Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo9
Arquivo de mensaxes antigas: Dende o 6 de xuño de 2006 |
actual | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
Topónimos estranxeiros
[editar a fonte]Non pretendo abrir unha nova fronte de debate pero hai cousas que me resultan moi chocantes, polo que sei estamos considerando como fonte para eses topónimos o Galego en liña da Universidade de Vigo, ao tempo que se di que deixa moito que desexar como fonte de referencia pero que non hai outra. Pero eu que non sei moito despois de mirar esa páxina quedei abraiado coas formas que alí se propoñen, aparece unha Abiasia que non pode ser outra cousa que unha malísima tradución do castelán Abjasia e que ademais contradí unha pauta da Real Academia Galega como aparece explicado en Conversa:lingua abkhaza e que ademais contestan desde o SNL da Universidade de Vigo co que eu pregunto quen estableceu os topónimos que aparecen en Galego en liña, parece que non foi o SNL desa Universidade ou polo menos non participou quen contestou (formalmente sei que está feito pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pero eu non sei que é unha ANL nin se a integran lingüistas como no SNL). Aparece un Cornualle que supoño que será un erro por Cornualles senón non lle vexo explicación. Un Bon que non hai en ningunha outra lingua nin na Galipedia onde temos Bonn, un Wáshington inexplicable xa que procede dun apelido. Hai algún criterio que faga merecedora a esa páxina ser fonte, ou é tan só por non termos outra?--Arco de Rayne 15:01, 6 abril 2008 (UTC) Doume de conta que non é unha pregunta moi aquelada para unha tarde de domingo, e ademais con este sol que hai que aproveitar :)--Arco de Rayne 15:26, 6 abril 2008 (UTC)
- Grazas pola contestación, tes razón xa aparecerá unha fonte que non teña eses problemas e mentres tanto de se aplicar sen pecharse nela non ten porque ocasionar problemas insalvables.--Arco de Rayne 20:02, 6 abril 2008 (UTC)
Títulos dos modelos
[editar a fonte]Grazas polo aviso, a partir de agora fareino así. Se o facía doutro xeito (poñéndo entre paréntese o concello) foi porque o vin así nos que xa estaban feitos no Concello de Agolada, que foi a guía que seguín. Saúdos.--Xas (fálame) 13:39, 8 abril 2008 (UTC)
Concellos sevillanos
[editar a fonte]Pode que teñas razón si, pero de todas maneiras eses artigos só son un comezo e, o máis importante, na wikipedia española en moitos deles carece de maior información que os datos estatísticos. Só é variable o dato da poboación e a densidade, pois o da extensión, coordenadas xeográficas, altitude e distancia á capital provincial non creo que varíen moito. Saúdos!.---Meu rei, 16:53, 9 de abril 2008 (UTC)
Imaxe con orixe en Commons
[editar a fonte]Ola Xabier Cid/arquivo9. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Vanessafernandes.JPG, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Vanessafernandes.JPG), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.
Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Vanessafernandes.JPG foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.
Un cordial saúdo.
--77.54.127.9 16:40, 10 abril 2008 (UTC)
Borrado
[editar a fonte]Grazas de novo pola túas indicacións. Saúdos. --Xas (fálame) 21:25, 10 abril 2008 (UTC)
País desaparecido
[editar a fonte]Ola Xabier. Si, boa idea iso de poñercho na túa conversa ;), como ves non estou moi posto aínda con todas estas cousas, pois iso, no problem, o que pide excusas son eu por non avisar do que se estaba a facer, a verdade pensei que me ia levar menos tempo e ademáis que ia pasar inadvertida como mostra da miña incompetencia :D, a ver se pouco a pouco vou collendo o truco. Veña, grazas e un saúdo.--Alexandros 10:48, 11 abril 2008 (UTC)
Re:Imaxe
[editar a fonte]Non fun eu quen colocou esa etiqueta. Posiblemente fose o mesmo usuario que subiu a imaxe a Commons. A etiqueta era incorrecta, xa a cambiei, en vez de poñer {{SubidaACommons}} puxo {{NowCommons}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:10, 11 abril 2008 (UTC)
Oskar Schindler
[editar a fonte]Xabier, bota un vistazo a Conversa:Oskar Schindler e conclúe se podemos poñer 1.100 (por simplifica-los 1.098) ou se son 1.200 (se engadimos a eses os 80 do hospital). O único que entendo das referencias que atopou Arco de Rayne é que non podemos falar de "xudeos polacos" porque tamén os había doutras nacionalidades, se ben case todos eran polacos. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:15, 11 abril 2008 (UTC)
- Explícome mellor, Xabier: chamoume a atención a discrepancia das cifras e fago a chamada para que alguén o comprobe. Arco de Rayne tómase o traballiño de buscar e achega esa puntualización, indicando dous enlaces onde poder confirmalo. Xa sabes os meus coñecementos de inglés e non acabo de enterarme do que din esas webs, polo que sigo sen saber se ó final son 1.098 (é dicir, uns 1.100) ou 1.098+80 (é dicir, 1.200). Quero dicir que non chego a entender se eses 80 están xa contados ou non dentro daqueles 1.098. Nun listado que vén neses enlaces aparecen numerados os presos (en liñas), e ningunha cifra chega a 1.000. O que che pedía era que ti, como o meu tradutor oficial, leas esas páxinas e saques a conclusión que proceda, para unifica-la cifra. Sei que, en realidade, pouco importa que sexan 1.100 ou 1.200, pero non podemos da-las dúas cifras, unha ó principio e outra ó final. Veña, Xabier: dedícalle 10 minutiños e danos unha cifra, aínda que logo poñámo-las explicacións que consideres en nota ó pé. Pedro --Lameiro (conversa) 11:10, 12 abril 2008 (UTC)
Corcubión
[editar a fonte]Ola de novo, Xabier. Xa vin que amañaches o do futuro alcalde. Eu pola miña banda dediqueime a completar as Eleccións municipais de Corcubión, mais non teño datos das de 1979, só sei que foi Rafael Mouzo nas listas do PTG. Tes algún dato máis para rematalo? Grazas.--PepedoCouto 20:07, 11 abril 2008 (UTC)
Ola outra vez Xabier. Vin o artigo do personaxe e colocácheslle un [Cómpre referencia], pois ben, non pode habela porque non ten a titulación. Atopei estes artigo na rede.
