > ganoide
- Ovoideo/a > ovoide
- Sacaroideo/a > sacaroide
Sen présa e graciñas.--Isili0n (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 16:12 (UTC)[responder]
Boas! Poderías mudar o artigo Meristemo a Meristema que é a forma que aparece no DRAG? Ao estar a redirección non me deixa cambialo. Graciñas.--Isili0n (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 17:09 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. O teu bot pode pasar *deterioro (agás a 1ª persoa, eu deterioro, pero non creo que deses haxa moitos) a deterioración con facilidade? Ten en conta que cambia o xenero e polo tanto terá que ir cambiando o artigo en moitos casos, e poida que o adexctivo de despois e outros cousas polo estilo. Se non fose posible, imaxino que haberá que darlle manualmente nalgún momento. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21 de setembro de 2016 ás 18:38 (UTC)[responder]
- Estupendo. Moi agradecido. --Atobar (conversa comigo) 21 de setembro de 2016 ás 21:57 (UTC)[responder]
por favor, manda ó teu bot que faga estes cambios: *direción -> dirección (son 19 ocorrencias; e ningunha para *direcións); e *eleción -> elección (8 ocorrencias) e *elecións (18 ocorrencias). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 22:28 (UTC)[responder]
Supoño que non te levará moito tempo dicirlle ao teu bot (nin a el facer a tarefa) que inclúa o modelo {{Meses}} ao final de todos os días do ano. Dos artigos correspondentes aos meses xa me encargo eu, que teño que modificar parte do contido. Moi agradecido de antemán :) --Toliño Fala aquí comigo 29 de setembro de 2016 ás 13:28 (UTC)[responder]
- Abofé. Grazas mil. --Toliño Fala aquí comigo 29 de setembro de 2016 ás 19:11 (UTC)[responder]
Boas, agradezo os teus comentarios para a mellora do artigo da Lomce pero suxiro que en lugar de borrar as miñas aportacións aportes na revisión do artigo a túa perspectiva. A verdade é que así non apetece seguir.
Graciñas--Temepi (conversa) 5 de outubro de 2016 ás 17:03 (UTC)[responder]
Boas Banjo, vin a túa edición sobre a ortografía no artigo Concerto delle donne e despois de revisar o artigo penso que ese aviso non era necesario xa que realmente creo que non tiña tantos problemas. Todos os artigos precisan revisión, obviamente nunca son perfectos, pero eu entendo, e creo que a maioría da xente tamén, que o aviso de ortografía úsase cando hai varios erros ortográficos evidentes, é dicir que fan saltar os ollos cando se atopan :) Os erros ortográficos que había neste artigo non pasaban de ser letras mal colocadas e un par de detalles máis pouco graves. Había que amañalos para que fose de calidade, é certo, pero poñer ese aviso no artigo daba a entender que tiña problemas graves de ortografía, cousa que non era así, e iso ía en contra da proposta para artigo de calidade (como pode proporse para calidadade un artigo que ten problemas de ortografía?). Penso que para recalcar que debía revisarse simplemente chegaba cun comentario na votación, para que os que quixeran participar nela tiveran en conta ese punto e que se animaran a corrixilo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2016 ás 12:51 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Polo momento, o meu nivel de actividade na Galipedia non é previsible que cambie a un ano vista. É dicir, nese sentido non clarifico nada. Gustaríame seguir traballando cos mesmos permisos, mais recoñezo que é unha actividade escasa e realizada a raíz de reclamos casuais cando non os recolle outro antes. Esa é precisamente a idea que tiña estes tempos sobre a función dos meus permisos: algo así como un apoio á administración cando fixera falta por parte de alguén de confianza. Mais entendo que é unha situación anómala. Así que, si credes que causa un mal precendente, que se deben seguir as normas de xeito máis axustado ou sinxelamente, que non debo seguir así, tamén o entendo perfectamente. Estou a disposición. Unha aperta, --Agremon(contacto) 8 de outubro de 2016 ás 16:00 (UTC)[responder]
O dito, ás ordes! --Agremon(contacto) 9 de outubro de 2016 ás 08:43 (UTC)[responder]
Moi boas Banjo. Certo é que este ano non estiven moi activo nos labores de administración. En gran parte debeuse a que estiven todo o ano fóra e non tiven demasiado tempo para a Galipedia. A miña intención é estar máis activo nos seguintes meses, aínda que non creo que poida estar ao nivel anterior. Se tes calquera outra pregunta non dubides en volver contactar comigo. Saúdos. --Beninho (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 14:03 (UTC)[responder]
