Eleccións xerais de España de 2015
Eleccións xerais de España de 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2011 2016 → | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 20 de decembro de 2015 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións xerais en España e grupo de eleccións | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 350 deputado no Congreso dos Deputados
208 senador de España | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Deputado no Congreso dos Deputados
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España.[1] Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.
Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto,[2][3] 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro,[4] decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.
Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións,[5][6] que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución[nota 1] e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.[nota 2][9]
Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior ó municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.[10]
O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios,[11] seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia).[12] O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos),[13] que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda,[14] deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos.[15] O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos).[13] O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %).[16] Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.[17]
No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu un, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).[18]
Convocatoria
[editar | editar a fonte]En outubro de 2015 o presidente de goberno de España, Mariano Rajoy anunciou nunha entrevista televisada que esgotaría os prazos legais para a convocatoria das eleccións, e que estas se celebrarían o 20 de decembro de 2015, catro anos e un mes despois das anteriores. O decreto de disolución das Cortes publicouse o 27 de outubro de 2015, co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funcións[19]. Desde 1920 non se celebraban unhas eleccións xerais en España no mes de decembro. Na historia da democracia española, só se celebraran eleccións en decembro nas autonómicas galegas de 1989.
Nestas eleccións anováronse 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. As eleccións Xerais non coincidiron con ningún outro comicio. Con respecto ás anteriores eleccións, a circunscrición de Cádiz gaña un deputado que perdera nas eleccións anteriores, ao igual ca Málaga, mentres que Jaén e circunscrición de Valencia perden cadanseu deputado. En Galicia escóllense 23 deputados: oito pola circunscrición electoral da Coruña, 7 pola de Pontevedra, e catro polas de Lugo e Ourense, respectivamente.
O número e distribución dos senadores elixidos directamente mantense igual dado que están fixados pola Constitución. Tamén se mantén o número de senadores elixidos polos parlamentos autonómicos. Galicia escolle 16 senadores, catro por circunscrición, aos que hai sumarlles os tres designados polo Parlamento de Galicia e que se corresponden con 2 polo Partido Popular (Henrique López Veiga e Juan Manuel Jiménez Morán) e 1 polo PSdeG-PSOE (Paula Fernández Pena).
Sistema electoral
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lexislación electoral española.
A lexislación que no 2015 regula os procesos electorais en España consiste nas seguintes normas:
- A Constitución.
- A Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (LOREG).[8]
- Lei Orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, del Réxime Electoral Xeral.[20]
Congreso dos Deputados
[editar | editar a fonte]A Constitución establece que o Congreso dos Deputados, elixido cada cada anos, componse dun mínimo de 300 e dun máximo de 400 deputados, elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral do Congreso é a provincia –Ceuta e Melilla son consideradas circunscricións para todos os efectos–. O número total de deputados está fixado pola LOREG –350 deputados–, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición –2 deputados; 1 no caso de Ceuta e Melilla– e distribuíndo os 248 restantes en función da poboación de dereito. A elección verificarase en cada circunscrición atendendo a criterios de representación proporcional.[21]
Non se teñen en conta aquelas candidaturas que non houberan obtido, polo menos, o 3% dos votos válidos emitidos na circunscrición. Os representantes asígnanse segundo o sistema d'Hondt.[8] Considérase voto válido todo aquel dado a unha candidatura ou emitido en branco, pero non o voto nulo.[8]
Acúsase á división en circunscrición provincial de prexudicar seriamente aos partidos pequenos e aos medianos cuxa distribución no estea concentrada territorialmente.[22] A porcentaxe mínima de votos do 3 % para considerar unha candidatura só ten implicacións prácticas nas circunscricións grandes nas que se elixen un gran número de deputados.[22] no resto ese mínimo non inflúe na adxudicación de escanos.
