Saltar ao contido

Día da Independencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verde escuro - Día nacional relacionado coa independencia; Verde claro - Día nacional relacionado coa unificación/revolución; Vermello - Outros motivos para o Día nacional; Gris - Non hai un Día nacional oficial

O día da independencia é un evento anual que conmemora o aniversario da independencia ou a conversión dunha nación en estado, normalmente despois de deixar de ser un grupo ou parte doutra nación ou estado, ou máis raramente despois do fin dunha ocupación militar. Moitos países conmemoran a súa independencia dun imperio colonial.

Lista de Días de Independencia

[editar | editar a fonte]
País Data Evento
Acerbaixán 18 de outubro Independencia da Unión Soviética en 1991.
Afganistán 19 de agosto Independencia do control que exercía o Reino Unido sobre as relacións exteriores de Afghanistan en 1919.
Albania 28 de novembro Dita e Pavarësisë. Declarada por Ismail Qemali en 1912, sinalou o fin de cinco séculos de dominio do Imperio Otomán.
Alxeria 5 de xullo Independencia de Francia en 1962.
Andorra 14 de marzo Independencia de Francia e España en 1993.
Angola 11 de novembro Portugal independiza a colonia en 1975.
Antiga e Barbuda 1 de novembro Independencia do Reino Unido en 1981.
Armenia 21 de setembro Independencia da Unión Soviética En 1991.
Arxentina 9 de xullo Independencia declarada de España en 1816
Austria 15 de maio Independencia de Estados Unidos, a Unión Soviética, o Reino Unido e Francia en 1955.
Bahamas 10 de xullo Independencia do Reino Unido en 1973.
Bahréin 15 de agosto Independencia do Reino Unido en 1971.
Bangladesh 26 de marzo Declaración de independencia de Paquistán, que orixinou unha guerra de nove meses, terminada o 16 de decembro de 1971.
Barbados 30 de novembro Independencia do Reino Unido en 1966.
Belize 21 de setembro Independencia do Reino Unido en 1981.
Bélxica 21 de xullo Leopoldo de Saxe-Coburg-Saalfeld presta xuramento como primeiro rei dos belgas en 1831.
Benín 1 de agosto Independencia de Francia en 1960.
Belarús 3 de xullo Liberación de Minsk da ocupación Alemá por tropas Soviéticas en 1944.
Birmania 4 de xaneiro Independencia do Reino Unido en 1948
Bolivia 6 de agosto Independencia de España en 1825.
Bosnia e Hercegovina 1 de marzo Independencia de Iugoslavia en 1992.
Botswana 30 de setembro Independencia do Reino Unido en 1966.
Brasil 7 de setembro Declarada a Independencia de Portugal en 1822. Non foi recoñecida até o 29 de agosto de 1825.
Brunei 1 de xaneiro Independencia do Reino Unido en 1984
Bulgaria 22 de setembro Independencia De iure do Imperio Otomán en 1908
Burkina Faso 5 de agosto Independencia de Francia en 1960
Burundi 1 de xullo Independencia de Bélxica en 1962
Cabo Verde 5 de xullo Independencia do Portugal en 1975.
Kazakhstán 16 de decembro Independencia da Unión Soviética en 1991.
Chad 11 de agosto Independencia de Francia en 1960.
Chile 12 de febreiro Declaración de Independencia de España en 1818. Os chilenos celebran a data da primeira xunta de goberno, o 18 de setembro de 1810. Esta data foi non recoñecida até o 25 de abril de 1844.
Chipre 1 de outubro Independencia do Reino Unido o 16 de agosto de 1960, pero o día da independecia de Chipre é comunmente celebrado o 1 de outubro.[1][2]
Colombia 20 de xullo Día da independencia en 1810
Corea do Norte 9 de setembro Fundación do DPRK en 1948.
Corea do Sur 15 de agosto Gwangbokjeol: Independencia do Xapón en 1945.
Costa Rica 15 de setembro Independencia de España en 1821.
Croacia 8 de outubro Independencia de Iugoslavia en 1991.
Ecuador 10 de agosto e 24 de maio Proclamación da independencia de España o 10 de agosto, de 1809, pero fallou coa execución de todos os conspiradores do movemento o 2 de agosto de 1810. A Independicia final ocorreu o 24 de maio de 1822 na batalla de Pichincha.
Emiratos Árabes Unidos 2 de decembro (Día Nacional) Independencia do Reino Unido en 1971.
Eslovaquia 17 de xullo Declaración da independencia (soamente un día de commemoración). A independencia efectuouse o 1 de xaneiro de 1993 coa división de Checoslovaquia (festivo público).