- Ola Banjo. No meu caso creo que a miña participación na Galipedia pasou de ser editora a máis lectora. Seguirei atento sobre todo ó apartado de artigos de calidade, onde participo nas votacións cando leo o artigo, pero penso que a retirada dos meus dereitos é algo comprensible. Podedes proceder co tema. Quizabes habería que nomear a outros que non o sexan. Saúdos! --Alberte Si, dígame? 13 de outubro de 2016 ás 15:45 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Topei mentres corrixía artigos co botón de páxina aleatoria con Torre de Alarma de Barciela e vin que ten un marcador de sen imaxe ao comezo. Non sei se te lembras de que aínda non hai moito tempo debatemos sobre o lugar e usos dos marcadores en progreso (nalgún lugar da Taberna debe de estar), e que concluímos que era ben pasalos ao final do artigo, con novos modelos. Se non me engano, encargáraste ti de argallar o renovado formato (e quedara fabulosamente). Cres que é posible facelo tamén con este das imaxes? Saúde. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 15:05 (UTC)[responder]
- A min paréceme que está moi ben. Na última frase, muda respecto dos dereitos de autoría por respecto polos dereitos de autoría. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 22:38 (UTC)[responder]
- Ola, Banjo. Quedou moi ben. Eu creo que entra dentro do cambio suxerido para os outros marcadores, motivo polo cal non vexo que poida suscitar ningún problema mudar directamente o vello polo novo. Non obstante, se cres que é mellor volver expoñer o asunto na Taberna, dámoslle. Como ti digas. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 09:51 (UTC)[responder]
- Así sexa. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Niquelado! --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 19:32 (UTC)[responder]
- Así sexa. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Ola, Banjo. Quedou moi ben. Eu creo que entra dentro do cambio suxerido para os outros marcadores, motivo polo cal non vexo que poida suscitar ningún problema mudar directamente o vello polo novo. Non obstante, se cres que é mellor volver expoñer o asunto na Taberna, dámoslle. Como ti digas. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 09:51 (UTC)[responder]
Mira outra cousa, cando poidas, podes cambiar o Ficheiro:Spain Galicia location map.svg para que se amosen os concellos de Cerdedo e Cotobade como se fosen un? Así o modelo de Concello2 quedaría correcto. Logo habería que falar de se deberíamos cambiar ese modelo no resto de artigos de concellos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 23:34 (UTC)[responder]
- Vale, se non podes ou te lías avísame e falo co rapaz. Non o revisei pero ó mellor tamén ten que amañar o concello de Oza-Cesuras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2016 ás 19:05 (UTC)[responder]
Feitas as dúas fusións. --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2016 ás 21:52 (UTC)[responder]
Ficheiro:Spain Galicia location map.svg
Grazas polo aviso, non me decatara. Agora me poño con iso. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 20 de outubro de 2016 ás 12:52 (UTC)[responder]
Ola Banjo.
Temos integrada a Galiciana, para obras, no modelo:control de autoridades, pero non a temos integrada para autores, e poderiamos.
- Para obras, funciona coa d:Property:P3004. A URL é algo así como: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/consulta/registro.cmd?id=
- p. e.: Álbum de la Caridad: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/consulta/registro.cmd?id=5195
- Para autores a property inda non esta creada. A URL sería algo así como: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/busqueda_referencia.cmd?campo=idautor&idValor=
- p. e.: Antolín López Peláez: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/busqueda_referencia.cmd?campo=idautor&idValor=15080
Podes meterlle man? Grazas, mil. --. HombreDHojalata.conversa 21 de outubro de 2016 ás 19:18 (UTC)[responder]
P.D.: Amais (pero isto xa é outro conto) temos o modelo:Galiciana, no que pasa o meso. Habería que movelo a {{Galiciana obra}}; crear {{Galiciana autor}}; revisar a categorización automática Categoría:Wikipedia:Artigos con identificadores Galiciana, por se procede renomeala e/ou separala en dúas etc.
- Paréceme moi ben. Xa me poño eu. Agás no traballo do (teu) bot de mudar {{Galiciana}} por {{Galiciana obra}}.