A distribución e número de deputados para as eleccións de 2015 quedaron fixados do seguinte xeito:[9]
Circunscrición | Diputados | Mapa |
---|---|---|
Madrid | 36 | |
Barcelona | 31 | |
Valencia | 15 | |
Alacant e Sevilla | 12 | |
Málaga | 11 | |
Murcia | 10 | |
Cádiz | 9 | |
Asturias, Baleares, A Coruña, As Palmas e Biscaia | 8 | |
Granada, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife e Zaragoza | 7 | |
Almería, Badaxoz, Córdoba, Xirona, Guipúscoa, Tarragona e Toledo | 6 | |
Cantabria, Castelló, Cidade Real, Huelva, Xaén, León, Navarra e Valladolid | 5 | |
Araba, Albacete, Burgos, Cáceres, Lleida, Lugo, Ourense, A Rioxa e Salamanca | 4 | |
Ávila, Cuenca, Guadalaxara, Huesca, Palencia, Segovia, Teruel e Zamora | 3 | |
Soria | 2 | |
Ceuta e Melilla | 1 | |
As Circunscricións de Cádiz e Málaga elixen un deputado máis que nos anteriores comicios, mentres que as de Xaén e Valencia elixen un menos. |
Senado
[editar | editar a fonte]De acordo coa Constitución, o Senado de España é unha Cámara de representación territorial. Ademais dos 206 senadores que son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, os órganos lexislativos das comunidades autónomas designan un senador e outro por cada millón de habitantes, conformando así un total de 261 senadores. A distribución e número de senadores para as eleccións de 2015 quedaron fixados do seguinte xeito:[9]
Circunscrición | Senadores |
---|---|
Circunscrición provincial | 4 |
Gran Canaria, Mallorca e Tenerife | 3 |
Ibiza-Formentera, Menorca, Fuerteventura, La Gomera, El Hierro, Lanzarote e La Palma | 1 |
Preparación das candidaturas e candidatos
[editar | editar a fonte]Os partidos políticos foron anunciando os seus respectivos candidatos electorais en outono de 2015. Os cambios políticos sucedidos nos catro anos anteriores provocaron un gran número de trocos tamén nos nomes e composición das principais candidaturas, especialmente no espazo da esquerda e das formacións nacionalistas. Algúns destes pactos seláronse unicamente días antes de que rematase o prazo para presentárense candidaturas.
Principais coalicións
[editar | editar a fonte]O Partido Popular presentouse en coalición con Unión do Pobo Navarro en Navarra. O acordo asinado polas dúas formacións outorgaríalle a UPN os dous primeiros elixidos no Congreso, mentres que o PP encabezaría a lista ao Senado. Nas anteriores eleccións, o PP obtivera 1 escano e UPN outro.
Tamén o Partido Popular se presentou en coalición co Foro Asturias nesa provincia, onde para o partido asturiano lle corresponderían o número 2 do Congreso e o número 3 do Senado. Nas anteriores eleccións, o PP obtivera 3 deputados e Foro 1, mentres que o PP obtivera tamén 3 senadores por ningún do Foro.
En Aragón o PP e o PAR tamén se presentaron en coalición ás eleccións, reeditando o pacto que acadaran nos comicios de 2011. Polo acordo de 2011, o PAR non obtivera inicialmente ningún deputado, aínda que conseguiu acceder ao Congreso dos Deputados cunha deputada que ía de segunda suplente nas listas de Teruel. En 2015, o PAR tampouco aspirou a postos de saída ao Congreso (6º por Zaragoza, 3º por Teruel e suplente por Huesca), mais colocou dous candidatos en teóricos postos de saída para o Senado por Huesca e Zaragoza.
O Partido Socialista Obrero Español presentouse en coalición con Nueva Canarias nas dúas circunscricións canarias. Deste xeito, Nueva Canarias terá o candidato número 2 das Palmas e o 4 de Tenerife. O PSOE obtivera nos pasados comicios dous deputados por cadansúa provincia.
Podemos coaligouse en xeral, en toda España, con Equo, que achegou dous cabezas de lista, en Huesca e en Araba (Juantxo López de Uralde). Territorialmente figurou en coalición con Barcelona en Comú, con Iniciativa per Catalunya e con Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña, coalición que se denominou En Comú Podem, e con Compromís na Comunidade Valenciana. Ademais, tamén foi integrante, a canda outras forzas, da coalición En Marea en Galicia.
A marca Unidad Popular é o nome co que concorrerá Izquierda Unida en moitas das circunscricións españolas, acompañada de organizacións como Chunta Aragonesista, Izquierda Asturiana, Batzarre, Construyendo la Izquierda - Alternativa Socialista, Izquierda Castellana, Segoviemos ou Entre Tod@s sí se Puede Córdoba. Así, en función das circunscricións, irán candidatos das distintas formacións (p.ex. en Zaragoza o segundo de lista foi da Chunta Aragonesista). Tamén concorrerá como integrante da coalición En Marea a canda Podemos, ANOVA e outras formacións galegas, e en Cataluña como En Comú Podem.
Democracia e Liberdade integrou a CDC, Demócratas de Cataluña e Regrupament.
Bildu é unha coalición electoral que integra a Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba, Sortu e outros independentes do movemento abertzale. Preséntase nas tres provincias vascas e mais Navarra. Antigamente chamábanse Amiaur.
Esquerra Republicana de Catalunya presentouse en coalición con Cataluña Si.