As diplomaturas que adornan o seu curriculo, son simplemente cursiños. Agardo que che sirva de algo. Por certo, o artigo de El País é totalmente certo.--PepedoCouto 14:33, 14 abril 2008 (UTC)
Top ten galego
[editar a fonte]Ola Xabier ! Por ven voltas que dée non esta nas miñas competencias de facer medrar e arranxar os artigos istes. Parece que o que buscan os galeofalantes non é a nosa parte mais boa. Si vexo que ningun especialista se pón intentarie a finales do mes de facer algun arranxiño cavilando cos artigos doutras linguas. Saúdos ElviraConversa con mi 14:06, 13 abril 2008 (UTC)
Charlas en Ordes
[editar a fonte]Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)
Re: aviso de violación de copy no artigo Flor Morales Ramos
[editar a fonte]Ola, son Skulda, primeiro, síntoo por non ter respondido antes, pero xa hai un tempo longo que non fago case nada na wiki. Estasme a falar dun artigo do 2004, cando eu estaba máis que en cueiros nesto da edición na wiki, e nin tiña memoria de ter feito tal. Pero despois de comprobar os feitos e ver que sí que é certo que o comezara eu, recordei que houbo unha longa tempada onde me adiquei a traducir unha serie de artigos que falaban sobre temas sudamericanos (relacionados coa música e bailes de zonas que a min parécenme demasiado remotas como para meterme nelo) que aparecían todas incluídas en castelán, e inda por riba mal escrito!! Se tal fixen, probablemente foi porque dalgunha maneira estiven en contacto con ese usuario, e me proporía traducilo. Máis tarde, Agremon avisoume de que o bloquearan por eso. Co cal, desculpade que, se ben eu daquelas non tiña idea, agora que xa vou coñecendo algo mellor o funcionamento desta wiki, proporía a eliminación máis que inmediata do artigo!! Skulda 21:05, 16 abril 2008 (UTC)
Re: Pazo de Meirás, 2
[editar a fonte]Voulle botar unha ollada. Pero se o cambio como dis é significativo, ti mesmo podías tirar a etiqueta de copyvio. Iso si, non está mal de que pasems dous por artigos conflitivos coma ese.
Sobre a proposta de revogación, cada día que pasa, creo que ten máis senso (por moito que teña votos que me respalden como administrador). A vida (a marcha da Galipedia) ten que seguir adiante e a algúns acabaranos comendo.
Amólame seguir como administrador cun único motivo: hai administradores e usuarios que queren que siga. Pero é que non encontro máis motivos ca ese e que pensar que lle debo algo a algúns que estivern antes e a outros que, inda estando despois, están comigo.
Pero non me dou reciclado. Non me gusta no que se converteu isto, e por iso creo que sobro neses labores. Non vou abandonar a Galipedia, pero creo que é mellor para todos que sexa un usuario común. É o único que quixen manifestar.
Agradeceríache que me botases unha man e que escribises (se é que tes máis dominio de inglés ca min) un texto que me servise para renunciar á administración da Galipedia, pero un texto no cal quedase claro que non renuncio á administración de Commons, de Galilibros ou do Galicionario (o demais dáme igual). Se tivese ese texto e se lembrase onde editalo (non sei, non lembro, inda que Xelo mo dixera cando por primeira vez pensei en facelo), posiblemente xa o tivese feito.
Non quero con iso asegurar que vou renunciar, pero si podo asegurar que se tivese ese texto xa non sería fai tempo adinistrador e que, téndoo, non creo que dure demasiado, inda que non podo aseguralo.
Sigo dicindo que o que fago podo facelo como usuario, non preciso a administración. Non borrarei imaxes, pero marcareinas como copyvio. Pola contra, quitareime unha carga de enriba, e unha responsabilidade referida á marcha do wiki. E ademais, posiblemente sexades máis libres sen min, sen unha voz que distorsione.
Non me molesta no máis mínimo que poidas votar a favor da miña revogación. Se ti mesmo. Se votas a favor, concordas comigo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 27 abril 2008 (UTC)
imaxe da semana
[editar a fonte]ola! se aínda estás conectado, podes pór unha imaxe da semana? sei que non está ben saltar as normas, pero peor está a ligazón en vermello. A semana pasada solucioneino antes das 12 da noite, pero esta vez non me deu tempo. Un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:43, 28 abril 2008 (UTC)
Boas, acepcións
[editar a fonte]Boas Xabier Cid, vin que estiveches modificando o artigo Aquila, con toda razón posto que ten varias acepcións, precisamente desto queria falar, como tendes establecidos os criterios para por varias acepcións dunha palabra?, que se debe facer cando sabes que un tema ten varias acepcións? O caso é que estou con artigos de astronomía e esto pasa a cotío, por ex. sagitario, tes o zodíaco, o mito, a constelación .... Se me podes aclara-lo tema, mellor ca mellor.--Xabier (fálame 10:27, 30 abril 2008 (UTC)
Máis de Homónimos ...
[editar a fonte]Quedoume todo claro pero coma xa che comentei practicamente tódolos artigos que estou a facer teñen varias ou moitas acepcións e homónimos, a quen lle poderia pedir que me botase unha man? por que traducir e compila-los artigos dende varias wikis leva tempo e hai que romperse bastante a cabeciña por que hai que ir recollendo de varios sitios; se alguén me puidese ir facendo ás páxinas de homónimos pois podería levar máis da man o traballo coas constelacións.--Xabier (fálame 10:59, 30 abril 2008 (UTC)
Francia
[editar a fonte]Ola Xabier, gustaríame perdirche un favor, aínda que sei que tes moitas cousas que facer. Elvire e máis eu estamos traballando na tradución do artigo Francia a partires da versión da fr:France. Polo de agora traducimos os apartados de Historia, Política e Divisións administrativas. Gustaríanos que fose un artigo de certa calidade, compre que alguén o revise de cando en vez. Podería botarlle unha ollada?--Hugo22 11:54, 30 abril 2008 (UTC)
Os artigos conposibles homónimos
[editar a fonte]Ben, a decisión de coma face-los artigos de homónimos ou as redirecións dos artigos que fagan falla facer, deixocha a ti que sabes desto moito máis ca eu; estes son os nomes dos artigos que fixen ou fedellei neles e que creo que deberían ter un artigo de homónimos (ou acepcións), Virgo, Aries (constelación), Antínoo (constelación), Andrómeda (constelación), Apis (constelación), Auriga (constelación), Aquarius (constelación). --Xabier (fálame 05:07, 1 maio 2008 (UTC)
Si, tiña pensado tamén eu ir facendo algo, ademáis non ten por que ser de inmediato ;--Xabier (fálame 14:20, 1 maio 2008 (UTC)
Outra preguntiña, As categorias quen as fai ou coma se fan???