Eslovenia 26 de decembro (Independencia e Día da Unión) A data da publicación oficial dos resultados da independencia plebiscito en 1990, confirmando a secesión de Iugoslavia.
Estados Unidos de América 4 de xullo (4 de xullo) Declaración da independencia do Reino Unido en 1776.
Eritrea 24 de maio Independencia de Etiopía en 1993.
Estonia 24 de febreiro Independencia de unión Soviética en 1918.
Filipinas 12 de xuño Araw ng Kalayaan. Independencia de España en 1898.
Finlandia 6 de decembro Independencia de Rusia en 1917.
Gambia 18 de febreiro Independencia do Reino Unido en 1965.
Ghana 6 de marzo Independencia do Reino Unido en 1957.
Grecia 25 de marzo Declaración da independencia do Imperio Otomán en 1821. Dá inicio á guerra grega pola súa independencia.
Guatemala 15 de setembro Independencia de España en 1821.
Güiana 26 de maio Independencia do Reino Unido en 1966.
Haití 1 de xaneiro Independencia de Francia en 1804.
Honduras 15 de setembro Independencia do España en 1821.
Iemen 30 de novembro Declaración da independencia do Reino Unido en 1967.
India 15 de agosto Día da independencia (Azaadi, "liberdade") do Reino Unido en 1947.
Indonesia 17 de agosto Proclamación da independencia (Hari Proklamasi Kemerdekaan R.I.) de Holanda. Independencia do Xapón en 1945.
Islandia 17 de xuño Independencia de Dinamarca en 1944.
Israel 5 de Iyar Yom Ha'atzmaut, celebrado o martes, mércores ou xoves, do 5 Iyar, o cal ocorre entre o 3ro e 6to do Iyar, que vén ser entre o 15 de abril e 15 de maio. Segundo o calendario gregoriano a data na cal a independecia de Israel foi proclamada é o 14 de maio de 1948 do mandado británico de Palestina.
Kenya 12 de decembro Independencia do Reino Unido en 1963.
Kirguizistán 31 de agosto Independencia da Unión Soviética en 1991.
Kosovo 17 de febreiro Declaración da independencia de Serbia no 2008
Kuwait 26 de xaneiro Independencia do Reino Unido en 1961.
Lesoto 4 de outubro Independencia do Reino Unido en 1966.
Letonia 18 de novembro Independencia de Rusia en 1918.
Líbano 22 de novembro Independencia de Francia en 1943.
Liberia 26 de xullo Independencia en 1847.
Lituania 16 de febreiro e 11 de marzo Independencia de Rusia e Alemaña en febreiro de 1918; independencia da Unión Soviética en marzo de 1990.
Madagascar 26 de xuño Independencia de Francia en 1960.
Malaisia 31 de agosto Hari Merdeka. Independencia do Reino Unido en 1957
Malaui 6 de xullo Independencia do Reino Unido en 1964.
Maldivas 26 de xullo Independencia do Reino Unido en 1965
Malí 22 de setembro Independencia de Francia en 1960
Malta 21 de setembro Independencia do Reino Unido en 1964.
Marrocos 2 de marzo Independencia de Francia e España en 1956
Mauricio 12 de marzo Independencia do Reino Unido en 1968.
México 16 de setembro (Berro de Dores) Independencia de España declarada en 1810. Recoñecida o 27 de setembro de 1821
Moldova 27 de agosto Independencia da Unión Soviética en 1991
Mongolia 26 de novembro Independencia da China o 11 de xullo de 1921
Montenegro 21 de maio Independencia da unión de estado con Serbia, en 2006
Mozambique 25 de xuño Independencia de Portugal en 1975
Namibia 21 de marzo Independencia de Suráfrica por mandato en 1990
Nicaragua 15 de setembro Independencia de España en 1821
Níxer 3 de agosto Independencia de Francia en 1960
Nixeria 1 de outubro Independencia do Reino Unido en 1960
Noruega 17 de maio Independencia de Suecia en 1905. Adoita celebrarse o día da Constitución, ó ser aprobada a constitución Noruega en Eidsvoll en 1814.
Panamá 28 de novembro Independencia de España en 1821. A separación do 1903 de Colombia é tamén celebrada o 3 de novembro, co "día da separación".
Papúa Nova Guinea 16 de setembro Independencia de Australia dos territorios de Nova Guinea, e Papua, en 1975.
Paquistán 14 de agosto Yaum e Azadi, independencia do Reino Unido en 1947.
Paraguai 14 e 15 de maio (Día de Independencia) Independencia de España en 1811.
Perú 28 de xullo Independencia de España en 1821.
Polonia 11 de novembro (?wi?to Niepodleg?ou?ci) Restauración da independencia de Polonia en 1918 despois de 123 anos das particións de Polonia por Austro-Hungría, Prusia, e Rusia.
Portugal 1 de decembro Restauración da independencia de Portugal (de España) en 1640.