O BNG formou a coalición Nós - Candidatura Galega, onde estaban integrados tamén o Partido Galeguista, Coalición Galega, o Partido Comunista do Pobo Galego e a Fronte Obreira Galega.
Geroa Bai é a coalición sucesora de Nafarroa Bai, pero sen a participación de Aralar, que concorreu en Amaiur, nin de Batzarre, que o fixo con Izquierda Unida. Ao Senado, preséntanse coaligados nunha única lista Podemos, Geroa Bai, Bildu e Izquierda Unida, nesta circunscrición.
Ademais, presentáronse outras coalicións de partidos que non tiñan representación parlamentaria, en comunidades autónomas como Comunidade Valenciana, Canarias, Aragón ou Estremadura.
Todas as candidaturas
[editar | editar a fonte]Preséntanse en todas as circunscricións de España ou en case todas elas, as seguintes formacións:
- Partido Popular, coas súas coalicións con PAR, Foro Asturias e UPN.
- PSOE, coa súa coalición con Nueva Canarias, e con denominacións locais nas distintas circunscricións.
- Ciudadanos.
- Podemos, en coalición con Compromís, e baixo outras denominacións en Galicia (En Marea) e Cataluña (En Comú Podem).
- Unidad Popular, coalición de distintas forzas, das que a máis importantes son Izquierda Unida e Chunta Aragonesista e que irán na mesma plataforma ca Podemos en Galicia e Cataluña.
- Unión Progreso e Democracia.
- Vox.
- Partido Animalista Contra os Malos tratos aos Animais.
- Recurtes Cero - Grupo Verde.
- Partido Comunista dos Pobos de España, que muda lixeiramente as súas denominacións e que en Galicia se chamará Comunistas da Galiza.
Ademais, concorren tamén unha serie de formacións que aínda que teñen carácter estatal, só se presentan nunhas poucas provincias.
- Escanos en Branco, en 11 provincias: Áraba, Asturias, Biscaia, Córdoba, Huesca, Murcia, Palencia, A Rioxa, Tarragona, Teruel e Zaragoza, aínda que se quixo presentar nalgunhas máis, que foron rexeitadas.
- SAIn, en 11 provincias: Burgos, Cantabria, A Coruña, Guadalajara, Jaén, Madrid, Murcia, Navarra, Palencia, As Palmas e Valladolid.
- Falanxe Española das JONS, en 7 provincias: Ávila, Córdoba, Madrid, Palencia, Segovia, Sevila, e Valladolid.
- Democracia Nacional, en 7 provincias: Almería, Castelló, Cidade Real, Huelva, León,Soria e Valladolid.
- Partido Libertario, en 5 provincias: Alacant, Cádiz, Madrid, Málaga e Sevila.
- Por un Mundo máis Xusto, en 4 provincias: Almería, Biscaia, Granada e As Palmas.
- Partido Humanista, en 4 provincias: Asturias, Cantabria, Madrid e As Palmas.
- Iniciativa Feminista, en 3 provincias: Burgos, Castelló e Valencia.
- Ciudadanos de Centro Democrático, en 3 provincias: Castelló, Valencia e Valladolid.
- Partido Comunista Obreiro Español, en 2 provincias: Córdoba e Sevilla.
- Ciudadanos Libres Unidos, en Jaén, aínda que quixo concorrer en catro circunscricións máis, onde a súa candidatura foi rexeitada.
- Los Verdes Ecopacifistas - Centro Moderado, unha coalición que se presenta en Alacant.
- Familia y Vida, só en Baleares, logo de que a súa candidatura por Barcelona fose rexeitada.
Pola súa banda, hai formacións que só se presentan nas súas demarcacións de orixe, e que teñen un carácter autonómico.
- Democracia e Liberdade, que é a coalición nucleada ao redor de CDC.
- ERC - Cataluña Si.
- Unió.
- PNV
- EH Bildu
- Libertad Navarra, que se presenta nas provincias do País Vasco e de Navarra.
- Geroa Bai, en Navarra. Ao Senado vai coaligado ademais con Bildu e con Podemos na coalición Cambio-Aldaketa.
- Nós - Candidatura Galega, a coalición cuxo núcleo é o BNG.
- Partido da Terra, que se presenta nas catro provincias galegas.
- Més, en Baleares. Preséntase en coalición de Esquerra Unida baixo a denominación Som Menorca ao Senado por Menorca.
- Proposta per les Illes, en Baleares.
- Ara, País Valencià, coalición de Esquerra Republicana del País Valencià, Esquerra Nacionalista Valenciana e Els Verds, que se presenta en toda a Comunidade Valenciana.
- Som Valencians.
- Coalición Canaria, que se presenta en coalición coa Agrupación Herreña Independiente nesa illa.