Non sei se estou facendo ben co dos homónimos ... pero coma case tódolas constelacións (por non dicir todas) teñen coma mínimo o mito e a constelación, ademáis case sempre varias acepcións máis, pois eu por adianto xa lles poño a todas aquelas constelacións que teñen mito ou se refiren a un animal, obxecto, ect... o de (constelación), xa que vai ter varios homónimos, tamén ó mellor podería ser maís aclaratorio por unha redirección intermedia có nome da constelación en galego (xa que tódalas constelacións teñen os nomes en latín), por ex., A Balea (constelación) e redirixir a Cetus (constelación).--Xabier (fálame 21:42, 7 maio 2008 (UTC) Por certo, agora hai que cambia-las ligazóns que habia noutros artigos doutras linguas e estes artigos, non?
Menos mal que os bots cambian esas ligazóns, por que eran unha burrada delas; e haber se lle pillo xa o toque ós homónimos do copón .....--Xabier Cancela (fálame 23:18, 7 maio 2008 (UTC)
numeración dos papas
[editar a fonte]ola! deixei unha mensaxe na Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Papas, e me gustaría que ti e Alberte lle botáralledes un ollo. Graciñas. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:12, 8 maio 2008 (UTC)
boxeo
[editar a fonte]boa noite! non vin o combate, escoitei na radio, e deron a entender que nin el sabía de onde lle viñan os golpes... En todo caso mañá mirarei na prensa (supoño que na web da Voz de Galicia porán algo) e se pode facer unha "crónica" da velada. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:19, 10 maio 2008 (UTC)
lixo
[editar a fonte]bo día!
entendo. moitas veces tamén borraba o contido se estaba en castelán, ou se non tiña nada que ver co asunto. Co das fusións, e tal, aínda me fago un lío. Ás veces (como Conca do Sil), non o propoño para fusionar porque non creo que aporte nada novo ó artigo principal. Outras (como Leis de Newton) por que non o teño nada claro.
En fin. Graciñas. Seguimos aprendendo. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 05:36, 14 maio 2008 (UTC)
cuestionario
[editar a fonte]ola Xabier! Ofrézome para responder ó cuestinario. Se aparece alguén máis, fantástico. Deixo comentario-proposta onde dixeches o asunto. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:19, 14 maio 2008 (UTC)
Gabita
[editar a fonte]Ola Xabier Cid. Ando clasificando imaxes e atopei algunhas dunha gabita feitas por ti (Imaxe:PolosGabita.JPG, Imaxe:Gabita.JPG, Imaxe:Gabita2.JPG, Imaxe:OvosGabita.JPG), ia poñelas na categoría Imaxes de animais de Galicia pero non sei se estou no certo. Podesme confirmar se foron feitas en Galicia? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:07, 17 maio 2008 (UTC)
- Grazas pola resposta. Haberá que preguntarlle aos pais onde naceron, cando demos con eles ;-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:12, 17 maio 2008 (UTC)
inclusionista !
[editar a fonte]Ola Xabier ! Eu propuxen o artigo augardente para borrar rapido non por falla de formato wiki pero por ser unha opinion mui persoal do sentido enciclopedico, por demais o día das letras galegas, día para porse de escaparate (lol). Vou amañar un pouco a cabeceira co artigo de es:aguardiente. Xa sabes si non está ben podes revertir, eu non son de guerra e teño moita confianza no teu xuicio. Encantada de cruzarte un día tan bonito coma hoxe D: ElviraConversa comigo 20:47, 17 maio 2008 (UTC)
- Por demais quedanme dubidas :
- vé os artigos franceses fr:aguardiente; fr:eau-de-vie, os artigos en castelán e en ingles que lle corresponden !
- logo ainda me queda a dubida de sempre : como conta esto a lingua galega ???
De verdade Xabier deixote xuez. E é unha boa cousa que se conserve o artigo, ainda que teña que millorar. Saúdos ElviraConversa comigo 21:47, 17 maio 2008 (UTC)
Ola
[editar a fonte]Son un colaborador habitual de Wikipedia en español. Nela estou rexistrado co mesmo nome. Son membro do Foro Cultural Provincia do Bierzo. Especialízome en artigos referentes ao Bierzo, sobre todo de historia.
Corrixín ese artigo porque non é correcto. Non existía o Reino de León mentres O Bierzo foi provincia (é máis houbo unha tempada que estivo unido a Lugo.
Doutra banda, ese mapa non é correcto. Nin a división territorial (falta Palacios del Sil) nin o nome "llion" que non está recoñecido por ningunha institución excepto polo Concello de León, que por suposto non é quen para decidir normas ortograficas e que casualmente está gobernado polos promotores desa denominación, a UPL.
Se mo permites gustaríame subir un mapa correcto e outra imaxe que indica a situación do Bierzo. --FCPB 01:31, 18 maio 2008 (UTC)
- Acabo de recibir a túa mensaxe.
- Quen debe demostrar a existencia é o usuario que afirma que existiu. Non pode existir unha referencia dicindo que non existía.
- De todas as maneiras tes esta páxina de Wikipedia na que podes ver que o Reino de león desapareceu moito antes de 1822 [3]
- Perdon se o meu galego non é moi bo.--FCPB 01:40, 18 maio 2008 (UTC)
- Gustaríame engadir estas dúas imagenes:
- Imaxe:sit_bierzo.jpg
- Image:Mapa do Bierzo.jpg
Pregunta
[editar a fonte]Teño dúas pregunta:
Podo traducir os artigos que creei en Wikipedia?