A Independencia orixinal do Reino de León foi recoñecida o 5 de outubro de 1143. Ese día é un festivo en Portugal, pero por diferente razón. (A implantación da república, ou o día da república, en 1910.) Cabe notar que ningún destes eventos son similares ás declaracións ou ao recoñecemento da independencia como estes son de feito o recoñecemento dun rei a unha terra. Portugal existiu como unha entidade separada antes de 1143 e durante a unión con España entre 1580-1640.

Qatar 3 de setembro Independencia do Reino Unido en 1971.
República Checa e As Repúblicas Eslovacas 28 de outubro e 17 de novembro Como Checoslovaquia, marca a restauración da independencia do imperio Austro-Húngaro en 1918. Como Checoslovaquia, marca a Revolución de 1989.
República Democrática do Congo 30 de xuño Independencia de Bélxica en 1960.
República de Irlanda 6 de decembro Independencia do Reino Unido en 1922.
Macedonia do Norte 8 de setembro/25 de maio Dean na nezavisnosta; Independencia de Iugoslavia en 1991.
República Dominicana 27 de febreiro Independencia de Haití en 1844, despois de vinte e dous anos de ocupación.
Romanía 9 de maio Independencia do Imperio Otomán en 1877.
Rusia 12 de xuño Día de Rusia
Ruanda 1 de xullo Independencia de Bélxica en 1962.
San Tomé e Príncipe 12 de xullo Independencia de Portugal en 1975..
Serbia 15 de febreiro O comezo da primeira rebelión en contra da ocupación do Imperio Otomán en 1804.
Serra Leoa 27 de abril Independencia do Reino Unido en 1961.
Seychelles 29 de xuño Independencia do Reino Unido en 1976.
Singapur 9 de agosto Festa Nacional. marca a separación de Malaisia en 1965.
Sri Lanka 4 de febreiro Independencia do Reino Unido en 1948.
Suráfrica 11 de decembro Independencia do Reino Unido en 1931. Non é un día festivo público. A Unión Surafricana formouse e 31 de maio de 1910 e A República Surafricana declarouse o 31 de maio de 1961.
Eswatini 6 de setembro Independencia do Reino Unido en 1968.
Suíza 1 de agosto Alliaza contra o Sacro Imperio Romano Xermánico en 1291.
Suriname 25 de novembro Independencia de Holanda en 1975.
Tanzania 9 de decembro Declaración da independencia do Reino Unido en 1961.
Tadjiikistán 9 de setembro Independencia da Unión Soviética en 1991.
Timor Leste 20 de maio Independencia de Indonesia en 2002.
Trinidad e Tobago 31 de agosto Independencia do Reino Unido en 1962.
Tonga 4 de xuño Independencia do Reino Unido en 1970.
Tunisia 20 de marzo Declaración de independencia de Francia en 1956.
Ucraína 24 de agosto Independencia da Unión Soviética en 1991.
Uruguai 25 de agosto Día da Independencia. Declaración da independencia do Brasil en 1825.
Uzbekistán 1 de setembro Independencia da Unión Soviética en 1991.
Cidade do Vaticano 11 de febreiro Tratado Laterano asinado con Italia en 1929.
Venezuela 19 de abril e 5 de xullo Inicio da Independecia en 1810 e a Declaración da independencia de España en 1811.
Vietnam 2 de setembro Declaración da independencia de Francia en 1945.
Xamaica 6 de agosto Independencia do Reino Unido en 1962.
Xeorxia 26 de maio Independencia de Rusia en 1918.
Xordania 25 de maio Independencia do Reino Unido en 1946.
Zambia 24 de outubro Declaración da independencia do Reino Unido en 1964.
Zimbabwe 18 de abril Declaración da independencia do Reino Unido en 1980.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]