- Canarias Decide, unha coalición de Alternativa Republicana, Los Verdes e Unidad del Pueblo, que se presenta nas dúas provincias canarias.
- Movimiento por la Unidad del Pueblo Canario, que se presenta nas Palmas.
- Extremadura Unida.
- Partido Regionalista del País Leonés, nas provincias de León, Zamora e Salamanca.
E finalmente algunhas formacións máis que teñen perfil local:
- Ourense pola Esquerda, formación encabezada polo avogado e escritor Eladio Medel.
- Ciudadanos Rurales Agrupados, partido que se presenta en León, e que ten implantación en varios pequenos concellos da provincia.
- Iniciativa Merindades de Castilla, partido da comarca de Las Merindades, na provincia de Burgos.
- Ongi Etorri, un partido promovido por SOS Racismo, que se presenta en Áraba.
- Justizia Social Participación Ciudadana, unha escisión de Podemos que se presenta en Biscaia.
- Agrupación Socialista Gomera, escisión do PSOE na illa da Gomera, e que concorre só ao Senado.
- Bloque Aragonés, que só concorre ao Senado por Zaragoza.
- Coalición de Independientes por Aragón, que é o nome de Federación de Independientes de Aragón baixo o que se presenta a estes comicios pola provincia de Zaragoza.
- En Positiu, unha coalición de Units per Valéncia, Poble Democràtic Podem, e mais as formacións independentes Gent per Benifayó, Independents per Montroi e Gent en Positiu que se presenta só en Valencia.
- Avant Valencians, coalición nucleada ao redor de Acció Nacionalista Valenciana, que se presenta só en Valencia.
- A Coalición Cívica 20D, coalición de Unidad de Centro, Regeneración Política Nacional e Esperanza Ciudadana, que se presenta en Valencia.
- Foro Demócrata, un partido de Elx, que se presenta unicamente en Alacant.
- Muerte al Sistema, que só se presenta en Murcia.
- Partido Liberal de Derechas, que se estrea nunhas eleccións, e que é unha formación de Hellín (Albacete).
- Nosotros y Tú, partido con sede en Madrid, pero que se presenta pola provincia de Granada.
- Andaluces de Jaén Unidos, na provincia de Xaén.
- Málaga por Sí, partido que só se presenta en Málaga.
- Soluciona, partido herdeiro do Grupo Independiente Liberal (GIL), e que se presenta pola provincia de Málaga.
- Badajoz Adelante, escisión na cidade de Badaxoz de Ciudadanos, e que se presenta só nesa provincia.
- X la Izquierda, unha coalición inicialmente impulsada polo Partido Humanista, pero da que se retirou no último momento, e onde o partido principal quedou sendo Los Verdes.
- Unidos por Gran Canaria, candidatura unicamente ao senado pola illa de Gran Canaria.
Candidaturas rexeitadas
[editar | editar a fonte]Un grupo de partidos non chegaron a presentar candidaturas, dado que foron rexeitados pola Xunta Electoral por non cumpriren os requisitos necesarios. Noutros casos o rexeitamento foi parcial, e concorreron en menos provincias das que querían[23].
- Unión de Todos, un partido de Dénia, que se quixo presentar unicamente en Alacant.
- Esperanza Ciudadana, integrada na coalición Cívica 20D, pero que se quixo presentar por libre en Alacant.
- Partido Unionista del Estado Español, con sede en Asturias e que se quixo presentar só por esa provincia.
- Unidos por la Solidaridad Internacional, Unidos SI, un partido de esquerda antinacionalista que se quixo presentar en Barcelona.
- Construyendo la Izquierda - Alaternativa Socialista, formación que se quixo presentar en Burgos en solitario e que no resto de circunscricións acode como Unidad Popular.
- Gestión La Bureba, partido da comarca de La Bureba, que se quixo presentar na provincia de Burgos.
- Partido Azul de Derecha Progresista, que se quixo presentar só na provincia de Madrid.
- Partido Social de la Justicia, formación que quixo concorrer por Madrid e que tiña coma candidato o avogado José Emilio Rodríguez Menéndez.
Candidatos á presidencia do goberno
[editar | editar a fonte]- Alberto Garzón, por Unidade Popular
- Andrés Herzog, por UPyD
- Pablo Iglesias, por Podemos
- Mariano Rajoy, polo PP
- Albert Rivera, por Cidadáns
- Pedro Sánchez, polo PSOE.
