Saltar ao contido

Apeadoiro de Ourense-San Francisco

(Redirección desde «Estación de Ourense - San Francisco»)
Ourense-San Francisco
Sinalización da estación en 2010.
SituaciónOurense
Liñas
Media distanciaRexional

Ourense-San Francisco foi unha estación de tren, actualmente convertida en apeadoiro, de Adif situada no barrio de San Francisco da cidade de Ourense. É a segunda estación da cidade por detrás de Ourense-Empalme. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

Atópase no punto quilométrico 246,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 161 metros de altitude,[1] entre as estacións de Taboadela e Ourense-Empalme. O tramo é de vía única e está en proceso de electrificación.

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros realizado en granito ten planta rectangular e consta de dous pisos. Para a súa decoración empregáronse pináculos e un frontón inspirados no barroco galego, o que dá ao edificio unha estrutura de pazo urbano. Como moitas estacións do tramo posúe unha galería na planta baixa formada por diversos arcos. Os xardíns laterais contaban con dúas esculturas un afiador e un paraugueiro realizadas por Faílde que foron movidas posteriormente.

Na actualidade dispón unicamente dunha plataforma lateral e dunha vía. Outra plataforma, antes central está completamente en desuso, de feito nin sequera posúe as vías que accedían a ela.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]