Dan Druff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1969 (55 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | baixista |
Instrumento | Baixo |
Daniel James Irving, nado o 16 de abril de 1969, e coñecido como Dan Druff, é un baixista, técnico de guitarras e vocalista estadounidense que traballou con artistas como Queens of the Stone Age, Slayer, Butt Trumpet, The Distillers, Monster Magnet e Sum 41. Ata a data traballou nunhas 50 gravacións de estudio. Estivo tamén de xira con Guns N' Roses na súa Chinese Democracy Tour.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Druff, que naceu en New Haven, Connecticut, formou a banda de rock Shagnaps de St. Louis en 1991. O grupo tivo bastante éxito na escena local da cidade. Shagnaps estaba composta por Dan Druff na guitarra e nas voces, o baixista e vocalista Otis London e o batería Tony Mack. A banda separaríase no ano 1995 e realizaron concertos de reunión en 1996 e 1998.
Dan pasou brevemente polo grupo de punk de Chrysalis/EMI Butt Trumpet en 1995. Abandonou abruptamente o grupo no escenario nun concerto na cidade de Nova York. Dan aparece no seu vídeo "I'm Ugly and I Don't Know Why."
Dan Druff comezou a traballar con Queens of the Stone Age no seu álbum do ano 2000 Rated R. A principios de 2005 o baixista do grupo, Nick Oliveri, marchou debido a diferenzas persoais co líder Josh Homme, sendo substituído por Druff. Dan aparece nos vídeos de "Little Sister" e "Long Slow Goodbye".