Quen pode axudarme a corrixir a miña tradución?--FCPB 02:07, 18 maio 2008 (UTC)
Wikipedia
[editar a fonte]Ola.
Falaremos máis detidamente máis adiante.
Pero ante todo debo aclarar un tema: as edicións os artigos que editei en Wikipedia non foron polemicos, nin a súa redacción. Podes comprobar que a suposta polemica provócoa un vandalo que creo ¡¡¡16!!! titeres para dar valor ao seu punto de vista (multiples peticións de referencias, acusacións de plaxio,...) que sempre era o dunha mesma acode que se cara a pasar por moitas.--FCPB 18:42, 18 maio 2008 (UTC)
Arquivos ogg
[editar a fonte]Ola Xabier. Nunca subín un arquivo de son por, fundamentalmente, ter dúbidas sobre os formatos. Us únicos formatos válidos para son ou música son Ogg Vorbis/FLAC/Speex ou MIDI
O meu descoñecemento é maior seguramente có teu. Eu non sei se todos os formatos ogg son ogg vorbis e, agás o midi, os outros non os coñezo.
Non se me ocorre nada. Síntoo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:38, 18 maio 2008 (UTC)
- Esquecín dicir que o artigo semella correcto. Vou revisar se está categorizado nalgún sitio, esquecime de facelo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:45, 2 xuño 2008 (UTC)
Re
[editar a fonte]Pregariache que repasases as túas actuacions e non me pidas o que ti non fixeches cando ao pechar unha votación (non durante o transcurso) anulaches un voto por xulgar monicrequismo a miña actuación e a de Alma (repasa as causas que alegaches, as que aportu Prevert e a causa pola que o fixeches nese intre e non antes). Tamén pregaríache que evites dirixirte a min acusándome de ideas paranoicas xa que o considero irrespetuoso. Co meu voto eu non bloqueo nada nin saboteo nada, expreso a miña opinión o máis educadamente posible. Se ela non coincide coa túa non creo que sexa moi construtivo tildala de paranoica. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 15:01, 19 maio 2008 (UTC)
RE
[editar a fonte]Lo siento pero alguien entro en mi cuenta.--Sony9 15:24, 19 maio 2008 (UTC)
Si, pódese propoñer. Naturalmente eu non podo propoñela. Acabo de incorporala a un arquivo da Galipedia (requisito ó meu parecer indispensale para poder ser proposta). Acabo de ver a mensaxe que me deixaches en Commons. Vou mirar agora a imaxe, pero tras mirala deitarei, xa che direi mañá.--Lmbuga Commons - Galipedia 22:35, 19 maio 2008 (UTC)
- Metome : pasando por Commons pensei a misma cousa ca ti Xabier ! Concordo para que sexa proposta. Saúdos ElviraConversa comigo 22:41, 19 maio 2008 (UTC)
- O caso desa imaxe pode superarme (espero ter actuado ben en Commons, creo que si). O contido da páxina de orixe é GPL. Mudeille a licenza GFDL por GPL. Eu creo que a imaxe é correcta citando ben a orixe (cousa que tamén mudei na imaxe). Se non é así, xa dirán outros--Lmbuga Commons - Galipedia 22:50, 19 maio 2008 (UTC)
- É moi interesante o caso desa imaxe. Se estou no certo, poderiamos servirnos desa páxina -se é que son serios e non cometen copyvios- para subirmos imaxes. O problema é saber se son serios ou non.
- En Commons non se admiten imaxes dalgunhas páxinas que están no dominio libre por falta de seriedade (quizais sexa o caso de http://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Stock.xchng_images , non estou seguro, pois o inglés resúltame complicado). Mesmo algunhas imaxes de Flickr poderían ser borradas inda que estivesen en Flickr no dominio libre se se demostra que son copyvio en Flickr.
- Gustaríame saber a opinión de Prevert ó respecto, pois sobre estes asuntos ten moi bo criterio. Mañá deixareille unha mensaxe para que lle bote un ollo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:12, 19 maio 2008 (UTC)
- Desculpa que non vise a tempo a mensaxe que me deixaches en Commons cando os dous estabamos conectados (foi onte ou antonte). A cousa é que eu estaba traballando na Galipedia e cando me dei conta da mensaxe, pois a deixaches en Commons, non me daba tempo de atendela. Así e todo, procurei agora atendela e non encontrei que houbese as imaxes que dicías na Galipedia.
Antes de atender iso, borrei dúas imaxes en Commons de movementos reintegracionistas ou similares por copyvio. Quizais por iso non as encontrase.
Por outra banda, o control sobre imaxes novas é máis efectivo na Galipedia do que en Commons, porque é doado encontrar as imaxes novas cargadas na Galipedia, pero en Commoons é case imposible. Non vexo maneira de saber as imaxes de Commons que día a día se usan por primeira vez na Galipedia. Por iso che agradezo o aviso, e que me avises se ves algo. O primeiro aviso que me diches, levoume a borrar dúas imaxes dese mesmo usuario e a marcar outra por non ter orixe (creo que ó final terei que borrala). A cousa é que cando se me avisa dunha imaxe, bótolle un ollo normalmente as contribucións do usuario que a subiu e así atopei as outras.
