Saltar ao contido

Estadi Olímpic Lluís Companys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estadio Olímpico Lluís Companys»)
Estadi Olímpic Lluís Companys

TipoEstádio Olímpico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoLluís Companys Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura ecléctica Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°21′53″N 2°09′20″L / 41.36472, 2.15556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
DistritoSants-Montjuïc
MontañaMontjuïc Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPasseig Olímpic, 17-19, 08038;
Barcelona, España
Código postal08038 Editar o valor en Wikidata
EnderezoPg. Olímpic, 17-19 Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración1929
Acontecementos
Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade55.000
Tipo superficieCéspede
Persoas e organizacións
Propietario/aAjuntament de Barcelona
Arquitecto/aPere Domènech i Roura
OcupanteBarcelona Dragons (NFL Europe), RCD Espanyol, FC Barcelona e Fútbol Club Barcelona Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben cultural de interese local
Id. IPAC39655 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC15743 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona1777 Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBestadiolimpic.barcelona Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: palausantjordi Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Panorámica do interior do estadio durante a disputa dun partido disputado entre o RCD Espanyol e o Málaga CF en xuño de 2009.

O Estadi Olímpic Lluís Companys é un estadio de fútbol español da cidade de Barcelona. Chamado antigamente Estadio de Montjuïc, recibiu a súa denominación actual en 2001, na honra a Lluís Companys, presidente da Generalitat de Cataluña durante a Segunda República.

Foi proxectado polo arquitecto Pere Domènech i Roura e inaugurado en 1929 con motivo da Exposición Internacional daquel ano, na montaña de Montjuïc. En 1957 acolleu a única final da Copa de España de fútbol que enfrontou ao RCD Espanyol e o FC Barcelona, os dous equipos máis importantes da cidade condal.

Na década de 1960 foi infrautilizado e as súas bancadas comezaron a evidenciar preocupantes síntomas de ruína. A celebración dos Xogos Olímpicos de 1992 permitiron a súa remodelación a cargo do equipo de arquitectos Correa-Milà-Margarit-Buixadé e coa participación do italiano Gregotti.

Foi renovado completamente para acoller os Xogos Olímpicos. Foi baleirado e rebaixado o nivel da pista e só se conservaron as fachadas exteriores. Alzáronse novas bancadas cunha capacidade total de 55 000 espectadores.

En 1989 foi reinaugurado con motivo da Copa do Mundo de Atletismo, tres anos antes dos Xogos, e foi testemuña das cerimonias de inauguración e de clausura dos Xogos Olímpicos de 1992.

Na tempada 1991/92 xogou no campo a Unió Esportiva Sant Andreu. En 1997 o Reial Club Deportiu Espanyol pasou a xogar os seus partidos despois de abandonar o estadio de Sarrià. O equipo xogaría en Montjuïc ata 2009, cando foi inaugurado o Estadio Cornellà-El Prat.

En 1998 o Comité de Estadios da UEFA outorgou a categoría cinco estrelas ao Estadio Olímpico Lluís Companys, pola que poden celebrarse competicións de fútbol do máximo nivel continental. Esta instalación está preparada para acoller grandes eventos deportivos, culturais e sociais con capacidade para 55 000 espectadores para actos deportivos e ata 68 000 espectadores para concertos.

Do 26 de xullo ao 1 de agosto de 2010 celebrouse no estadio o 20º Campionato de Europa de atletismo, polo que foi novamente remodelado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]