Candidatos principais doutras forzas con representación autonómica que non se presentan en todo o Estado
[editar | editar a fonte]- Democràcia i Llibertat: Francesc Homs (Barcelona)
- PNV: Maria Eugenia Iparragirre (Biscaia)
- ERC: Gabriel Rufián (Barcelona)
- Nós - Candidatura Galega: Carlos Callón (A Coruña)
- Geroa Bai: Koldo Martínez (Navarra)
- Coalición Canaria: Ana Oramas (Tenerife)[24]
- Bildu: Marian Beitialarrangoitia (Guipúscoa)
- Més: Antoni Verger (Baleares)
Candidatos en Galicia
[editar | editar a fonte]Os cabezas de lista presentados ao Congreso polas distintas provincias galegas foron:
- PP: Miguel Lorenzo Torres (A Coruña), Joaquín García Díez (Lugo), Miguel Ángel Viso (Ourense) e Ana Pastor (Pontevedra).
- PSOE: Pilar Cancela (A Coruña), Margarita Pérez Herraiz (Lugo), Rocío de Frutos (Ourense) e Dolores Galovart (Pontevedra).
- Nós - Candidatura Galega: Carlos Callón (A Coruña), Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Carme Adán (Pontevedra).
- En Marea: Antón Gómez-Reino (A Coruña), Miguel Anxo Fernán Vello (Lugo), David Bruzos (Ourense) e Alexandra Fernández (Pontevedra).
- Cs: Antonio Rodríguez Vázquez (A Coruña), Isabel Cendán (Lugo), Fátima Balsa (Ourense), Antonio Lara (Pontevedra).
- UPyD: Carlos Oliva (A Coruña), Agustín Gallego (Lugo), Olga Fabello (Ourense), Javier Gómez Lojo (Pontevedra)[25].
Ademais destas formacións, tamén se presentaron en Galicia:
- PACMA: Adrián García Alonso (A Coruña), Raquel Casabella (Lugo), Paula Rodríguez Méndez (Ourense) e Alejandra Montemayor (Pontevedra).
- Recurtes Cero - Grupo Verde: Sara Puga (A Coruña), Etrella Mo Álvarez (Lugo), Julio Sande (Ourense) e Divina Pastora Fernández (Pontevedra).
- Comunistas da Galiza: Francisco Sebio (A Coruña), Porfiio Embade (Lugo) e María Quintillán (Pontevedra).
- Partido da Terra: María José Castelo (A Coruña), Violeta Núñez (Lugo), Irene Veiga (Ourense) e Abraham González Martínez (Pontevedra).
- Vox: Amparo Rey Salorio (A Coruña).
- Ourense pola Esquerda: Eladio Medel (Ourense).
- Solidaridad y Autogestión Internacionalista: Teresa de Vallejo (A Coruña).
Asemade, tamén hai que considerar as candidaturas ao Senado, un máximo de 3 por partido e provincia, conforme ós tres postos a atribuír por provincia.
A campaña electoral
[editar | editar a fonte]A campaña electoral iniciouse oficialmente o 4 de decembro de 2015. Tanto durante a campaña como a precampaña, os líderes dos principais partidos políticos participaron en debates televisivos. Na última semana antes de comezar a campaña, El País celebrou un debate no que participaron Pedro Sánchez, Albert Rivera e Pablo Iglesias Turrión, e ao que decidiu non acudir Mariano Rajoy.
Sondaxes
[editar | editar a fonte]Recóllense nesta táboa algunhas das sondaxes publicadas nas datas inmediatamente anteriores ao proceso electoral
Sondaxe | PP | PSOE | Cs | Podemos | UP | DiL | ERC | PNV | Bildu | CC | G-Bai | Nós | EeM | En Marea | eCPm | Uniò | Més | UPyD | Outros/Branco| |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
GAD 3. 6 de decembro de 2015[26] | 28.2% 120-123 |
21.5% 85-87 |
17.9% 59-63 |
16.6%* 30-31 |
3.7% 1-3 |
2.5% 9 |
2.2% 8 |
1.5% 5 |
1.1% 5 |
- 1 |
- 0 |
- 0 |
- 7 |
- 4 |
- 10 |
- 0 |
- 0 |
- 0 |
4.5% 0 |
NC. 6 Dec 2015[27] | 29.8% 126-133 |
22.7% 89-92 |
17.8% 55-62 |
11.4% 27-30 |
3.7% 3 |
2.1% 8-9 |
2.0% 7-8 |
1.2% 6 |
1.0% 4 |
- 2 |
- 1 |
- 1 |
1.9 6-7 |
- 2 |
1.5 5-6 |
- 2 |
- 0 |
- 0 |
1.9% 0 |
CIS. Decembro 2015[28] | 28.6% 120-128 |
20.8% 77-89 |
19.0% 63-66 |
9.1% 23-25 |
3.6% 3-4 |
2.2% 9 |
1.9% 7 |
1.1% 5 |
1.2% 6-7 |
0.3% 1 |
0.1% 0 |
0.3% 0 |
2.1% 7 |
1.3% 5-6 |
3.2% 10-11 |
0.1% 0 |
- 0 |
0.7% 0 |
4.4% 0 |
Redondo y Asoc. Dec 2015[29] | 28.1% 114 |
21.5% 84 |
20.2% 74 |
15.3% 48* |
3.9% 2 |
2.0% 7 |
2.1% 8 |
1.3% 6 |
1.1% 4 |