Desculpa --Lmbuga Commons - Galipedia 11:49, 21 maio 2008 (UTC)
- Levas razón, hai cousas que non pagan a pena; nin sabía se tiña o correo habilitado ou non, agora xa o teño.--Arco de Rayne 19:59, 21 maio 2008 (UTC)
Hoax
[editar a fonte]Las pedanías de la población gallega de Teijeiro no son "hoaxes"; quizá sea buena idea borrarlas del artículo, por lo menos hasta que lleguen referencias, aunque no sé si exista alguna en papel o texto, pero desde luego que viviendo en Estados Unidos no puedo hacer mucho. Lo siento, y no, no suelo crear fraudes. =] Saludos, TaranWanderer 21:12, 21 maio 2008 (UTC)
- Bueno, obviamente no me estás haciendo caso alguno, así que no puedo ayudarte a aclarar esto. Ponte en contacto con el Colegio de Educación Infantil y Primaria de Teixeiro, que desde siempre ha estado en un lugar que conocimos toda la vida como "La Viridiana", muchísimo antes de que llegase "Pokémon" en el año 1997. También pones en cuestión los momentos históricos. Te recomiendo que leas sobre Foucellas y sobre la guerra civil española y también sobre nuestra parte en esa guerra. Saludos. Por cierto, como ya he dicho, sí, he sido bloqueado, pero por faltar supuestamente el respeto a otra persona, no por crear fraudes. Ten en cuenta que ya llevo más de cien artículos perfectamente válidos en más de una Wikipedia. Saludos de nuevo y gracias. TaranWanderer 21:59, 21 maio 2008 (UTC)
- Y por cierto, no son "towns" ni pueblos, son "pedanías", que es muy diferente. Repito, ponte en contacto con C.E.I.P de Teixeiro, ellos te guiarán y a mí no me llames mentiroso. Dime una simple y única razón que tendría yo de conectar el lugar donde crecí con semejante birria como Pokemon. Por Dios. TaranWanderer 22:03, 21 maio 2008 (UTC)
- Eso es lo que te acabo de sugerir. Hay más de un paso entre no poder probar algo (vamos, las pedanías teixeranas son lo suficientemente insignificantes como para tener su historia escrita en ninguna parte notable) y simplemente llamarme cuentista. Como tú dices, sabrás mucho de la historia general gallega, pero nosotros los de Teixeiro también tenemos nuestra historia y por desgracia, no es muy conocida fuera de nuestras fronteras. Sólo te pido que no hagas acusaciones sin estar seguro. Porque por mi parte, a parte de no poder probarlo, estoy muy seguro. Vamos, que día estoy teniedo. O quizá te interese saber que la razón por la que me han bloqueado en la Wikipedia inglesa es precisamente por un caso similar, el tener problemas probando la notabilidad de los cuentos infantiles de Elena Fortún, "Celia". ¿Los conoces? TaranWanderer 22:12, 21 maio 2008 (UTC)
- Y que lo digas, esta semana ha sido un infierno. He tenido algunas complicaciones menores en el pasado que se han resuelto ya, pero en los tres años y más que llevo utilizando y aportando a la Wikipedia, jamás había pasado algo semejante. En fín, como digo, si conoces los libros de "Celia" de la famosa escritora española Elena Fortún, sin duda me puedes ayudar. Existen dos artículos creados, bastante simplones y básicos, en la Wikipedia inglesa, y una usuario (con la cual es la que he tenido tantos problemas ultimamente) insiste en que no son notables, a parte de ser clásicos españoles de una escritora más que notable, y a parte de que le he ofrecido ya no sé cuantas pruebas. Si conoces el tema y quieres aportar algo, puedes hacerlo en la discusión en:Wikipedia:Articles_for_deletion/Celia_en_el_colegio e en:Wikipedia:Articles_for_deletion/Celia_en_el_mundo. Saludos y gracias otra vez. TaranWanderer 23:04, 21 maio 2008 (UTC)
- Hombre, ya lo sé. Sólo te pido que si tienes algo que aportar que lo hagas, no que me apoyes sólo por el hecho de hacerlo y sin ningún criterio válido. =] TaranWanderer 01:20, 22 maio 2008 (UTC)
Re: Categorías de imaxes
[editar a fonte]Ola Xabier. Teño que revisalas manualmente para poder comprobar se existen as categorías relacionadas, mirar a orde alfabética e clasificala na categoría correcta. Podería editar con Prebot para que non se vira nos cambios recentes pero seguiría sendo unha edición manual, teño que pensalo. Mentres o penso o mellor xeito para non ver as miñas edicións en imaxes é elexir na caixa de cambios recentes a opción Imaxe e premer en Invertir selección, dese xeito ocultanse. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:11, 22 maio 2008 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]...onte depriminme ó saber que temos 3792 parroquias... máis capelas, pontes, 300 e pico casas consistoriais... aínda queda mooooito por facer... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:54, 22 maio 2008 (UTC)
Redireccións
[editar a fonte]Ola Xabier. O que fago coas redireccións de toponimos galegos e dirixila en primeiro lugar á páxina da que se trate nese momento, despois cando aparece outro toponimo (ou cando haxa tempo para verificalo) tranformase a páxina dunha redirección a unha páxina de homónimos. É un procedemento que ven de vello e que permite levar un mellor rexistro dos nomes dos lugares e parroquias. (Xa tiña escrita a mensaxe de antes :-) ) Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:01, 22 maio 2008 (UTC) Engadido: non é preciso borrar a páxina para mudala. --Prevertgl 17:03, 22 maio 2008 (UTC)
- Cando escribiches xa estaba rematando, pensaba facer as redireccións dos lugares de Narón e logo converter en homónimos as que foran máis frecuentes. Sobre a marcha xa fun facendo algunhas e variando outras redireccións antigas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:39, 22 maio 2008 (UTC)
matanza do porco
[editar a fonte]ola Xabier!
ía crear a páxina "matanza do porco" redirixindo a "mata do porco", pero vin que xa estaba creada e eliminada. Hai moita xente que usa matanza, e non mata, e penso que debe existir cando menos como redireción.
se o ves pertinente, o creas ti xa? Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:31, 23 maio 2008 (UTC)
- Estevo, Xabier. Eu prefiro mata sobre matanza pero as dúas veñen no VOLGa como correctas. As razóns: que "matanza" me parece máis castelá e que por aquí din "mata". Xa tiña anotado crear esa redirección matanza -> mata, pero agora, antes de facer nada, esperaremos a que opine Xabier. ¿É posible sabe-la extensión dunha ou doutra forma? ¿El virá nalgún deses atlas lingüísticos? Sobreira, se andas por aquí mira ver se te enteras disto. Pedro --Lameiro (conversa) 14:50, 23 maio 2008 (UTC)
levei a conversa a Conversa:Mata do porco. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:57, 23 maio 2008 (UTC)
Lavandeira/Vermella/A Viridiña
[editar a fonte]I have nominated these three articles on en:wp for deletion - see message on your talk page there. Regards, en:user:JohnCD
Ola Xabier, hai dous días púxenme a editar os lugares de Pedroso en Narón e ti vendo o meu traballo adiantácheste e creaches unha páxina de homónimos cun lugar que aparecía na caixa de lugares. Este lugar era Mugardos e na consulta que fixen ó IGE no Nomenclator non aparecía tal polo que procedín ó seu borrado. Creo que terías que borrar tamén esa páxina de homónimos. Que opinas? Grazas.--PepedoCouto 18:53, 23 maio 2008 (UTC)
RE: Lixos
[editar a fonte]Boas, Xabier.