- Así e todo, os dous modelos {{Galiciana obra}} e {{Galiciana autor}} non van ter utilidade, porque o que ofrecen xa vai aparecer no {{control de autoridades}}. Quizais sería mellor simplemente eliminalos. --. HombreDHojalata.conversa 27 de outubro de 2016 ás 19:55 (UTC)[responder]
- Quero dicir, que eu irei metendo o ID de autor en Wikidata. Non porei o modelo {{Galiciana autor}} nos artigos. Sería repetitivo e unicamente útil na Galipedia. En Wikidata é útil para tódalas wikis, vía {{Control de autoridades}}. --. HombreDHojalata.conversa 27 de outubro de 2016 ás 20:05 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! ☣Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]
Fedellando en Especial:Páxinas sen categoría dei coa páxina "WP:CHECKLINKS" (creada por ti) que é unha redirección suave. O problema é que dese xeito coido que o sistema considera a páxina como un artigo, polo que contabiliza nas estatísticas como tal e non debera ser así. No caso das redireccións do tipo "WP:..." que usamos como atallos non hai ese problema porque son redireccións propiamente ditas. Ocórreseche algo que facer con esa páxina?
Con todo, vexo que na Wikipedia en inglés tratan as páxinas do tipo "WP:..." directamente como se estivesen no espazo de nomes Wikipedia ("WP:" é un alias de "Wikipedia:"). Por outra banda, alí teñen tamén o que chaman pseudo-espazos de nomes, que poden ser de utilidade. Supoño que todas estas son opcións que se activa mediante petición en Phabricator. Quizais algunhas sexan opcións a considerar. --Toliño Fala aquí comigo 29 de outubro de 2016 ás 10:22 (UTC)[responder]
Ola!, cando poidas, podes poñer Viveiro en verde no mapa? Saúdos e grazas, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 00:08 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Feito! ☣Banjo tell me 2 de novembro de 2016 ás 07:33 (UTC)[responder]
- Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 08:15 (UTC)[responder]
- Tamén habería que cambiar as cores de Friol e Vilalba por laranxa. De momento non hai máis cambios de cor na provincia de Lugo. Acabo de comprobalo. Grazas de antemán. --Chairego apc (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 22:33 (UTC)[responder]
- Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 08:15 (UTC)[responder]
Esquecín o contrasinal de Chabi1 e por iso estou a usar a de Chabi. --Chabi (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 11:50 (UTC)[responder]
- Grazas pola túa axuda e desculpa as molestias. --Chabi (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 11:56 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! ☣Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]
Si xa o sabía, pero na páxina de HGMA2 confundinme e puxen en tradución. Recibín a túa mensaxe (a primeira) o mesmo día que o puxera e segundos despois xa o cambiei e xa estaba ben, pero algo debeu de pasar que non quedou gravado. Seguramente non lle din a gardar, porque o fixen nunha hora libre que tiña no instituto e, despois, tocou o timbre para a seguinte clase e tiven que apagar o PC moi rápido, e seguramente non lle dei a gravar, pero eu pensaba que si, por iso non lle fixen máis caso. Cría que xa estaba arranxado.--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2016 ás 09:40 (UTC)[responder]
Podes puñar a rular o bot para facer esa substitución? Para *estonia > estoniana xa é bastante máis complicado, porque Estonia si existe, claro, como nome do país (non como adxectivo). Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 4 de novembro de 2016 ás 19:52 (UTC)[responder]
Boas Banjo, diríxome a ti porque es quen está actualizando ultimamente os mapas co número de parroquias que faltan en cada concello. Observei que na provincia de Ourense hai varios erros:
- O Carballiño e O Irixo están feitos (estaban como pendentes de subir).
- O Pereiro de Aguiar, Vilamarín e Vilamartín de Valdeorras están na categoría de 6 a 10 (os dous primeiros constan como que lles faltan ata 5 e o último que lle faltan máis de 10).
- A Montederramo e Carballeda de Valdeorras fáltanlles máis de 10 (están na categoría de 6 a 10).