- 2 |
- 1 |
- 0 |
- * |
- * |
- * |
- 0 |
- 0 |
- 0 |
3.8% 0 |
GESOP. 1 Dec[30] | 23.9% 98-102 |
21.4% 82-86 |
21% 76-80 |
16% 52-56* |
4.9% 4-6 |
2% 7-8 |
2.7% 9-11 |
- |
- |
- |
- |
- |
- * |
- * |
- * |
- 0 |
- |
- |
8.1% 11-15 |
GAD3. Nov 2015[31] | 28.3% 125 |
23.1% 91 |
17.4% 59 |
14.9% 41* |
4.0% 3 |
2.5% 9 |
2.5% 9 |
1.4% 5 |
1.3% 5 |
- 1 |
- 1 |
- 0 |
- * |
- * |
- * |
- 1 |
- 0 |
- 0 |
4.6% 0 |
NC Report poll. 30 Nov 2015[32] | 29.3% 125-30 |
23.1% 91-95 |
18.9% 52-55 |
11.4% 42-46 |
3.5% 3 |
2.1% 8-9 |
2.0% 7-8 |
1.2% 6 |
- 5 |
- 2 |
- 1 |
- 1 |
1.9% 6-7 |
- 2 |
1.5% 4-5 |
- 2 |
- 0 |
- 0 |
2.7% 0 |
CIS. Outubro 2015[33] | 29.1% | 25.3% | 14.7% | 10.8% | 4.7% | 2.9% | 2.2% | 1.2% | - | 0.6% | 0.1% | 0.5% | 1.4% | - | - | - | - | 1.2% | 4.6% |
Os resultados marcados con (*) son aqueles onde non se presenta diferenciado Podemos das coalicións onde participan Podemos e outros partidos en Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana.
Resultados ao Congreso
[editar | editar a fonte]- Electorado: 34.630.253
- Votantes: 25.349.824
- Abstención: 9.280.429
- Votos válidos: 25.122.830
- Votos a candidaturas: 24.935.064
- Votos en branco: 187.766
- Votos nulos: 226.994
← Elecciones xerais en España, 20 de decembro de 2015 → | ||||||
Partido | Votos | % | Dif. | Escanos | Dif. | |
Partido Popular (PP) UPN FAC PAR |
7.215.530 | 28.72 | -33.60 | 120
2 1 0 |
-66
1 0 0 | |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Nueva Canarias |
5.530.693 | 22.01 | -21.03 | 89
1 |
-21
0 | |
Podemos (Podemos) En Marea En Comú Podem Compromís |
5.189.333 | 20.66 | - | 42
6 12 9 |
42
6 9 8 | |
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) | 3.500.446 | 13.93 | - | 40 | 40 | |
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 599.289 | 2.39 | +133.20 | 9 | 6 | |
Democràcia i Llibertat (DL) | 565.501 | 2.25 | -44.32 | 8 | -8 | |
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | 301.585 | 1.2 | -7.01 | 6 | 1 | |
Unidade Popular (IU) Chunta Aragonesista |
923.105 | 3.67 | -45.25 | 2
0 |
-5
-1 | |
Bildu | 218.467 | 0.97 | -34.69 | 2 | -4 | |
Coalición Canaria (CC) | 81.750 | 0.33 | -43.18 | 1 | 0 | |
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | 153.498 | 0.61 | -86.57 | 0 | -5 | |
Nós - Candidatura Galega (BNG) | 70.464 | 0.28 | -61.71 | 0 | -2 | |
Geroa Bai (G-Bai) | 30.554 | 0.12 | -27.96 | 0 | -1 | |
Més (Més) | 33.931 | 0.14 | - | 0 | 0 |
Resultados en Galicia
[editar | editar a fonte]- Electorado: 2.265.555
- Votantes: 1.653.863
- Abstención: 611.692
- Votos válidos:1.631.174
- Votos a candidaturas: 1.613.896
- Votos en branco: 17.278
- Votos nulos: 22.689
Elecciones xerais en Galicia, 20 de decembro de 2015 | ||||||
Partido | Votos | % | Dif. | Escanos | Dif. | |
Partido Popular (PP) | 605.178 | 37.10 | -30.00 | 10 | -5 | |
En Marea | 408.370 | 25.04 | - | 6 | 6 | |
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSOE) | 347.942 | 21.33 | -23.97 | 6 | 0 | |
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) | 147.910 | 9.07 | - | 1 | 1 | |
Nós - Candidatura Galega (Nós) | 70.464 | 4.32 | -61.71 | 0 | -2 | |
PACMA | 13.205 | 0.81 | 79.08 | 0 | 0 | |
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | 8.380 | 0.51 | -58.03 | 0 | 0 |
Deputados elixidos | ||||||
Partido | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | ||
Partido Popular (PP) | 3 | 2 | 2 | 3 | ||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 2 | 1 | 1 | 2 | ||
En Marea | 2 | 1 | 1 | 2 | ||
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) | 1 | 0 | 0 | 0 | ||
Nós - Candidatura Galega (Nós) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Resultados ao Senado
[editar | editar a fonte]- Electorado: 34.598.411
- Votantes: 24.867.744
- Abstención: 9.730.667
- Votos válidos: 24.066.891