Captado, para a próxima xa o fago. Grazas polo aviso.
Un saúdo. --Lara 21:26, 24 maio 2008 (UTC)
Que pasa co meu nome?
[editar a fonte]Pusenme a traballar esta semana e non aparecín pola wikipedia, e agora semella que alguén esta a usar un dos nicks "vellos"; voume voltar a explicar, hai bastante tempo fixera dous nicks xabiercs e xabierkhan (o segundo por problemas de login) para ver coma era esto da galipedia e cando voltei en serio fixen o de Xabier que pedin que lle incluiran o de Cancela para que non houbese tanta confusión; esto supoño que queda aclarado.
Cando pedin o cambio de nome (para incluir Cancela no nick), pedin que se borrasen os nick vellos ou se bloqueasen (para evitar problemas); e vexo para o meu alucine persoal que alguen esta a usa-lo meu vello nick, e non só eso, incluso a miñas vellas contas de correo por que hai coma 3 anos tiña xabiercs@hotmail.com (pero levo sen usala case que eses 3 anos ou máis); dicir que con Lmbuga só falei para pedi-lo cambio de nick de Xabier a Xabier Cancela; e con alberte para precisamente coma tiña que facer cos nick; o resto da xente que contactei foi contigo, e ninguén maís.
Todas esas contestacións que fai ese xabiercs non son eu, non sei coma fixo esa persoa para pilla-lo meu antigo nick (non me extraña que non puidese entrar nel), e polo que estiven vendo está persoa leva tempo a traballar na wiki, polo cal non creo que fixese esto adrede; o mellor todo é unha simple coincidencia ( eu usaba xabiercs en tódolos sitios ós que entraba por que me chamo xabier cancela seoane) é o mellor esta persoa colleu o nick por que estaba baleiro ou xa non estaba en uso (darse conta de que nunca usei ese nick, simplemente estrará unha vez con el, o mellor nin sequera chegou a estar dado de alta), o que si que me parece moi estrano é que Lmbuga diga que temos a mesma ip, eu teño unha Adsl e supoño que sera díficil que alguén use a miña ip.
Sexa coma fose eu, Xabier Cancela, (o que fai artigos de constelacións e astronomía) non é Xabiercs, dicir que ó usuario Xabierkhan si podo entrar, por favor, bloqueade este nick, nunca o uso; e mirade ben ben que pasa entre Xabiercs e o meu nick Xabier Cancela, que non somos o mesmo, de feito eu comecei en serio na wiki haberá un mes, poder ser que coma levaba moito tempo sen usa-la conta xabiercs tanto no hotmail coma na wiki, pois o mellor quedou dispoñible para alguén que viñese detrás.
Tamén dicir que non fai falla que Lmbuga se poña así, que todo ten solución nesta vida, se hai máis problemas dame un toque...
--Xabier Cancela (fálame 14:52, 25 maio 2008 (UTC)
Ahh ... eu so uso o nick de Xabier Cancela, sempre rexistrado, nada de anonimo ni cousas parecidas ;)
Xabier Cancela- Xabiercs, parece un malentendido
[editar a fonte]- Creo que todo isto ten que ser unha confusión, que se está enleando, a primeira edición de Xabiercs é o do 26 de novembro de 2005 cargando unha imaxe de Carreira Imaxe:Capela da Guia.jpg a nome de Francisco Javier Crugeiras, autor dunha Historia de Carreira [4], mentres que Xabier afirma ser Xabier Cancela Seoane que utiliza ou utilizou un correo electrónico co nome de Xabiercs [5], e coñecido tradutor de programas informáticos ao galego, [6]. Son pois dúas personas públicas que nada ganarían con esa clase de xogos e creo que simplemente Xabier Cancela como el mesmo di habitualmente tendeu durante unha época a rexistrarse como Xabiersc en diversas webs e quizais pensou que tamén se rexistrara na Galipedia con ese nome pero non o fixo senón que foi outro quen o fixo e de aí ven o malentendido (quizais si se rexistrou con ese nome pero nunha wikipedia noutra lingua por erro o que explicaría que el estea seguro que si se rexistrou con ese nome, é fácil ir e vir dunha wikipedia a outra e un usuario novo ás veces non se decata, se está na páxina de rexistro).--Arco de Rayne 15:19, 25 maio 2008 (UTC)
- Esto si que é un seguimento persoal juas ;) o mellor por internet son máis ghuapo que en persoa, jejejjje, espero que todo esto se quede en nada. --Xabier Cancela (fálame 19:41, 25 maio 2008 (UTC)
- Non facia falla que te desculpases Xabier (Cid), coma ia un atoparse cunha persoa que asina igual que un en moitas webs por que temos o mesmo nome e as iniciais dos nosos apelidos tamén coinciden, e por riba un comeza a traballar cando o outro para de colaborar na wiki (espero que volte), cousas da vida; en todo caso as desculpas terían que ser miñas xa que fun eu o que se trabucou (sen malicia ningunha pola miña parte) co carallo do nick (é que hai tantos anos que o levo usando ....), o caso é que está a cousa máis ou menos solucionada; espero eso si que non volte a ter tantas coincidencias con outro usuario da wiki e de internet --Xabier Cancela (fálame 21:28, 26 maio 2008 (UTC)
imaxe da semana 25
[editar a fonte]Pero, Xabier, que eu saiba as imaxes non se votan para a semana X ou semana Y. Vótanse e saen elixidas (ou non) e empréganse na semana que lle toque por orde cronolóxica. Entendo que se as que temos na lista de espera están adxudicadas mellor será que se queden no seu sitio, pero tampouco habería problema en corre-las seguintes para ocupar esa semana 25. Si, hai o problema do traballo que daría e tendo tempo como temos pódese esperar á seguinte que saia votada. Non importa, simplemente quería lembrar que esa semana aínda estaba orfa, pero vexo que estades en todo e que non era necesario ese aviso. ¿Como puiden dubidalo? ;) Non se vos escapa unha, desde logo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:07, 26 maio 2008 (UTC)
Request for Help, please
[editar a fonte]Hola Xabier Cid,
Could you kindly help me translate these passages into the unique and wonderful Galego? Please.