A provincia de Lugo vai a fume de carozo. Xa vin que actualizaches o mapa antonte, desde entón Vilalba e Friol pasaron á categoría de ata 5. Por certo que o anaquiño de terra entre Begonte e Cospeito pertence a Vilalba. Ben, xa me pasaras a factura polo traballo que che dou :) saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de novembro de 2016 ás 23:24 (UTC)[responder]
- @Xosé Antonio:
Feito! creo que quedan amañadas, revisa por se metín a zoca. ☣Banjo tell me 4 de novembro de 2016 ás 23:59 (UTC)[responder]
- Grazas Banjo, agora está perfecto. Un detalle sen moita importancia, esqueciches actualiza-la data :) --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de novembro de 2016 ás 19:21 (UTC)[responder]
- @Xosé Antonio: Olvídaseme (case)sempre :( Queda para a seguinte actualización. ☣Banjo tell me 5 de novembro de 2016 ás 19:25 (UTC)[responder]
- Grazas Banjo, agora está perfecto. Un detalle sen moita importancia, esqueciches actualiza-la data :) --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de novembro de 2016 ás 19:21 (UTC)[responder]
Boas!, mira, cando teñas o bot descansando, podes mandarlle cambiar os textos *"de outros" por "doutros"? Hai máis de 300 casos, non todos son incorrectos, atopei 6 (Refraneiro galego sobre o cabalo, Masacre de Lisboa de 1506, A morte na literatura popular galega, Patrick Ssenjovu, As árbores na cultura popular galega e Teolindo Cortiña) que non se deberían cambiar pero xa teño os artigos en vixilancia e cando remates o proceso xa os revirto eu, vale? Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 13:12 (UTC)[responder]
- Espera un anaco que ó mellor tamén hai que facer o mesmo con *"de outras", xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 14:49 (UTC)[responder]
- Xa revisei os *"de outras", hai máis de 200 casos e só hai que deixalo nos artigos Historia de Lugo, Friol e Uxío Carré Aldao que xa teño en vixilancia. Cando poidas mándalle ó bot que amañe estes dous erros... O:) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2016 ás 10:36 (UTC)[responder]
Boas Banjo! Estiven mirando o artigo Hatikvah e vin que ao final do mesmo hai un </noinclude>
que non sei de onde ven e creo que é a causa de que o artigo se visualice tan raro. Poderías botarlle unha ollada? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]
- @AMPERIO:
Feito! Amañouno Chabi (conversa · contribucións). {{Himnos nacionais de Asia}} Tiña un
</noinclude>
perdido polo fondo. ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2016 ás 13:40 (UTC)[responder]
Foi un erro meu, xa o desfixen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2016 ás 11:55 (UTC)[responder]
Pedín o borrado porque fusionei o artigo con gnosticismo. --Chabi (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 10:19 (UTC)[responder]
- Mellor o que fixeches. Perdoa as molestias. --Chabi (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 10:20 (UTC)[responder]
Boas noites Banjo. No artigo glaciación non temos o interwiki co artigo homónimo na es:wiki; e tampouco alí teñen a ligazón coa galega. ¿Podes solucionar ese fallo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 20:30 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! ☣Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~[responder]
¿Sabes se existe algún modelo para referencias de páxinas web? --Chabi (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 10:22 (UTC)[responder]
- Perdoa, só para asegurarme de que a utilicei correctamente. Poderías mirar aquí e dicirme se é necesario cambiar algo? --Chabi (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 10:31 (UTC)[responder]
- Grazas pola túa axuda e perdoas as molestias. --Chabi (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 10:36 (UTC)[responder]
Bo día Banjo, Rematadas quedan as imaxes das parroquias de Friol, un verde máis para o mapa de Lugo.Saúdo - Riciños (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:44 (UTC)[responder]
Cando poidas, pon outra verde. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 21:38 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:
Feito! ☣Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 21:44 (UTC)[responder]
- Así da gusto! :) Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 21:53 (UTC)[responder]
Ola!
Escríboche para saber se poderías crear unha ficha de cargo que poña quen é o titular do cargo, tratamento, etc. Algo semellante á Wikipedia en castelán.
Graciñas ;) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Iloveread0102 (conversa • contribucións) 12 de novembro de 2016 ás 19:04
Ola! Non me refiro ao modelo da ficha de político, senón a unha ficha de cargo que poña o propio cargo, o tratamento, o titular, dende cando... Similar á que aparece na Wikipedia en castelán ao buscar cargos como Presidente do Goberno de España.