- Votos nulos: 800.853
- Votos en branco: 978.313
← Elecciones xerais en España, 20 de decembro de 2015 → | ||||||
Partido | Senadores elixidos |
Dif. | Senadores designados |
Total | ||
Partido Popular (PP) UPN FAC PAR |
119 1 1 3 |
21 1 0 0 |
140 2 1 3 | |||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Nueva Canarias |
47
0 |
20 0 |
67 0 | |||
Podemos (Podemos) En Marea En Comú Podem Compromís |
9 2 4 1 |
5 0 1 1 |
14 2 5 2 | |||
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) | 0 | 2 | 2 | |||
Unidade Popular (IU) Chunta Aragonesista |
0 | 0 0 |
0
0 | |||
Democràcia i Llibertat (DL) | 6 | 3 | 9 | |||
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | 6 | 1 | 7 | |||
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 6 | 1 | 7 | |||
Bildu | 0 | 1 | 1 | |||
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | 0 | 0 | 0 | |||
Nós - Candidatura Galega (BNG) | 0 | 0 | 0 | |||
Coalición Canaria (CC) Agrupación Herreña Independiente (AHI) |
0 1 |
1 0 |
1 1 | |||
Cambio - Aldaketu | 1 | 0 | 1 | |||
Més (Més) | 0 | 0 | 0 | |||
Unió Democràtica de Catalunya (Unió) | 0 | 1 | 1 |
Os senadores designados polo Parlamento de Cataluña están en funcións, pendentes da nova escolla por parte da cámara autonómica. Corresponderanlle 4 a repartir entre CDC e ERC, 1 a Ciudadanos, 1 ao PSOE, 1 a Sí que es Pot e 1 ao PP. No momento de convocárense as eleccións, CDC tiña 3, PSC 1, PP 1, Unió 1, ERC 1 e Iniciativa per Catalunya 1, que son os que figuran na táboa.
Resultados en Galicia
[editar | editar a fonte]97,08% escrutado
- Electorado: 2.199.369
- Votantes: 1.563.330
- Abstención: 636.039
- Votos válidos: 1.435.889
- Votos nulos: 58.772
- Votos en branco: 68.669
Eleccións xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011 | ||||||
Partido | Senadores | Dif. | Senadores designados. | |||
Partido Popular (PP) | 12 | = | 2 | |||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 2 | -2 | 1 | |||
En Marea | 2 | 2 | 0 |
Senadores elixidos nas urnas | ||||||
Partido | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | ||
Partido Popular (PP) | 3 | 3 | 3 | 3 | ||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 0 | 1 | 1 | 0 | ||
En Marea | 1 | 0 | 0 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo 115 da Constitución:
1. O presidente do Goberno, logo de deliberación do Consello de Ministros, e baixo a súa exclusiva responsabilidade, poderá propor a disolución do Congreso, do Senado ou das Cortes Xerais, que será decretada polo Rei. O decreto de disolución fixará a data das eleccións.
2. A proposta de disolución non se poderá presentar cando estea en trámite unha moción de censura.
3. Non procederá nova disolución antes de que transcorra un ano desde a anterior, agás o disposto no artigo 99, número 5Constitución española.[7] - ↑ Artículo 42, apartado primero, de la Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General:
1. En los supuestos de elecciones a Cortes Generales o de Asambleas Legislativas de las Comunidades Autónomas en las que el Presidente del Gobierno o los respectivos Presidentes de los Ejecutivos autonónomicos hagan uso de su facultad de disolución anticipada expresamente prevista en el ordenamiento jurídico, los decretos de convocatoria se publican, al día siguiente de su expedición, en el «Boletín Oficial del Estado» o, en su caso, en el «Boletín Oficial» de la Comunidad Autónoma correspondiente. Entran en vigor el mismo día de su publicación. Los decretos de convocatoria señalan la fecha de las elecciones que habrán de celebrarse el día quincuagésimo cuarto posterior a la convocatoria.Ley Orgánica 5/1985.[8]
- ↑ El País (1 de outubro de 2015). "Rajoy anuncia que las elecciones generales serán el 20 de diciembre" (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2015.