- "El bautismo en agua es un sacramento para la remisión de los pecados y para la regeneración. El bautismo debe ocurrir en agua corriente natural, es decir, en un río, en el mar, o en un manantial. El bautizador —ya bautizado en agua y en el Espíritu Santo con anterioridad— dirige el bautismo en el nombre del Señor Jesucristo, y la persona que recibe el bautismo debe ser sumergida totalmente en agua."
- "El sacramento del lavado de pies, permite al creyente tener parte con el Señor Jesús. También sirve como recordatorio del deber de tener amor, santidad, humildad, perdón y servicio. Todo aquel que ha recibido el bautismo en agua, debe también recibir el lavado de sus pies en el nombre de Jesucristo, el lavado mutuo de pies puede ser practicado siempre que sea apropiado."
Your help would be very Gratefully Appreciated, Thankyou very much.
Yours Sincerely, --Jose77 08:54, 28 maio 2008 (UTC)
- Yes, it is related to this article. Someone else had helped me last year already, but it was not totally completed yet. Can you help me? Por favor. --Jose77 09:01, 28 maio 2008 (UTC)
Ola Xabier. Paréceme que 193.146.41.46 é o propio Begnino, creo que é mellor explicarlle como arquivar as mensaxes e que non se poden borrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:33, 28 maio 2008 (UTC)
Angy
[editar a fonte]Ola Creo que o artigo de Angy Fernández debe manterse porque fai referencia non só a unha artista musical popular no seu pasol por Factor X, senón que ademasi conta cunha carreira musical, aínda que nos seus comezos, salientable. Ademais é actriz na serie Física o Química (Ver artigo). De todas maneiras tentarei amplialo
saudos --Tommyhilfiger 18:43, 28 maio 2008 (UTC)
Grazas :
[editar a fonte]Grazas meu :). Aínda estou en proceso de recuperación... A conexión a internet que teño non é miña, atopeina por casualidade (é unha wifi sen contraseña, a ver canto dura... ), e ademáis cambiei de moza (desinstalei windows e instalei ubuntu), polo que de momento non sei se poderei facer moito, polo momento limitareime a facer cousiñas puntuais e a tunear ao BanjoBot, que teño que adaptalo á nova vida :). Grazas de novo. Un saúdo :) --☣Banjo tell me 17:55, 29 maio 2008 (UTC)
Xa vello
[editar a fonte]Levo varios días sen conectarme. Xa vin a túa nota co artigo sobre os feridos borrado. como quen di, 'virán tempos mellores'.--Agremon(contacto) 20:30, 29 maio 2008 (UTC)
Persecución
[editar a fonte]¿que che fixen eu Xabier Cid que a miña inimizade procuras? ¿Discutirás dende a túa atalaia que non houbo nos noventa consolidación do sector textil galego, da automoción, ou do sector servizos? ¿negarás ti só no universo que non existiu despegue do turismo, cando este sector xa en 1999 pasaba do 10 por cen do PIB? ¿non gostas de recoñecer o tirón electoral de Xosé Manoel Beiras que pasou de 1 escano a 18? ¿En que galaxia habitabas ou que comics lías cando imperaba o indiscutible poder provincial de Cacharro, Cuíña, Baltar ou Romay Beccaría ou a acusada personalidade de Fraga Iribarne e o carácter diferenciado que imprimiu ao Partido Popular en Galicia? ¿Ignoras a proposta de administración unica? ¿haberá que citar máis de 50 BOES cos decretos de transferencias da época de Fraga? ¿És o único analista baixo os ceos que cré que o cooperativismo ourensán no subsector da alimentación non foi dirixido por Gómez Franqueira? ¿Pretendes referencias que, por abrumadoras e innumerables en hemerotecas e institutos estatísticos oficiais e boletíns públicos son en todo punto innecesarias e ata insultantes para a intelixencia? ¿Sabes que fun eu quen dende hai máis de un ano fun redactando máis do 90 por cen dun artigo de historia de Galicia que, para vergoña da Galipedia, a altura do 2006 era raquítico e sectario? ¿non coñeces os resultados de ORGA nas primeiras eleccións na II República? ¿Cres que é un argumento minimimente serio dicir que a historia redactada parece a do BNG co que non teño en absoluto nada que ver? ¿Sabes que son o mesmo a quen lle bloqueaches, por exemplo, a edición de San Pedro Claver, entre moitas outras, tras un duro traballo de documentación e afondamento nas máis diversas fontes? ¿Confundes neutralizar con amputar contidos asépticos? ¿Sabes cantas maiorías absolutas acadou Fraga? ¿sumar un máis un máis un máis un entra dentro do teu elevado e exquisito concepto de neutralidade? o actual bipartito ¿non forma parte da historia deste país? ¿Son eu ou és ti quen escribe na neutral A Nosa Terra? ¿Coñeces a virtude da humildade, principio da sabedoría?
Voraz Xabier Cid, wikipedia é de todos. Apertas cordiais de quen tras máis de 200 artigos de historia, ciencias políticas, filosofía, relixión, teoloxía... cré que non é indigno de compartir contigo un proxecto apaixoante. Mensaxe deixada por User:91.117.48.134, a quen non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 10:33, 31 maio 2008 (UTC).