Apertas! Iloveread0102 (conversa) 15 de novembro de 2016 ás 21:27 (UTC)[responder]
Boas. Suxiro que borres o ficheiro Ficheiro:Situacion Oza-Cesuras.PNG como borraches o dos outros concellos, porque o de Wikimedia Commons é mellor. Saúdos. --Vivaelcelta (conversa • contribucións) 13 de novembro de 2016 ás 21:01 (UTC)[responder]
Ola, Roi! Como vai? Quería facerche unha consulta/proposta. É posible co bot agregar a Categoría:Lugares de Galicia despoboados aos artigos de lugares que teñan poboación = 0? Xa me comentarás. Un saúdo, e graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de novembro de 2016 ás 20:51 (UTC)[responder]
- Moitas grazas! O asunto xurdiu a raíz dunha conversa con usuario:Rodelas de es.wiki, que está a desenvolver listados de lugares deshabitados de España, como por exemplo es:Anexo:Despoblados de la provincia de Valladolid. A idea que teño é crear un Wikiproxecto:Lugares de Galicia despoboados, pero ando xa en cen cousas. Deille tamén a Categoría:Demografía de Galicia.
Só un pero: por exemplo, o artigo A Esmorisa, Riobó, Cabana de Bergantiños estaba na Categoría:Lugares de Cabana de Bergantiños e para que aparecese na letra E púñase [[Categoría:Lugares de Cabana de Bergantiños|Esmorisa, A]], pero ao meterlle a Categoría:Lugares de Galicia despoboados aparece na letra A. Outra tarefa para o bot podería ser a seguinte (quizais é moito rollo; non sei se é moito reto :D ): nos artigos incluídos en Lugares de Galicia que comezan por "A", "As", "O" e "Os", incluír o modelo {{ORDENAR:}} co nome despois do artigo; sería posible? Non sei se me explico. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de novembro de 2016 ás 22:04 (UTC)[responder]
Intentei facer unha versión da imaxe do ciclo de vido dos musgos e cargala en Commons como nova versión do arquivo, pero algo debín de facer mal porque o "nova" versión quedou exactamente igual que a "vella" versión (como se pode comprobar no historial de modificacións desa imaxe). Entón o que se me ocorreu facer foi cargar a "nova" versión na Galipedia e esta vez si saiu coas modificacións. As modificacións eran necesarias xa que o arquivo orixinal usaba brión, que actualmente non se admite co significado de musgo, tiña varias palabras en inglés sen traducir (venter, venter enlarged), usaba unha terminoloxía pouco habitual en botánica nalgúns termos (esperma, ovo, que xeralmente se usan para animais) e faltábanlle acentos. Despois deime conta de que hai unha versión svg en inglés que é a que hai que ir pensando en traducir no futuro para substituír este png. Agora, tal como quedou a cousa, a imaxe que aparece é a vella e non a nova coas modificacións.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]
- Grazas, Banjo. Non sei que fixen ao cargar inicialmente a imaxe que non saíu, aparentemente fixen o mesmo que fago sempre.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2016 ás 21:24 (UTC)[responder]
Ola! Son modelos auxiliares de Covinfobox que serven para que se nun modelo engades unha lonxitude ou peso en pés (por exemplo) poña a súa conversión ao lado en metros (por exemplo). Serve para a conversión de moitos tipos de medidas. Úsase moito nas fichas de deportistas, por agora só o implantei en "Xogador da NFL". Está baseado no modelo do mesmo nome da wikipedia en inglés, aínda que vou ver se se pode mellorar ou tocar por algún lado. Fíxeno así porque non logrei encontrar ningún equivalente na wikipedia en galego. Saúdos! --Adorian (conversa) 16 de novembro de 2016 ás 14:30 (UTC)[responder]
- Ok! Sen problemas! Tíñao pensado facer unha vez rematados todos os modelos auxiliares (aínda me quedan un par deles). Saúdos!Adorian (conversa) 16 de novembro de 2016 ás 14:35 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! ☣Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]
Quixen votar para o mecanismo da procura do consenso, mais non sei se quedou rexistrado correctamente o meu voto.Unhanova (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 08:15 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Detectei que BB (aquí) estragou o gráfico de poboación ao reducir o numero de liñas en branco consecutivas, de dúas a unha.
Na liña 66. Xusto entre estas dúas:
BackgroundColors = canvas:white
PlotData=
Xa está amañado. --. HombreDHojalata.conversa 23 de novembro de 2016 ás 22:05 (UTC)[responder]
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! ☣Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)[responder]
Boas, Banjo. Poderías cambiar o título dos artigos Ursa Maior e Ursa Minor a Osa Maior e Osa Menor respectivamente? Estas son as formas que aparecen no DRAG. Saúdos.--Isili0n (conversa) 26 de novembro de 2016 ás 09:53 (UTC)[responder]