- ↑ Oficina del Censo Electoral. "Número de electores residentes en España y en el extranjero por circunscripciones electorales al Congreso y al Senado. Censo de consulta". Instituto Nacional de Estadística. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 29 de decembro de 2015.|dataacceso=2 de novembro de 2015}}
- ↑ Martínez, Virginia (2 de novembro de 2015). "Más de 36 millones de españoles están llamados a votar el 20-D". El País. Consultado o 2 de novembro de 2015.
- ↑ "36,5 millones de electores, 210.000 urnas... Las elecciones en cifras". La información. 19 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015.
- ↑ Casqueiro, Javier (26 de outubro de 2015). "Rajoy se niega a hablar de pactos y lanza un aviso a los planes de Mas". El País. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Rajoy alerta a los españoles: 'Sería muy duro y muy triste dar marcha atrás'". El Mundo. 26 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Constitución Española" (PDF). Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado. 27 de decembro de 1978. Consultado o 5 de marzo de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Xefatura do Estado (19 de xuño de 1985). "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General" (PDF). Boletín Oficial del Estado. BOE-A-1985-11672. Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Xefatura del Estado (26 de outubro de 2015). BOE-A-2015-11505. Depósito legal: M-1/1958. "Real Decreto 977/2015, de 26 de octubre, de disolución del Congreso de los Diputados y del Senado y de convocatoria de elecciones" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 257, de 27 de outubro de 2015 (Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado): 100784–100786. ISSN 0212-033X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2015.
- ↑ "Real Decreto 953/2015, de 26 de octubre, por el que se convocan elecciones locales parciales" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 257, de 27 de outubro de 2015.|data=26 de outubro de 2015|autor=Xefatura do Estado|outros=BOE-A-2015-11508. Depósito legal: M-1/1958|páxinas=100849-100854|issn=0212-033X|editorial=Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado}}
- ↑ Garea, Fernando (20 de decembro de 2015). "Gana el PP, sin votos para gobernar". El País. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ Vázquez, M. (21 de decembro de 2015). "El PSOE firma su peor resultado desde la Transición y se queda por debajo de los 100 diputados". Antena 3 Noticias. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ 13,0 13,1 El País (21 de decembro de 2015). "El escrutinio apunta a una Cámara con acuerdos muy complicados". El País. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ Carvajal, Álvaro (22 de decembro de 2015). "Las cuatro caras de Podemos en el Congreso". El Mundo. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ "Podemos celebra con euforia sus 69 diputados". abc (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ "Congreso. Total estatal". Ministerio del Interior. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ Montalbán, E. (20 de decembro de 2015). "UPyD, Unió, BNG y Geroa Bai pierden su sitio en el Congreso". La Razón. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ Alberola, Miquel (21 de decembro de 2015). "El PP mantiene la mayoría en el Senado, pero pierde 12 escaños". El País. Consultado o 24 de decembro de 2015.
- ↑ BOE do 27 de outubro de 2015, Boletín Oficial del Estado.
- ↑ Ley Orgánica 2/2011, de 28 de enero, por la que se modifica la Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General
- ↑ Artigo 68.3 da Constitución Española de 1978
- ↑ 22,0 22,1 http://www.readyfortomorrow.com/el-sistema-electoral-en-espana-y-la-exclusion-de-las-minorias/ Arquivado 30 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. Reflexión sobre el sistema Electoral español
- ↑ Boletín Oficial do Estado, 24/11/2015, número 281.
- ↑ Coalición presenta sus candidaturas a las generales para "dar voz a Canarias", La Provincia, 1/11/2015.
- ↑ Los candidatos de UPyD Galicia, Adiante Galicia, 16/11/15.
- ↑ "Inicio de campaña". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "Inicio de campaña". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ Sondaxe preelectoral 2015
- ↑ "Dec 2015". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 02 de decembro de 2015.
- ↑ "Informe GESOP". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 01 de decembro de 2015.
- ↑ "Nov 2015". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ "Informe NC Report Poll". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ Barómetro de ocutubre 2015
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eleccións xerais de España de 2015 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de información sobre o proceso electoral Arquivado 09 de xullo de 2016 en Wayback Machine.