A Voz de Vilalba
[editar a fonte]Como vai iso Xabier Cid. Gostaríame facer algunha puntualización sobre as correccións que fixeches ao artigo de A Voz de Vilalba. Por un lado, o que ti chamas "opinións e valoracións" non son máis que datos obxectivos (personaxes que foron suscriptores, repercusión nos medios da época...) extraídos do estudio introdutorio feito polo profesor Debasa Navalpotro e os outros autores da edición facsímile, así como dos artigos citados como "bibliografía". Por outro, a corrección das categorías non é exacta pois, aínda que os autores do xornal eran, ao parecer, rapaces, a publicación non estaba ligada a ningún centro educativo nin nada que se lle pareza. Ademáis, se botamos unha ollada ás entradas doutras publicacións periódicas, non é difícil comprobar como están igualmente cheas de "opinións e valoracións" similares ás que había nesta. Pregaríache que reflexiones sobre isto. De calquer xeito, unha aperta.
A Voz de Vilalba, 2
[editar a fonte]Ola de novo Xabier. Agradézoche as túas puntualizacións e correccións. Recoñezo que non che falta algo de razón en boa parte do que dis. Aínda que todo o contido do texto orixinal baséase na bibliografía citada (por iso e non por outra razón está aí esa lista de referencias) o ton xeral quizáis pecase de certo apaixoamento non aconsellábel na pretendida asepsia que dis que se debe procurar. Confésoche que a razón dese ton falto de distanciamento foi precisamente tentar "imitar" o lido nouros artigos da wikipedia en xeral (non só galega). Tereino en conta para novas aportacións á galipedia. Só unha cousa máis. Deixo á túa elección o de engadir no artigo de A Voz de Vilalba unha referencia á "resurrección" daquel xornal a través da rede. Graciñas de novo e unha aperta. Mensaxe deixada por User:César Reis, a quen non lle acordou asinar --Xabier Cid Conversa 08:12, 1 xuño 2008 (UTC)
Segue a persecución
[editar a fonte]Necesito un respiro amigo meu. Agora resulta que Xabier Cid é unha autoridade superior a Ramón Villares, Xusto Beramendi, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Rodríguez Galdo, Pilar Cagiao o Boletín do Parlamento de Galicia onde se referencian as iniciativas lexislativas que menciono dos dous sectores do Goberno,os rexistros oficiais da Dirección Xeral de Turismo, o Boletín Oficial do Estado, o Instituto Galego de Estatística e a aritmética elemental ( 15 escanos en 1931 no total galego é unha victoria aplastante se mire por onde se mire). Considero que unha forma sutil de vandalismo e aquela que baixo un pseudoescrúpulo rigorista procura esgotar o ánimo de alguén que con total desinterese e documentadamente (compárese con moitos outros artigos do propio Xabier Cid) non pretende máis que participar nun proxecto que algúns pretenden monopolizar.Mensaxe deixada por User:91.117.48.134, a quen non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 08:11, 1 xuño 2008 (UTC)
Boas
[editar a fonte]É que últimamente escribo só moi de cando en vez na Galipedia. O pouco tempo que teño entre exames o adico ao galilibro de Programación en C. Pero en verán volverei con forza ;-) Un saúdo! --GallaecioE logo? 10:03, 1 xuño 2008 (UTC)
Gracias
[editar a fonte]Moitas gracias pola tua axuda, tereino en conta.Este comentario foi deixado por Carronada, a quen non lle acordou asinar --Xabier Cid Conversa 21:41, 1 xuño 2008 (UTC).
obrigado
[editar a fonte]home, prefería o recoñecemento do traballo que fago de boa gana, e non do que fago con carraxe e odio, pero boeno; é un traballiño máis e tampouco ten tanto mérito andar pendente dos cambios recentes. De feito tampouco o fago demasiado ben (vid. Billarda, que menos mal que andaba Arco de Rayne pendente...)
Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:04, 2 xuño 2008 (UTC)
Tamén está en Commons
[editar a fonte]En Commons está a mesma imaxe que ti perdiches, cargada polo mesmo Caronium (aquí). Podémola cargar aquí como "unha nova versión" da túa. --Toliño Fala aquí comigo 17:02, 2 xuño 2008 (UTC)
Mediación e imaxe
[editar a fonte]En primeiro lugar agradecerche o labor de mediación. Nalgún sitio lin que sentías ter cometido erros, pero se levas as cousas a bo porto, é un éxito. Ademais, non era doada unha mediación nun caso coma este, un caso no cal eu fun probabemente o que propiciou os teus posibles erros.
Sobre a imaxe dicirche que é estraño. Vou probar a borrala e a recuperala despois. Coméntoche despois o que vexa--Lmbuga Commons - Galipedia 19:23, 2 xuño 2008 (UTC)
- Creo que xa dei co problema da imaxe. Ti non pisaches ningunha imaxe pois a imaxe de Caroniu está en Commons (Commons:Image:Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz.png). Ó subila á Galipedia, a Galipedia coloca a imaxe que subiches pois ten o mesmo nome cá de Caronium, e esta é de Commons: En caso de haber 2 imaxes con nome igual, a Galipedia escolle para aparecer a que está subida á Galipedia.
Iso si, púidoche dar a impresión de que a imaxe estaba na Galipedia, porque existía a páxina de datos da mesma (só contiña a categoría), pero a imaxe non existía na Galipedia.
Espero que entendas o que quero dicir.
A miña opinión é que non pasou nada, o que unicamente pasa é que a imaxe de Commons non ten ese anaco a maiores que ti colocaches, compara Commons:Image:Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz.png e Imaxe:Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz.png. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:44, 2 xuño 2008 (UTC)
- Creei o modelo Modelo:GFDL ou cc-by-sa-3.0,2.5,2.0,1.0 por se che interesa (pois é o que tiña a imaxe de Caronium). Non é igual no título có de Commons porque non sei facelo igual. Se alguén sabe facelo igual pode borrar este. De tódolos xeitos, a imaxe tal e como a deixaches está correcta. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:38, 2 xuño 2008 (UTC)
- Boas Xabier! Acabo de ler o da imaxe da parroquia, non te preocupes. Vexo que xa está todo arranxado. Boa a matización/corrección que fixeches a San Vitoiro da Mezquita. Saúdos! --Caronium 21:52, 2 xuño 2008 (UTC)